paris ben vale unha paz

10
PARÍS BEN VALE UNHA PAZ... PARÍS BEN VALE UNHA PAZ...

Upload: tudense

Post on 30-Jul-2015

162 views

Category:

Presentations & Public Speaking


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Paris ben vale unha paz

PARÍS BEN VALE UNHA PAZ...PARÍS BEN VALE UNHA PAZ...

Page 2: Paris ben vale unha paz

París: cidade do amor, da luz... da PAZ

Para moitas persoas dicir París é dicir a cidade do amor, do romanticismo, da bohemia, da liberdade; París tamén é a capital de Francia a cidade da luz. Por iso, os acontecementos ocorridos nesta cidade nos últimos días (ataque a unha revista, ataque a un supermercado, policías e soldados nas rúas, temor e desconfianza da poboación), chocan coa idea do noso imaxinario colectivo como unha cidade de PAZ. E non estamos equivocados cando nun repaso breve aos últimos 300 anos da historia do mundo comprobamos que París é, con toda seguridade, a cidade na que nos tempos contemporáneos se teñen asinados máis tratados de Paz. As razóns disto terán que ver cos conflitos nos que Francia participou con máis ou menos responsabilidade, pero tamén, probablemente, co prestixio desta cidade coma un lugar de convivencia onde resolver de xeito pacífico os desacordos. Velaí algúns dos Tratados de Paz asinados nesta cidade.

Page 3: Paris ben vale unha paz

Tratado de París de 1763

Este Tratado de París de 10 de febreiro puxo fin á Guerra dos Sete Anos. Foi esta unha guerra complexa, desenvolvida ao mesmo tempo por terra e por mar, coa participación de diversas grandes monarquías europeas (austríaca, prusiana, española...), pero entre as que destacan sobre todo a inglesa (co rei Georges III) e a francesa (co rei Louis XV), dirixidas polos gobernos do duque de Choiseul e de William Pitt, respectivamente. A sinatura desta Paz marcou o declinar marítimo e colonial de Francia (sobre todo en América do Norte) e o aumento de poder de Inglaterra.

Page 4: Paris ben vale unha paz

Paz de París de 1783

Esta Paz de París, que se coñece tamén como Paz de Versalles, fixo posible a sinatura do Tratado (que tamén subscribiron España e Francia) polo que a Gran Bretaña recoñecía a independencia das súas colonias de América do Norte, o que deu orixe ao nacemento dos Estados Unidos. En 1787, catro anos despois, no Congreso celebrado na cidade de Filadelfia, os norteamericanos elixirían ao seu primeiro Presidente, George Washington. Ademais, con este Tratado de Paz, Francia tomou o desquite fronte a Inglaterra polo Tratado de 1763.

Page 5: Paris ben vale unha paz

Tratados de París de 1814 e 1815

Son dous Tratados de Paz asinados en París para “resolver” o período napoleónico e a súa derrota. O primeiro, de maio de 1814, supuxo a redución das fronteiras francesas ata as que tiña no ano 1792, anteriores ás conquistas napoleónicas. O segundo Tratado foi asinado despois de que Napoleón retornara a Francia, reasumira o poder durante o período chamado dos “Cen Días”, e fose derrotado por un exército aliado de tropas británicas, austríacas, rusas e prusianas na batalla de Waterloo. Este Tratado de 1815, máis duro nas súas estipulacións, esixiu a Francia indemnización e lle impuxo un exército de ocupación.

Page 6: Paris ben vale unha paz

Tratado de Paz de París de 1856

Este Tratado puxo fina á Guerra de Crimea, a máis importante guerra europea desenvolvida nos cen anos que transcurriron entre a derrota napoleónica (1815) e o comezo da I Guerra Mundial (1914). En Crimea apareceron por primeira vez os correspondentes de prensa para narrar a guerra “en directo”. A Guerra de Crimea enfrontou a Rusia e Turquía, pero tamén participaron nela Francia, Gran Bretaña, Austria e o reino de Cerdeña. No Tratado de Paz acordouse, en otras cousas, manter a integridade do Imperio Turco, e declarar o Danubio rio internacional aberto á navegación comercial de todas as nacións. Crimea contribuiu tamén a facer posible o triunfo dos movementos nacionais europeos: unificación de Moldavia e Valaquia en Romanía, unificación italiana, etc.

Page 7: Paris ben vale unha paz

Paz de París de 1898

Foi asinada o 10 de decembro de 1898 entre os gobernos de España (presidente Práxedes M. Sagasta) e dos Estados Unidos (presidente William Mckinley) para recoñecer -tras unha breve guerra que durou dez semanas- a independencia de Cuba e a cesión aos EEUU dos “restos” do imperio colonial español (Filipinas, Puerto Rico e a illa de Guam). Cuba, non obstante, só logrou a independencia nominal, pois permaneceu baixo ocupación militar ata 1902 e desde ese ano o goberno de Washington lle impuxo a Emenda Platt que, incorporada á Constitución cubana, permitía a intervención militar estadounidense e a cesión dunha base naval (Guantánamo).

Page 8: Paris ben vale unha paz

Os Tratados de 1919

Ao longo deste ano asináronse os Tratados que, en conxunto, constituíron a “Paz de París” coa que rematou a Primeira Guerra Mundial: os de Versalles (con Alemaña), St. Germain (con Austria), Trianon (con Hungría), Neuilly (con Bulgaria) e, xa en 1920, o de Sèvres (con Turquía); Tratados que trazaron un novo mapa para Europa Oriental, desmembrando os imperios ruso, austro-húngaro e turco, e creando novos Estados independentes (Finlandia, Iugoslavia, Lituania...). De todos os Tratados de París de 1919 o máis importante con gran diferencia foi o Tratado de Versalles, un tratado complexo, destinado a poñer fin ao poder alemán, pero que non foi un tratado afortunado: os propios vencedores estaban pouco convencidos da conveniencia de moitas das súas cláusulas (os EEUU nunca o ratificaron), e os alemáns consideraron unha “vergoña” asinalo, o alcumaron de “diktat”, e o seu repudio permitiu gañar apoios a axitadores como Adolf Hitler.

Page 9: Paris ben vale unha paz

Os Tratados de 1947

A Segunda Guerra Mundial non rematou -tras a derrota alemana- cun Tratado de Paz coma o de Versalles, pois as condicións da paz foron xurdindo episodicamente, incluso todavía en tempo de guerra (Conferencia de Teherán...) e, sobre todo, na fase final (Ialta e Potsdam, 1945). Alemaña foi desarmada e dividida, pero nunca se chegou a asinar un tratado final de paz; aínda que na Conferencia de Potsdam se definiron, sen contar con ela, as novas fronteiras alemanas, e se acordou a desmilitarización, a “desnazificación” e o castigo dos criminais de guerra, e tamén as reparacións económicas. Ademais, en Potsdam se decidiu a sinatura de tratados de paz cos antigos Estados “satélites” de Alemaña: en 1947 asináronse estes Tratados en París con Italia, Romanía, Hungría, Bulgaria e Finlandia.

Page 10: Paris ben vale unha paz

... PARÍS BEN VALE UNHA PAZ... PARÍS BEN VALE UNHA PAZ

Traballo colaborativo do Equipo de Biblioteca do IES “San Paio” - TUITraballo colaborativo do Equipo de Biblioteca do IES “San Paio” - TUI

para a Celebración da Xornada Escolar da Paz 2015para a Celebración da Xornada Escolar da Paz 2015

Moitas grazasMoitas grazas