situación sociolingüística do galego

13
19 E ste traballo é unha versión reducida daquel presentado e debatido no foro Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade, organizado polo Consello da Cultura Galega co gallo do seu vixésimo quinto cabodano, en xuño de 2008. Agrade- zo os comentarios sobre o texto que tiveron a ben transmitirme os profesores Johhanes Kabatek e Gabriel Rei-Doval, coa precisión de que as interpretacións aquí expostas e os posibles erros u omisións son responsabilidade exclusiva do autor. ¿Cabe unha interpretación orixinal sobre a situación sociolin- güística de Galicia? A resposta a esta pregunta debe ser, na miña opinión, negativa: contamos con información abonda e con inter- pretacións o suficientemente diversas como para termos unha idea clara e —sempre orixinal— do que aconteceu nestes anos e do que está a pasar actualmente coa lingua galega, coa situación sociolin- güística de Galicia e coa implementación das políticas lingüísticas —así como da súa eficacia, eficiencia e alcance—. Agora ben, información e interpretacións diversas —e nalgúns casos moi pro- fundadas— non son sinónimo de consenso, por suposto: nin entre políticos, nin entre especialistas, nin entre as elites sociais e cultu- rais que traballan a prol da cultura galega. Sendo a resposta negativa, caracterizar a situación sociolingüís- tica actual da lingua galega significa afondarmos nas causalidades diacrónicas e sincrónicas, atendendo a cuestións sociolingüísticas, lingüísticas, discursivas, políticas, etc. En consecuencia, desenvol- veremos a continuación unha caracterización do que aconteceu nun período temporal de 30 anos (de 1978 a 2008, aproximada- mente) de cambio e evolución dunha situación sociolingüística, a de Galicia e a da lingua galega. A estrutura do presente artigo está artellada en catro apartados. En primeiro lugar, presentamos unha interpretación sobre o punto de partida sociolingüístico en que se atopaba a lingua galega a finais dos anos setenta. En segundo lugar, propoñemos unha re- flexión sobre a política lingüística desenvolvida en Galicia no período 1980-2005. En terceiro lugar, discutimos algúns dos indi- cadores máis relevantes da situación sociolingüística actual. E, final- mente, pechamos cunha síntese que ten a finalidade de enxergar algunhas das claves sociolingüísticas e dos escenarios futuros polos que pode transitar o idioma. Para comezar, e como hipóteses de traballo, imos formular dúas ideas: unha sobre a situación sociolingüística do idioma e outra sobre os efectos da súa institucionalización e acción política plani- ficada. A situación sociolingüística do galego: unha lectura A NXO M. L ORENZO S UÁREZ Para Xan M. Bouzada, in memoriam Anxo M. Lorenzo Suárez é profesor titular da área de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Vigo, onde imparte clases de sociolingüística galega, planificación lingüística e contacto de linguas. Actualmente dirixe o departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo Francisco Bueno. Fragmento dun cartaz sobre os establecementos de Vilanova de Lourenzá rotulados en galego Revista Grial 179, pp. 19-31

Upload: maria

Post on 17-Feb-2016

45 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Artigo de Anxo Lorenzo publicado na revista Grial no ano 2008.

TRANSCRIPT

Page 1: Situación sociolingüística do galego

19

Este traballo é unha versión reducida daquel presentado edebatido no foro Sociedades plurilingües: da identidade ádiversidade, organizado polo Consello da Cultura Galega co

gallo do seu vixésimo quinto cabodano, en xuño de 2008. Agrade-zo os comentarios sobre o texto que tiveron a ben transmitirme osprofesores Johhanes Kabatek e Gabriel Rei-Doval, coa precisión deque as interpretacións aquí expostas e os posibles erros u omisiónsson responsabilidade exclusiva do autor.

¿Cabe unha interpretación orixinal sobre a situación sociolin-güística de Galicia? A resposta a esta pregunta debe ser, na miñaopinión, negativa: contamos con información abonda e con inter-pretacións o suficientemente diversas como para termos unha ideaclara e —sempre orixinal— do que aconteceu nestes anos e do queestá a pasar actualmente coa lingua galega, coa situación sociolin-güística de Galicia e coa implementación das políticas lingüísticas—así como da súa eficacia, eficiencia e alcance—. Agora ben,información e interpretacións diversas —e nalgúns casos moi pro-fundadas— non son sinónimo de consenso, por suposto: nin entrepolíticos, nin entre especialistas, nin entre as elites sociais e cultu-rais que traballan a prol da cultura galega.

Sendo a resposta negativa, caracterizar a situación sociolingüís-tica actual da lingua galega significa afondarmos nas causalidadesdiacrónicas e sincrónicas, atendendo a cuestións sociolingüísticas,lingüísticas, discursivas, políticas, etc. En consecuencia, desenvol-veremos a continuación unha caracterización do que aconteceunun período temporal de 30 anos (de 1978 a 2008, aproximada-mente) de cambio e evolución dunha situación sociolingüística, ade Galicia e a da lingua galega.

A estrutura do presente artigo está artellada en catro apartados.En primeiro lugar, presentamos unha interpretación sobre o puntode partida sociolingüístico en que se atopaba a lingua galega afinais dos anos setenta. En segundo lugar, propoñemos unha re -flexión sobre a política lingüística desenvolvida en Galicia noperío do 1980-2005. En terceiro lugar, discutimos algúns dos indi-cadores máis relevantes da situación sociolingüística actual. E, final-mente, pechamos cunha síntese que ten a finalidade de enxergaralgunhas das claves sociolingüísticas e dos escenarios futuros polosque pode transitar o idioma.

Para comezar, e como hipóteses de traballo, imos formular dúasideas: unha sobre a situación sociolingüística do idioma e outrasobre os efectos da súa institucionalización e acción política plani-ficada.

A situación sociolingüística do galego: unha lecturaA N X O M . L O R E N Z O S U Á R E Z

Para Xan M. Bouzada, in memoriam

Anxo M. Lorenzo Suárez é profesor titular

da área de Filoloxía Galega e Portuguesa

na Universidade de Vigo, onde imparte

clases de sociolingüística galega,

planificación lingüística e contacto

de linguas. Actualmente dirixe

o departamento de Filoloxía Galega e Latina

da Universidade de Vigo

Francisco Bueno. Fragmento dun cartaz

sobre os establecementos de Vilanova de

Lourenzá rotulados en galego

Revista Grial 179, pp. 19-31

Page 2: Situación sociolingüística do galego

20

lingua galega, pero estes non conseguiron alterarsubstancialmente a liña debuxada polo devalo nacantidade de falantes iniciais e habituais, omenor uso oral espontáneo e o mantemento decertas actitudes lingüísticas negativas respecto dalingua, por exemplo.

Agora ben, no remate do franquismo e nocomezo da xeira democrática, a lingua galega nonse atopaba nun suposto e hipotético punto 0 do seudevir histórico: tanto o que antes pasou, moi espe-cialmente durante a represión franquista, como astendencias da sociedade galega do momento,impedían facer unha lectura da situación sociolin-güística que obviase aqueles procesos históricos e osdeterminantes socioeconómicos, culturais e demo-gráficos da Galicia do momento.

Na miña opinión, as razóns que explican estanon alteración substancial da situación sociolin-güística da lingua galega neste período temporalcómpre procuralas principalmente nos procesossocioeconómicos e na situación sociolingüísticaexistente na Galicia da década dos 70, e nasexpectativas creadas pola inminencia dos cam-bios sociopolíticos que se enxergaban tras oremate do franquismo e o novo marco constitu-cional e autonómico. Esa situación dos anossetenta, que constituía o seu punto de partida,era moito máis grave e negativa para a linguagalega do que se sabía ou do que se quería saber,moito máis do que se estaba disposto a asumir emesmo do que suxerían as observacións impre-sionistas da realidade social, tal como parecíaapuntar a escasa información empírica manexadadaquela (cfr. Iglesias, 1999).

Convén insistir en que aparentemente todo omundo evitou asumir a gravidade da situación,por descoñecemento, derivado probablementeda falta de información e do desinterese poracadala, nun momento histórico de forte ideolo-xización e de desprezo pola ‘sociolingüística em -piricista’ (cfr. Rei-Doval, 1999), ou por unhacerta ‘cegueira’ ideolóxica, tanto nos gobernos doPP coma nos sectores sociais máis comprometi-dos co idioma.

O aspecto central desa grave situación para ogalego era a súa vitalidade social e institucionaldeficiente, derivada dunha vitalidade escasa dosgrupos sociais galegófonos. Recorremos nestepunto ao concepto de vitalidade etnolingüísticasubxectiva, que podemos caracterizar como aforza e as posibilidades que ten o grupo socialque fala unha lingua de comportarse comounha entidade colectiva distinta e activa na súarelación cos outros grupos lingüísticos existen-tes. Sendo o status e poder social os compoñen-tes centrais da vitalidade dun grupo, a maiorvitalidade social, maior poder na sociedade e,

En primeiro lugar, a situación sociolingüísti-ca da lingua galega non mudou significativamen-te nestes trinta anos debido a que continuou amarcha, a un ritmo lento, do proceso de substi-tución social do galego polo castelán, e porque aomesmo tempo se foron concretando cambiosmoi favorables para o idioma galego en aspectoscomo a competencia para utilizalo, a súa visibili-dade social e institucional ou a mellora substan-cial das actitudes lingüísticas declaradas polosindividuos. Desde o século XIX, o abandono dalingua galega camiña en paralelo aos esforzos derecuperación social, igual ca aconteceu taménnestes últimos trinta anos.

En segundo lugar, a política lingüística ins-titucional, desenvolvida principalmente desdea Xunta de Galicia, tivo un alcance limitado notocante ao éxito do denominado proceso de‘normalización lingüística’ debido a catro moti-vos principais: a) pola interpretación errónea—in tencionada ou non— da situación socio-lingüística de partida; b) polas limitaciónsinherentes ás ideoloxías lingüísticas dos gober-nantes; c) pola imposibilidade de que unhapolítica lingüística no contexto glotopolíticodemocrático producise resultados milagreiros; ed) polas altas expectativas creadas arredor dosobxectivos ‘normalizadores’.

As dúas hipóteses que acabamos de enunciarestán directamente relacionadas, o cal nos permi-te introducir unha terceira reflexión, que pode-mos propoñer tamén como hipótese de traballo:consideramos que a situación da lingua galega en1978 era moito máis negativa do que se valorounaquel momento, o cal facía que calquera obxec-tivo de recuperación da súa vitalidade social foseunha tarefa con moitas —e case insalvables—complicacións prácticas á hora de desenvolverunha política lingüística revitalizadora que tiveseobxectivos recuperadores ambiciosos para a ‘nor-malidade’ da lingua galega. Se a esa constataciónlle engadimos o desenvolvemento dunha políticalingüística de baixa intensidade, podemos enten-der gran parte do que aconteceu nestes anos.

O inexistente ano 0 da situación sociolingüística da lingua galega

A primeira hipótese adiantada na introduciónatinxe á situación sociolingüística da lingua gale-ga e nela sinalamos que esta non mudou signifi-cativamente nos últimos trinta anos: o avance dadesgaleguización social non se freou e, simulta-nemente, de forma paradoxal, constátanse certosavances favorables para o idioma galego en ámbi-tos sociais diversos. Non podemos negar, xa quelogo, a evidencia dos cambios favorables para a

Revista Grial 179, pp. 19-31

Page 3: Situación sociolingüística do galego

21

polo tanto, maiores posibilidades de sobrevi-vencia lingüística para o grupo social e para asúa lingua.

Pois ben, os dous aspectos clave que afectabanmoi negativamente sobre a vitalidade social dalingua galega, e que facían da situación sociolin-güística de partida un escenario cheo de incerte-zas, eran (e seguen estando presentes naactualidade, en diferente medida, como veremosmáis adiante) os seguintes: a) o perfil sociode-mográfico e socioeconómico do colectivo confor-mado polos galego falantes; e b) o profundoestigma sociolingüístico construído arredor doidioma galego e dos seus usuarios (volvemos terdous aspectos intrinsecamente relacionados).

Para contextualizar estes dous déficits estrutu-rais da lingua galega é preciso facer un pouco dehistoria, nunha viaxe no tempo que comeza noséculo XIX e que nos conduce ata 1980, candoarribamos a ese hipotético ano 0 da historiasociolingüística do idioma galego.

A lingua galega aparecía no final dos anossetenta como un xigante demográfico cuns ali-cerces enormemente febles e inestables. O aban-dono da lingua galega, iso que tecnicamentepodemos denominar como ‘proceso de substitu-ción social’, xorde e desenvólvese no marcodunha xeira —longa no tempo e lenta no seuavance— de cambio social en Galicia, que é sinó-nimo de modernización e de mudanza socioe -conómica, de transformacións sociais derivadasda urbanización e do tránsito do rural ao urbano, daprogresiva xeneralización do ensino a toda a po -boación, da mellora do funcionamento dasadmininistracións públicas, dos efectos da forteemigración e dos retornos posteriores, etc. (cfr.Monteagudo, 1999; Mariño, 1998).

A vinculación dos galegofalantes coa preva-lencia demográfica do mundo rural provocouque, nas fases de mobilidade social dos traballa-dores e das familias rurais que accedían ás socie-dades urbanas emerxentes, mobilidade quecomezara xa no século XIX, un dos elementossacrificados nese proceso de cambio fose, precisa-mente, o lingüístico: o abandono do galego e aadquisición do castelán. Ao mesmo tempo, asclases medias urbanas termaban do uso do caste-lán, en parte debido á secular castelanización dosámbitos urbanos de Galicia (Fernández, 2004;Rei-Doval, 2007), e en parte debido á procuradun novo elemento simbólico diferenciadorfronte aos que acababan de chegar.

Nun contexto de mobilidade social e xeográ-fica, as percepcións sociais de galego e casteláncomezaron a diverxer significativamente. Nestepunto combináronse a discriminante estigmatiza-ción do galego e a constatación pragmática do cas-telán, en palabras de Bouzada (2005), ao que lle

A vinculación dos galegofalantes

coa prevalencia demográfica do mundo

rural provocou que, nas fases

de mobilidade social dos traballadores

e das familias rurais que accedían

ás sociedades urbanas emerxentes,

un dos elementos sacrificados nese

proceso de cambio fose, precisamente,

o lingüístico: o abandono do galego

e a adquisición do castelán

Revista Grial 179, pp. 19-31

Page 4: Situación sociolingüística do galego

22

debemos sumar un terceiro aspecto non menosimportante: a asunción por parte dos urbanitasdo castelán como un código neutro e non mar-cado, fronte á percepción do galego como uncódigo excesivamente semantizado con elemen-tos valorativos dubidosos ou negativos por cantoremitían a unha realidade sociolóxica que se que-ría ver lonxe. O resultado deste proceso valorati-vo foi o lento avance do castelán como variedadelingüística neutral, ubicua e adobiada de caracte-rísticas simbólicas positivas para o avance social(real ou simbólico).

Coidamos que todos estes procesos de cam-bio, con repercusións sociolingüísticas directas eindirectas, que comezaran no século XIX, forono punto de arrinque dese proceso de abandonodo galego, en termos de proceso social —su -praindividual, xa que logo— consistente e siste-mático, lento pero firme. Agora ben, a súaacelaración e a contemplación dos seus efectosmáis salientables vaise producir máis tarde, xa noséculo XX, principalmente a partir das décadasdo sesenta e setenta, onde ademais da continua-ción dos efectos derivados dos factores sinaladosanteriormente debemos engadir un novo factorcausal de indubidable relevancia: a represión e ainvisibilización ocorrida durante o período fran-quista respecto da lingua galega. E para comple-tar o cadro, cumpriría incluír que nesa segundaparte do século XX, Galicia e España comezasenun profundo desenvolvemento social e económi-co, estando a cultura galega nunha situación decase total indefensión ante as consecuenciasnegativas que para a lingua galega terían os men-cionados cambios macroestruturais.

É precisamente nos anos sesenta e setenta doséculo pasado cando o pulo da urbanización e aconseguinte desruralización acelera o proceso desubstitución do galego polo castelán e de afonda-mento na diverxencia valorativa das dúas linguas.Ademais, a coincidencia no tempo do boomdemográfico e económico, e o feito de que este seproducise co réxime franquista en marcha, supu-xo para a lingua galega atoparse no peor dos es -cenarios políticos e socioeconómicos posibles.A información sociolingüística diacrónica dis-poñible (referímonos neste caso aos datos doMSG-1992) confírmanos que foi neste períodocando os comportamentos lingüísticos galegó-fonos —transmisión familiar da lingua galega eusos lingüísticos maioritariamente favorablestamén ao galego— comezan a decrecer conside-rablemente e os efectos dese decrecemento vanser visibles cuantitativamente a través das com-paracións interxeracionais.

É moi interesante neste punto lembrar asreflexións que algúns analistas facían no rematedos anos setenta respecto da escasa vitalidade dos

grupos sociais galegófonos. Pérez Vilariño (1979)advertía do seu déficit de poder social e cultural,interpretándoo en termos de desigualdades declase social. En realidade, o que se advertía era,nin máis nin menos, que a diferenza de conside-ración social entre as dúas linguas non só era amanifestación dunha conxuntura históricacasual, senón que se trataba dun problema forte-mente interiorizado na estrutura social de Gali-cia. Así, afirmaba (p. 25) que sendo o galego alingua utilizada masivamente pola poboación,era unha lingua sen salario, isto é, sen ningún tipode recoñecemento social positivo, e advertía deseguido da necesidade de reivindicar o recoñece-mento oficial do galego para conseguir que estetivese remuneración social, que axudase a rendibi-lizar a súa aprendizaxe e uso.

Outra cuestión, que tampouco foi suficiente-mente valorada a finais dos anos setenta, era a dasdiferenzas sociolingüísticas territoriais. A preva -lencia do galego baseábase na súa ampla extensiónnos ámbitos xeográficos rurais. Cando aínda nonse albiscaban os cambios no rural e o pre dominiodo urbano tanto en cantidade como en valores ehábitos de consumo, que comeza a xurdir na Gali-cia dos anos oitenta e que hoxe contemplamos nasúa plenitude, ninguén cuestionaba ou considerabadigno de interese sociolingüístico o papel das cida-des como vangarda no proceso de abandono, e oscontrastes entre o que acontecía na retagarda: nasvilas e aldeas. A non incorporación destas diferen-zas territoriais na análise sociolingüística domomento e a asunción dunha visión que coidamosexcesivamente optimista da vitalidade ruralita dalingua galega, contemplada como unha situaciónóptima cara á que cumpría camiñar, axudou a pro-ducir unha observación distorsionada, por poucorealista e matizada, sobre a saúde demográfica eterritorial do galego.

Outros aspectos, non menos importantes,que limitaban a vitalidade lingüística do galego,eran os tres seguintes. En primeiro lugar, o gale-go seguía a ser unha lingua de uso privado (nacasa, coa familia e cos coñecidos/as) e cunhamenor visibilidade pública e social. Ademais, aoralidade predominaba sobre a escrita. En se -gundo lugar, o divorcio entre as elites sociais eeconómicas de Galicia e o galego mantíñase cons-tante: estas non asumían a lingua galega, comoxa acontecera ao longo da historia. As elites fa -vorables ao idioma eran pouco numerosas e conescasa influencia nas transformacións socioeco-nómicas do país. E, en terceiro lugar, a reivindi-cación lingüística ocupaba un lugar secundariona preocupación das elites, dos gobernantes e dasociedade galega en xeral, agás no caso dunhaminoría fortemente comprometida cultural e/oupoliticamente. Agora ben, certos debates lingüís-

Revista Grial 179, pp. 19-31

Page 5: Situación sociolingüística do galego

23

ticos (a normativización ou o tipo de recoñece-mento legal do galego no Estatuto de Autonomíade 1981, por exemplo) crearon desunión, limita-ron a capacidade de acción deses sectores mobili-zados a prol do galego e espertaron moitasreticiencias na ‘maioría silenciosa’ da sociedadegalega.

O panorama que acabamos de bosquexar era,a grandes trazos, a realidade sociolingüística dalingua galega a finais da década dos setenta,cando cambia o réxime político e comeza unxeira legal e política distinta para Galicia. O idio-ma galego atópase exhausto, cun profundo défi-cit de poder social e simbólico, sometido a unhavaloración social moi negativa, con prexuízosfondamente interiorizados na cultura lingüística1

dos galegos/as, tanto entre os non falantes comaentre os falantes habituais, e institucionalmentedesatendido.

Considerando ese punto de partida, podemoscontextualizar mellor os cambios producidosdesde ese momento ata agora. Pero agora estare-mos en condicións de facelo con realismo, noncoa fantasía de considerar aquela situación comoun inmellorable punto de partida na ‘normaliza-ción’ do galego, para o cal só faría dar pequenosempurróns sociais e institucionais que acabaríanmodificando significativamente o status e a valo-ración do idioma.

Institucionalización do idioma galego e política lingüística en Galicia

A segunda das hipóteses avanzadas na introdu-ción centrábase en cuestionar o alcance da políti-ca lingüística institucional, e afirmabamos queesta, desenvolvida principalmente desde a admi-nistración da Xunta de Galicia, tivo un efectolimitado sobre a evolución da situación sociolin-güística da lingua galega por catro motivos: por-que a situación sociolingüística de partida eramoi negativa, polas limitacións inherentes ásideo loxías lingüísticas dos gobernantes, polaimposibilidade de que calquera que fose a políti-ca lingüística aplicada producise resultados mila-greiros e polas moi optimistas e ambiciosasexpectativas depositadas na acción lingüísticainstitucional.

Por que argumentamos o efecto da institucio-nalización foi limitado? Pois porque non se deuconseguido deter e cambiar de dirección o proce-so de substitución lingüística do galego polo cas-telán. Aínda así, cómpre recoñecer algúns doscambios favorables producidos, teñan relacióndirecta ou indirecta coa acción política institu-cional.

De facermos un resumo xeneralista, poderia-mos indicar que os efectos conseguidos foron,

1 Empregamos o concepto de Harold Schiffman (1996: 5), cando

sinala que a cultura lingüística é “the set of behaviours, assumptions,

cultural forms, prejudices, folk belief systems, attitudes, stereotypes,

ways of thinking about language, and religio-historical circums -

tances associated with a particular language”.

por unha banda, conseguir un aumento da visi-bilidade institucional e social da lingua —enmaior medida no primeiro, e menor no segun-do—, principalmente en contextos de uso oral esobre todo de uso escrito, e en funcións sociaisformalizadas. Por outra banda, despregáronsemecanismos e ferramentas diversas para que cal-quera cidadán puidese realizar as súas activida-des diarias e cotiás en galego. E, finalmente,procurouse incidir no decrecemento dos fortesprexuízos e actitudes lingüísticas negativas quependuraban sobre a lingua.

No caso de buscar unha análise valorativamáis detallada, deberiamos reparar nos seguintesaspectos (que admiten, cómpre recoñecer, opi-nións diversas —mesmo abertamente diverxen-tes—). Produciuse unha certa ampliación dosámbitos sociais de utilización do galego, así co -mo un aumento das súas funcións sociais. A in -trodución da lingua na administración, no

Revista Grial 179, pp. 19-31

Page 6: Situación sociolingüística do galego

24

sistema educativo, no ámbito da política ou nosmedios de comunicación públicos son boa probadisto, así como o aumento, por exemplo, dosusos lingüísticos escritos nese e noutros ámbitossociais. O aumento do prestixio e mellora dasactitudes cara á lingua galega e a eficacia da capa-citación lingüística en galego son outros efectospositivos que podemos mencionar á hora de sina-lar os impactos da política lingüística (segundo odiagnóstico de Cidadanía, 2001: 229-36)2.

Tendo en conta o que acabamos de sinalar,podemos pasar agora a afondar nos catro motivosque explican eses efectos institucionais limitadossobre a revitalización do galego. O primeiro fac-tor —a situación sociolingüística de partida eramoi negativa— xa a consideramos no apartadoanterior; daquela imos centrar a nosa atenciónnos tres restantes.

O segundo factor explicativo ten que ver coalimitación das ideoloxías lingüísticas dos gober-nantes. Pódese afirmar que a política lingüísticadesenvolvida desde os gobernos da Xunta deGalicia, por parte dos diferentes gobernos doPartido Popular, non estivo dirixida a procurarun tal cambio, senón que podemos cualificalacomo política de mantemento, edificada arredordunha ideoloxía lingüística, denominada ‘bilin-güismo harmónico’, que impregnou a acción dogoberno en política lingüística3.

Consideramos o ‘bilingüismo harmónico’como unha ideoloxía de política e planificaciónlingüística, utilizada polos gobernos populares apartir dos anos noventa como xustificación ideo-lóxica da súa política lingüística explícita. Aíndaque a súa formulación nunca foi desenvolvida cla-ramente, partíase da consideración de que galegoe castelán son linguas de uso e de status pleno enGalicia —unha por ser lingua propia, e a outrapor ser lingua de facto dunha gran parte da poboa -ción, o que é máis importante, estableceuse que asactividades de estimulación e promoción do ga -lego non debían supoñer ningún tipo de menos-cabo para a vitalidade social do castelán, nintampouco debían alterar o suposto ‘equilibriosociolingüístico’ existente en Galicia.

De acordo con esta formulación ideolóxica,por unha banda os obxectivos da acción lingüís-tica institucional non se coñecían nin se facíanpúblicos e explícitos, e pola outra, tentouseevitar en todo momento calquera tipo de con-flitividade social por mor das políticas de pro-moción do galego. Este modelo de políticalingüística desenvolvido pola Xunta de Galiciadesde 1983 ata 2005 podemos cualificalo comode ‘baixa intensidade’ (Lorenzo, 2005), artelladoarredor de dúas características principais: poucadensidade planificadora e intervención sociolin-güística escasa.

Con respecto ao primeiro trazo —pouca den-sidade planificadora—, desenvolvéronse menosactuacións lingüísticas das necesarias contandopara iso coa intervención de poucos axentes pla-nificadores cunha escasa profesionalización deles.Ademais, non se utilizaron as ferramentas da pla-nificación lingüística para propiciar cambiossociolingüísticos significativos. Por exemplo,apenas se utilizou a ferramenta dos plans lingüís-ticos.

Con respecto ao segundo trazo —interven-ción sociolingüística escasa—, desenvolveuseunha política lingüística carente de incidenciasocial que tentase conducir a cambios significati-vos nas condutas lingüísticas da sociedade galega.Por exemplo, falta de actividades centradas direc-tamente no aumento dos usos sociais da lingua,sobre todo dos usos informais e interpersoais,ausencia de actividades que perseguisen a recu-peración dos mecanismos de transmisión prima-ria en galego, realización de poucas actividadesdirixidas a introducir o galego en ámbitos detranscendencia social: medios de comunicaciónprivados, sectores empresariais e económicos,tecnoloxías da información e da comunicación,universidade, etc..

Foi este un modelo de xestión lingüísticainstitucional que se distanciou tanto dos mode-los máis intervencionistas coma daqueloutrosque optaban pola non intervención, de maneira quepodemos encadralo nunha posición intermedia.Semella un modelo de revitalización interesantepara os casos de mantemento de linguas, peronon parece tan acaído cando se trata de recupe-rar linguas sometidas a procesos de substituciónsocial.

O terceiro factor ao que aludimos anterior-mente foi o da imposibilidade de que calquerapolítica lingüística produza resultados milagrei-ros. A acción lingüística gobernamental foientendida por algúns como un xeito de enxeña-ría planificada onde o político e mais o planifica-dor estaban en condicións de conseguir calqueraobxectivo de transformación sociolingüística quese propuxesen. Non se pode negar que tanto acorrente tecnocrática e dirixista do primeiro lan-guage planning norteamericano (cfr. Ricento,2000) como o modelo da normalización lingüís-tica, difundido desde a sociolingüística catalá ali-mentaron ese tipo de focaxes, onde políticos,planificadores e especialistas se erixían nunhaespecie de magos con capacidade para quitar coe-llos de calquera chistera.

Sabemos, porén, que estas interpretacións soninexactas por pouco realistas: o planificador podeinducir cambios pero dificilmente vai alterarmaxicamente as tendencias e os procesos sociaisen marcha. Dito con outras palabras: se na socie-

Revista Grial 179, pp. 19-31

Page 7: Situación sociolingüística do galego

25

2 Nese mesmo traballo, Cidadanía (ibidem) indica dous impactos

negativos: por unha banda, sinálase a ineficacia das políticas

lingüísticas canto ao mantemento e recuperación dos usos do

galego; e apúntase, por outra, a ineficacia e ineficiencia das medidas

de promoción da lingua nos medios de comunicación privados.3 Aínda que nace nos anos noventa, esa argumentación xa estaba

presente anteriormente na política lingüística dos gobernos do

Partido Popular. Temos que considerar, daquela, que o bilingüismo

harmónico xurdiu como unha ideoloxía por decantación, a partir

dunha praxe lingüística establecida desde os gobernos populares dos

anos oitenta.

dade non se activan os elementos motrices quefavorezan os cambios sociolingüísticos, a inter-vención pública por si soa non poderá ir contra-corrente e pretender ter éxito nese proceso.Aplicado ao caso do galego, Antón Baamondeformulaba a seguinte reflexión sobre as limita-cións de calquera tipo de intervención pública(Baamonde, 2007):

Non é xa na administración pública onde está anai do año. En realidade, nunca foi aí onde estivo.Só unha certa cegueira —e unha certa hipocrisíacolectiva— pode xulgar que un goberno podefacer, neste terreo, o que a xente non quere facer.

Concordaremos todos en que a política lingüísti-ca pode ir por diante das demandas e das ten-dencias sociais, pero sempre e cando se conduzana mesma dirección das tendencias existentesnesa sociedade e mediante un ritmo e velocidadeaxeitados. Pola contra, se se camiña nunha direc-ción distinta, o fracaso está asegurado, recoñe-cendo, por suposto, que a sociedade está encontrución e redefinición.

E un cuarto elemento que debemos conside-rar é que os efectos da acción lingüística insti-tucional son xulgados limitados porque certasexpectativas creadas foron moi ambiciosas. Así,certos axentes sociais e políticos construíron unhorizonte de expectativas para a revitalizaciónda lingua galega baseándose nuns obxectivos

sociolingüísticos moi avanzados, sen reparar nopunto de partida sociolingüístico e nas limita-cións inherentes a calquera política pública, talcomo sinalamos nos puntos anteriores. A adop-ción acrítica do concepto de ‘normalizaciónlingüística’ ou a referencia constante a procesosrevitalizadores como o catalán ou o vasco, tanpouco semellantes aos da lingua galega en Ga -licia, por exemplo, alimentaron a fantasía deque era posible unha transformación sociolin-güística de gran profundidade con tal de, sim-plemente, dispoñer de certos mecanismoslegais e políticos activados. A observación dosresultados producidos, moi afastados daqueleshipotéticos obxectivos optimistas, provocoupesimismo e desilusión.

Lingua inicial segundo a idade (2003).A pregunta é: “En que lingua aprendeu a falar?” Datos da ECVF

Revista Grial 179, pp. 19-31

Page 8: Situación sociolingüística do galego

26

go > castelán, parece concretarse na xuventudeurbana e universitaria, o cal lle daría a estemicroproceso un peso cualitativo indubidable(Regueira, 2006: 75).

E, finalmente, en quinto lugar, pasemos areflexionar brevemente sobre as actitudes, opi-nións e ideoloxías lingüísticas5. Os traballos quemostraron e interpretaron os datos procedentesdo primeiro Mapa Sociolingüístico de Galicia,elaborado cunha mostra recollida en 1992 (cfr.Seminario de Sociolingüística da RAG, 1995;Bouzada, 2005) apuntaban que en 1992 as acti-tudes lingüísticas eran, en xeral, favorables caraao idioma galego e que as valoración negativas eprexuízosas estaban a recuar (Recalde, 1998).Segundo esta interpretación, aínda sen desapa -receren totalmente, as actitudes negativas e osprexuízos respecto do galego diminuíran consi-derablemente polos cambios na sociedade galegados anos oitenta. Nesa liña interpretativa, sinala-ba Bouzada (2005: 87-8) que “todos estes datosparecen apuntar cara a un debilitamento, polomenos a certos niveis de consciencia, dos aspec-tos máis bastos do prexuízo e a estigmatizaciónsociolingüística que dende hai anos veu actuandoen contra da lingua galega”.

Malia que a relaxación do estigma sociolin-güístico arredor da lingua galega se podía consta-tar intuitivamente, o que as enquisas estaban amostrar era, máis ben, un cambio de actitudeslingüísticas explícitas. Pola contra, as actitudes im -plícitas, aquelas que non se revelan máis que uti-lizando outro tipo de técnicas de análise, seguíanagochando un universo valorativo moi matizadoe complexo. Diferentes traballos cualitativosconstataron o mantemento dalgúns dos vellosprexuízos respecto da lingua galega, así como oxurdimento de novos discursos negativos e denovos prexuízos que se fundamentan nunha con-sideración social negativa da lingua galega, espe-cialmente entre a mocidade urbana (Iglesias,2002; Iglesias e Ramallo, 2003; Seminario deSociolingüística da RAG, 2003).

Unha lectura comparada dos datos obtidoscon técnicas cuantitativas e cualitativas está aindicarnos que a parte máis basta do universovalorativo negativo cara ao galego quedou desac-tivada grazas, entre outros, á súa institucionaliza-ción, á súa presenza educativa, á mellora dacapacitación para ler e escribir, ao acceso aosmedios de comunicación, etc. Agora ben, posi-blemente outra faciana dese universo valorativo,se cadra a menos basta e visible, segue presenteno imaxinario colectivo e nas representacións dasociedade galega, en forma de prexuízos, identi-dades negativas e discursos lacerantes.

Unha interpretación realista dos datos actitu-dinais respecto do galego non debería conducir-

Situación sociolingüística actual e evolución recente

Contemplada desde o ano 2008 en que anda-mos, podemos examinar a evolución da situaciónsociolingüística da lingua galega atendendo avarios factores. A cantidade e a calidade da infor-mación sociolingüística contemporánea da quedispoñemos permítenos analizar a evolución dal-gúns dos indicadores máis habitualmente utiliza-dos para medir a vitalidade dunha lingua e dogrupo etnolingüístico que a fala4.

En primeiro lugar, a lingua galega segue mos-trando unha elevada extensión demográfica setomamos como referencia o conxunto da poboa-ción de Galicia: a práctica totalidade dos galegosenténdena e teñen capacidade para utilizala oral-mente e por escrito (véxase gráfico na páxina 27);máis do 60 por cento utilízaa, en maior medidacó castelán, nas comunicacións diarias (véxasegráfico na páxina 27); e segue tendo un nivel deuso moi elevado nas interaccións familiares e nasrelacións sociais.

En segundo lugar, tocante á lingua habitual,este ítem segue a ser favorable ao galego, situán-dose por encima do punto medio da escala (2,5)ata chegar ao 2,89 (nunha escala de 1 = só caste-lán a 4 = só galego). Mais na comparación, ve -mos que neste período de once anos se perde caseunha décima. Os resultados indican, xa que logo,unha diminución xeral no uso do galego, pese aque o galego segue sendo a lingua máis utilizadaen Galicia.

En terceiro lugar, se facemos unha compara-ción utilizando os datos de frecuencias, é dicir, asporcentaxes de falantes que se situaron nunha ounoutra parte da escala de catro puntos, observa-remos que se produce un aumento significativodos usos lingüísticos monolingües, tanto en gale-go coma en castelán. Agora ben, a presenza dogalego entre a poboación urbana, sobre todo namáis nova, educada e de nivel socioeconómicomedio ou elevado, é moi limitada, ao tempo quenas relacións económicas e comerciais tamén pre-domina o recurso ao castelán (cfr. Gradín, 2007).A utilización escrita do idioma galego é moibaixa, xa que só recorre ao galego para escribir o15 por cento da poboación.

En cuarto lugar, ao mesmo tempo que des-cende a porcentaxe de individuos que teñen ogalego como lingua inicial e habitual, constáta-se unha leve recuperación do galego como lin-gua de uso habitual por parte de sectorespoboacionais, que non o tiñan como variedadeinicial, e que se decantan por usala en maiormedida có castelán (cfr. Gradín, 2007: 171).Este proceso de ‘cambio lingüístico inverso’, porir na dirección contraria da substitución gale-

Revista Grial 179, pp. 19-31

Page 9: Situación sociolingüística do galego

27

nos nin ao optimismo do MSG-I nin ao pesi-mismo dos traballos cualitativos: é imposiblecambiar en profundidade un aspecto tan polié-drico, multidimensional e ben asentado nasrepresentancións e nas prácticas dos individuoscomo é o das actitudes lingüísticas; e pretender,ademais, que tal mudanza se consuma nun pe -ríodo de tempo relativamente breve é igualmen-te imposible.

Pero este panorama valorativo estaría incom-pleto se non incorporamos os posicionamentos,en forma de ideoloxías e discursos lingüísticos, dosactores sociais e da cidadanía con respecto ás lin-guas en Galicia e ao proceso de recuperación dogalego (Regueira, 2006: 78 e ss.). Estes discursoscomezan a ter unha ampla presenza no debatepolítico (e por suposto a través dos medios decomunicación). A formulación explícita de discur-sos negativos respecto da lingua galega e do seuproceso de recuperación (recoñecemento legalincluído), aínda que non son novos, acadaronunha virulencia e radicalidade nunca antes vistano debate lingüístico en Galicia.

Por unha banda, segue estando presente e vi voo discurso do monolingüismo en castelán. En Gali-cia sempre tivemos unha representación —aíndaque moi minoritaria, por certo— deste discursocontrario aos procesos de ‘normalización lingüís-tica’ (cfr. Jardón, 1991), e hoxe este discurso exhi-be un importante repunte tanto no debatepolítico galego coma tamén no español. No deba-te político galego a causa principal do seu novoabrollo é o cambio no goberno da Xunta de Gali-cia en 2005.

Por outra banda, pódense concretar catro dis-cursos que incorporan, en distinta medida, a pro-moción da lingua galega. En primeiro lugar, oque se denomina bilingüismo, co galego en situa-ción dominada. Este sería o discurso predomi-nante no PP, co seu construto ideolóxico do‘bilingüismo harmónico’, e tamén o do PsdG-PSOE, polo menos durante o período vazquista.Pártese neste discurso da tolerancia cara ao gale-go, pero a súa recuperación e promoción nonconstitúe un obxectivo prioritario, mentres que sisería esencial, por exemplo, garantir as liberdadesindividuais ou evitar conflitos por mor da elec-ción lingüística.

En segundo lugar, o discurso do monolingüis-mo en galego foi desenvolvido desde o modelo doconflito lingüístico e da hipótese da minorizaciónnos anos sesenta pola sociolingüística catalá (cfr.Boix e Vila, 1998: 314-24) e asumido polo nacio-nalismo político. Supón a expresión do discursonacionalista que podemos cualificar como ‘clási-co’: unha lingua, un territorio; o bilingüismo é, aotempo, un perigo para a supervivencia do galego eun obxectivo social irrealizable; etc.

4 Na información cuantitativa que imos presentar a continuación,

utilizaremos datos de dúas enquisas realizadas nun intervalo de 11

anos: o Mapa sociolingüístico de Galicia, con datos de 1992 (MSG-

1992), e o módulo de lingua da Enquisa de condicións de vida das

familias galegas, con datos de 2003 (ECVFG-2003). Un traballo

comparativo dos resultados desas dúas enquisas pode consultarse

en Monteagudo e Lorenzo (2006).5 Dispoñemos dos datos do MSG-I e de diversos traballos

cualitativos elaborados durante os últimos anos (cfr. Iglesias, 2002;

Seminario da RAG, 2003). Tamén cómpre incorporar algunhas das

reflexións de Kabatek (2000).

Lingua inicial da poboación residente en Galicia, 1991. Datos do MSG

Lingua inicial da poboación residente en Galicia, 2003. Datos da ECVF

Lingua falada habitualmente. 2003. Datos da ECVF

Revista Grial 179, pp. 19-31

Page 10: Situación sociolingüística do galego

28

cfr. Xunta de Galicia, 2005a). E, por outrabanda, o extremo do pesimismo, por veces tingui-do de aberto catastrofismo, que considera que alingua galega vive o peor momento da súa histo-ria (véxanse os diversos titulares de medios de co -municación galegos durante a primavera de 2008nas hemerotecas), e que a substitución social dogalego polo castelán é practicamente imparable(a menos que se poñan en marcha actuaciónsglotopolíticas decididas, case sempre pola vía daimposición), así como a crítica aos limitadoslogros obtidos pola política lingüística institucio-nal desde 1980.

Ambos extremos utilizan para a súa argumen-tación pesimista e optimista, respectivamente,datos que proceden con frecuencia das mesmasfontes documentais —datos macrosociolingüísti-cos, análise de resultados e de impacto da políti-ca lingüística institucional, etc.—, de maneiraque o que para uns é positivo e un grande avan-ce, para outros é insuficiente e ornamental, porexemplo.

Non estamos, xa que logo, ante os resultadosdunha análise sociolingüística e glotopolíticaneutra, que se cadra nunca existe en toda a súaextensión, senón que máis ben se trata de posi-cionamentos ideolóxicos con respecto a variascuestións: o papel que deben desempeñar galegoe castelán na sociedade galega, o futuro concretoda lingua galega e os escenarios sociais e institu-cionais futuros.

Como unha contribución máis nese debate,tan ideolóxica coma calquera outra, quero cen-trar a atención en dúas cuestións: por unhabanda, que aspectos deberán estar na base do pro-ceso de recuperación do galego; e, por outra,como se poden implementar e xestionar.

Tocante aos aspectos que están na base dunhaxeira recuperadora do galego, estes deberán diri-xirse a afortalar o prestixio social da lingua gale-ga e dos grupos sociais galegófonos: é dicir,avanzar no empoderamento (ing. empowerment)da lingua galega.

Lembremos a este respecto que unha das prin-cipais variables sobre as que se constrúe o prestixiolingüístico é o valor que unha determinada linguaten para a mobilidade socioeconómica dos seusfalantes. É dicir, unha lingua tenderá a desenvolvermáis ou menos prestixio na medida en que a súaaprendizaxe e uso teña un valor funcional na es -trutura social. O proceso contrario —a ausenciade prestixio lingüístico— contribuirá á desmotiva-ción cara á aprendizaxe e cara ao uso dunha de -terminada lingua, propiciando unha reducidaprodución e reprodución lingüísticas. Pola súaparte, unha lingua socialmente prestixiada terá oefecto contrario: mobilizará conciencias, esforzos einvestimentos individuais.

En terceiro lugar, o discurso do monolingüis-mo en galego-portugués ou en portugués. Os dife-rentes movementos reintegracionistas apostantamén por un monolingüismo pero nunha varie-dade de aproximación ou directamente en portu-gués. Sorprende comprobar que os argumentosdeste discurso son parcialmente coincidentes cosesgrimidos para negarlle valor ao galego desde o‘nacionalismo español’, xa que se basean princi-palmente para sustentar a súa posición na supe-rioridade cuantitativa das linguas —neste casono número de falantes de portugués.

E rematamos, en cuarto lugar, co discurso doplurilingüismo. Aínda que se trata dun discursoaínda escasamente desenvolvido, só utilizado nal-gúns programas electorais recentes e promovidodesde diversas instancias académicas, téntase for-mular con el unha hipótese realista sobre o futu-ro da lingua galega no contexto actual: vivimosnunha sociedade globalizada, o castelán non vaidesaparecer de Galicia, a relación entre lingua eidentidade é moito máis complexa ca unha sim-ple asignación unívoca, etc.

Tendo en conta os aspectos que comentamosneste apartado, e a súa relación cos dous aparta-dos anteriores, estamos en disposición de respon-der agora á seguinte pregunta: a lingua galegaatópase na mesma situación sociolingüística caen 1978? A resposta coido que ten que ser nega-tiva: a lingua galega vive unha situación sociolin-güística máis desafogada e atópase moito mellorpreparada para afrontar os retos da sociedadegalega actual. Agora ben, dito iso cómpre sinalarcon igual claridade que algúns dos febles alicercesque estaban presentes a principios do períodoconsiderado neste traballo (finais dos anos seten-ta) seguen formando parte do contexto vivencialdo idioma (aínda que en diferente medida doque acontecía hai trinta anos): a lingua galegasegue tendo un déficit profundo de poder social.Disto trataremos, entre outros aspectos, no apar-tado seguinte.

Cara a onde pode camiñar o futuro da lingua galega?

Na actualidade, a valoración dos actores sociais(formacións políticas, asociacións, analistas,expertos e medios de comunicación) sobre asituación social da lingua galega móvese nuncontinuo con dous extremos.

Por unha banda, o extremo do optimismo, porveces rebordante, que salienta a capacidade secu-lar de mantemento e resistencia da lingua galega,así como os logros acadados desde 1980 na súadignificación social e no proceso de instituciona-lización (véxase como exemplo o diagnóstico doPlan Xeral de Normalización da Lingua Galega,

Revista Grial 179, pp. 19-31

Page 11: Situación sociolingüística do galego

29

O cambio social que segue operando en Gali-cia, co aumento do nivel de vida, do PIB da poboa-ción ou do nivel educativo da cidadanía, porexemplo, axuda positivamente nese obxectivo por-que distancia os individuos das fontes do estigmasociolingüístico. Aínda que en por si só non abon-daría, este está sendo un primeiro paso imprescin-dible. Mais para avanzar no poder sociolingüísticodo galego, faise preciso considerar, a maiores, oselementos que delimitamos deseguido.

Por unha banda, cómpre pular para que semanteña o grupo social galegófono na propor-ción cuantitativa actual, coa finalidade de dispo-ñer dunha base demográfica sólida de falantesnativos que asegure unha reprodución alta natransmisión lingüística primaria e familiar. A esterespecto, comparto a idea expresada por Reguei-ra (2006: 89) de que hai que buscar fórmulaspara preservar en maior medida os dereitos dosfalantes de galego e asegurar a perpetuación doidioma.

Por outra, os neofalantes son a outra clavesociolingüística deste proceso revitalizador. Ade-mais de estaren desde o principio no proceso derecuperación do galego (pensemos nos rexurdi-mentistas, por exemplo), a súa motivación identi-taria e o seu perfil sociodemográfico (en xeral,nivel cultural e capital social alto) fai que sexa unsubgrupo especialmente interesante en por si epolo efecto imitativo que poden carrexar. A accióncombinada do aumento dos neofalantes co decli-ve da asociación estigmatizadora da lingua galegacoa ruralidade, a pobreza e o atraso social, declivexa en marcha debido ao cambio sociodemográficode Galicia, debería facilitar, tal como sinala Bou-zada (2005: 89) “un novo marco sociolingüísticodefinido cada vez pola liberdade de decisión, acompetencia cultural e o orgullo identitario”6.

Ademais, a sobrevivencia do galego vaisexogar nas cidades. De aí a participación impor-tante que deben ter as clases medias urbanas neseproceso. A implicación do tecido social e asocia-tivo, principalmente aquel que teña máis inci-dencia sobre a mocidade, así como o xurdimentode novos medios de comunicación (escritos eaudiovisiuais) implicados co galego, xunto coapotenciación das novas formas de comunicacióne de relación social a través das novas tecnolo xías,poden ser camiños a explorar e a desenvolver condecisión.

Tamén debemos salientar a necesaria partici-pación e colaboración das elites económicas esociais neste proceso. Hai que seguir sumandoesforzos nesa dirección, continuando coa estrate-xia histórica do galeguismo. É preciso establecerpontes entre o capital económico, os líderessociais de opinión, e mais a lingua galega. Peronon se trata de establecer unha estratexia mera-

6 Convén, en todo caso, examinar con máis detemento as

consecuencias da emerxencia deste subgrupo dos neofalantes tanto

no plano lingüístico (cfr. Kabatek, 2000) coma no sociolingüístico

(cfr. Iglesias, 2002).

Competencia declarada en lingua galega, en 1991 e 2003. Datos do MSG e ECVF

IGE

Lingua falada habitualmente en 1991 e 2003. Datos do MSG e ECVF

IGE

[...] a sobrevivencia do galego vaise

xogar nas cidades. De aí a participación

importante que deben ter as clases medias

urbanas nese proceso

Revista Grial 179, pp. 19-31

Page 12: Situación sociolingüística do galego

30

non se detectaban diferenzas insalvables entre osprincipais actores —goberno galego e maisnacionalismo— do escenario da política lingüís-tica en Galicia, presentaban os seguintes tópicoscomo posibles lugares neutrais para o consenso:a) na xestión lingüística galega debe conxugarse aprotección dos dereitos lingüísticos individuaiscoa promoción da lingua galega desde os poderespúblicos; b) a política lingüística debe basearseno diálogo, debate e participación, con dúas par-tes: o diálogo político e mais o social; c) sería pre-ciso un terceiro diálogo: o interinstitucional; e d)a necesidade de incorporación dunha cultura epráctica planificadora. Visto desde a perspectivaactual, estas catro recomendacións seguen plena-mente vixentes e son todas necesarias.

Ademais, a exploración de posibles puntoscomúns nos distintos discursos lingüísticos exis-tentes no debate lingüístico en Galicia deberíatamén permitir a superación de certas diferenzasque, de entrada, parecen insalvables. Considera-mos que o discurso do plurilingüismo, sinaladono apartado anterior, pode constituír un puntode arrinque para consensuar posicións coas queunha maioría da cidadanía se identifique.

E para darlle cabo a este apartado de síntese,rescatamos unha interesante opinión de Cabrafa-nada, alcume blogueiro do escritor e editor FranAlonso, quen nunha anotación publicada en2005 manifesta o seu parecer sobre como deberíaorientarse a política lingüística en Galicia, co queconcordamos plenamente:

Ante todo, faise imprescindible cambiar o dis-curso, tensionándoo cando sexa preciso, emodificar a percepción social sobre a normali-zación lingüística para establecer unha acciónpositiva decidida e compensatoria con respectoao castelán. E logo, planificar con imaxinación,solidez e coordinación un deseño global deactuación que reinvente unha política lingüísti-ca creativa e innovadora, que procure modelosexitosos noutros lugares, e que non esquezaavaliar resultados (o que nunca se fixo anterior-mente). Unha nova política lingüística, con servertical, debe procurar a implicación social,asociando a lingua galega á sociedade multilin-güe do futuro, ás novas tecnoloxías e, sobretodo, ao ensino, que é onde se dirime a autén-tica batalla do futuro da nosa lingua.

Do que se trata, en definitiva, é de aplicarunha política comprometida, moderna, eficaze coherente ■

mente funcional e conxuntural, senón que debe-mos seguir pulando para que o galeguismoimpregne a todos os axentes sociais, empresariaise económicos relevantes. O que non pode seguiracontecendo é o que temos, a grandes trazos,agora: un hiato profundo entre eles.

Tras presentar algúns aspectos en que, segundoa nosa opinión, deberían basearse os esforzos recu-peradores da lingua galega cara ao futuro, imosconsiderar brevemente como se poden implemen-tar eses aspectos, para o cal propoñemos variasconsideracións. Por unha banda, precisamos des-envolver un percorrido propio, aprendendo dosdemais e considerando o que se fai noutras par-tes do planeta, pero cunha focaxe propia e inde-pendente. A nosa historia social e a situaciónsociolingüística de Galicia e da lingua galega terápuntos de conexións con outras linguas e situa-cións, pero as diferenzas van ser sempre moiimportantes. Daquela, importar acriticamenteconceptos e mo delos, e supoñer que se poden apli-car directamente á nosa realidade é un erro quenon debemos seguir repetindo.

Por outra banda, tampouco debemos pensarque o poder político e institucional ten a chavedeste proceso, é dicir, a total e exclusiva respon-sabilidade. Recollendo novamente as palabras deAntón Baamonde (ibidem), “por suposto que ungoberno debe ter algo que dicir niso [na promo-ción do galego nos contextos urbanos], pero esta-riamos enganándonos a nós mesmos se nonentendemos que a clave está en nosoutros, a so -ciedade civil. O goberno non é a resposta a todosos problemas”.

Asumindo esa responsabilidade compartida, ecentrándonos na parte institucional do asunto,consideramos que se debe practicar unha políticalingüística pouco invasiva: que estea baseada enpoucas obrigacións e moi claras, pero de cumpri-mento preceptivo. Ademais, debe facerse unhaaposta social e política pola planificación lingüís-tica, optando por desenvolver unha proposta pla-nificadora creativa e orixinal, que teña como eixecentral a dinamización sociolingüística. Esteesforzo planificador non deberá agachar esoutrafaceta, que seguirá sendo clave para o futuro doidioma: a vinculación emotiva e expresiva coalingua galega. Da habilidade no manexo desesdous factores, e da proposición de pontes decomunicación entre eles, dependerá o éxitodunha planificación lingüística eficaz.

Tanto unha política lingüística pouco invasi-va como a aposta pola planificación lingüística,así como calquera outro aspecto relevante, debepartir da procura do máximo consenso social epolítico. Con ese obxectivo, non está de máislembrar agora algunhas das consideracións conti-das en Cidadanía (2001: 237): tras afirmaren que

Revista Grial 179, pp. 19-31

Page 13: Situación sociolingüística do galego

31

____ (1998). “Lingua galega e identidade”, en Ruffino: 575-88.Regueira, Xosé Luís (2006). “Política y lengua en Galicia: la

‘normalización’ de la lengua gallega”, en Castillo e Kabatek:61-93.

Rei-Doval, Gabriel (1999). Breve aproximación á historia dasociolingüística galega (1967-1997). Memoria de licenciatu-ra, Santiago de Compostela: Universidade.

____ (2007). A lingua galega na cidade no século XX. Vigo:Xerais.

Ricento, Thomas (2000). “Historical and theoretical perspecti-ves in language policy and planning”, en Ricento: 9-24.

____ ed. (2000). Ideology, politics and language policies. Focuson English. Berlín: Mouton de Gruyter.

Ruffino, Giovanni, ed. (1998). Atti del XXI Congreso Internazio-nale di Linguistica e Filologia Romanza (Palermo 18-24 set-tembre 1995). Tubinga: Max Niemeyer Verlag.

Schiffman, Harold (1996). Linguistic culture and language policy.Londres: Routledge.

Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1994).Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coru-ña: Real Academia Galega.

____ (1995). Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña: Real Acade-mia Galega.

____ (1996). Actitudes lingüísticas en Galicia. A Coruña: RealAcademia Galega.

____ (2003). “Actitudes lingüísticas en Galicia”, Grial 160: 52-59.

____ (2003). O galego segundo a mocidade. Unha achega ásactitudes e discursos sociais baseado en técnicas experimen-tais e cualitativas. A Coruña: Real Academia Galega.

____ (2007). Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume I.Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coru-ña: Real Academia Galega.

VV. AA. (2002). A normalización lingüística a debate. Vigo:Xerais.

Xunta de Galicia (2005a). “Notas para un diagnóstico da saúdeda lingua galega”, en Xunta de Galicia: 3-22; 29-36.

____ (2005b). Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

Os gráficos están tomados de Monteagudo / Lorenzo (2005), e

remiten aos datos do Mapa sociolingüístico de Galicia (MSG),

elaborado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia

Galega (1991-96), e da Enquisa sobre as Condicións de Vida das

Familias (ECVF), realizada polo Instituto Galego de Estatística en

2003.

Bibliografía

Álvarez, Rosario; Francisco Fernández Rei e Antón Santamarina,eds. (2004). A lingua galega: historia e actualidade. Actasdo I congreso internacional (16-20 de setembro de 1996,Santiago de Compostela, volume I). Santiago de Composte-la: Instituto da Lingua Galega - Consello da Cultura Galega.

Baamonde, Antón (2007). “Algo más sobre el gallego”, El País(novembro).

Boix, Emili e F. Xavier Vila (1998). Sociolingüística de la llenguacatalana. Barcelona: Ariel.

Bouzada, Xan (2005). “Cambio de valores e futuro da linguagalega”, Grial 165: 80-93.

Bringas, Ana e Belén Martín, eds. (2003). Nacionalismo e globali-zación: linguas culturas e identidades. Vigo: Universidade.

Castillo, Monica e Johannes Kabatek, eds. (2006). Las lenguasde España. Política lingüística, sociología del lenguaje e ideo-logía desde la Transición hasta la actualidad. Vervuert: Ibe-roamericana.

Cidadanía. O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Volume I. Política lingüística: análise e perspectivas.Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Fernández, Mauro A. (2004). “O uso do galego nos espaciosurbanos”, en Álvarez, Fernández Rei e Santamarina: 245-56.

Gradín, Carlos (2007). “Determinantes socioeconómicos da lin-gua: o caso do galego”, Revista Galega de Economía 16 (1):155-172.

Iglesias, Ana (1999). “Os estudios empíricos sobre a situaciónsociolingüística do galego”, Cadernos de Lingua 19: 5-42.

____ (2002). Falar galego, no veo por qué. Aproximación cuali-tativa á situación sociolingüística de Galicia. Vigo: Xerais.

Iglesias, Ana e Fernando Ramallo (2003). “Relocalización, iden-tidades e linguas periféricas: o caso galego”, en Bringas eMartín: 117-32.

Jardón, Manuel (1993). Normalización lingüística, una anormali-dad democrática: el caso gallego. Madrid: Siglo XXI.

Kabatek, Johannes (2000). Os falantes como lingüistas. Tradición,innovación e interferencias no galego actual. Vigo: Xerais.

Lorenzo, Anxo M. (2005). “Planificación lingüística de baixaintensidade: o caso galego”, Cadernos de Lingua 27: 39-59.

Mariño, Ramón (1998). Historia da lingua galega. Santiago deCompostela: Sotelo Blanco.

Monteagudo, Henrique (1997). “Quince anos de política lingüís-tica en Galicia (1981-96). Notas para un balance”, Grial136: 527-48.

____ (1999). Historia social da lingua galega. Idioma, sociedadee cultura a través do tempo. Vigo: Galaxia.

____ (2002). “A lingua galega na sociedade: descrición actual eperspectivas de futuro”, en Varios autores, A normalizaciónlingüística a debate. Vigo: Xerais, 7-46.

Monteagudo, Henrique e Anxo M. Lorenzo, dirs. (2005). A sociedadegalega e o idioma: evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Pérez Vilariño, José (1979). Dependencia y discriminación esco-lar en Galicia. Madrid: Akal.

Recalde, Montserrat (1997). La vitalidad etnolingüística gallega(= Lynx. Documento de trabajo 9). Valencia: Centro de Estu-dios sobre Comunicación Interlingüística da Universitat.

Revista Grial 179, pp. 19-31