unha mirada á contorna
TRANSCRIPT
![Page 1: Unha mirada á contorna](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051101/58ecd77d1a28ab877f8b46db/html5/thumbnails/1.jpg)
O MILLO DE DON MANUEL
![Page 2: Unha mirada á contorna](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051101/58ecd77d1a28ab877f8b46db/html5/thumbnails/2.jpg)
O venres día 6 de Novembro pola tarde os nenos/as de 2º e 3º de primaria do colexio CEIP Ponte do Porto fixemos unha pequena excursión. Como este ano estamos
traballando a temática do millo vamos visitar a Don Manuel, un agricultor da nosa zona, que ten moitas leiras de millo.
Cando saímos da escola para visitar a Don Manuel, fixemos un percorrido de 20 minutos, no cal puidemos ver moitas cousas da nosa contorna; grandes cabazos, leiras
de millo, o antigo campanario, o cementerio vello, moitas hortas, casas antigas de pedra, edificios novos... E moitas cousas máis!
![Page 3: Unha mirada á contorna](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051101/58ecd77d1a28ab877f8b46db/html5/thumbnails/3.jpg)
Cando chegamos a leira de Don Manuel, estaba moi contento de ter visita. Contounos moitas cousas acerca do millo; Cando se plantaba e cando se recollía, que tipos de millo había, para que servía...e moitas anécdotas da súa época sobre a recollida do millo. Despois de atender as explicacións deixounos escunchar un anaco da leira.
Recollemos as espigas para os caldeiros para levalas na carretilla ó cabazo.
De lado do cabazo tamén había fabas a secar, para despois gardar.
![Page 4: Unha mirada á contorna](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051101/58ecd77d1a28ab877f8b46db/html5/thumbnails/4.jpg)
Ó chegar o cabazo coa carretilla chea, quedamos asombrados porque parecíanos un cabazo pequeno pero cabía moitísimo millo. Don Manuel díxonos que antes non había luz eléctrica e tiñan que escunchar á luz da lúa, para acabar de facer o traballo. Tamén nos pareceu interesante saber que un millo era para darlle de comer ós animais e outro para facer comidas.
Finalmente, vimos un escunchador e un muíño eléctrico que tiña de lado do cabazo, nunha casiña de pedra, o cal nós deixou ver como funcionaba. Para rematar sacamos unha foto en grupo e demos as gracias por todo o que nos ensinou.
Pasámolo Xenial!!!!!!!!!!!!!