rupturas: imaxe vs. realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. a xestión...

15
Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 155-169 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 155 Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas Laura Feal Sánchez A esfera pública é un espazo por gañar para as alxerinas. A irrupción das mulleres nel é, en si mesmo, un cuestionamento da orde simbólica nunha sociedade na que o patriarcado é un dos poucos temas que non entran no xa lonxevo conflito entre a xerarquía de poder alxerina e o contrapoder islamita. Neste artigo analizaremos a imaxe da muller alxerina na prensa, un tema recorrente no debate sobre a igualdade de xéneros trala IV Conferencia Mun- dial sobre as Mulleres (Beijing, 1995) na que se subliñou o impacto negativo dos estereotipos sexistas sobre a condición feminina e sobre a súa participación no exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza o seu papel e a súa achega á sociedade. Esta visión andro- céntrica persiste pese ao aumento do número de mulleres que traballan na prensa e á crecente participación económica e social das mulleres. Moitas alxerinas non se recoñecen nesa imaxe. Moitas rachan cos estereotipos, pero as súas experien- cias vense invisibilizadas. O papel da muller na sociedade: un rol inmutable? Como pasa en Alxeria, tódalas sociedades do mundo definiron, en base non soamente ao carácter biolóxico do sexo senón tamén ás súas condicións de produción e de reprodución internas, a significación dos roles masculino e femi- nino. O que se entende por xénero. Nembargantes, mentres que o sexo é algo natural – fai referencia ás di- ferencias anatómicas e biolóxicas entre homes e mulleres, machos e femias -o xénero supón unha construción social do masculino e do feminino. Creado e, polo tanto, susceptible de cambios. As identidades de xénero e os estereotipos ligados ao feminino e ao mas- culino están institucionalizados en todas as sociedades, integrados nas mentali- dades e nas culturas, e que son vehiculados a través da familia, a educación, as institucións e os medios de comunicación. Caracterízanse por reproducir des- igualdades, maioritariamente en detrimento das mulleres. En particular, e segun- do certos estudos, os homes son dominantes no relativo ao poder e a toma de decisións a nivel político e económico. Pero, asemade, esta categorización creada

Upload: others

Post on 28-May-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 155-169

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 155

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinasLaura Feal Sánchez

A esfera pública é un espazo por gañar para as alxerinas. A irrupción das mulleres nel é, en si mesmo, un cuestionamento da orde simbólica nunha sociedade na que o patriarcado é un dos poucos temas que non

entran no xa lonxevo conflito entre a xerarquía de poder alxerina e o contrapoder islamita.

Neste artigo analizaremos a imaxe da muller alxerina na prensa, un tema recorrente no debate sobre a igualdade de xéneros trala IV Conferencia Mun-dial sobre as Mulleres (Beijing, 1995) na que se subliñou o impacto negativo dos estereotipos sexistas sobre a condición feminina e sobre a súa participación no exercicio da plena cidadanía.

A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza o seu papel e a súa achega á sociedade. Esta visión andro-céntrica persiste pese ao aumento do número de mulleres que traballan na prensa e á crecente participación económica e social das mulleres. Moitas alxerinas non se recoñecen nesa imaxe. Moitas rachan cos estereotipos, pero as súas experien-cias vense invisibilizadas.

O papel da muller na sociedade: un rol inmutable?

Como pasa en Alxeria, tódalas sociedades do mundo definiron, en base non soamente ao carácter biolóxico do sexo senón tamén ás súas condicións de produción e de reprodución internas, a significación dos roles masculino e femi-nino. O que se entende por xénero.

Nembargantes, mentres que o sexo é algo natural – fai referencia ás di-ferencias anatómicas e biolóxicas entre homes e mulleres, machos e femias -o xénero supón unha construción social do masculino e do feminino. Creado e, polo tanto, susceptible de cambios.

As identidades de xénero e os estereotipos ligados ao feminino e ao mas-culino están institucionalizados en todas as sociedades, integrados nas mentali-dades e nas culturas, e que son vehiculados a través da familia, a educación, as institucións e os medios de comunicación. Caracterízanse por reproducir des-igualdades, maioritariamente en detrimento das mulleres. En particular, e segun-do certos estudos, os homes son dominantes no relativo ao poder e a toma de decisións a nivel político e económico. Pero, asemade, esta categorización creada

Page 2: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009156

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez

entre homes e mulleres, inflúe de xeito transversal en todas as esferas da socieda-de: produtiva, reprodutiva, económica, social, cultural e política.

É importante incidir na construción cultural do xénero, porque é isto mes-mo o que nos permite falar da súa “deconstrución”: cuestionar a aparente inmuta-bilidade dos roles sociais e proxecta-la fin da subordinación das mulleres.

Sen embargo, elimina-los estereotipos non é unha tarefa doada, incluso tendo elementos que os desacrediten.

Os medios de comunicación na construción e na deconstrución do xénero

Os medios de comunicación, polo seu poder de representación, son fundamentais na construción e no reforzamento dos estereotipos de xénero. A sociedade coñece e infórmase a través dos medios de comunicación. Son estes un instrumento eficaz a través do cal as persoas infórmanse, conforman as súas crenzas e forman a súa opinión. Dende distintas achegas interdisciplinares como a socioloxía, a educación, a psicoloxía, a pedagoxía ou a comunicación sinálase a importancia das expresións nos medios de comunicación na conformación da personalidade de homes e mulleres. A información é, ademais, a forma máis efi-caz de conseguir maiores graos de independencia. Por iso, cómpre que os medios transmitan unha imaxe real das mulleres e unha mensaxe positiva da súa presenza na sociedade.

Nembargantes, os medios de comunicación de masas, entendendo estes de forma xeral, non só a prensa, radio, televisión ou publicidade senón tamén o cine, cómics, videoxogos, música ou Internet, insisten, en moitas sociedades, en representar de xeito tradicional as mulleres e as relacións entre estas e os homes, é dicir, relacións de dominación e de subordinación.

A preocupación sobre esta tendencia foi recollida no documento de Re-sultados da Sesión Especial de Nacións Unidas, de xuño de 2000, coñecida como Declaración final de Beijing +5: “As imaxes negativas, violentas ou degradantes da muller, incluída a pornografía, e as súas descricións estereotipadas aumenta-ron en diferentes formas, recorrendo a novas tecnoloxías da información nalgúns casos, e os prexuízos contra a muller seguen a existir nos medios de difusión”.

Segundo datos mundiais(1), en 2000, nas noticias da prensa, radio e tele-visión, a representación das mulleres foi dun 18%. Isto é así, porque para acadar o público necesario para a súa supervivencia ou lexitimación, os medios válense de códigos que establezan o mínimo común denominador entre os distintos tipos de públicos, apoiándose para iso en estereotipos que simplifican e que apelan a lugares comúns do lector sen arriscar a entrar no afondamento e na análise.

(1) Documentación extraída do libro "Who makes the News?”, WACC. Londres, 2000.

Page 3: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 157

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez

Cal é a imaxe da muller nos medios de comunicación alxerinos?

A continuación imos estudar como se ven representadas as mulleres alxeri-nas nos medios de comunicación do país, en particular na prensa, e intentar entender que consecuencias ten esa visión no imaxinario colectivo e no xeito de entende-lo papel das mulleres na sociedade.

Antes de facelo, é quizá importante entender onde e como nos situamos: que tipo de prensa hai en Alxeria e cal é a evolución do rol da muller alxerina.

Breve repaso histórico da prensa alxerina

A prensa alxerina nace ligada ao combate pola independencia xa nos anos 1940 e unha vez que Alxeria foi un país libre(2), durante as tres décadas anteriores à apertura democrática (Lei do 3 de abril de 1990), tratouse dunha prensa partisana, ligada ao partido único, Fronte de Liberación Nacional (Front de Libération Natio-nal, FLN).

Ao contrario do que acontece no sector audiovisual que aínda hoxe é mono-polio do Estado, a prensa escrita alxerina coñece, a partires dos anos 1990, unha gran proliferación de cabeceiras privadas, moitas das cales son moi críticas coas autorida-des. Entre edicións arabófonas e francófonas, o sector conta actualmente con máis de 250 títulos, dos cales tan só seis dos 46 diarios están ligados ao goberno.

É entón nesta área onde os profesionais e as cabeceiras sofren os peores encontros co Estado, a xustiza ou algúns movementos políticos ou sociais. Durante case dúas décadas, numerosos títulos foron perseguidos pola xustiza e entre 1993 e 1997, preto de 60 xornalistas, nove dos cales eran mulleres, foron asasinados por movementos políticos extremistas. Dende entón, seguen dándose casos de prohibi-cións, encarceramentos de xornalistas ou editores de prensa, así coma requisicións de edicións.

Esta situación condiciona o feito de que as maiores preocupacións do sector na actualidade pasen pola liberdade de expresión e o acceso e a transparencia das fontes de información, antes que o uso da prensa como medio para reivindicar un cambio de mentalidades en relación co rol da muller na sociedade.

A imaxe das mulleres alxerinas, ou como os estereotipos mudan se hai interese

É característica común a moitas sociedades de tradición islámica, relegar a muller a un segundo plano nas esferas públicas. A interpretación inmobilista e

(2) Alxeria estivo baixo a ocupación francesa dende 1830 a 1962, cando tras unha guerra que durou oito anos, os alxerinos conseguiron a súa independencia.

Page 4: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009158

interesada da doutrina relixiosa musulmana e os modelos tradicionais de educación, circunscriben o seu papel ao eido privado e familiar.

Pero en Alxeria isto non sempre foi así. Durante a Guerra de Liberación con-tra a colonización francesa (1954-1962), na que as mulleres loitaron xunto cos homes en primeira liña da fronte, interesou difundir unha imaxe “igualitaria” da muller.

O mito das “Moudjahidate”, das mulleres loitadoras, camaradas na guerra, segue vivo, pero ancorado naquela época na memoria colectiva.

O caso de Alxeria amosa como os roles de xénero poden mudar segundo os intereses dos grupos no poder en cada época da historia. A longa colonización fran-cesa (1830-1962), a antiga emancipación das mulleres da comunidade xudea alxeri-na, a participación das mulleres na Guerra de Liberación e o voluntarismo político socialista dos primeiros anos da independencia (1962) favoreceron a máis ampla au-tonomía das mulleres alxerinas e unha imaxe destas que apoiaba o proxecto político daquela Alxeria líder do Movemento dos Non-Aliñados.

Ninguén cuestionaba entón á muller alxerina “liberada”, que ocupaba o es-pazo público, que se comprometía politicamente.

Sen embargo, a mediados da década de 1980, o presidente Chadli Bendjedid e o seu goberno, ante ao aumento do influxo do islamismo político, non quixo deixar-lle a estes o monopolio tradicionalista e da autenticidade relixiosa e comezaron a facer cada vez maiores concesións, que afectaron esencialmente ao status da muller na sociedade. É destes anos a promulgación do Código da Familia (1984), coñecido como “Código da Infamia” polas militantes feministas.

A década da guerra civil, dende 1992 a 2002, culminou este cambio de imaxe. É entón cando o binomio “muller e violencia” comeza a ocupar espazo na prensa alxerina, incluso na prensa privada francófona que se declara favorable à participación social das mulleres e ao exercicio da súa cidadanía en condicións de igualdade. Interesoulle ás elites dominantes “fraxiliza-la imaxe” da muller, coa fin de lexitimar ante a opinión pública occidental a loita das autoridades alxerinas contra o seu adversario político, os islamitas, baseada en parte na “salvación das mulleres do xugo islamita”.

Hoxe: o tratamento do feminino na prensa alxerina privada francófona

Actualmente, e dende principios do ano 2000, Alxeria atópase ante unha nova etapa de transformacións económicas e políticas. Esta situación de relativa paz e estabilidade trouxo unha apertura económica e novos procesos de reformas políticas. Houbo tamén un cambio na significación do “feminino” dende entón? Como é hoxe a imaxe da muller alxerina na prensa?

“É paradoxal que mentres que o 54% dos redactores son mulleres non haxa máis sensibilidade polo tratamento da súa causa na prensa”, di Nafissa Lahrache, lo-cutora da radio alxerina e presidenta da asociación Femmes en Communication nunha

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez

Page 5: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 159

entrevista realizada para este estudo. Nafissa cre que a imaxe que os medios en xeral transmiten das mulleres é “negativa, unidireccional e presenta a muller como sub-misa e responsable de moitos males sociais, dende a violencia de xénero ata o paro”. Considera Nafissa que “esta falta de compromiso da prensa coa defensa da igualdade está condicionado polo discurso político actual no que nin demócratas nin islamitas contemplan as mulleres integradas no seu modelo de sociedade”.

Para esta profesional da información dende os anos 1970, cómpre subliñar que a imaxe que se ofrece da muller e do feminino nas cabeceiras arabófonas e fran-cófonas non é diferente, “soamente a terminoloxía está máis ligada à relixión no caso da prensa árabe, pero no contido é incluso peor a francófona”. Para Nafissa Lahrache, moita da responsabilidade desta situación son os programas das Escolas de Xornalismo, “que non aprenden sobre participación democrática, dereitos humanos nin liberdades, senón que están condicionados por un discurso relixioso e machista”.

Os tópicos: A PRENSA. Análise da prensa alxerina francófona durante o mes de Ramadán 2009

A análise sobre a imaxe da muller na prensa alxerina que se fai a continua-ción baséase nun dossier de prensa francófona de máis de dous anos e que foi com-plementado con exemplos extraídos dos dous diarios francófonos de tirada nacional máis lidos: El Watan e Liberté, durante o mes do Ramadán 2009, que tivo lugar do 22 de agosto ata o 19 de setembro. A incorporación dunha análise en paralelo da prensa arabófona ampliaría sen dúbida o contido deste estudo.

O Ramadán, noveno mes do calendario musulmán, e coñecido porque tanto homes como mulleres fan un xaxún diario, foi elixido expresamente por ser cando se reúnen as familias e aumenta a venda de prensa, ao estar de vacacións moita xente. Asemade, para as mulleres é un mes especial: por unha parte, supón un traballo extra no fogar, tendo que facerse cargo case en exclusiva da comida e o aloxamento de fa-miliares pero, por outra, é o único momento do ano no que é aceptada socialmente a súa ocupación dos espazos públicos pola noite.

Segundo a análise realizada, elabóranse catro categorías baixo as que po-deríamos enmarcar as características principais do retrato das mulleres alxerinas na prensa francófona:

As noticias relacionadas coa situación da muller na sociedade son raras, e están vencelladas á publicación de estudos ou visitas internacionais(3) de expertos nestes temas. En febreiro de 2007, unha multitude de noticias sobre a violencia ma-chista fixeron portada nas cabeceiras alxerinas, a raíz da visita da enviada especial de Nacións Unidas, Yakin Erturk.

(3) Alxeria asinou numerosas convencións internacionais en relación coa protección dos dereitos humanos, entre elas a Convención para a eliminación de todas as formas de violencia exercida contra as mulleres (CEDAW en sus siglas en inglés).

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez

Page 6: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009160

Estas noticias normalmente son cubertas por xornalistas mulleres e adoecen dunha falta de contextualización que obstaculiza a comprensión do “significado” destes temas.

Algúns actores locais (varias asociacións, dous partidos políticos e a sec-ción feminina do sindicato Unión Xeral de Traballadores Alxerinos (UXTA) foron capaces de mobilizar aos medios de comunicación e logra-la publicación de artigos sobre a participación das mulleres en política durante abril de 2007, con motivo das eleccións lexislativas celebradas o 17 de maio dese ano.

Deste modo e ao longo do mes estudado, unha única noticia refírese a un tema sobre a situación dos dereitos da muller en Alxeria: “Khelil exige des cellules d’écoute à Sonatrach et Sonelgaz” , o 14 de setembro en El Watan, que trata sobre a esixencia por parte do Ministro de Enerxía e Minas de crear células de escoita sobre acoso sexual nas empresas públicas ao seu cargo. O artigo apóiase en leis (código penal e laboral) e na opinión de expertos en dereitos humanos para completa-la in-formación.

É este un tema moi importante, e no que Alxeria está á cabeza na rexión, grazas á posta en marcha dunha estratexia contra o acoso sexual por parte da UXTA e o feito de que sexa o ministro directamente o que ordene a creación destas células reforza esa importancia. Non obstante, a noticia aparece na contraportada da edición do xornal (habitualmente adicada a asuntos curiosos ou columnas de opinión) e está ilustrada por unha caricatura, o que lle da un carácter máis informal ou parece que lle quita seriedade ao asunto.

A muller como ilustración da noticia: a “anti-imaxe”

Durante o mes de análise, nove noticias de información xeral foron ilustra-das con fotos nas que aparecen mulleres. Oito delas son noticias negativas (desaloxo de familias en Ramadán; subida de prezos en produtos básicos; aumento de roubos; déficit de mestres de primaria; caída da produción téxtil nacional, etc.) e nas que se asocia as mulleres aos seus roles tradicionais. Tan só nunha delas, ilustrando a no-ticia “Nuit blanche sur tout le territoire national” (Noite branca en todo o territorio nacional) en El Watan do 7 de setembro, que alude á festa vivida en todo o país trala vitoria do equipo nacional de fútbol, vese a unha muller cunha bandeira alxerina ani-mando ao equipo nacional alxerino. Unha imaxe cotiá pero pouco simbólica, sobre todo sendo en fútbol, terreo masculino por excelencia.

É importante sinalar o feito que cinco destas nove ilustracións nas que apa-recen mulleres, estas teñen os ollos borrados, camuflando a súa identidade. Isto non ocorre con ningunha outra das fotografías dos xornais, a non ser as de menores, como esixe a ética xornalística de tratamento de imaxes. Esta camuflaxe metódica da cara das mulleres, que estase a converter en norma na prensa alxerina pode ter, segundo a miña opinión, diferentes explicacións: a primeira pode se-lo rexeitamento

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez

Page 7: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 161

das propias mulleres a que publiquen a súa imaxe, sobre todo cando están en situa-ción de miseria; outra pode ser que as imaxes non se correspondan coa noticia que ilustran, que sexan de arquivo e polo tanto que o editor queira protexerse de posibles denuncias. Pero esta elección tan común, incide inconscientemente, na necesidade de protección desas mulleres, insistindo unha vez máis na súa vulnerabilidade por unha cuestión de sexo.

O que chama a atención é, entón, a seguinte pregunta: cal é o interese de publicar esta fotografía que contradí o seu obxectivo mesmo, o de “amosar”, con-formándose como a “anti-imaxe”? En termos de simboloxía, a opción de publicar incide na non pertinencia da muller no espazo público. A muller debe sentir vergoña e continuar restrinxida ao eido privado. Como afirma Mounir Boudjemaa, director de redacción do diario Liberté, “a única muller que é respectada no espazo público é a que non é desexada sexualmente: a muller maior ou a muller que leva velo”.

A muller como transmisora de valores sociais tradicionais: A confusión entre muller e familia

En xeral, ao longo de todas as edicións especiais (fins de semana, festas) e, en particular, durante o mes sagrado musulmán, os xornais aproveitan para incidir sobre temáticas comúns –tópicos- a través de longas reportaxes ou artigos de fondo, nos que inclúense testemuños de anónimos e expertos. É o caso da reportaxe do 30 de agosto de 2009 en Liberté sobre a diminución do porte do velo tradicional alxerino. Nela aludíase a tódolos traxes rexionais típicos de Alxeria (haik, melfa, traxe cabil, etc.) e critícase o feito de que as mulleres opten cada vez máis polo hijab cando non é típico, aínda cando estas argumentan que o fan por razóns de comodidade.

É curioso ver que, en ningún momento, ninguén cuestiona que os homes alxe-rinos abandonasen os hábitos tradicionais, situando unha vez máis, na liña do que de-mostran os estudos sobre identidade cultural, tradición e construción de xénero, á mu-ller como garante da tradición e polo tanto abocada ao inmobilismo. Noutro artigo, El Watan Weekend do pasado 19 de setembro, trátase o tema das “Mourchidate”, mozas predicadoras relixiosas contratadas polo Ministerio de Asuntos Relixiosos e ás que se alude en termos de “logradoras do cambio no destino das mulleres en situacións irre-versibles”. A situación irreversible soluciónase así, non a través do traballo da autoesti-ma e da busca dunha situación razoada e real, senón que se deixa en mans de Deus, que, ben ou mal, saberá cal é o destino que lle convén a cada muller.

Por que curioso desvío semántico o concepto de muller pasa a ser sinónimo de familia? cabe preguntarse ante as numerosas informacións publicadas na prensa alxe-rina, sobre todo nas relacionadas coa inserción económica da muller, sempre asociadas á mellora da situación familiar. A mensaxe non deixa de ser coherente, así e todo, co discurso do Ministerio Delegado da Familia e da Condición Feminina, que xa na súa denominación fai toda unha declaración de intencións. Baixo o que se supón unha es-

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez

Page 8: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009162

tratexia para a “promoción da familia” enmárcanse unha serie de actividades dirixidas unicamente a mulleres e rapaces, como se fosen o único elemento que a compón. Nos xornais, as páxinas adicadas á familia inclúen cursos de cociña para mulleres, activi-dades de xogo para os rapaces e as súas nais,... e nun marco máis xeral, en todos os eidos así é entendido en Alxeria, onde un restaurante no que poden entrar mulleres denomínase “sala familiar”.

A situación da muller no mundo: denuncia ou reafirmación?

Chama a atención a repercusión que certas noticias teñen na prensa alxerina cando atinxen á situación da muller noutros países estranxeiros. Cómpre sinalar que a información internacional constitúe unha páxina, dúas como moito, dos xornais fran-cófonos, o que supón un máximo de cinco noticias, e algúns breves e que teñen que ver coas noticias máis chamativas da xornada, sobre todo de EUA, Europa ou países veciños (Marrocos, Sahara Occidental ou Tunicia).

Sen embargo, pese a esta “escaseza” de información internacional, as noticias relacionadas coa situación da muller noutros países adoita ter un oco nestes medios. Durante o mes de Ramadán analizado, seis foron as novas atopadas desta temática, e curiosamente cinco delas informan sobre situacións denigrantes contra as mulleres, inxustizas ou violacións de dereitos humanos. Por exemplo, a crítica suscitada pola entrada de mulleres no goberno iraniano (El Watan 1 de setembro); o encarceramento dunha sudanesa por levar pantalóns (El Watan, 8 de setembro), etc. A intención non queda moi clara sobre o interese informativo, será para denuncia-la situación destas mulleres ou para reafirma-la estratexia alxerina amosando outras que tratan peor ás mulleres?

A muller como protagonista da información: os límites do politicamente correcto

As novas nas que as mulleres son protagonistas ocupan maioritariamente as rúbricas de cultura, lecer ou sucesos. Como ocorre en moitos países, as mulleres son practicamente invisibles na parte dos xornais adicada aos deportes, aínda que durante o mes da análise dúas noticias sobre a participación de dúas judokas nos campionatos mundiais conseguiron facerse un oco en El Watan.

En política, en Alxeria, é coñecido o caso de Louiza Hanoun, a primeira mu-ller líder dun partido de esquerda radical en toda África. Se ben, pese ao seu relativo peso político(4) (segunda máis votada nas eleccións presidenciais de 2009), o tratamento informativo que se lle fai non é correspondente (nesta campaña a cobertura mediática

(4) Cun 4,50% do total de votos segundo cifras oficiais, Louiza Hanoun, do Partido dos Traballadores, constitúe a segunda forza máis votada. Análise do Observatorio Electoral del Taller de Estudios Mediterráneos da Universidade Autónoma de Madrid, 2009. www.observatorioelectoral.es

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez

Page 9: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 163

desta candidata foi, segundo os datos da Liga Alxerina de Defensa de Dereitos Huma-nos(5), dun 10,5% contra un 27,63% do presidente candidato Abdelaziz Bouteflika e dun 14,91% do goberno) aínda que isto pode ser consecuencia da precariedade democrática máis que dunha cuestión de desigualdade por razóns de xénero.

Durante o mes avaliado, só unha noticia informaba dela e de calquera outra muller relacionada coa política e só outra sobre una muller, unha adolescente alxerina que tras participar nas Olimpíadas matemáticas en Grecia fora elixida para representar a Alxeria no novo parlamento helénico.

É de destacar que noutros artigos as protagonistas son mulleres respondendo a unha “intención” do xornal de inserir mulleres e así o explicitan a través das rúbricas “contrapunto” ou “a invitada da semana”. Esta boa proposta, non obstante, queda deva-luada polo feito de facelo público, pois incide na “busca” destas mulleres profesionais que poidan actuar como fontes de información como calquera home.

A muller queda reducida a determinados ámbitos, que supoñen principalmen-te unha prolongación do seu rol reprodutivo, ou sen prestixio social. No referente ás noticias de sucesos, o tratamento é aparentemente neutro, descritivo, obxectivo, pero a escolla editorial deixa entrever un trato diferenciado se o suxeito do suceso é un home ou unha muller. Por exemplo, a noticia “unha muller morre no seu edificio”, nada fai presupoñer que ocorrese unha situación sospeitosa de crime: nun país no que viven 34 millóns de persoas(6), cun sistema hospitalario deficiente, por que é isto noticia?, publi-caríase se fose o caso dun home? incide isto en que a sociedade teña unha visión das mulleres como seres vulnerables?

As consecuencias: retroceso dos valores en relación cos dereitos humanos en Alxeria (estudio CIDDEF)

O visto ata agora, influirá no feito de que seis de cada 10 homes solteiros alxe-rinos maniféstense reacios ao traballo das súas futuras esposas? A falta de normaliza-ción da muller como forza de traballo, das súas capacidades profesionais e do seu des-envolvemento no eido público sen que isto supoña un atentado á moral inflúe na opinión que teñen os alxerinos e, tamén, as alxerinas, sobre a pertinencia do traballo feminino?

O dato arriba sinalado é actual. Segundo unha enquisa de 2008, máis da me-tade dos solteiros entrevistados maniféstanse contrarios ao emprego das súas futuras esposas. Nun intento por iluminar o estado da cuestión sobre os dereitos da muller en Alxeria, o Centro de Información e Documentación dos Dereitos da Infancia e da Muller (CIDDEF) dirixido por unha lexendaria activista, Nadia Ait-Zai, publicou un estudo comparativo entre dúas enquisas realizadas en todo o territorio alxerino, unha en 2000 e outra en 2008.

(5) Xornal Liberté, 8 abril de 2009.(6) Segundo o contador internacional IndexMundial.

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez

Page 10: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009164

O resultado é a desesperanzadora diminución na adhesión aos valores iguali-tarios por parte tanto dos homes como das mulleres en Alxeria, en beneficio da corren-te máis conservadora e do grupo que se sitúa no centro da táboa. Ante nove cuestións clave (traballo feminino, mulleres no espazo público, tutela matrimonial, poligamia, tutela dos fillos e fillas, divorcio, garda dos descendentes, herdanza e violencia no seo da familia), un 27% da poboación (homes e mulleres) maior de 18 anos manifestábase en 2000 “maioritariamente a favor” mentres que en 2008 esa porcentaxe baixa a un 16%. No lado dos “maioritariamente en contra” experiméntase tamén un cambio, pa-sando de ser dun 10% da poboación global en 2000 a un 23% o ano pasado.

É revelador, en relación co noso suxeito de estudo, o feito de que as variables que máis determinan a adhesión ou non aos valores igualitarios foron, por esta orde e segundo a enquisa: a rexión, o sexo, a actividade e o nivel de instrución. Que o nivel de instrución sexa tan pouco influínte indica que as opinións non dependen tanto dunha lóxica individual senón dunha colectiva, relacionada cos procesos de socialización.

Como exemplo, no estudo do CIDDEF afírmase que o 20% das adolescentes alxerinas que leva hidjab din terse sentido influenciadas na súa decisión, entre outros factores, polos medios de comunicación de masas.

Os contratópicos: A REALIDADE. Retratos de mulleres correntes que rachan os tópicos

Na actualidade, e como no resto dos países do Magreb, a clase dirixente se-gue estando copada por homes, (no caso de Alxeria restrínxese incluso a homes per-tencentes a certos “clans militares”). Pero xa non hai ningunha profesión intelectual que non estea aberta ás mulleres. A presenza de mulleres ministras no goberno non é contestada, se ben case todas as profesionais seguen confinadas nos dominios su-postamente conformes coas súas competencias (asuntos sociais, xuventude, turismo, etc). Os progresos realizados na instrución e na formación foron claves no aumento das mulleres na esfera social en xeral e no mercado de traballo en particular(7), así como os seus efectos: o retardo da idade de contraer matrimonio (29,6 anos para as mulleres e 31,3 para os homes) e a diminución do número de fillos e fillas por muller (inferior a 3).

Se existe, por que os medios de comunicación resístense entón a mostrar como normal esta outra imaxe da muller alxerina?

A realidade (apoiándonos nos datos aportados polo Ministerio Delegado da Familia e da Condición Feminina sobre a participación económica e social da muller) é que miles de alxerinas bátense a diario contra unha opinión pública desfavorable á súa participación na sociedade, rompendo soas cos estereotipos. A invisibilidade

(7) A participación das mulleres no mercado de traballo aumentou considerablemente dende 1977 (2.4 %), 1996 (7%), 2002 (14%), 2005 (17%).

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez

Page 11: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 165

destas “outras” vidas ralentiza o cambio das mentalidades. É por iso que, a continuación, queremos dar estes cinco exemplos de mulle-

res anónimas que racharon eses modelos predeterminados que acabamos de ver na análise de prensa, tendo como trazo común o rexeitamento dun destino social elixido por outros. Son mulleres que atopamos a diario en Alxeria: non se precisa inventalas, falta tan só velas.

a) Assia, 38 anos. Alxer: “Se se quere viaxar soa, pódese” O traballo de Assia é atípico. É técnica de proxectos ao desenvolvemento e,

actualmente, traballa para a Comisión Europea, no marco do Programa ONG II de reforzamento de asociacións locais, en colaboración co Ministerio da Solidariedade alxerino, sendo unha das dúas mulleres axentes de acompañamento en terreo entre máis de 12 homes.

Pero esa non é a singularidade do seu traballo. É singular o feito de que o seu ámbito de actuación abarque cinco das 48 wilayat (plural de wilaya, división admi-nistrativa que poderíamos equiparar á provincia) de Alxeria, o que lle obriga a estar en constante movemento. Ela soa. En coche. Facendo noite en hoteis nos lugares máis recónditos deste enorme país. Assia fálanos entón do mito da seguridade das mulle-res, e dinos que “o seu único medo é o de non sabe-lo camiño”. Moi relixiosa, cuberta sempre co seu foulard que leva dende hai a penas catro anos, Assia confesa que, aínda que “quizá inxenuamente”, cre que sempre “haberá alguén para axudala”.

Ante o precepto relixioso que predica que a muller non debe viaxar soa, non tivo doado convencer ao seu entorno de que se unha é “discreta” e “boa persoa” non ten por que ter problemas, nin na estrada, nin nos hoteis, tan pouco habituados a ver mulleres soas. Á súa nai tivo que levala unha vez con ela para que vise como é; ás aso-ciacións coas que traballa míntelles dicindo que queda a durmir en casa de familiares e non en hoteis. “As mulleres son para iso moito peor cos homes, non poden concibir que quedes soa a noite”.

Así e todo, Assia di que para unha muller este traballo non é doado. “Nos po-bos, os baños adoitan ser insalubres e, ao non ter acceso ás cafeterías, é máis difícil atopar onde ir cando estás todo o día na estrada”. Ata iso conseguiu: nas rutas que fai, Assia fíxose un oco nas cafeterías tan masculinas, facéndose discreta para almor-zar pero tamén para face-la oración. “Iso gústalles, e moléstanse porque todo estea nas mellores condicións posibles para min”.

b) Faika Medjahed, 61 anos. Arxel. “No día a día é a muller a que se ocupa do home:

Ante a suposta vulnerabilidade da muller que nos presentan os medios de co-municación, dirixímonos cara a unha muller que non soamente ela mesma representa unha grande forza e enerxía senón que traballa no eido da loita contra a violencia de xénero en Alxeria, sendo xefa da sección “Muller” do Instituto Nacional de Saúde Pública (INSP) alxerino.

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez

Page 12: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009166

Faika fala da deconstrución, nos anos 1980, do mito da muller combatente que dominou en Alxeria durante a loita pola independencia do país e en anos posteriores, para “crea-la muller-ama de casa, falando delas en termos infantís, creando a súa vulnerabilidade”. Nembargantes, engade a seguir que na vida real son elas as que se ocupan dos homes. Ela, que adica o seu traballo a este tema, cre que o principal pro-blema para a creación de estratexias contra a vulnerabilidade das mulleres alxerinas é que “non hai espazo para crealas” o que da como resultado que “imiten” comporta-mentos masculinos e non creen estratexias paralelas, máis intelixentes a longo prazo. “Na condución pola estrada, por exemplo, nos postos de responsabilidade, incluso no exercicio do xornalismo, as mulleres non fixeron máis que repeti-lo discurso mas-culino, o que segue obstaculizando a visibilidade doutras mulleres: as que o intentan fanse esconder”.

Para tentar reducir esta imaxe de vulnerabilidade das mulleres, que inciden na aceptación da violencia de xénero, entre outras consecuencias, o INSP organiza obradoiros de traballo con xornalistas, nos que os profesionais analizan os seus pro-pios textos chegando á conclusión de que “eles mesmos, no seu discurso inconsciente fomentan a imaxe negativa e vulnerable da muller”.

c) Samia, 58 anos. Alxer. “A liberdade no seo da familia é unha conquista lenta pero irrevogable”

Profesora de francés nun liceo e revolucionaria esteticamente, cos seus esco-tes e o seu pelo vermello, Samia cre que non se pode vivir á marxe da sociedade alxe-rina “pero que tampouco hai que deixarse levar polo inmobilismo que esta conleva”. Ela rompe a imaxe da muller submisa ao seu marido e á súa familia, e transmisora de valores tradicionais. Casada e nai de dúas rapazas e un rapaz, sempre loitou pola súa liberdade no seo familiar, que cualifica dunha “conquista lenta pero irrevogable”. Está orgullosa de non ter cedido “ao réxime de terror que existe en Alxeria ante as rela-cións entre mozos e mozas”, divulgando unha relación de “camaradería e non unha obsesión sexual”.

Ás súas fillas aprendeulles que o matrimonio non é “un fin en si mesmo”, que o importante é “privilexa-la súa vida, a súa carreira, a súa persoa”, e que o casarse, “se queren facelo”, nunca debe ser sinónimo de “dominación, de submisión”. Iso, ade-mais de telo oído, poden velo na casa: Samia sae e entra da súa casa informando ao seu marido, viaxa, traballa e non para de empaparse de cultura e de novas tendencias. “O respecto á túa familia non debe ser entendido como unha mutilación das túas in-quedanzas”.

d) Ryma, 25 anos, Négrine “Aínda que me sinta cómoda entre estranxeiros non querería irme de Alxeria”

Se a prensa pretendía unha muller invisible, Ryma podería se-la súa antago-nista: invasora do espazo público, esta muller de Négrine pero afincada na capital, leva toda a súa vida causando incomodo ao seu redor. O seu físico impoñente, escuro

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez

Page 13: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 167

“como non gusta no norte do país” e de longo pelo rizado que luce con elegancia, provoca sempre os comentarios, cando non os insultos. “De adolescente tiña que so-portar que me tiraran dos rizos, agora a xente mírame, rise... ninguén se decata que o 80% das rapazas aquí teñen o pelo estirado con secador?”.

Ryma independizouse pronto da súa familia, optando por vivir soa ou con compañeiros de piso dende hai un par de anos. “Na miña familia acéptano, tiven irmáns e sobre todo irmás precursoras, moi loitadoras”, pero a batalla non está gañada: para unha alxerina solteira non é doado que lle aluguen un piso. “Tiven que dar explicacións da miña vida privada aos propietarios, é iso exemplo da relixión tolerante coa que nos adoutrinan?”.

Ademais de ocupa-la rúa (sempre se despraza dun lado a outro de Alxer a pé), non dubida en ocupar bares, piscinas, praias e cafeterías, calquera lugar aberto ao público pero que en xeral está restrinxido aos homes. Esta actitude “rebelde” en certo modo atrae aos mozos e mozas da súa xeración: sempre rodeada de xente, rise apenada cando lle pregunto canto lle duran os amigos. “Que amigos?” pregúntame. “A xente da miña idade máis moderna quédase a medio camiño, non se atreven a ter unha moral diferente, moitos danse medo, outros teñen todo un sistema de vixilancia imposto... non sempre é culpa deles, os seus pais viviron o peor do terrorismo pero son covardes: hai que deixar aos novos vivir, elixir, non se pode seguir vivindo no medo”.

Aínda que en certos círculos poderían tachala de “occidentalizada”, nada máis lonxe: gran coñecedora do seu país, que percorreu maioritariamente en trans-porte público, e amante da súa lingua, o árabe, poderíamos dicir que exerce da “me-llor das embaixadoras” de Alxeria entre a comunidade de estranxeiros que habita o país. “É certo que o meu modo de pensar é máis doado de levar a cabo porque vivo e traballo entre estranxeiros, pero non querería irme de Alxeria, é o meu país”, di. A este prezo, engado.

e) Djamila, 32 anos, Blida. “Para que me aceptaran nun traballo de ho-mes e nunha zona conservadora, tamén tiven eu que ceder”

Evidentemente, o acceso a certas mulleres, arabófonas, de zonas rurais, é máis difícil para un estranxeiro. O mellor exemplo é Djamila: o seu caso encaixa perfectamente co obxecto deste artigo: muller procedente de zona rural, con estudos medios en secretariado, criouse nunha familia que vivía da agricultura en Blida (wi-laya ao sur de Alxer). Nos anos de terrorismo, esta foi unha das zonas máis afectadas polas matanzas indiscriminadas dun bando e do outro, polo que decidiron, como moitas outras, emigrar á capital, en peores condicións pero máis seguros. Anos máis tarde, en 2006, Djamila entérase dun sistema de micropréstamos que unha asocia-ción local pon a disposición de mulleres para a creación dun negocio. “O primeiro que pensei? ¡por fin vou traballar no que me gusta, no que mellor sei facer!” e así foi como, cansada dos malos traballos de oficina, promoveu un criadeiro de cordeiros nunha parcela na súa antiga localidade, hoxe máis segura. Coa axuda do seu curmán

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez

Page 14: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009168

comprou unha boa cantidade de gando que coidaba con mimo todos os días trasla-dándose dende Alxer. Pero a intención non lle garantiu o éxito: entre os veciños da localidade empezou a corre-la voz, e non gustou que unha muller desembarcase na agricultura “non só tiven que deixar ao meu curmán a parte da venda do gando para non ter que relacionarme cos homes, senón que cada vez poñíame peor cara cando ía eu soa ao establo”. Pouco a pouco, e cedendo bastante ela tamén pola súa parte, estanse acostumando á súa presenza. Esta entrevista fíxose finalmente por teléfono porque trala primeira visita ao seu negocio, aos seus oídos chegaron os comentarios: “por ela pasamos, pero non cos estranxeiros”.

O papel da prensa na sociedade

Como antes vimos, a prensa e os medios de comunicación en xeral teñen moita responsabilidade na construción do que significa hoxe ser home e ser muller. Sen tratar de chocar, de provocar ou de revolucionar, a prensa que se di ceibe e de-mocrática, como é o caso da alxerina, debe “acompañar” as correntes progresistas na construción dunha sociedade aberta.

Entendemos que é o seu papel contribuír de forma activa a diseminar no-vos argumentos que desafíen as convencións máis tradicionais, sen negalas. Ofrecer outras alternativas, outros puntos de vista que, ao mesmo tempo, deben ser contem-plados por quen as elaboran. Pese a que a igualdade de dereitos entre homes e mulle-res está garantida pola lexislación alxerina, a realidade é que moitas mulleres enfrón-tanse hoxe à imposibilidade de usar e desenvolver as súas capacidades en igualdade de condicións cos seus concidadáns.

Se as noticias informasen do bo traballo que tamén desenvolven as mulleres, dos obxectivos que acadan, das responsabilidades que asumen, da súa cooperación na resolución dos problemas... non sería máis doado o desenvolvemento de relacións máis igualitarias, menos agresivas e máis equitativas na sociedade?

Laura Feal Sánchez é xornalista e técnica de proxectos de cooperación internacional

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez

Page 15: Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas · exercicio da plena cidadanía. A xestión patriarcal do sistema mediático alxerino potencia unha imaxe da muller que minimiza

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 169

BIBLIOGRAFÍA

BOUATTA Cherifa, CHERIFATI-MERABTINE Doria: Femmes aux parcours inattendus, SARP Dely Ibrahim (Alger), 2004.

HAYEF IGHILAHRIZ Imane: Connaissance des droits des femmes et des enfants en Algérie, CIDDEF, Alxer, 2009.

FEMMES EN COMMUNICATION: L’image des femmes dans la presse algérienne, Femmes en Communication, Alxer, 2006.

NAJI Jamal Eddine: Profession: Journalisme maghrébin au féminin, vécu professionnel de la femme journaliste dans les cinq pays du Maghreb, UNESCO. Bureau Multipays de Rabat, 2006.

MBA TSOGO Marie Clémence, Genre-stéréotypes, préjugé et discrimination, F3E. Formation Genre et éducation au développement, 2009.

SUREMAIN Marie-Dominique et MBA TSOGO Marie Clémence, Genre et communication, F3E. Formation Genre et éducation au développement, 2009.

VV.AA.: Infancia, televisión y género, Instituto Oficial de Radio y Televisión Española, Madrid, 2005

VV.AA.: L’influence des médias audio-visuels sur le comportement socio-culturel des femmes. Unesco. CC-80/WS/14

LOPEZ DIEZ Pilar: Representación de género en los informativos de radio y televisión, Instituto Oficial de Radio y Televisión e Instituto Oficial de la Mujer, Madrid, 2005.

VV.AA.: La lógica de la violencia sexista, la deconstrucción de la violencia contra la mujer a través de ocho tópicos sexistas. Villa real, 2007.

VV.AA.: Mujer, violencia y medios de comunicación. Instituto Oficial de Radio y Televisión, Madrid, 2002.

BENGUIGUI Yamina: Le voile et la peur (Femmes d’Islam), vídeo. Institut National du Travail et Fondation Frederich Ebert Stifung: L Emploi Feminin

en Algerie. Alxer, 2006 Ministère Délégué de la Famille et de la Condition Feminine: Femme Algérienne.

Réalité et Données. Alxer, 2007.Ministère des Affaires Etrangères y PNUD Algérie: Stratégie visant à renforcer

le statut social, économique et politique des femmes dans le processus de développement. Alxer, 2002.

Ministère de la Santé, la Population et la Reforme Hospitalière et l’Office Nationale des Statistiques: MICS3 ALGERIE, 2006.

VV.AA.: L’image de la femme au Maghreb. Actes Sud/MMSH/Barzakh, France, 2007.

Rupturas: Imaxe vs. Realidades das mulleres alxerinas / Laura Feal Sánchez