xornadas tic

3
Ferramentas TIC e M ultimedia nas A ulas, unha visión práctica O 1 de decembro celebraronse no Pazo da Cultura en Pontevedra as Xornadas Ferramentas TIC e Multimedia nas Aulas, estas Xornadas estaban inmersas na Feira das Industrias Culturais CULTURGAL que se desenvolveu durante toda a fin de semana. Nas Xornadas tiven o pracer de coñecer a Manuel Area Moreira , nado en Pontevedra e profesor na Universidade da Laguna dende 1982. Escoitei a súa ponencia con interese, dicía que é moito máis importante centrarse no cambio de pedagoxía que na tecnoloxía en si mesma, de feito o Moodle en mans de moitos profesores pasa a ser unicamente unha ferramenta para fabricar apuntes. Falou tamén da morte dos libros de texto, afirmación que estou certa, doulle a máis dun un lixeiro comezón. A medida que o escoitaba parecíame que xa o coñecía de algo, e por fin caín na conta de que o seguía en twitter e en Google+, aproveitei o descanso para desvirtualizarme e falar con el. Diante dun café, unhas pastas e en compañía de Luz Castro a que tamén coñecía por twitter falamos de novo das TIC e de como deixou Galicia alá polo ano 1982 ao rematar Filosofía en Compostela. Manuel fixo unha analoxía entre a introdución das TICs no ensino e o libro impreso nas universidades. Dende que se instalou a primeira imprenta en España, en Segovia alá polo ano 1472 pasaron varios séculos ata que as universidades os admitiron como unha ferramente común de estudo. Unha das causas era que os estudantes estaban obrigados a coller os apuntes do profesor e que só había unhas poucas copias revisadas por el, feitas a man e autorizadas para poder ser alugadas polos estudantes. Nas bibliotecas antes da invención da imprenta, habia libros encadeados aos pupitres que non se podían levar a casa, caramba!, como me lembra esto aos ordenadores do proxecto ABALAR!, nos séculos XVI e XVII a censura era tremenda, en 1502 1/ 3

Upload: mar-san

Post on 27-Mar-2016

246 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Xornadas TIC para docentes desenvolvidas no Pazo da Cultura en Pontevedra o 1 de decembro de 2012

TRANSCRIPT

Page 1: Xornadas TIC

Ferramentas TIC e M ultimedia nas A ulas, unha visión práctica

O 1 de decembro celebraronse no Pazo da Cultura en Pontevedra as Xornadas

Ferramentas TIC e Multimedia nas Aulas, estas Xornadas estaban inmersas na Feira das

Industrias Culturais CULTURGAL que se desenvolveu durante toda a fin de semana.

Nas Xornadas tiven o pracer de coñecer a Manuel Area Moreira, nado en Pontevedra e

profesor na Universidade da Laguna dende 1982. Escoitei a súa ponencia con interese,

dicía que é moito máis

importante centrarse no

cambio de pedagoxía que

na tecnoloxía en si

mesma, de feito o Moodle

en mans de moitos

profesores pasa a ser

unicamente unha

ferramenta para fabricar

apuntes. Falou tamén da

morte dos libros de texto,

afirmación que estou

certa, doulle a máis dun

un lixeiro comezón. A

medida que o escoitaba parecíame que xa o coñecía de algo, e por fin caín na conta de

que o seguía en twitter e en Google+, aproveitei o descanso para desvirtualizarme e falar

con el. Diante dun café, unhas pastas e en compañía de Luz Castro a que tamén coñecía

por twitter falamos de novo das TIC e de como deixou Galicia alá polo ano 1982 ao rematar

Filosofía en Compostela. Manuel fixo unha analoxía entre a introdución das TICs no ensino

e o libro impreso nas universidades. Dende que se instalou a primeira imprenta en España,

en Segovia alá polo ano 1472 pasaron varios séculos ata que as universidades os

admitiron como unha ferramente común de estudo. Unha das causas era que os

estudantes estaban obrigados a coller os apuntes do profesor e que só había unhas

poucas copias revisadas por el, feitas a man e autorizadas para poder ser alugadas polos

estudantes. Nas bibliotecas antes da invención da imprenta, habia libros encadeados aos

pupitres que non se podían levar a casa, caramba!, como me lembra esto aos ordenadores

do proxecto ABALAR!, nos séculos XVI e XVII a censura era tremenda, en 1502

1/ 3

Page 2: Xornadas TIC

Ferramentas TIC e M ultimedia nas A ulas, unha visión práctica

establécese a obriga de someter os libros a censura civil e eclesiástica, aparecen listas de

libros prohibidos. No reinado de Felipe II prohíbese a venda de libros censurados baixo

pena de morte, as obras prohibidas queimábanse na fogueira. Estas regras non se relaxan

ata o século XVIII cos reinados de Fernando VI e Carlos III, no que se permite ao autor dun

libro impreso expoñer persoalmente a súa opinión ante o tribunal que o tivese censurado e

só se podían censurar libros relixiosos.

Outra ponencia que me gustou foi a de Manuel González do IES Concepción Arenal en

Ferrol, decía, temos un sistema educativo do século XIX, nós somos do século XX e, o

alumnado é do

século XXI. Na

páxina web do seu

centro hai recollidas

máis de 200 videos

dirixidos polos seus

alumnos do curso

pasado, cada un

deles facía 8 ou 9

videos por curso,

semella que tan

inmensa producción

debería repercutir

negativamente na

calidade dos filmes, non obstante, Manuel sinalaba que o importante é o proceso non o

“aposto porque as pelis que fan os alumnos sexan imperfectas, iso fainas interesantes”.

Manuel tamén coordina o canle de youtube C liphistoria “canle de recursos audiovisuais

para o ensino da Historia de España a través de clips de filmes e ao tempo unha

reivindicación do cinema español e latinoamericano”

Xa polo serán pareceume interesante achegarmos ao ensino dende o mundo dos

videoxogos con imaxin. Aínda queda moito por percorrer ata que dispoñamos da

diversidade necesaria de videoxogos educativos para poder levalos a aula de forma

2/ 3

Page 3: Xornadas TIC

Ferramentas TIC e M ultimedia nas A ulas, unha visión práctica

normalizada, pero estou certa que é unha das posibles futuras vias no ensino. A posta en

escea do obradoiro foi a simulación dun concurso televisivo, nós formabamos parte do

público e tamén dos participantes fixemos así un paseo virtual dende as orixes dos

videoxogos con Atari nos anos 70 ata os nosos dias.

E por último Tati Mancebo mostrounos un amplo abano de aplicacións disponibles para que

os docentes podamos facer uso delas.

3/ 3