sumario os dereitos dos osdereitosdos traballadores/as e a ... · i02 opiniÓn...

8
I CIG I GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL Nº 06 | XULLO 2013 SUMARIO OPINIÓN OS DEREITOS DOS TRABALLADORES/AS E A TARXETA PROFESIONAL DA CONSTRUCIÓN (TPC) Xoaquím Agulla Gómez Secretario Comarcal da Federación de Construción e Madeira en Pontevedra e membro da Executiva Nacional desta Federación. SABÍAS QUE…? IMPLANTACIÓN NA GALIZA DUN NOVO SISTEMA DE DETECCIÓN DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral COLABORACIÓN ANÁLISE XURÍDICO-NORMATIVA UNHA NOVA SENTENZA DECLARA «INADMISÍBEL» QUE O INSS PAGUE PRODUTIVIDADE POR DAR ALTAS MÉDICAS Héctor López de Castro Ruíz Asesoría Xurídica Nacional da CIG OPINIÓN INCREMENTO DA IDADE DE XUBILACIÓN - ENVELLECEMENTO ACTIVO Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral INFORMACIÓN TÉCNICA A MEGAMINARÍA: PROCESOS, PROMESAS, CONSECUENCIAS Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral PUBLICACIÓNS IDENTIFICACIÓN DE RISCOS LABORAIS E GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS NA EXTRACCIÓN E NA ELABORACIÓN DE PEDRA NATURAL Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral www.cigsaudelaboral.org www.cigsaudelaboral.org Plataforma web para a información e consulta en materia de Prevención de Riscos e Saúde Laboral 06 Ao amparo da Lei 32/2006, reguladora da subcontratación no sector da Construción que establece o re- quisito empresarial de acreditar a formación dos traballadores/as do sector en materia de prevención de riscos laborais, CCOO, UGT e a Confederación Nacional da Construción (CNC) utilizando o marco do IV Con- venio Xeral da Construción, determinaron e fixaron no mesmo os contidos formativos esixibles para o sec- tor nesta materia. Aproveitando esta circunstancia e dun xeito completamente impropio, decidiron impoñer aos traballadores/as do sector a obrigatoriedade de acreditar a súa formación en prevención a través do que deron en chamar Tarxeta Profesional da Construción (TPC), esixindo esta como un requisito impres- cindible para poder traballar no sector da construción en todo o Estado español a partires do 31 de de- cembro do ano 2011. Os dereitos dos traballadores/as e a Tarxeta Profesional da Construción (TPC) Xoaquím Agulla Gómez Secretario Comarcal da Feder. de Construción e Madeira en Pontevedra e membro da Executiva Nacional desta Federación

Upload: others

Post on 11-Oct-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: SUMARIO Os dereitos dos OSDEREITOSDOS traballadores/as e a ... · I02 OPINIÓN Curiosamente,coidáronsetaméndeestablecerque aTPCapuideseemitirenexclusivaaFundaciónLa - boraldaConstrución(FLC

I CIG I GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORALNº 06 | XULLO 2013

SUMARIO

OPINIÓNOS DEREITOS DOSTRABALLADORES/AS E A TARXETAPROFESIONAL DA CONSTRUCIÓN(TPC)Xoaquím Agulla GómezSecretario Comarcal da Federación de Construcióne Madeira en Pontevedra e membro da ExecutivaNacional desta Federación.

SABÍAS QUE…?IMPLANTACIÓN NA GALIZA DUNNOVO SISTEMA DE DETECCIÓN DEENFERMIDADES PROFESIONAISGabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

COLABORACIÓNANÁLISE XURÍDICO-NORMATIVAUNHA NOVA SENTENZA DECLARA«INADMISÍBEL» QUE O INSS PAGUEPRODUTIVIDADE POR DAR ALTASMÉDICASHéctor López de Castro RuízAsesoría Xurídica Nacional da CIG

OPINIÓNINCREMENTO DA IDADE DEXUBILACIÓN - ENVELLECEMENTOACTIVOGabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

INFORMACIÓN TÉCNICAA MEGAMINARÍA: PROCESOS,PROMESAS, CONSECUENCIASGabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

PUBLICACIÓNSIDENTIFICACIÓN DE RISCOSLABORAIS E GUÍA DE BOASPRÁCTICAS NA EXTRACCIÓN E NAELABORACIÓN DE PEDRA NATURALGabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

www.cigsaudelaboral.org

www.cigsaudelaboral.orgPlataforma web para a información e consultaen materia de Prevención de Riscos e Saúde Laboral

Nº 06

Ao amparo da Lei 32/2006, reguladora da subcontratación no sector da Construción que establece o re-quisito empresarial de acreditar a formación dos traballadores/as do sector en materia de prevención deriscos laborais, CCOO, UGT e a Confederación Nacional da Construción (CNC) utilizando o marco do IV Con-venio Xeral da Construción, determinaron e fixaron no mesmo os contidos formativos esixibles para o sec-tor nesta materia. Aproveitando esta circunstancia e dun xeito completamente impropio, decidiron impoñeraos traballadores/as do sector a obrigatoriedade de acreditar a súa formación en prevención a través doque deron en chamar Tarxeta Profesional da Construción (TPC), esixindo esta como un requisito impres-cindible para poder traballar no sector da construción en todo o Estado español a partires do 31 de de-cembro do ano 2011.

Os dereitos dostraballadores/as e aTarxeta Profesional daConstrución (TPC)Xoaquím Agulla GómezSecretario Comarcal da Feder. de Construción e Madeira en Pontevedra e membro da Executiva Nacional desta Federación

Page 2: SUMARIO Os dereitos dos OSDEREITOSDOS traballadores/as e a ... · I02 OPINIÓN Curiosamente,coidáronsetaméndeestablecerque aTPCapuideseemitirenexclusivaaFundaciónLa - boraldaConstrución(FLC

I 02 www.cigsaudelaboral.org

OPINIÓN

Curiosamente, coidáronse tamén de establecer quea TPC a puidese emitir en exclusiva a Fundación La-boral da Construción (FLC), entidade bipartita de ca-rácter privado da que forman parte e dirixen enexclusiva CCOO, UGT e a patronal do sector CNC.

O chiringuito estaba montado e o negocio amosá-base prometedor (todo isto acontecía antes da criseeconómica). E así foi. Ao longo dos últimos anos ecoa aquiescencia das administracións de turno -fora o PSOE ou o PP quen gobernase-, á FLC cho-véronlle cantidades importantes de finanzamentopúblico estatal e autonómico, á vez que milleiros emilleiros de traballadores/as que querían e necesi-taban traballar na construción, eran “orientados” e“aconsellados” polas empresas do sector e os sin-dicatos CCOO e UGT, a realizar a súa formación enprevención a través da FLC ou entidades homolo-gadas por esta; en moitísimos casos pasando portaquilla e pagando do seu peto os cursos que pri-meiro lles esixían e logo lles ofrecían como condi-ción imprescindible se querían traballar.

Aparte do reprochable, polo que de indecente epouco ético, ten unha montaxe de financiamentoeconómico destas características no que atinxe áutilización de fondos públicos, é se cabe máis ina-ceptable aínda, a utilización deste perverso sistemapara na práctica, “obrigar” a milleiros e milleiros detraballadores/as en situacións límite de emprego esubsistencia, a ter que aboarlles dos seus mingua-dos recursos a formación que lles esixían parapoder traballar no sector.

Cuestión esta agravada polo feito ilegal e intole-rable, de que as dúas organización sindicais,CCOO e UGT, participaran e promoveran na prác-tica, en beneficio propio e en contra dos dereitosdos traballadores, a flagrante vulneración do ar-tigo 19 da Lei Xeral de Prevención, que específicaa obriga das empresas de proporcionar aos seus

traballadores/as a formación necesaria e esixibleen materia preventiva.

É evidente que coa imposición da obrigatoriedadeda TPC e o establecemento da exclusividade para asúa emisión da FLC, os compoñentes desta Funda-ción no seu conxunto, pretendían e posiblementeaínda pretendan, acadar cando menos dous espu-rios e inconfesables obxectivos:

a) por unha banda, dotarse dunha vía blindada eexclusiva de financiamento constante e estable,tanto a través do “acaparamento” de subvenciónspúblicas, como do que é peor, do pago da forma-ción por parte dos propios traballadores/as queen moitos casos (como xa ten acontecido en mil-leiros de ocasións) non teñen máis remedio quepasar por caixa para obter a acreditación esixidapara traballar no sector;

b) por outra, controlar en réxime de monopolio oacceso ao emprego dunha maioría dos traballa-dores/as que queren e necesitan acceder a uncontrato laboral no sector da construción.

Ante esta tropelía inadmisible e inxustificable, a CIGxunto con ELA/STV procedeu a impugnar no ano2008 o “IV Convenio Colectivo Xeral da Constru-ción”, denunciando esta situación de manifesta ile-galidade, que supoñía entre outras cuestións aconculcación de significativos aspectos do Estatutodos Traballadores e de importantes dereitos funda-mentais amparados pola Constitución.

Con data 27 de outubro do ano 2010 e logo dunhaprimeira sentenza desestimatoria da Audiencia Na-cional, o Tribunal Supremo emitiu unha sentenza queentre outras importantes cuestións estableceu a nu-lidade da obrigatoriedade da Tarxeta Profesional daConstrución (TPC), sendo ratificada pola AudienciaNacional no fallo emitido o 3 de novembro do 2011,que deixou establecido que as modificacións do IV

Convenio Colectivo Xeral da Construción, acordadaspolos sindicatos CCOO e UGT e a patronal CNC para“sortear” o cumprimento da anterior sentenza do Tri-bunal Supremo, eran ilegais e non se axustaban aoordenado na sentenza do Tribunal Supremo.Así logoe resumindo as consecuencias directas derivadasda sentenza do Tribunal Supremo:

• Anúlase a exclusividade da TPC como único medioacreditativo da formación no sector da Construción,podéndose esta acreditar por outros medios.

• Anúlase a obrigatoriedade de dispor da TPC paratraballar no sector da Construción, non sendo obri-gatoria nin a súa obtención, nin a súa esixenciapolas empresas como requisito de contratación la-boral, e moito menos como motivo para a rescisióndun contrato de traballo.

• Habilita aos convenios colectivos de ámbito auto-nómico, provincial ou de empresa para pactar me-didas de prevención que melloren os niveis deprotección da saúde laboral establecidos no conve-nio estatal da construción.

• Limita a función da TPC á mera acreditación dosrecoñecementos médicos e á data na que se reali-zaron, non podendo en ningún caso conter, rexis-trar ou certificar o contido dos mesmos.

Así logo, a TPC tal e como inicialmente tiñan pac-tada e acordada CCOO e UGT coa patronal da cons-trución CNC, supuña na práctica unha vulneracióninadmisible dos dereitos laborais dos traballado-res/as a través da limitación do seu dereito aotraballo (artigo 53.1 CE, Ley 32/2006 de 18 de ou-tubro), nun intento ilegal e fraudulento de favorecere consolidar una desexada posición de primacía emonopolio sindical no sector da construción.

Asemade a TPC e a súa regulación pretendía pro-mover una reserva do emprego (vulneración do ar-

Xoaquím Agulla Gómez, Secretario Comarcal da Federación de Construción e Madeira en Pontevedra e membro da Executiva Nacional desta Federación

Page 3: SUMARIO Os dereitos dos OSDEREITOSDOS traballadores/as e a ... · I02 OPINIÓN Curiosamente,coidáronsetaméndeestablecerque aTPCapuideseemitirenexclusivaaFundaciónLa - boraldaConstrución(FLC

03 Iwww.cigsaudelaboral.org

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

O novo Sistema Galego de Alerta Temperá para aDetección de Enfermidades Profesionais

SABÍAS QUE?

Ameirande parte dos traballadores/as pasamos de xeito efectivo 1/3 daxornada nos nosos postos de traballo. En tan importante período de tempoprodúcense ao longo da nosa vida laboral significativos e continuados es-

forzos físicos e mentais, así como unha exposición nos lugares de traballo a si-tuacións adversas de tipo ambiental ou organizativo, con claros e importantesriscos para a nosa saúde. Ditas exposicións en moitas ocasións continuadas ealongadas no tempo, rematan por producir un deterioro ás veces lento e pro-gresivo que conclúe nunha doenza ou enfermidade profesional (EP).

Así logo os dispositivos de detección de enfermidades profesionais con-forman un elemento clave do sitema de saúde laboral dun país. No Estadoespañol a sospeita de enfermidade profesional baséase xurídicamente no RD1299/2006 de 10 de novembro, a través do cal aprobouse o cadro de enfermi-dades profesionais para o Sistema da Seguridade Social, establecéndose crite-rios para a súa notificación e rexistro.

No Estado español en xeral e no País galego en particular, o actual sistema dedetección e protección dos traballadores/as afectados por enfermidades pro-fesionais é ostensiblemente deficiente e ineficaz, debido fundamentalmente aunha serie de factores que dificultan extraordinariamente un funcionamentoaceptable do mesmo:

• Falla de actualización das listaxes de enfermidades profesionais.

• Falla de dispositivos -instrumentos, procedementos e persoal formado- paraa detección da orixe laboral de enfermidades e doenzas.

• Procedementos inaxeitados e ineficientes de comunicación da sospeita de en-fermidade profesional.

• Desvinculación e falta da comunicación necesaria entre o facultativo que podeemitir un diagnóstico de sospeita de EEPP e aquel outro que en última instan-cia ten a responsabilidade de calificar a continxencia.

Se ben é certo que o RD 1299/2006 de 10 de novembro incorporou aspectosnovidosos que tentaron mellorar o dispositivo de identificación e comunicaciónde EEPP, como é a inclusión do Anexo II de listado de enfermidades de posible

orixe profesional; as aportacións incorporadas seguen a ser claramente insufi-cientes, dado que a día de hoxe continúanse declarando unha cantidadede EEPP manifestamente inferiores ás que realmente se producen, con gra-ves consecuencias para a saúde laboral do conxunto da clase traballadora.

Erros e ineficiencias dos dispositivos de detección e identificación, que provo-can a persistencia de grandes bolsas de infradeclaración no diagnóstico de EEPP,o que sumado ás tremendas resistencias do “sistema” para facilitar o procesode calificación e recoñecemento das mesmas, supón entre outras importantesconsecuencias:

• Dificultades e importantes retrasos na identificación da orixe laboral dasdoenzas e enfermidades profesionais que se producen en distintos ámbitosda actividade produtiva, cos conseguintes riscos para a saúde e a clara des-protección na que incorren os traballadores/as afectados.

• Unha infra-determinación de continxencias profesionais que acabansendo asumidas polo Sistema Público de Saúde como enfermidades ou acci-dentes calificados falsamente como continxencias comúns, cando o custe de-rivado do tratamento e cobertura de ditas continxencias que, en realidade sonde orixe profesional, debería correr a cargo das Mutuas de Accidentes de Tra-ballo e Enfermidades Profesionais.

Na Galiza estímase que cando menos un 3,3% do gasto sanitario público anualdo noso País (uns 120 millóns de euros), debería recaer nas Mutuas de Acciden-tes de Traballo e Enfermidades Profesionais e non no noso Sistema Público deSaúde, por corresponder en realidade a estas entidades asumir o custo do trata-mento das doenzas que son de orixe profesional ou laboral e non de orixe común.

Ante este panorama e non sen tempo, logo dunha longa e xa histórica reivindi-cación da CIG e alguna outra organización, a Administración Sanitaria Galega através do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e en colaboración co Instituto Ga-lego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e as Organizacións Sindicais entreoutros, está a abordar por fin a creación dun Sistema de Alerta Temperá paraa Detección de Enfermidades Profesionais.

OS DEREITOS DOS TRABALLADORES/AS E A TARXETA PROFESIONAL DA CONSTRUCIÓN (TPC)

tigo 17.2 do ET) actuando como un muro que difi-cultaría extraordinariamente o acceso a traballarno sector da Construción a aqueles traballado-res/as que non fosen contratados no mesmo conanterioridade.

Así as cousas a finalmente obrigada adaptacióndesta regulación aos distintos fallos xudiciais, ob-rigou ao V Convenio Colectivo do sector da Cons-trución a regulamentar a Tarxeta Profesional daConstrución (TPC) como unha forma máis entre ou-tras posibles de acreditación da formación esixibleen materia de prevención de riscos laborais. Istoquere dicir que os traballadores/as teñen a obrigade acreditar a formación estipulada como obriga-toria no V Convenio, mais en ningún caso que esaformación teña que ser obtida a través da Funda-ción Laboral da Construción ou das entidades ho-mologadas por esta.

Tristemente seguen a ser moitas as ocasións nasque as empresas do Sector non admiten como vá-lida a formación en prevención de riscos laborais

que presentan os traballadores/as, cando esta a pe-sares de recoller os contidos estipulados polo VConvenio non está acreditada pola FLC ou as súasentidades homologadas. Nestes casos cumpre de-nunciar xudicialmente esta inadmisible vulneracióndo dereito ao traballo.

Esperamos que a partires de agora as iniciativas re-guladoras en materia preventiva a incluír nos vin-deiros Convenios Xerais do Sector da Construción,teñan por obxectivo exclusivo a preservación, amellora e o incremento dos dereitos laborais dostraballadores/as nesta materia, abandonando parasempre as tentacións de vulneración dos seus de-reitos, a través de prácticas detestables que bus-cando o beneficio económico propio e as posiciónsde monopolio sindical, supuxeron na práctica o in-cumprimento da legalidade vixente e o que é peora conculcación dunha mínima e lexitimamente esi-xible ética sindical e empresarial.

Page 4: SUMARIO Os dereitos dos OSDEREITOSDOS traballadores/as e a ... · I02 OPINIÓN Curiosamente,coidáronsetaméndeestablecerque aTPCapuideseemitirenexclusivaaFundaciónLa - boraldaConstrución(FLC

I 04 www.cigsaudelaboral.org

Héctor López de Castro Ruíz, Asesoría Xurídica Nacional da CIG

Unha nova sentenza declara «inadmisíbel» que o INSSpague produtividade por dar altas médicas

COLABORACIÓN - ANÁLISE XURÍDICO-NORMATIVA

No número 5 (maio de 2013) deste mesmoBoletín do Gabinete Técnico Confederal deSaúde Laboral dabamos conta da sentenza

de data 21 de marzo de 2013 (procedemento abre-viado 336/2011), do Xulgado Central do Conten-cioso-Administrativo núm. 2, que estimaba orecurso interposto pola CIG contra os obxectivos dexestión que servían de base para o cobro do com-plemento de produtividade do persoal do InstitutoSocial da Mariña (ISM).

Con argumentación semellante, pero moita maior re-levancia polo importe económico e número de per-soas afectadas, foi resolto o recurso interpostopola nosa central sindical contra os obxectivos es-tratéxicos do Instituto Nacional da Seguridade Social(INSS) para o ano 2011. Nesta ocasión, a sentenzafoi ditada polo Xulgado Central do Contencioso-Ad-ministrativo núm. 5 o día 24 de maio de 2013, no pro-cedemento abreviado 466/2011.

Era obxecto de impugnación neste procedemento undos elementos dos obxectivos estratéxicos do INSS,denominado «índice de adecuación da duración dosprocesos de incapacidade temporal», ao cal seasignaban catro puntos sobre o índice xeral de pro-dutividade, que se obtén mediante unha ecuación queten entre os seus valores o «total de altas médicaspor Inspección INSS» e o «total de incoacións de in-capacidade temporal de oficio».

Após rexeitar a excepción de inadmisibilidade do re-curso alegada tanto pola Avogacía do Estado comopolo Letrado da Administración da Seguridade So-cial, o Xulgado entra no fondo da cuestión, consi-derando que «resulta inadmisíbel que o índice xeralde produtividade fique determinado polas altas mé-dicas e pola iniciación de oficio do procedemento devaloración da incapacidade permanente, pois as de-cisións dos inspectores médicos das direccións pro-vinciais do INSS non poden condicionar a contía docomplemento de produtividade que lles correspon-da percibir como retribucións complementarias».

Asumindo os razoamentos da anterior resolución doXulgado Central núm. 2, a sentenza considera que«o inspector médico non pode ver condicionada a súa

actuación nas decisións que adopte sobre altas mé-dicas ou sobre a iniciación de oficio dos procede-mentos de declaración de incapacidade permanen-te, pois o único criterio que debe rexer a súa actuacióné o estado de saúde do traballador e, en íntima re-lación con el, a súa capacidade laboral».

Finalmente, o Xulgado rexeita a alegación da partedemandada de que as funcións do médico inspec-tor non poden ser asimiladas ás do médico asistencial.Razoa a sentenza que, en ambos os casos, a súa ac-tuación «debe rexerse tendo en conta o estado de sa-úde do doente, adoptando as súas decisións baixocriterios obxectivos e científicos, que porén resulta-rán afectados se se establecen determinados índi-ces cuantitativos, como acontece no presente caso,o que afectaría ao dereito á saúde, recoñecido no ar-tigo 43 da Constitución».

Como no anterior caso, a resolución xudicial co-mentada merécenos unha valoración moi positiva,tanto do punto de vista dos dereitos profesionais eeconómicos do persoal do INSS como da protecciónda saúde do conxunto dos traballadores/as. Nun mo-mento en que as campañas mediáticas de demo-nización das baixas por incapacidade temporalson cada vez máis tóxicas e virulentas, estas sen-tenzas poñen de manifesto como a Administraciónutiliza medios fraudulentos para a redución do gas-to en prestacións de Seguridade Social, colocandoen risco evidente a saúde laboral dos traballadores/asque está obrigada a protexer.

Nesta liña de actuación constituíuse recentemente a Unidade Central de SaúdeLaboral da Administración Sanitaria (UCSLAS) en base ao artigo 5º do RD1299/2006, comezándose asemade a traballar a través dunha Plataforma Téc-nica de Saúde Laboral constituída ao efecto para, entre outras cuestións:

• A elaboración dun Procedemento de Comunicación de Sospeita de En-fermidades Profesionais para os médicos de atención primaria que incúe:

- Unha listaxe de enfermidades profesionais propostas para incluir no procedemento.

- Deseño dun circuito de comunicación da sospeita de enfermidade profesional.

- Deseño do formato dos documentos de comunicación entre os diversos es-tamentos implicados.

• A elaboración dunha Guía de Actuación que incluirá a realización de cadrosdiagnósticos de sospeita de EEPP.

O soporte xurídico-administrativo para a construción de dito Sistema de AlertaTemprana para a Detección de EEPP, está dentro do Plan Estratéxico da Direc-ción Xeral de Innovación e Xestión en Saúde Pública (DXIXSP), así como no des-envolvemento das actuacións en saúde laboral derivadas da administraciónsanitaria, segundo se recolle no artigo 10 da Lei 31/1995, de 8 de novembro dePrevención de Riscos Laborais.

Aínda que é cedo para avaliar a vontade política real da Consellería de Sani-dade, maís aló do aforro económico do SERGAS (Servizo Galego de Saúde) quea bo seguro se producirá como consecuencia da derivación do gasto das EEPPás Mutuas, esperamos que o desenvolvemento efectivo e a posta en marchadeste Sistema experimente un impulso moito maior do que até de agora tivo enon se dilate no tempo.

Ao día de hoxe sabemos que o Síndrome do túnel carpiano, os Nódulos das cor-das vocais e a Neumoconiose serán as primeiras enfermedades profesionaisen incorporarse a este sistema de detección e comunicación de sospeita. Maisé necesario nun futuro próximo incorporar moitas outras posibles EEPP até com-pletar a totalidade do cadro, e facilitar asemade que podan aflorar e ser detec-tadas e identificadas, EEPP que aínda permanecen ocultas para o Sistema apesares de cursar con baixa laboral e estar caracterizadas pola súa lenta evo-lución e gravidade.

O NOVO SISTEMA GALEGO DE ALERTA TEMPERÁ PARA A DETECCIÓN DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS

Page 5: SUMARIO Os dereitos dos OSDEREITOSDOS traballadores/as e a ... · I02 OPINIÓN Curiosamente,coidáronsetaméndeestablecerque aTPCapuideseemitirenexclusivaaFundaciónLa - boraldaConstrución(FLC

05 Iwww.cigsaudelaboral.org

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

Incremento da idade de xubilación

OPINIÓN

Incremento da idade de xubilación, envellece-mento activo, sostibilidade do sistema de pen-sións, complementar a xubilación, prolongación

da vida activa… son temas que hoxe ocupan e pre-ocupan. Continuamente estamos a recibir informa-ción a través de diversos medios de comunicaciónque nos alertan sobre os cambios que, sen dúbida,nos afectarán nun futuro máis ou menos próximo,como traballadoras e traballadores que nos ache-gamos á idade de xubilación.

É certo que a mellora nas condicións de vida, ali-mentación, sanidade, etc., inciden directamenteno incremento da esperanza de vida; por termo me-dio vivimos máis anos e en mellores condicións psi-co-físicas que as xeracións precedentes. Este feitounido á caída da natalidade que ten lugar na socie-dade occidental, trae como consecuencia un im-portante envellecemento da poboación. Menos xen-te en idade de traballar, máis xente en idade de xu-bilación. Tan só era cuestión de tempo que os mar-cadores poboacionais visualizados polos gobernosliberais e de dereitas predominantes nunha boa par-te dos estados da U.E., conducisen á idea de ampliaro período das nosas vidas que adicamos ao traba-llo como a fórmula única e exclusiva para poder sus-tentar o actual sistema de pensións.

No Estado español a publicación do RD 5/2013 de15 de marzo, de medidas para favorecer a conti-nuidade da vida laboral dos traballadores/as de maioridade e promover o envellecemento activo, preten-de promover e impulsar o alongamento da vida la-boral, ampliando as posibilidades existentes ata o mo-mento de compatibilizar parte da pensión de xubi-lación e a actividade laboral por conta allea e por con-ta propia, é dicir o complemento dunha parte da pen-sión con traballo remunerado. Medidas similares áscontidas neste RD foron adoptadas en Alemaña noano 2003; os resultados contabilizados no ano2011 indican que 800.000 xubilados/as de máis de65 anos seguen a traballar, a maior parte deles porpura necesidade económica; de estos en torno ao15% supera xa os setenta e cinco anos.

En calquera caso e deixando a un lado o noso fron-tal rexeitamento ao incremento forzoso da idade dexubilación, o envellecemento adopta en cada persoaunhas características físicas e psicolóxicas propias,

que teñen que ver en grande medida coa xenética,pero tamén co estilo de vida e a saúde laboral man-tida durante os anos de traballo; esta última, a sa-úde laboral, deriva do tipo de actividades desenvol-vidas e das peculiaridades dos postos de traballo ocu-pados, incluíndo neste capítulo as medidas preven-tivas que foron adoptadas no seu momento enca-miñadas a preservar á saúde dos traballadores/as.

Por todos estes motivos, é imposible considerar comoun grupo homoxéneo ao conxunto dos que seremostraballadoras/es maiores. Así, dentro deste colecti-vo, atoparémonos con traballadoras/es que estarándispostos e de feito desexarán continuar cunha vidalaboral totalmente activa, outros que optarían porunha vida laboral semiactiva, que lles permita con-tinuar exercendo a súa profesión, pero a un ritmomenor, e outros que non estarán en condicións decontinuar, polas características propias das tarefasou polo seu estado físico ou psicolóxico, de seguira desenvolver as actividades laborais que viñan re-alizando. Así logo, o feito de alongar a idade de xu-bilación debería ser en calquera caso, unha de-cisión voluntaria do traballador/a, en función doseu estado psíquico e físico por unha banda e da súaintención de manterse en situación de activo/a den-tro do mercado laboral por outra, e non unha im-posición do sistema máis alá das posibilidades decada quen. Outro aspecto a considerar é a ade-cuación dos postos de traballo a esta casuística par-ticular. A existencia de multitude de actividades la-borais con diferentes requirimentos físicos e psi-colóxicos, non permite establecer un único meca-nismo de adaptación para os traballadores/asmaiores. Haberá casos nos que non se precisará nin-gún tipo de axuste no posto nin nas tarefas a des-envolver, pero noutros casos será absolutamente im-prescindible realizar axustes ou incluso cambio deposto. As empresas son as encargadas de adoptaras medidas que fagan compatibles as condicións detraballo coas capacidades e necesidades das tra-balladoras e traballadores maiores. En calquera caso,sempre será máis doado que se produzan adapta-cións en empresas grandes e que disponen de va-rios postos de traballo con requirimentos diferentes,que en pequenas e medianas empresas ou en aque-las que carecen de postos con requirimentos dife-rentes. Neste sentido e volvendo ao exemplo alemán,

o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais publicouun informe no mes de xaneiro de 2013 que inclúeunha valoración do grao de implementación de me-didas de adaptación nas empresas en relación coseu tamaño, sendo nas empresas con maior númerode traballadores onde esas medidas están máis xe-ralizadas; no caso das pemes a porcentaxe de em-presas que teñen medidas de adaptación cae en pi-cado. Como consecuencia, parece claro que as po-sibilidades de alongar a vida laboralmente activa, vandepender, sen dúbida ningunha, en gran medida dese no contorno laboral no que se desenvolve o/a tra-ballador/a existen oportunidades de ocupaciónaxeitadas. Como se compatibilizará o feito máis queseguro de ter que alongar o noso período efectivode traballo coa escasez de postos adaptados ás ca-racterísticas dos traballadores/as maiores?

Como tema para a reflexión, queda o tipo de actua-cións que as empresas deben implantar co gallo deaxeitar determinados postos de traballo, ou inclusoa obrigatoriedade para asmesmas de contar con plansde adaptación do posto de traballo. No plano lexis-lativo, sería convinte considerar a posibilidade de in-cluir unha modificación normativa que permitise a in-clusión dos traballadores/as maiores como traballa-dores/as especialmente sensibles, o que determinaríaa definición na avaliación de riscos das adecuaciónsoportunas en cada posto de traballo avaliado.

A imposición a ultranza do alongamento da idade dexubilación en definitiva, amén doutras consideraciónsde carácter social, político e sindical, vai supoñer nonsó unha nova creba dos dereitos laborais dos tra-balladores e traballadoras, senón que na práctica con-levará un notable incremento dos riscos laborais aosque se verán sometidos os traballadores/as demaior idade, que a pesares das súas naturais mer-mas e limitacións psico-físicas veranse obrigados aalongar a súa vida laboral en contornos de traballonon adaptados á súa situación.

Deixámosvos algúns datos da enquisa European Opinion Poll onOccupational Safety and Health realizada pola Axencia Europeapara a Seguridade e Saúde no Traballo entre os meses de novembrode 2012 e febreiro de 2013, en 31 estados europeos, na que seretrata a opinión que os traballadores/as europeos teñen en re-lación ao traballo despois dos 60. O 52% opina que aumentaráo número de traballadores/as maiores de 60 anos nas empresasno horizonte do 2020; aínda que as porcentaxes varían sensi-blemente dun estado a outro, de media só un 12% dos/as tra-balladores/as teñen conciencia de que existan políticas ou pro-gramas nos seus centros de traballo para facer máis doada paraos traballadores/as de máis idade a continuidade da súa vida la-boral despois da idade de xubilación; ao 64% dos traballadores/asmaiores de 55 gustaríalles que se introducisen, porcentaxe quedescende ata o 61% para os grupos de idade 35-54 anos e ao60% de 18-34 anos. O 35% dos enquisados/as opinan que os tra-balladores/as de máis idade estarán máis tempo fóra do traba-llo debido á enfermidades relacionadas ou non co traballo, e o28% que serán menos produtivos; en relación á accidentalidade,o 22% considera que terán máis accidentes no traballo; o 42%opina que sufrirán máis problemas derivados do estrés asocia-do ao posto e o 60% que terán máis dificultades para adaptarseaos cambios no traballo.

https://osha.europa.eu/en/safety-health-in-figures/eu-poll-press-kit-2013.pdf (en inglés).

Page 6: SUMARIO Os dereitos dos OSDEREITOSDOS traballadores/as e a ... · I02 OPINIÓN Curiosamente,coidáronsetaméndeestablecerque aTPCapuideseemitirenexclusivaaFundaciónLa - boraldaConstrución(FLC

I 06 www.cigsaudelaboral.org

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

A megaminaría: procesos, promesas, consecuencias

OPINIÓN

Dende antigo o home traballa para extraer daterra materiais que emprega para os máis di-versos usos. No contexto económico mundial

actual e atendendo a diferentes motivos (escaseza,esgotamento dos xacementos, conflitos, etc.), existeunha gran demanda de certos metais, ben polo seuemprego na industria electrónica e as súas aplica-cións, ben para especular no mercado económicointernacional. Un exemplo de valor especulativo é oouro, utilizado básicamente como respaldo do sis-tema monetario, que nos últimos tempos está aacadar unha elevada cotización no mercado inter-nacional, o que fai rendibles xacementos con con-centracións relativamente baixas de metal. De xeitosimilar, xacementos doutros metais como o cobre,prata, coltán, litio, terras raras, etc., estanse a con-verter en obxecto de desexo para as grandes mul-tinacionais de explotación de recursos naturais.

A maior parte dos metais atópanse na natureza com-binados con outros elementos, formandominerais me-tálicos. A obtención do metal comeza coa extraccióndo mineral, a través de dúas técnicas fundamental-mente: minas a ceo aberto ou subterráneas.

Nas minas a ceo aberto, os traballos realízanse nasuperficie do terreo.A parte técnica do procedementode explotación propiamente dito do xacemento,comeza coa limpeza do terreo e a súa posterior ex-cavación, empregando maquinaria pesada e explo-sivos. A finalidade é a extracción de grandes canti-dades de solo e subsolo que será procesado para aobtención do metal. Este proceso produce a des-trución da cuberta vexetal, a perda de ecosistemas,a modificación de concas fluviais e o desprazamentoda fauna; no caso de que no terreo exista un apro-veitamento anterior baseado na actividade agro-gandeira, este perderase por completo. Outros as-pectos como o ruído propio da actividade, a conta-minación ambiental debida ao po xerado e o impactovisual deben ser considerados.

Os materiais obtidos a raíz do proceso anterior, serántriturados e amoreados en espazos específicos cre-ados ao efecto, denominados balsas, na espera de sertratados mediante lixiviación, procedemento que per-mite separar o metal buscado do resto do mineral.Asbalsas son construídas en espazos de terreo nos quese procede ao baleirado e posterior impermeabiliza-ción con barreiras especiais para acoller este proce-so; as balsas contan con canais e pozas de conducióne retención das solucións líquidas destinadas ao tra-tamento do mineral. O proceso comeza co amorea-mento do material, continuando, por un tempo varia-ble que pode ser dende uns poucos días ata variosme-ses, co rociado uniforme do mineral con auga mes-

turada con produtos químicos, que varían en funcióndo metal que se desexe extraer (o cianuro, o antimo-nio, o níquel e o arsénico están entre os empregados).A solución química disolve as partículas de metal pre-sentes no mineral; esta mestura chega a través do fil-trado e dos canais construídos ao efecto, á planta derecuperación de metais, onde se procederá á sepa-ración do metal da solución. Para a separación em-préganse varios métodos, como precipitación con zincou a absorción con carbón activado.

Ademais da contaminación atmosférica e acústicaque adoita acompañar ao proceso de triturado de mi-neral, é preciso ter en consideración outros aspec-tos non menos importantes ligados á lixiviación: asgrandes cantidades de auga empregadas para levara cabo o proceso, a contaminación do aire por va-pores das substancias químicas empregadas, a con-taminación do chan e das augas debidas a filtraciónsnas balsas ou no sistema de condución, o tratamentodos residuos xerados (mineral e augas contamina-dos con produtos químicos, a destrución da paisa-xe ou incluso a probabilidade de rotura dunha bal-sa con efectos devastadores sobre o medio ambiente(no mundo rebentan por termomedio dúas balsas mi-neiras por ano).

A minaría a ceo aberto xera gran contestación en am-plos sectores da cidadanía das poboacións nas quepretende asentarse xa que, a cambio duns poucospostos de traballo para un pequeno período de tem-po, ocupa grandes extensións de terreo, inhabilitándoopara outros fins, incluso cando cesa a actividade mi-neira, produce un grande impacto ambiental e visual,utiliza compoñentes químicos sumamente nocivospara a vida como son o cianuro, o antimonio, o ní-quel ou o arsénico, xera unha gran cantidade de re-

Page 7: SUMARIO Os dereitos dos OSDEREITOSDOS traballadores/as e a ... · I02 OPINIÓN Curiosamente,coidáronsetaméndeestablecerque aTPCapuideseemitirenexclusivaaFundaciónLa - boraldaConstrución(FLC

siduos, sen esquecer os problemas de saúde que sederivan para as poboacións preto das que se des-envolven este tipo de actividades.

Os costes de produción da minería a ceo aberto sonmáis económicos, facendo rendibles xacementos cun-ha baixa porcentaxe de metal nos que non resultaeconomicamente viable a utilización doutros méto-dos como a explotación subterránea.

No caso concreto de Galiza, a industria mineira estáadicada fundamentalmente á explotación de recur-sos non metálicos, en concreto granito ornamental,feldespatos, lousa, cuarzo, caolín, arxila, etc., aíndaque nos últimos tempos a situación parece que estáa mudar. Vellas minas de recursos metálicos, comoo volframio, o estaño ou o ouro, xunto coa posibili-dade de explotación doutros metais moi codiciados,como o coltán, tantalio, as terras raras, espertan in-terese, como amosa o número de solicitudes de per-misos para prospección que se teñen formalizado nosúltimos anos. Proxectos como o da mina de ouro deCorcoesto, no que está previsto empregar cianuro paraa extracción do metal e no que se o proxecto pros-pera se producirán grandes cantidades de residuoscon altas concentracións de arsénico, a de terras ra-ras na Serra do Galiñeiro, a de coltán en Forcarei, ade andalucita no límite das Fragas do Eume, ou a deouro na Fonsagrada, por citar tan só algúns exemplos,están no punto de mira das multinacionais do sec-tor, do goberno e por suposto da cidadanía.

As promesas da chamada Gran Minaría, emprego ebenestar para as zonas onde se asenten, incumpri-

das sistemáticamente, non poden impedirnos ver arealidade que non é outra que o saqueo do territo-rio, a destrución dos ecosistemas e das capacida-des produtivas actuais e futuras, a contaminación daatmosfera, o chan e as augas, e as consecuenciaspara a saúde, sen esquecer o impacto paisaxísticoque provocará en espazos de beleza singular.

Mención aparte merece a fractura hidráulica, oufracking, xa que o produto final extraído por este pro-cedemento non é un mineral; trátase dunha técni-ca para extraer gas natural de xacementos non con-vencionais, explotando o gas acumulado nos porose fisuras de certas rochas sedimentarias estratificadasde gran fino ou moi fino, xeralmente arxilosas ou mar-gosas, cuxa pouca permeabilidade impide a migra-ción do metano a grandes bolsas de hidrocarburos.Para iso é necesario realizar centos de pozos ocu-pando amplas áreas (a separación entre eles roldaentre 0,6 a 2 km) e inxectar neles millóns de litros

de auga e area cargados cun cóctel químico e tóxi-co que posibilite a extracción do gas, ampliando asfracturas no substrato rochoso que pecha o gas e per-mitindo a súa saída. Entre os problemas medioam-bientais que conleva a utilización desta técnica po-demos citar o gran consumo de auga, a contami-nación das augas subterráneas, a contaminación at-mosférica, a emisión de gases de efecto invernadoiro(metano), terremotos (sismicidade inducida), conta-minación acústica e impactos paisaxísticos.

07 Iwww.cigsaudelaboral.org

MÁIS INFORMACIÓN

http://adega.info

http://www.adega.info/info/090121joomla/files/revista%2

0CERNA/CERNA_69.pdf

http://www.sghn.org/

http://greenpeace.org/

http://www.alertaminera.net

Osector da pedra natural, integrado polo granito, o mármore e a lousa,ten presenza en zonas do Estado moi definidas, nas que esta actividadeactúa en gran medida como motor económico. A calidade, cantidade e

variedade do produto teñen colocado á nosa industria da pedra como un dosmaiores produtores do mundo, facendo deste un sector cun alto grao de inter-nacionalización.

A competencia de novos países e a aparición de produtos moi competitivos, leva-ron ao sector da pedra natural, a partir dos anos 80, a importantes apostas poloinvestimento en I+D+i e pola evolución tecnolóxica; así se introduciron novos equi-pos emétodos de traballo que permitiron o aumento da produción; aomesmo tem-po esta industria, na que predominan as pequenas empresas de tipo familiar e queata o momento fora eminentemente extractiva, foi crecendo para pechar un círcu-lo que abrangue tamén os procesos de elaboración do material extraído, comer-cialización e incluso, nalgún caso, a súa colocación, posicionándose como poten-cia internacional do sector; desafortunadamente, esta evolución non foi parella á in-serción demedidas de prevención de riscos laborais que permitisen un correcto con-trol dos riscos para a saúde existentes no sector, máis ben todo o contrario.

O Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral, conta con dous traballos queabordan as características propias do sector, identificando riscos e propoñendomedidas preventivas en relación aos postos de traballo estudados.

Identificación de riscos laborais e guía de boas prácticas na extracción depedra natural comeza cunha descrición da situación preventiva no sector, fa-cendo un especial fincapé nas enfermidades respiratorias de orixe profesional

por inhalación de po. Non podemos esquecer que a exposición a sílice cristali-na, considerada substancia canceríxena, é frecuente nos traballos de extracciónde pedra natural, e que a silicose, consecuencia desta exposición sen a adop-ción das correspondentes medidas preventivas, está considerada como enfer-midade profesional dende o ano 2006.

A continuación, realízase un percorrido polos procesos de traballo na explota-ción das canteiras de extracción de pedra natural, para continuar coa descricióndos postos de traballo comúns a todos os tipos de explotacións.

Unha vez situados no sector, chega o momento de coñecer e cuantificar os ris-cos aos que están expostos traballadores e traballadoras en calquera posto, tra-tando con máis detalle aqueles que consideramos de especial relevancia: o tra-ballo en ambientes poeirentos, o ruído, as vibracións, as lesións músculo-es-queléticas e o medio ambiente térmico no que se desenvolve a actividade. Nobloque informativo seguinte, denominado Boas prácticas, desenvólvense unhaserie de propostas en relación ás medidas preventivas que sería preciso adop-tar segundo os riscos específicos considerados anteriormente e outros aspec-tos da actividade preventiva, como son a formación en materia de prl e a xes-tión preventiva dentro das empresas.

Sen dúbida o apartado co que nos sentimos máis satisfeitos é o que contén asPropostas CIG para a mellora das condicións de traballo no sector; aquí revísansediversos aspectos como o acceso ao traballo, a xornada laboral, a vixilancia dasaúde, a existencia de postos compatibles para traballadores/as doentes ou anegociación colectiva como ferramenta preventiva.

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

Identificación de riscos laborais e guía de boas prácticasna extracción e na elaboración de pedra natural

PUBLICACIÓNS

A MEGAMINARÍA: PROCESOS, PROMESAS, CONSECUENCIAS

Page 8: SUMARIO Os dereitos dos OSDEREITOSDOS traballadores/as e a ... · I02 OPINIÓN Curiosamente,coidáronsetaméndeestablecerque aTPCapuideseemitirenexclusivaaFundaciónLa - boraldaConstrución(FLC

Como información adicional, inclúense unha guía práctica de actuación ante osriscos laborais e as enfermidades profesionais, un glosario terminolóxico e os ane-xos normativo e bibliográfico.

Identificación de riscos laborais e guía de boas prácticas na elaboraciónda pedra naturalmantén unha estrutura similar, comezando coa descrición dosector de transformación de pedra natural e dimensionando as enfermidades pro-fesionais propias desta industria.

Realízase un percorrido polos métodos de traballo do proceso de elaboración di-ferenciando entre a extracción (tratada na guía anterior), a primeira transformaciónou dimensionado (corta de bloques para a obtención de taboleiros, ou bloquesde menor tamaño) e a segunda transformación ou acabado.A continuación, a des-crición dos diferentes postos de traballo, comezando polos que son comúns atódolos tipos de pedra e rematando cos específicos de mármore e granito porunha banda e lousa por outra.

No bloque seguinte, identifícanse os riscos asociados ao desenvolvemento des-ta actividade, tratando con especial atención os derivados dos ambientes poei-rentos, o ruído, as vibracións, os TME e a exposición a contaminantes químicos;en capítulo aparte, trátanse os riscos asociados ao traballo con cuarzo aglome-rado, material que non se presenta como tal de forma natural, pero si resulta datransformación de pedra natural. No apartado de Boas prácticas desenvólven-se medidas preventivas en relación aos riscos expostos no capítulo anterior.

A sección denominada Análises e Propostas CIG, repasa a situación dos traba-lladores e traballadoras do sector en relación a diversos aspectos como a xor-nada laboral, as limitacións para o traballo no sector, a participación dos traba-

lladores/as na prevención e a seguridade laboral ou a falta dunha historia clíni-ca que conteña toda a vida laboral e que poida contribuír a unha vixilancia dasaúde máis eficaz; así mesmo, inclúense propostas de actuación como a inten-sificación da labor inspectora, a realización de estudos médico-técnicos nos cen-tros de traballo e estudos epidemiolóxicos entre a poboación traballadora ou apromoción de servizos de prevención mancomunados.

Aínda que tradicionalmente esta actividade foi desenvolvida por homes, hoxe apresenza da muller comeza a ser significativa; no sector da lousa sitúase en tor-no ao 30%, sendo menor a súa integración no caso do mármore e do granito.O capítulo adicado á muller na industria da pedra natural, repasa a importanciada prevención de riscos laborais en situacións de embarazo e lactación entreoutros aspectos.

A Guía práctica de actuación para traballadores e traballadoras ante as enfer-midades profesionais, e os anexos de lexislación relacionada, terminolóxico e bi-bliográfico, pechan este volume.

Estas publicacións foron financiadas pola Fundación para la Prevención de RiesgosLaborales (D-277/2007, DI-438/2008).

Secretaría Confederal de Negociación Colectivae Saúde LaboralRúa Gregorio Espiño, 47 Entrechán36205 VigoTlf: 986 262 679 - Fax: 986 262 781

Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralFerrolRúa Eduardo Pondal, 41/43 Entrechán15403 FerrolTlf: 981 359 449 - Fax: 981 359 [email protected]

www.cigsaudelaboral.org

Dep.Legal:C428-2012

Edita: Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

CO FINANCIAMENTO DE

DI-0001/2012

IDENTIFICACIÓN DE RISCOS LABORAIS E GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS NA EXTRACCIÓN E NA ELABORACIÓN DE PEDRA NATURAL

MÁIS INFORMACIÓN• Descarga as publicacións na web http://www.cigsaudelaboral.org no seu apartadoPublicacións ou a través das ligazóns:http://www.cigsaudelaboral.org/novas/10-3-2011/identificaci-n-de-riscos-laborais-e-gu-a-de-boas-pr-cticas-na-extracci-n-de-pedra-na

http://www.cigsaudelaboral.org/novas/10-3-2011/identificaci-n-de-riscos-laborais-e-gu-a-de-boas-pr-cticas-na-elaboraci-n-de-pedra-n