libro branco de cinematografía e artes visuais en gali · pdf file estuda tamén...

Click here to load reader

Post on 30-May-2020

0 views

Category:

Documents

0 download

Embed Size (px)

TRANSCRIPT

  • LIBRO BRANCO de cinematografía

    e artes visuais en Galicia

    maqueta librocinematog2 30/11/04 11:28 Página 3

  • © CONSELLO DA CULTURA GALEGA Pazo de Raxoi, 2º andar Praza do Obradoiro, s/n 15705 Santigo de Compostela Tel. 981 957202 Fax 981 957205 [email protected]

    Proxecto gráfico, deseño de cubertas e ilustración MANUEL JANEIRO

    ISBN 84-95415-96-8 Depósito legal C-2729-2004

    Imprime Gráficas Lasa

    CONSELLO DA CULTURA GALEGA. COMISIÓN TÉCNICA DE CINEMATOGRAFÍA E ARTES VISUAIS Libro branco de cinematografía e artes visuais / Comisión Técnica de Cinematografía e Artes Visuais. – Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, Sección de Artes Plásticas, 2004. – 347 p. ; 22 cm. – (Colección Base) D.L. C-2729-04. – ISBN 84-95415-96-8 1. Artes plásticas-Galicia-Informes. 2. Cine-Galicia-Informes. I. Consello da Cultura Galega. Sección de Artes Plásticas. II. Título

    maqueta librocinematog2 30/11/04 11:28 Página 4

  • LIBRO BRANCO DE CINEMATOGRAFÍA

    E ARTES VISUAIS EN GALICIA

    COMISIÓN TÉCNICA DE CINEMATROGRAFÍA E ARTES VISUAIS

    CONSELLO DA CULTURA GALEGA

    SECC IÓN DE ARTES PLÁST ICAS

    maqueta librocinematog2 30/11/04 11:28 Página 5

  • maqueta librocinematog2 30/11/04 11:28 Página 6

  • Comisión Técnica de Cinematografía e Artes Visuais INTRODUCIÓN ................................................................ 9

    I. OS CREADORES................................................................ 13

    Jaime Pena A produción ........................................................................ 15

    Isabel Sempere Os profesionais .................................................................... 31

    Xosé Nogueira As temáticas ........................................................................ 71

    Xosé Nogueira Relacións con outras áreas culturais .................................... 165

    II. OS MEDIADORES ............................................................ 249

    Isabel Sempere O apoio da Administración á creación audiovisual .............. 251

    Miguel Anxo Fernández Distribución e exhibición .................................................... 289

    Pepe Coira A televisión............................................................................ 301

    Raúl Veiga A lingua do noso audiovisual .............................................. 311

    J. Mª. Folgar de la Calle Historiografía, investigación, conservación .......................... 331

    ÍNDICE

    maqueta librocinematog2 30/11/04 11:28 Página 7

  • maqueta librocinematog2 30/11/04 11:28 Página 8

  • O Audiovisual galego sufriu unha importante transforma- ción ao longo destes últimos años. De ser unha actividade de poucos e entregados amantes da cinematografía que historica- mente iniciou a súa andaina en 1897, pasou a converterse nunha actividade nomeada sector estratéxico, que comeza a coñecerse fóra das nosas fronteiras e que ten por diante a posibilidade de converterse nunha importante industria da nosa Autonomía.

    Pero máis aló dos feitos económicos, a verdadeira impor- tancia da creación audiovisual é a súa implicación no mantemen- to e evolución da cultura do noso país. A importancia do fenó- meno audiovisual é hoxe incuestionábel. Os países desenvolvidos atópanse flotando nunha sociedade de consumo da imaxe en que o produto audiovisual ou multimedia cobra unha importancia de primeira orde na transmisión de coñecementos.

    É indubidábel que o audiovisual representa no novo mile- nio a cultura dun pobo e, certamente, o pobo galego necesita do seu audiovisual para a construción da súa propia identidade. A globalización da información e a importancia da defensa das cul- turas minoritarias son feitos ante os que temos que facer unha pausa e reflexionar. Como afirma Pierre Sorlin: “Nós, os europeos, creamos e imaxinamos o mundo a través das lentes dos obxectivos de Hollywood”. A nosa cultura, aínda que minoritaria, ten que incorporarse ao tren de creación de contidos audiovisuais se que- remos preservar e difundir o noso patrimonio cultural.

    INTRODUCIÓN

    maqueta librocinematog2 30/11/04 11:28 Página 9

  • 10 Introdución

    No Consello da Cultura Galega pretendemos achegarnos ao fenómeno da creación audiovisual dende a vertente da análise do sector cultural e económico en que se crea o patrimonio audio- visual galego; e, por outra banda, queremos coñecer e valorar as necesidades culturais do pobo galego no ámbito das artes audiovi- suais.

    Cómpre subliñar que o Libro Branco de Cinematografía e Artes Visuais parte sempre dunha reflexión persoal dos autores sobre os fenómenos audiovisuais en e desde Galicia. Resulta importante salientar este feito, xa que durante o longo tempo que pasou dende que se propuxo a súa redacción (2001) foron apare- cendo moitos e bos estudos e análises sobre o audiovisual galego, entre os que destacamos os que xurdiron do propio Consello, a través da súa Sección de Comunicación. O que agora presenta a Comisión Técnica de Cinematografía e Artes Audiovisuais, da Sección de Artes Plásticas, é unha reflexión desde a historia do cinema en Galicia e dos seus profesionais que procura centrarse na importancia do sector audiovisual para a creación da nosa identi- dade e o mantemento do noso patrimonio cultural.

    Sinalamos tamén que se fixeron algúns cambios respecto das liñas xerais contidas no esquema inicialmente concibido pola Comisión Técnica, aínda que se mantiveron os tres bloques prin- cipais: os creadores, os mediadores e os receptores, que subliñan os tres piares básicos en que se asenta toda produción industrial ou cultural. Cómpre así mesmo sinalar que a entrega definitiva dos textos fíxose en marzo de 2004.

    O primeiro bloque, dedicado aos creadores, divídese en dous aspectos diferenciados: o que corresponde ao ámbito propia- mente dos creadores de contidos audiovisuais –as empresas de pro- dución e os profesionais do sector– facendo referencia aos produtos que caracterizan o audiovisual galego e, nun segundo apartado, o que son os contidos do noso audiovisual, as súas temáticas e o que estes reflicten respecto da súa relación con outras áreas culturais.

    O primeiro capítulo deste primeiro bloque, redactado por Jaime Pena, trata, por unha banda, das empresas produtoras e, por

    maqueta librocinematog2 30/11/04 11:28 Página 10

  • 11Introdución

    outra, dos seus produtos. O autor fai fincapé no importante crece- mento da industria audiovisual en Galicia, sen deixar de destacar, moi lucidamente, as súas debilidades estruturais. Respecto aos produtos audiovisuais, asistimos a un rápido pero rigoroso perco- rrido pola produción galega, sen esquecermos aspectos como a vídeo-creación, a multimedia ou as tv-movies, reflectindo as princi- pais tendencias do sector.

    Seguidamente, Isabel Sempere procede a mostrar a situa- ción dos profesionais do sector: a súa formación, o asociacionismo en Galicia, o mundo do emprego e as principais inquedanzas dos protagonistas do noso audiovisual, nun capítulo que achega algúns datos esclarecedores respecto ao traballo dos profesionais.

    A modo de peche do primeiro bloque do libro, Xosé Nogueira aborda a escrita de dous capítulos relacionados entre si: as temáticas do noso audiovisual e as relacións con outras áreas cul- turais. O autor fai un detallado percorrido pola historia do cinema feito en Galicia, indagando sobre a existencia de temáticas comúns ou propias na nosa creación audiovisual. No seguinte capítulo rea- liza un interesante estudo sobre as conexións entre a creación audiovisual e outras áreas disciplinares, intimamente relacionadas, como a creación literaria, musical, a das artes plásticas, etc.

    Os principais mediadores entre a creación e o público ao que vai dirixido son estudados no segundo bloque da publicación: os mediadores. Isabel Sempere aborda no primeiro capítulo o papel da Comunidade Autónoma no fomento e apoio á creación audiovisual.

    Pola súa banda, Miguel Anxo Fernández achega os seus coñecementos nun esclarecedor traballo sobre a historia e a situa- ción actual da distribución e a exhibición cinematográficas en Galicia.

    O terceiro capítulo, dedicado á televisión, ofrece ao lector, da man de Pepe Coira, un percorrido polas televisións que hoxe están asentadas na nosa comunidade, reflexionando sobre o seu papel na creación audiovisual en galego.

    Raúl Veiga traza un incisivo traballo en que aborda, a través de tres liñas de reflexión, a situación da lingua galega nos produtos

    maqueta librocinematog2 30/11/04 11:28 Página 11

  • 12 Introdución

    audiovisuais que chegan hoxe aos galegos e os aspectos de verosi- militude lingüística, normalización, e o importante papel para a creación da nosa identidade que ten que ter o audiovisual.

    Finalmente, José María Folgar presenta un rigoroso perco- rrido pola historiografía e a investigación sobre o audiovisual gale- go, mostrando a súa importancia dentro do marco español. O autor estuda tamén unha das principais actividades do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), a conservación do noso patrimonio audio- visual, e manifesta, para rematar, as súas principais inquedanzas sobre a investigación no campo desta disciplina en Galicia.

    O terceiro bloque, os receptores, resultará un dos máis innovadores e interesantes d