dachau gut

28
DACHAU “Se o xudeu conquistase, coa axuda do credo marxista, as nacións deste mundo, a súa coroa sería a guirnalda fúnebre da raza humana e o planeta volvería virar no espazo, despoboado como o facía millóns de anos atrás. A natureza eterna sabe vingar en forma inexorable calquera usurpación dos seus dominios. Por isto me creo eu no deber de actuar no sentido do Todopoderoso Creador: ao combater aos xudeus, cumpro a tarefa do Señor”. Adolf Hitler, “Mein kampf” I.A crise das democracias trala I Guerra Mundial. A I Guerra Mundial tivo enormes repercusións económicas e sociais, pero non foron menos notorias as súas consecuencias políticas .Cambian as vellas concepcións relativas ó equilibrio de poderes(executivo, lexislativo e xudicial), á neutralidade do estado na economía e á supremacía do poder civil sobre o militar.Estas concepcións serán sustituídas por un reforzamento do poder executivo, a intervención crecente do estado en tódolos sectores da vida cotiá e o incremento do influxo do exército e os militares.Ademáis, a guerra reforza o nacionalismo, pola humillación e resentimento dos vencidos ante as condicións impostas ( no tratado de Versalles), as tensións sociais polo trazado de novas fronteiras e o problema das minorías étnico-lingüísticas, e a desilusión dalgúns países ante as escasas compensacións recibidas(Italia).A acentuación do nacionalismo terá a súa máxima encarnación no exército e as masas de excombatentes, incómodos ante a falta de recoñecemento do seu sacrificio e nostálxicos dos hábitos de disciplina da guerra. Naceu un panorama electoral complexo, pola fragmentación dos vellos partidos conservadores e liberais, o auxe dos nacionalisas e a aparición de forzas novas, como os comunistas ou os fascistas.A dificultade de obter os votos necesarios obrigará a formar coalicións, que poden ser: de centro dereita (liberais-conservadorese en Inglaterra en 1918, conservadores-radicais en Francia en 1919), de esquerda (Frontes Populares en España e Francia en 1936) ou de centro esquerda (Weimar en Alemaña , con socialdemócratas, liberais e católicos do Zentrum; laboristas e liberais en Inglaterra en 1923).O problema era que gobernos de coalición duraban pouco, porque acababan por prevalecer os intereses particulares dos partidos, de forma que a 1

Upload: egnatio

Post on 12-Apr-2016

245 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

CAMPO DE DACHAU

TRANSCRIPT

Page 1: Dachau Gut

DACHAU

“Se o xudeu conquistase, coa axuda do credo marxista, as nacións deste mundo, a súa coroa sería a guirnalda fúnebre da raza humana e o planeta volvería virar no espazo, despoboado como o facía millóns de anos atrás.

A natureza eterna sabe vingar en forma inexorable calquera usurpación dos seus dominios. Por isto me creo eu no deber de actuar no sentido do Todopoderoso Creador: ao combater aos xudeus, cumpro a tarefa do Señor”.

Adolf Hitler, “Mein kampf”

I.A crise das democracias trala I Guerra Mundial. A I Guerra Mundial tivo enormes repercusións económicas e sociais, pero non foron menos

notorias as súas consecuencias políticas.Cambian as vellas concepcións relativas ó equilibrio de poderes(executivo, lexislativo e xudicial), á neutralidade do estado na economía e á supremacía do poder civil sobre o militar.Estas concepcións serán sustituídas por un reforzamento do poder executivo, a intervención crecente do estado en tódolos sectores da vida cotiá e o incremento do influxo do exército e os militares.Ademáis, a guerra reforza o nacionalismo, pola humillación e resentimento dos vencidos ante as condicións impostas ( no tratado de Versalles), as tensións sociais polo trazado de novas fronteiras e o problema das minorías étnico-lingüísticas, e a desilusión dalgúns países ante as escasas compensacións recibidas(Italia).A acentuación do nacionalismo terá a súa máxima encarnación no exército e as masas de excombatentes, incómodos ante a falta de recoñecemento do seu sacrificio e nostálxicos dos hábitos de disciplina da guerra.

Naceu un panorama electoral complexo, pola fragmentación dos vellos partidos conservadores e liberais, o auxe dos nacionalisas e a aparición de forzas novas, como os comunistas ou os fascistas.A dificultade de obter os votos necesarios obrigará a formar coalicións, que poden ser: de centro dereita (liberais-conservadorese en Inglaterra en 1918, conservadores-radicais en Francia en 1919), de esquerda (Frontes Populares en España e Francia en 1936) ou de centro esquerda (Weimar en Alemaña , con socialdemócratas, liberais e católicos do Zentrum; laboristas e liberais en Inglaterra en 1923).O problema era que gobernos de coalición duraban pouco, porque acababan por prevalecer os intereses particulares dos partidos, de forma que a debilidade gubernamental paralizaba a vida política e aumentaban as críticas ó sistema parlamentario.

Por outra banda, algúns partidos socialistas gobernan por primeira vez en entreguerras (Alemaña 1918, Inglaterra 1924, España 1931, Francia 1936).A súa irrupción foi acollida con medo pola burguesía, coñecidos os efectos da Revolución Rusa.

Ademais, ca xeralización do sufraxio universal, toda a poboación entra na vida política e os vellos partidos de notables convírtense en partidos de masas, con estratexias electorais para captar o voto e primando o papel do líder.Consolídanse dúas forzas opostas, comunismo e fascismo, que desexan transformar radicalmente o sistema.Así, nos anos 20 fúndanse os principais partidos comunistas, moi vinculados á III Internacional e á URSS, que se separan dos socialistas, que perden en cambio o seu carácter revolucionario para defender propostas reformistas graduais.Á súa vez, o medo ó “perigo roxo” levou a moitos gobernos a recurtar os dereitos individuais, ó tempo que unha gran parte da burguesía abandoa as prácticas democráticas en beneficio de solucións autoritarias ou fascistas.En efecto, aparecerán organizacións deste signo, especialmente en Alemaña e Italia, sendo os principais representantes do fascismo o Partido Nacional Fascista Italiano e o Partido nazi aleman; haberá tamén imitadores noutros países: a Cruz de Fogo e os Novos Patriotas en Francia, a Falanxe en España, a Garda de Ferro en Rumanía..., que cas súas marchas e desfiles queren presionar ás autoridades para cambiar o sistema.

1

Page 2: Dachau Gut

II.Alemaña trala Gran Guerra.En 1918, trala derrota alemana na I Guerra Mundial, o káiser Guillerme II abdicou e proclamouse

o réxime da República de Weimar.Nesa cidade alemana reuniuse unha Asemblea constituínte que elaborou unha constitución democrática.Iniciouse en circunstancias moi dífíciles, pois tivo que asumir as duras condicións de paz do Tratado de Versalles, que consideraba a Alemaña como única causante da guerra, reducía moito os seus territorios europeos e coloniais, o seu exército, prohibía o servizo militar e lle impoñía fortes reparacións económicas.Estas claúsulas foron vistas por moitos como unha humillación nacional, e o tratado considerado unha “diktat”, unha paz inxusta, que avivou o nacionalismo e restou lexitimidade ó rexime.Existían múltiples partidos políticos, o que deu lugar á formación de coalicións, inestables polo xeral.De 1920 a 1923 o goberno estará formado por unha coalición de centro esquerda, que tivo como peza básica ó Zentrum católico, ademáis dos socialdemócratas e os liberais; recibiu o nome de coalición de Weimar. A situación económica era enormemente difícil, cunha inflación galopante e unha gran depreciación da moeda, chegando os salarios a pagarse en millóns de marcos.

A Republica de Weimar estivo amenazada tanto por extremistas de esquerda como de dereita; de feito, ó día seguinte de proclamarse, o 9 de novembro de 1918 produciuse a revolta espartaquista, movemento radical de esquerda.Dirixido por Karl Liebknecht e Rosa Luxemburgo, viu a creación de comités de obreiros e soldados nas principais cidades, á maneira de soviets.Os socialdemócratas, cuxo líder, Ebert, fora nomeado chaceler, abortaron ca axuda do exército o intento revolucionario.Por outra banda estaban os grupos de extrema dereita, que consideraban ilexítimo e traidor o sistema republicano, por ter aceptado as claúsulas de Versalles: unha das súas manifestacións foi o Putsch de Munich ou da cervexería (1923), obra das milicias do NSDAP, Partido Nazi ou Nacional Socialista Obreiro Alemán dirixido por Adolf Hitler.Tratouse dun intento de golpe de estado producido en novembro na famosa cervexería Bürgerbräukeller, na que Hitler proclamou a revolución nacional, pero foi liquidado polas autoridades.

III.Adolf Hitler.

2

Page 3: Dachau Gut

O nazismo non pode separarse da figura do seu creador, Adolf Hitler(1889-1945).Naceu en Austria, fillo dun funcionario de aduanas e orfo de nai dende moi novo.En 1907 trasladouse a Viena para estudiar Belas Artes.Ata 1914 levou unha vida bohemia e viuse influído polas lecturas de Sorel, Nietzsche e pola cultura völkisch( que sostiña que a vida e a cultura alemanas eran as únicas portadoras de verdades e valores que, se se desenvolvían adecuadamente, elevarían a Alemaña á cabeza das nacións, conseguindo unha sociedade armónica que debería ser dirixida por un liderato firme).Nesta época forxou o seu credo, baseado na superioridade da raza alemana e o antisemitismo, o desprezo á democracia e o anticomunismo.Combatiu na I Guerra Mundial e cando se firmou o armisticio convalecía nun hospital.Despois reintegrouse ó exército, a un corpo encargado de manter ós soldados que viñan da fronte alonxados das ideas revolucionarias.En 1919 encargouselle vixiar as actividades do DAP(Partido Obreiro Alemán), pequeño partido fundado ese ano polo ferroviario Drexler e o periodista Harrer e que sería o núcleo esencial do futuro partido nazi.Era un pequeño grupo nacionalista que declaraba que o seu obreirismo se opoñía ós sectores non productivos e non nacionais da burguesía, e sobre todo ós xudeus.Hitler asistiu a unha reunión e participou tan activamente que foi invitado a ingresar na cúpula directiva, o que aceptou.Iniciábase así a súa carreira política.Este pequeño grupo medrará, aglutinando ó ultranacionalismo, pasando en 1920 a chamarse Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán(NSDAP)ou Partido Nazi.O programa dos “25 puntos” anticipaba os obxectivos fundamentais de Hitler:loita contra Versalles, creación da Gran Alemaña, búsqueda do “espacio vital”, defensa do racismo, antisemitismo e rearme, oposición ó parlamentarismo por corrupto.O socialismo que se propoñía non implicaba colectivismo (defendíase a propiedade privada), pero opoñíase ós ricos ociosos.Reclamaba a nacionalización da banca, a división dos latifundios, o dereito ó traballo, participación nos beneficios empresariais, un sistema de pensións e educación para todos.

Tralo putsch de 1923 Hitler e outros dirixentes foron encarceados (Hitler foi condeado a 5 anos, que se quedaron en 9 meses), o partido ilegalizado e o seu periódico clausurado.A prisión fai reflexionar a Hitler sobre a necesidade de participar no xogo parlamentario, e partir de entón o partido combinará as mobilizacións na rúa con esforzos electorais.Na cárcel redacta a súa obra “Mein kampf”, na que se expón a súa visión do mundo, a partir do socialdarwinismo.Vía a historia como unha sucesión de idades da humanidade, que se manifestaban nunha cultura que as distinguía.A capacidade para crear cultura era privativa da raza aria.Tódalas culturas entraban en decadencia por causa do mestizaxe.A civilización occidental era decadente e o destino do pobo alemán consistía en reemplazala, por eso debía fundarse un novo imperio xermánico que se extendera polo continente europeo, para o que necesitaba un “lebensraum” ou espacio vital en Europa Oriental a expensas de Rusia, pois os eslavos dominados polos xudeus e bolcheviques non eran capaces de manter o seu estado.A finalidade do estado era preservar a raza e para eso tiña que defender ó pobo da contaminación de 3 velenos que se identificaban cós xudeus:o internacionalismo, o igualitarismo e o pacifismo.

O aspecto máis característico de “Mein kampf” é o seu radical antisemitismo.O xudeu era segundo Hitler unha creación satánica, o que o distinguía de tódalas demáis razas era que non tiña ningún territorio propio, polo que non podía participar na loita polo espacio vital.Por eso os xudeus eran parásitos que se alimentaban do traballo doutras nacións.O inimigo eterno dos arios era o xudeu, axente de contaminación racial que tiña destruído unha civilización tras outra.Por eso había que destruílos, eliminalos totalmente.Dende que Hitler se converteu en chanceler, en 1933, vendéronse millóns de exemplares de “Mein kampf”.

Unha nova fase na vida política do nazismo iníciase en 1924, cando Hitler sae do cárcere.O número de afiliados ó partido aumenta.Pero será unha nova coxuntura, na que a situación económica repercute na política, o que provocará o ascenso do nazismo e a chegada de Hitler ó poder.En efecto, a crise económica do 29 afectou con moita dureza a Alemaña.A prosperidade reduciuse, pois descansaba no recurso sistemático de bancos e grandes empresas ós créditos extranxeiros, sobre todo americanos, préstamos que cesaron de repente.En Alemaña produciuse unha forte crise financieira, seguida do afundimento industrial e un gran aumento do paro: 6 millóns en 1932.A clase media ainda non estaba recuperada da gran inflación de 1923; cando se viron de novo golpeados, despois dunha tregua tan corta, perderon toda a súa fe no sistema.A depresión tamén exacerbou o aborrecemento por Versalles.

3

Page 4: Dachau Gut

Hitler atizou tódolos resentimentos cá súa propaganda e denunciou á República de Weimar por producir loita de clases e debilidade.Nas rúas o goberno era incapaz de manter o orden, sendo continuos os enfrentamentos entre diversas organizacións paramilitares, as SA (Sturmabteilungen, Sección de Asalto,de uniforme marrón), e as SS (Schutzstaffeln, Sección de Seguridad, uniforme negro) nazis ou o Frente Roxo comunista.

En 1933, apoiado pola elite industrial e financieira, que desexaba un sistema autoritario que puxese fin ós problemas económicos e ó desorde, Hitler convertiuse en chanceler, comezando o III Reich, que segundo profetizaba, duraría 1000 anos.Dende a chancelería, Hitler implanta a dictadura nazi, cun sistema de partido único, un estado centralizado, un férreo control da cultura, a eliminación dentro do propio partido de posibles adversarios ou tendencias perigosas (“noite dos coitelos longos”, xuño de 1934) e de todos os considerados inimigos da nación alemana.Comeza unha política expansionista e transgresora do tratado de Versalles, que finalmente desembocará na II Guerra Mundial.

IV. O antisemitismo.Os campos de concentración.A ideoloxía fascista é producto da converxencia de variadas correntes ideolóxicas, entre elas, de

maneira especial, o nacionalismo e o racismo, sobre todo o antisemitismo; tamén o vitalismo, o cientificismo (do que o “darwinismo social” é a expresión máis sobresaínte), o elitismo e as doctrinas corporativistas.Considera un fin esencial o engrandecemento da nación e a eliminación dos seus inimigos.Na concepción nazi, a nación non é fruto do libre pacto entre individuos, como na liberal, senón un organismo vivo, superior ás vontades individuais e formado pola serie indefinida das xeneracións.A conciencia de pertencer á nación, a identificación con ela e a aceptación da raza como categoría distintiva reforzan o sentimento de unidade e cohesión.A nación encontra o seu sentido na realización dun destino colectivo e todos os que non asumen esa “misión histórica” son considerados elementos subversivos.Así, os fascismos concretan nun inimigo a causa dos males da patria.Os inimigos serán os grupos que contradigan a idea nacional fascista, xa polo seu sentido internacionalista, por opoñerse ó fascismo ou por ofrecer dificultades para a súa integración: masóns, xudeus, marxistas, extranxeiros, xitanos, homosexuais.

O antisemitismo nazi foi o caso máis espectacular de racismo.Os xudeus foran obxecto de persecución (xa desde a Antigüidade) e de expulsión por parte de diversos países europeos (Inglaterra s XIII, Francia s XV, España s XV...).Os motivos foron relixiosos, xa que se consideraba que eran deicidas, empeñados en manter a súa relixión fronte ó cristianismo ou económicos, pois desempeñaron moitas veces labores de recadación de impostos e moitos eran homes ricos, sendo envexados.As doctrinas racistas renaceron a fines do XIX.A súa orixe encóntrase na obra do aristócrata francés A. de Gobineau (“Ensaio sobre a desigualdade das razas humanas, 1853).Nesta obra aparecen doctrinas de racismo místico que creaban claras distincións entre os pobos brancos e que establecían a absoluta superioridade dos europeos arios (os pobos do norte de Europa) sobre os demáis.O principal divulgador destas ideas en Alemaña foi o inglés xermanizado H. S. Chamberlain, que na súa obra “Os fundamentos do s. XX” puxo de relieve unha loita racial sen tregua a favor da pureza aria e contra os xudeus e os pobos inferiores.Este racismo manifestouse sobre todo na difusión dun novo antisemitismo, que como comentamos, existía dende a Antigüidade e asignaba ó xudeu o estigma de ser distinto, conspirador contra a civilización cristiana e usureiro.Pero dende finais do XIX nace un antisemitismo presentado como científico a partir da extrapolación abusiva das teses de Darwin (razas superiores-inferiores).Considerábase que os xudeus eran a raza inferior por excelencia: así, en “Mein kampf”, Hitler fai unha clasificación das razas en creadoras de civilización( a aria), receptoras(as demáis) e destructoras(a xudea).

Ó que tivo unha influencia social máis grande foi o mito dun complot xudeu para facerse donos do mundo, a partir da difusión dun documento falso titulado “Os protocolos dos sabios de Sión”, no que se explicaba dito complot.En Alemaña, o nacionalismo fíxose racista e os máis extremistas dirixiron a súa inquina contra os xudeus, pola súa identidade relixiosa ou a súa preeminencia financieira e cultural.Apareceron obras como o “Catecismo antisemita”, onde se propoñía a súa eliminación da vida nacional.

4

Page 5: Dachau Gut

A persecución contra eles comenzou en 1933, sufrindo cada vez con maís dureza unha lexislación que restrinxía a súa liberdade: prohibición de asistir a espectáculos, de ir a escolas alemanas, de presentarse a exámenes profesionais, retirada do carnet de conducir, obriga de levar visible a estrela de David, símbolo dos xudeus....En 1933 xa existían campos de concentración en Oraniemburg e Dachau, e o labor de reeducación que neles se levaba a cabo cos que se opoñían ó réxime, e que moitas veces incluía traballos forzados, acababa moitas veces ca morte dos reclusos. En 1935 as Leis de Nüremberg prohibían os matrimonios mixtos e as relacións sexuais entre xudeus e arios, definíndose un concepto de cidadanía que os excluía (Lei de Cidadanía do Reich).En 1938 o asasinato do secretario da embaixada alemana en París por un xudeu polaco desencadeou unha fortísima onda antixudea, orquestada polos nazis, que se manifestou na “noite dos cristais rotos”(9-10 de novembro), cando 91 xudeus foron asasinados, 20.000 detidos, 815 tendas destruídas, 191 sinagogas queimadas.Ese mes fíxose pagar ós xudeus unha multa de un billón de marcos e promulgouse un decreto que lles vedaba o dereito á propiedade e a administrar negocios.

En 1941 Heinrich Himmler, xefe das SS e da temida Gestapo, a policía política, comezou a establecer con carácter sistemático unha rede de campos de exterminio mediante a que eliminar os xudeus e outros inimigos do réxime.O sistema de campos de concentración serviu para eliminar non só ós xudeus, senón a todos os considerados inimigos do réxime nazi, tanto políticos de diverso signo, como relixiosos, xitanos, eslavos, homosexuais, etc. Na Conferencia de Wannsee, que tivo lugar en Gross Wannsee (Berlín) en 1942, fixouse a organización definitiva do que os nazis chamaron “solución final”, ou exterminio dos xudeus europeos en campos de concentración, o Holocausto ou Shoá, en expresión xudea.Dachau, Belzen, Treblinka, Sobibor, Auschwitz, Bergen-Belsen son nomes tristemente famosos dalgúns destes campos.

V.Dachau.Prisioneiros e supervivintes.Ca cínica frase “Arbeit mach frei” (“o traballo fai libre”) na súa porta de entrada, comeza a

historia de Dachau, o primeiro campo de concentración nazi, en funcionamento dende o 22 de marzo de 1933 ata a súa liberación o 28 de marzo de 1945 ( pola 42 División de Infantería do 7º exército de USA).As tropas americanas atoparon no camiño ó campo máis de 30 vagóns de corpos en descomposición.

A súa organización básica, así como os plans de construcción, foron desenvolvidos por Theodor Eicke (que se convertería despois en xefe dos campos de concentración) e aplicáronse a todos os posteriores; foi modelo de campo ordenado e eficaz e escenario de castigos tremendamente crueis. Situouse nas proximidades do pobo de Dachau, a 16 kms ao noroeste de Munich, na rexión de Baviera (sur de Alemaña), aproveitando as instalacións que quedaran dunha fábrica de pólvora en desuso, e foi xestionado inicialmente polas SA e SS locais, pero desde 1934 estivo baixo a autoridade exclusiva das SS.Tras sucesivas ampliacións que finalizaron en 1938, contaba con 32 barracóns, un dos que se empregaba para realizar os crueis experimentos médicos nos que perderon a vida centos de prisioneiros, sobre cómo afectaban ós prisioneiros os cambios bruscos da presión atmosférica, a inmersión e auga moi fría, beber auga do mar, ou as enfermedades qeu se lles inoculaban, como a malaria.Dende 1941 tivo 2 crematorios e 1 cámara de gas, que nunca funcionou , ainda que parece que en 1942 uns 3.166 presos moi debilitados foron trasladados ó castelo de Hartheim, perto de Linz, para ser gaseados.Todo o campo estaba rodeado de arame de púas electrificado (algúns presos, desesperados, suicidábanse lanzándose contra él) e no lado oeste, por un profundo canal cheo de auga, conectado co río Amper.

Nel foron recluídos en total ao redor de 200.000 prisioneiros de 30 países, a maioría polacos e rusos.Houbo entre eles tamén españois, en torno a 600, dos que só sobreviviron 260.As estatísticas refirense a 30.000 persoas asasinadas no campo, ademais doutros miles que morreron víctimas das pésimas condicións de vida,do tifus, torturas ou execucións.Outras 10.000 morrerían nos subcampos de Dachau.

5

Page 6: Dachau Gut

Nun primeiro momento serviu para aloxar a adversarios políticos e delincuentes comúns, sendo os primeiros reclusos socialdemócratas e comunistas, e tamén membros das SA tras a súa depuración na “noite dos coitelos longos”.Pronto se empregou para outros fins, como a reclusión de relixiosos cristianos opostos ó nazismo, moitos sacerdotes polacos e tamén Testigos de Xehová, única confesión relixiosa á que se lle asignou un distintivo específico nos seus uniformes, o triángulo púrpura; ademáis de relixiosos, houbo aristócratas, intelectuais, políticos, xudeus, homosexuais, xitanos...Segundo datos da Igrexa católica a lo menos 3000 relixiosos, diáconos, sacerdotes e bispos foron recluídos nel.Os primeiros presos xudeus foron levados en 1935, pero foi trala “noite dos cristais rotos” en 1938 cando enviaron a máis de 11.000.Para moitos deles a súa estadía no campo bávaro sería curta, pois un destino tráxico os agardaba noutros campos.Durante a retirada alemana no inverno de 1944-45, Dachau recibiu de novo a xudeus evacuados forzosamente dos campos polacos ameazados polo avance dos soviéticos.

Trala liberación, produciuse unha matanza de gardas do campo por parte dos reclusos e das tropas americanas, feitos que, ainda que foron investigados, non levaron a proceso ningún, xa que os cargos foron desestimados, os testigos dos asasinatos nunca foron interrogados e naide foi declarado culpable.

De 1945 a 1948 Dachau serviu como prisión para os oficiais das SS en espera de xuizo.A partir de 1948 albergou á poboación alemana expulsada de Checoslovaquia e foi tamén unha base dos USA.Pechouse en 1960.

Nos seus inicios, o trato ós prisioneiros era relativamente bon comparado cos estándares doutros campos, pero todo cambiou desde que en 1934 quedou baixo a xurisdicción exclusiva das SS, que iniciaron o trato cruel e inhumano característico destas instalacións.O primeiro comandante das SS en Dachau foi Hilmar Wacherle, baixo cuxo mando en menos de 2 meses morreran xa 12 reclusos; Himmler iniciou unha investigación que finalmente foi arquivada.

Unha das funcións de Dachau era formar ós mandos das SS que logo serían enviados a xestionar outros campos; outra das principais, ser una fábrica de municións.

Os presos apenas comían , soportaban golpes e humillaciósn e duras xornadas sometidos a traballos forzados, na construcción de estradas, canteiras, ou establecementos industriais, como na fábrica de motores de BMW.Empresas que empregaron man de obra de Dachau foron tamén Dornier, Messerschmitt, Photo Agfa e Zeppelin.As 4 da madrugada os prisioneiros debían erguerse para o aseo e almorzo e ás 5:30 pasábase lista; ás 6 comezaba o traballo esclavo, que duraba 12 horas, ata as 6 da noite.Esta escravitude non coñecía descanso nin horas libres, xa que se traballaba de luns a domingo.Os presos estaban sometidos a un réxime de terror, calquera vulneración das regras, chegar tarde, ir mal uniformado, podía ser castigada ca tortura ou a morte.

Os prisioneiros foron divididos en categorías, con diferentes distintivos: os presos políticos detidos pola Gestapo levaban unha insignia vermella, os delincuentes una verde, os homosexuais rosa, os deficientes mentais un brazalete branco e os xudeus, un distintivo amarelo.

As condicións de vida empeoraron a partir de 1944, cando tamén se abriu un campo para mulleres.Mentras as forzas aliadas avanzaban hacia Alemaña, prisioneiros doutros campos eran traídos aquí.Despois de días de viaxe sen apenas comida ou auga, chegaban exhaustos, a miúdo cerca da morte.Desde finais de 1944 ata a liberación morreron 15.000 persoas, casi todas víctimas da epidemia de tifus desencadeada polo amoreamento.

Para xustificar a presencia do campo ante a poboación, o goberno desenvolveu unha campaña publicitaria, que explicaba que os recluídos, contrarios á moralidade, tolos, violadores, vagos, estaban sendo reeducados.A certas zonas permitíanse as visitas, de xeito que, para proporcionar unha fachada de normalidade, axardiñáronse algunhas partes, creouse unha biblioteca e un comedor, xunto a novas cociñas.

Campamentos satélite de Dachau establecéronse no verán-outono de 1944 cerca das fábricas de armamento para aumentar a producción de guerra.Dachau tiña máis de 30 subcampos nos que uns 30.000 prisioneiros traballaban exclusivamente na producción de amas.

Actualmente as instalacións do campo de Dachau cumplen a función de Museo connmemorativo, instalado en 1965 por iniciativa dos reclusos sobrevivintes, ca axuda do estado

6

Page 7: Dachau Gut

bávaro.O museo conta con 22 zonas, 21 están abertas ó público en xeral e só a zona do antigo campo das SS é inaccesible.O percorrido polo campo tenta recrear a vida dos reclusos.Entre as zonas máis significativas están:

-o complexo de intendencia, que comprendía a cociña, gardarroupa, obradoiros e baño, estando inscrito no edificio con grandes letras: “Hai un camiño á liberdade.Este pasa pola obediencia, a honestidade, a limpeza, a sobriedade, a aplicación, a orde, o sentido de sacrificio, a sinceridade, o amor á patria.”

-o calabozo, onde se torturaba ós reclusos e se facían tamén os experimentos médicos.-o campo de tiro das SS, no que foron executados moitos prisioneiros.-o bloque dos curas, onde se atopaban os moi numerosos representantes do clero.Hoxe só quedan

2 dos 32 barracóns onde durmían os presos, e son reconstruccións, o resto están marcados polo seu contorno.

-as foxas comúns.Consérvanse datos sobre prisioneiros que pasaron polo campo ou morreron nel, e tamén

testemuñas de supervivintes.Foi o caso do asturiano José Artime, que pasados 6 meses “xa perdera 20 kilos”; foi un dos pasaxeiros do tren que pasaría á historia como o “tren fantasma”, con vagones para transportar cabalos, que chegaría a Dachau en setembro de 1944.O sacerdote polaco Kazimierz Majdanski afirmaba que “sobrevivir era un milagre.O campo era a encarnación da civilización da morte: non é casualidade que nos uniformes dos alemáns houbese calaveras.Para eles non eramos máis que números que había que eliminar”.Outro sacerdote, o alemán Hermann Scheipers relatou nun libro de Memorias a súa experiencia no campo, no que viviu a ordenación clandestina de Karl Leisner, xoven diácono moi enfermo, nunha cerimonia que Scheipers describe como un acto ecuménico, pois sin o silencio e a complicidade de xudeus, ortodoxos, protestantes ou ateos sería impensable.

Personaxes notables que estiveron no campo foron os políticos franceses Leon Blum e Edouard Daladier, o chanceler austriaco Kurt Schuschnigg, o xeneral alemán Alexander von Falkenhausen o teólogo luterano Martin Niemöller, e o neurólogo e psiquiatra vienés Viktor Frankl, que tras ser liberado escribiu “O home en busca de sentido”, relatando a súa experiencia tanto en Dachau como en Auschwitz. Dachau tamén acolleu a numerosos membros da realeza, como gran parte de familia real de Baviera, a dos duques de Hohenberg, fillos do arquiduque Francisco Fernando de Austria, o príncipe carlista español Francisco Javier de Borbón Parma e outros.

Foron executados en Dachau Georg Elser, autor do primeiro dos atentados sufridos por Hitler e tamén o médico da Luftwaffe Sigmund Rascher, autor de infames experimentos médicos para mellorar a capacidade de supervivencia dos pilotos alemáns en condicións extremas e protagonista, xunto ca súa muller, dun engano a Himmler.

VI.Documentos gráficos.

Año 19334.821

Año 19341.990

Año 19352.111

Año 19362.323

Año 19372.015

Año 1938

18.681

Año 19393.932

Año 1940

22.675

Año 19416.135

Año 1942

12.572

Año 1943

19.358

Año 1944

78.635

Año 1945

30.958TOTAL

206.206

Número de prisioneiros que pasaron por Dachau, por anos.

 Albania 110  Alemania 31.456  Andorra 1  Austria 7.198 

 Dinamarca 357  España 604  Estonia 45  Finlandia 5 

 Grecia 1.096  Holanda 2.135  Hungría 21.124  Irlanda 1 

 Lituania 4.427  Luxemburgo 407  Noruega 445  Polonia 40.395 

 Rumania 291  Rusia 25.113  Suecia 16  Suiza 37 

7

Page 8: Dachau Gut

 Bélgica 1.842  Bulgaria 110 

 Francia 14.609  G. Bretaña 27 

 Italia 9.523  Letonia 353 

 Portugal 19  Rep. Checa 8.352 

 Turquía 23  Yugoslavia 7.707 

Número de prisioneiros por Estados.

8

Page 9: Dachau Gut

9

Page 10: Dachau Gut

Os que entran no campo de Dachau atópanse na porta co conocido e cínico lema nazi  Arbeit macht frei (o traballo faravos libres).

10

Page 11: Dachau Gut

BIBLIOGRAFÍA

-Ciencias sociais, xeografía e historia.Novo Cabo Fisterra.Ed. Vicens-Vives.

-Mein kampf, Adolf Hitler, Ed. APSSA.

-Cadernos de historia.Historia do mundo contemporáneo. A crise das democracias na época de entreguerras.Ed. Xerais.

-Hitler y los alemanes.Ronald Gray.Historia del mundo para jóvenes.Ed Akal/Cambridge.

-Hitler al poder.José M.Solé, Carlos Forcadell y Julio Gil.Cuadernos de Historia 16.

WEBGRAFÍA

www.disfrutamunich.com/ campo - concentracion - dac

www.lavanguardia.com › Hemeroteca

www.getyourguide.es/.../medio-dia-desde-munich

www.dospedalesmilcaminos.com/.../ campo-de-conce .

www.solidaridad.net/.../ dachau -un- campo-de-conce .

www.europamundo.com/guiaspdf/ Dachau .pdf

mx.tuhistory.com/.../se-puso-en-funcionamiento-el-c.

www.elholocausto.net/parte03/cam11.htm

davidneusviajes.blogspot.com/.../munich-4-campo-d...

es.slideshare.net/.../el-campo-de-concentracin-de-dac.

ecodiario.eleconomista.es/.../Una-puerta-nueva-para-

www.fuenterrebollo.com/Heraldica.../munich.html

docsetools.com/articulos-utiles/article_114662.html

11

Page 12: Dachau Gut

Uno de los casos con nombre y apellidos de los que existen de Dachau es el de Sebastian Nefzger, comerciante de Munich y afiliado al NSDAP; tras apropiarse de dinero de la SSse le detuvo y fue enviado a Dachau pero en la noche del 25 al 26 de Mayo de 1933, según otros prisioneros testigos del hecho, fue asesinado aunque oficialmente se convirtió en suicidio.

Otro prisionero, el ciudadano de nacionalidad suiza y alemana Leopold Obermayer, vendedor de vinos y licores y detenido por sospechas de ser homosexual (delito muy castigado por el nazismo), fue llevado a juicio por este hecho y esperando la sentencia informó a su abogado de haber sido golpeado presentando este alegato ante el tribunal; se le sentenció en Enero de 1935 a pasar 9 meses en Dachau por homosexual y a otros 10 años de reclusión por sus protestas pero al final de 1942, cuando se dio la orden de que aquellos prisioneros con condenas largas pasaran a manos de la SS para su internamiento en campos de trabajo y exterminio, Leopold Obermayer fue enviado aMauthausen (Austria) en donde sería asesinado el 22 de Febrero de 1943.

Viktor Frankl, neurólogo y psiquiatra de Viena, Austria.

Leon Blum - brevemente, después de haber sido evacuado

del campo de concentración de Buchenwald

Kurt Schuschnigg, el último canciller fascista de Austria antes

del partido nazi austríaco fue instalado por Hitler, poco antes del Anschluss

Alexander von Falkenhausen, general alemán que se

resistieron a Hitler

notables entre los prisioneros cristianos son Karl Leisner, sacerdote católico ordenado por el obispo Gabriel Piguet mientras estaba prisionero y beatificado por Juan Pablo IIen 1996; Titus Brandsma, sacerdote carmelita, y Martin Niemöller, teólogo y pastor luterano. En este mismo campo se ejecutó a Georg Elser, que fue quien perpetró el primero de una serie de atentados contra Hitler.

Especial mención merece el sacerdote alemán Josef Kentenich, fundador del movimiento apostólico de Schönstatt, quien, durante su reclusión voluntaria, se las arregló para dejar testimonio y enviar noticias al exterior, documentando gran parte de las vivencias internas y de los distintos sucesos que acontecían día a día en Dachau. El franciscano Petrus Mangold († 1942 en Dachau) realizó junto con el párroco Emil Thoma,

12

Page 13: Dachau Gut

hasta el 3 de mayo de 1942, una lista de todos los prisioneros conocidos, sacerdotes católicos o pastores protestantes; a través de correos se pudo transmitir la lista fuera del campo de concentración. Según esta lista, estaban presas 2.720 personas con cargos religiosos: 2.579 católicos, 109 protestantes, 22 greco-ortodoxos, 8 viejo-católicos y 2 musulmanes. En cuanto a su procedencia, la mayor parte (1.780) eran sacerdotes polacos, de los que 868 no sobrevivieron. Las otras nacionalidades eran (entre paréntesis se indica el número de fallecidos): 447 alemanes (94); 156 franceses (10); 109 checoslovacos (24); 63 neerlandeses (17); 46 belgas (9); 28 italianos (1); 16 luxemburgueses (6). En total fallecieron en Dachau 1.034 personas con cargos religiosos.

Después de la guerra, en paralelo a los juicios de Nuremberg, una cuarentena de científicos y médicos de Dachau fueron juzgados por crímenes de guerra. Más de una treintena fueron condenados a pena de muerte, entre ellos el doctor  Klaus Karl Schilling, tristemente famoso por utilizar seres humanos en sus experimentos sobre el paludismo

Los presos judíos eran tratados peor que los demás. Durante la guerra fueron trasladados de los campos de concentración en Alemania a los campos de exterminio que los alemanes habían instalado en

zonas ocupadas del Este. La vida de preso del campo de concentración comenzaba con el ingreso al mismo. Las SS hacían de la “bienvenida” un ritual cruel que debía amedrentar a los recién llegados y hacerles ver que se encontraban desamparados, sin derechos.

Desconcertados, los recién llegados, recibían una paliza y un torrente de insultos. Se les quitaba hasta lo último que poseían antes de que fueran rapados y vestidos con un traje de terliz a rayas.

Se les asignaba un número y un triángulo de tela de color que indicaba la categoría de preso a la que pertenecían; ambos debían fijarse de forma visible en el trajeDentro del campo se instalaron todo tipo de talleres artesanales, desde la cestería hasta la herrería artística, los cuales estaban en un principio a cargo del comandante. Debido al constante crecimiento del campo de concentración, aumentaba proporcionalmente el volumen de la producción.

Una parte de los detenidos fue destinada a la producción y el mantenimiento del campo de concentración; otra parte fue enviada a trabajar fuera del campo bajo la custodia de guardias SS. Estos, llamados grupos exteriores, trabajaban en la construcción de carreteras, en las canteras de grava o en el

13

Page 14: Dachau Gut

cultivo de cenagales. En el transcurso de la guerra la mano de obra de los presos de los campos de concentración llegó a ser cada vez más imprescindible para la industria alemana de armamentos. La red de campos de concentración, que se extendía por toda Europa Central, alcanzó dimensiones gigantescas. Tan sólo el campo de concentración de Dachau tenía 36 grandes campos anexos en los que trabajaban aproximadamente 37.000 presos, aparte de numerosas instalaciones pequeñas en la que se trabajaba casi

exclusivamente para la industria de armamentos. Los prisioneros tenían que trabajar, hambrientos y debilitados, hasta 11 horas al día. Luego debían soportar la larga marcha, de ida y vuelta al lugar de trabajo, así como formar filas durante largas horas, para pasar lista mañana y tarde. Les quedaban pocas horas para dormir.

El hambre adquirió un papel relevante en la vida de los presos y el deseo de comer, de conseguir comida sustancial comenzó a dominarlos cada vez más. Sus esperanzas se veían a diario frustradas al recibir, en el reparto de comida, una sopa aguada y un trozo de pan que era engullido sin que aplacara la

atormentadora sensación de hambre. En el transcurso de los años de guerra la situación alimentaria en los campos de concentración llegó a ser cada vez más deplorable. Las secuelas del hambre causaron el aumento y la propensión a las epidemias, así como la aparición de enfermedades carenciales de todo tipo.

Cuando se liberó el campo de concentración de Dachau, en abril de 1945, para muchos presos la ayuda llegó demasiado tarde; fallecieron debido a las secuelas del hambreOtra amenaza para los presos eran los castigos que imponían los guardias SS. Entre las penas más frecuentes estaban:

• El castigo corporal: en este caso se ataba al preso a un caballete expresamente construido a tal fin y el propio castigado debía contar en voz alta hasta los 25 azotes que recibía. Si se desmayaba, se repetía el castigo;

• Colgamiento: se colgaba al preso varias horas de un árbol o de un poste, con las manos atadas por la espalda;

• Plantón: el preso tenía que estar de pie, en la plaza central del campo, inmóvil, durante varios días soportando todas la condiciones climáticas;

• Privación de comida: colectiva o individual;

• Reclusión: en el así llamado silo, la cárcel del campo, en la que los presos estaban encadenados y privados de comida.

Inclusive la pena capital figuraba en el régimen disciplinario y penal.

Durante la guerra, en los campos de concentración, se realizaron experimentos médicos con indefensos reclusos.

Estos experimentos debían proporcionar métodos por los cuales se pretendía mejorar las oportunidades de supervivencia y curación de los soldados alemanes en la guerra

En 1942 se construyó un centro de experimentos con el paludismo. Esperaban hallar métodos de inmunización contra la fiebre palúdica. Para tal efecto, aproximadamente 1.100 presos fueron infectados

14

Page 15: Dachau Gut

con esa enfermedad. A las personas destinadas a los experimentos se les inyectaba el agente patógeno o se les transmitía por medio de una picadura de mosquito; a continuación se trataban las altas fiebres producidas por la enfermedad con diferentes medicamentos y se registraba su evolución con exactitud.

Las personas inicialmente elegidas, para los experimentos, fueron criminales comunes; más tarde se seleccionó sobre todo a clérigos polacos y también italianos y rusosPoco después de la entrada de las tropas alemanas a Austria, llegaron a Dachau los primeros austríacos. Poco después de la ocupación de los Sudetes, arribaron los primeros alemanes sudetes. Otro tanto sucedió tras la ocupación de Praga: llegaron los checos; y tras la invasión a Polonia, las primeras internaciones de polacos.

Con sólo un pedazo de pan se encerraba a cientos de personas en vagones de ganado o de mercaderías. Allí debían permanecer durante días hacinados, sin suficiente oxígeno, sin alimentos, sin agua ni instalaciones sanitarias. Ni siquiera podían sentarseDespués del asesinato masivo de enfermos mentales, se comenzó en los campos de concentración, con el homicidio sistemático de presos enfermos e incapacitados para el trabajo.

Los presos que estaban enfermos eran llamados para ser “trasladados”. Debían esperar en el baño y a su salida se les quitaban sus vestidos y mejores calzados, cambiándolos por prendas inferiores; igualmente se les despojaba de gafas y prótesis.

Eran transportados en camiones cerca de Linz donde eran asesinados con gas tóxico.

En Dachau en 1942, también se había instalado una cámara de gas para exterminar a los detenidos, pero por razones desconocidas nunca se puso en marchaEn el otoño de 1941 se instalaron, dentro de los campos de concentración alemanes, campos separados para prisioneros de guerra. Unas semanas después llegaron los primeros prisioneros de guerra rusos, y paulatinamente fueron ejecutados decenas de miles de ellos.

Posteriormente se produjo un cambio y los prisioneros de guerra soviéticos fueron integrados al

gigantesco sistema de trabajo forzado de la industria de armamentos. Desde fines de 1944 los detenidos observaban los bombardeos de los aliados. Cada vez más les preocupaba qué pasaría con ellos. ¿Qué harían las SS con las más de 30.000 personas? ¿Serían masacrados antes de la llegada de los aliados, para deshacerse de testigos?

De hecho se descubrió tras finalizar la guerra que se habían elaborado planes para asesinar a todos los presos de los campos de concentración mediante bombardeos y por envenenamiento.

El 29 de abril de 1945 los prisioneros fueron liberados por soldados norteamericanos.

Los que todavía podían caminar salieron a la plaza central y de un momento a otro flamearon, al lado de la bandera blanca de capitulación, las banderas de todos los países de los prisioneros que fueron confeccionadas en secretoLo curas católicos de los demás campos, que temporalmente habían sido agrupados en Dachau, y los sobrevivientes de más de 1.000 que habían muerto en este lugar, pudieron celebrar una misa conjuntamente con los clérigos judíos y protestantes sin temer amenaza algunaDebieron poner en cuarentena a todo el campo para controlar la epidemia de tifus. Los prisioneros tuvieron que seguir viviendo en las barracas abarrotadas, durante cierto tiempo, ya que se demoró varias semanas hasta que se pudo iniciar la repatriación de los diferentes grupos nacionalesDe los más de 200.000 presos registrados en el campo de concentración de Dachau, se ha documentado el fallecimiento de 31.951 casos según los datos del Servicio de Rastreo Internacional, Arolsen.

15

Page 16: Dachau Gut

Es imposible determinar el número efectivo de muertos en el campo de concentración de Dachau, puesto que diversas categorías, como por ejemplo las víctimas de los fusilamientos masivos o las muertes ocurridas durante las marchas de evacuación, no están registradas

.

16

Page 17: Dachau Gut

BIBLIOGRAFÍA

-Ciencias sociais, xeografía e historia.Novo Cabo Fisterra.Ed. Vicens-Vives.

-Mein kampf, Adolf Hitler, Ed. APSSA.

-Cadernos de historia.Historia do mundo contemporáneo. A crise das democracias na época de entreguerras.Ed. Xerais.

-Hitler y los alemanes.Ronald Gray.Historia del mundo para jóvenes.Ed Akal/Cambridge.

-Hitler al poder.José M.Solé, Carlos Forcadell y Julio Gil.Cuadernos de Historia 16.

WEBGRAFÍA

www.disfrutamunich.com/ campo - concentracion - dac

www.lavanguardia.com › Hemeroteca

www.getyourguide.es/.../medio-dia-desde-munich

www.dospedalesmilcaminos.com/.../ campo-de-conce .

www.solidaridad.net/.../ dachau -un- campo-de-conce .

www.europamundo.com/guiaspdf/ Dachau .pdf

mx.tuhistory.com/.../se-puso-en-funcionamiento-el-c.

www.elholocausto.net/parte03/cam11.htm

davidneusviajes.blogspot.com/.../munich-4-campo-d...

es.slideshare.net/.../el-campo-de-concentracin-de-dac.

ecodiario.eleconomista.es/.../Una-puerta-nueva-para-

www.fuenterrebollo.com/Heraldica.../munich.html

docsetools.com/articulos-utiles/article_114662.html

17

Page 18: Dachau Gut

ÍNDICE

I.A crise das democracias trala I Guerra Mundial.

II. Alemaña trala Gran Guerra.

III. Adolf Hitler.

IV. O antisemitismo.Os campos de concentración.

V. Dachau.Prisioneiros e supervivintes.

VI.Documentos gráficos

18

Page 19: Dachau Gut

O CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE DACHAU

“Camaradas das SS! Todos sabedes para que nos chamou o Führer. Non estamos aquí para tratar a eses porcos de aí dentro de xeito humano. Non os consideraremos homes como nós, senón como persoas de segunda clase. Hai anos que vimos aguantando a súa criminal natureza. Pero agora temos o poder. Se eses porcos chegasen ao poder, teríannos cortado a todos a cabeza. Por iso non teremos consideración con eles. Quen de entre os camaradas aquí presentes non sexa capaz de ver o sangue, non é dos nosos e debe renunciar. Cantos máis deses cans matemos, menos teremos que alimentar”.

Arenga do xefe local das SS aos seus homes, en Dachau.

“O fanatismo é á superstición o que o delirio é á febre, o que a rabia é á cólera. O que ten éxtase, visións, o que toma os soños por realidades e as súas imaxinacións por profecías é un fanático novicio de grandes esperanzas; poderá pronto chegar a matar polo amor a deus”.

Voltaire.

Amalia Rodríguez Besteiro. 4º ESO C

19

Page 20: Dachau Gut

20