15 novembro 2012 - bd nº66

24
Número: 66- Ano: IV - 16 de novembro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 30 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. FÚTBOL SALA Páx.8-9 Felipe Iglesias participará no Mundial de jiu jitsu Alejandro Fernández, favorito na San Martiño Cidade - Ponte. Sábado 17 de novembro ás 17 horas no Remedios Todo listo para a 36ª Carreira do San Martiño O CD Ourense recibe ao Marino o domingo 18 a partir das 11.45 horas no Couto [páx. 19] CDO Páx.3 Alfonso Vilachá, o novo concelleiro de Deportes [páx. 12] [páx. 11]

Upload: barrios-deportivo

Post on 10-Mar-2016

245 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Como non podia ser doutro xeito, o mes de novembro é o mes da San Martiño. O tema central deste número é esta proba que conta cun récord de inscritos: 8.948. Ademáis falamos con Alejandro Fernández, un dos favoritos para facerse coa vitoria desta 36ª edición.Entrevistamos a Alfonso Vilachá, novo concelleiro de deportes do concello de Ourense, quen nos fala dos seus plans para o Consello Municipal de Deportes e o deporte ourensán.

TRANSCRIPT

Page 1: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

Número: 66- Ano: IV - 16 de novembro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 30 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

FÚTBOL SALA Páx.8-9

Felipe Iglesias participará no

Mundial de jiu jitsu

Alejandro Fernández, favorito na San Martiño

Cidade - Ponte. Sábado 17 de novembro ás 17 horas no Remedios

Todo listo para a 36ª Carreira do San Martiño

O CD Ourense recibe ao Marino o domingo 18 a partir das 11.45 horas no Couto

[páx. 19]

CDO Páx.3

Alfonso Vilachá, o novo concelleiro

de Deportes

[páx. 12]

[páx. 11]

Page 2: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

� BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

DÍA DA BICI

Sobre unha hora tardaron en completar os 10 quilómetros os preto de 4.000 participantes

Miles de ciclistas de todas as idades saíron ás rúas ourensás para participar na 28ª edición Día da Bici.

4 Axenda deportivaAtletismo

- Día 18 de novembro. 36 Carreira Pedestre Popular do San Martiño. 11.00h. carreira adultos. 1�.30h. carrei-ra escolar.

Fútbol- Día 18 de novembro. O Couto -17.00h.- CD Ourense - CD Marino. �ªB- Día 18 de novembro. Os Carrís. UD Barbadás - Ber-gantiños. 3ª División.- Día 18 de novembro. Oira (Ourense). Ponte Ourense - Pontellas. Rexional Preferente.- Día 18 de novembro. O Barco. CD Barco - Estraden-se. Rexional Preferente.- Día 18 de novembro. José Arjiz (Verín). CD Verín - portonovo. Rexional Preferente.- Día �5 de novembro. Estadio Miguel Anxo (Os Re-medios) Pabellón Ourense - Celta. División de Honra Xuvenil.- Día �5 de novembro. O Carballiño. Arenteiro - Verín. Rexional Preferente.Baloncesto- Día 16 de novembro. Paco Paz -�1.00h.- COB - LOBE Huesca. Liga LEB Ouro.- Día �4 de novembro. Os Remedios -�0.00h.- Pabellón Ourense Baloncesto - Arxil. Liga Feminina �.- Día 30 de novembro. Os Remedios -�1.00h.- COB - Lucentum Alicante. Liga LEB Ouro.- Día �5 de novembro. Os Remedios -1�.00h.- Ourense Capital Termal - Marín Peixegalego. Liga EBA.Fútbol sala feminino- Día 17 de novembro. Os Remedios -17.00h.- Cidade As Burgas - Ponte Ourense. 1ª División Fútbol Sala.- Día �4 de novembro. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Ciudad de Alcorcón.

Andaina- Día �4 de novembro. Nogueira de Ramuín -09.45 ho-ras-. Andaina Caneando Maquinos.- Día �5 de novembro. Baños de Molgas -10.00 horas-. II Andaina Solidaria Concello Baños de Molgas -Quero recordar-.

Hoquei Herba- Día 18 de outubro. Mariñamansa -13.00 horas-. Após-tol Ourense - Benalmádena. División de Honra B.- Día �5 de novembro. Mariñamansa -11.00 horas-. Cal-daria Barrocás - Atletic Terrasa. División de Honra A.Tiro- Día �5 de novembro - Club Eiroás - 5ª Copa Cidade das Burgas.- Días 1 e � de decembro - Eiroás - Cto. de pistola.Balonmán- Día 18 de novembro - Os Remedios. Balonmán Pabe-llón - Camariñas. Primeira Autonómica.- Día 18 de novembro - Os Remedios. Pabellón Indo-mogal Ourense - Camariñás.

R.T.

Máis de 4.000 ciclistas participaron na �8ª edi-ción do Día da Bici cele-brado o pasado domingo, 4 de novembro. Este ano tivo que retrasarse ata o mes de outubro polas consabidas desavenencias co Concello de Ourense. A pesar de non ser a data idónea, os ciclistas non fallaron á cita, e familias enteiras participaron nesta �8ª edición.

Foi dar o pistoletazo de saída e comezar a chover.

Nin a choiva os para4 Máis de 4.000 participantes no 28º Día da Bici de Ourense.

Pero como soamente unha vez ao ano pódese circular en bicicleta polas rúas de Ourense sen que ningún coche moleste moitos foron os que non quixeron pasar a oportunidade.

Con saída e chegada na Alameda, este ano en pouco menos dunha hora comple-touse o percorrido duns 10 quilómetros de distancia. Este ano, a diferenza do an-terior, non houbo problemas ao finalizar a proba. Na pa-sada edición tívose que fi-nalizar a proba bruscamen-te. Non houbo os típicos

sorteos debido a que non deixaron pasar aos partici-pantes ao xardín do Posío, lugar onde finalizaba a pro-ba; outra actividade orga-nizada polo Concello facía inviable a entrada de tantos ciclistas. Un incidente que unha proba coma esta, na que participan familias en-teiras, non se merece.

SatisfeitosDesde a organización

están satisfeitos por como se desenvolveu este día da bici, considerándoa unha das mellores edicións das

�8 realizadas. De todos os xeitos, esperan regresar o ano que vén a súa data ha-bitual (segunda ou tercei-ra semana de setembro), por ser a máis idónea ao coincidir coa semana da mobilidade en toda a zona Euro.

Redacción

O Concello de Mace-da, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza a 5ª andaina con-tra a violencia de xénero,

O Concello de Maceda organiza unha andaina solidaria4 Será o 24 de novembro.

que terá lugar o sábado �4 de novembro. Antes da andaina, ás 16 horas, cele-brarase no Salón de Plenos do Concello un acto para conmemorar o Día Inter-nacional contra a Violencia

de Xénero, para deseguido comezar a andadura polo paseo fluvial, rematando na praza das Toldas.

InscriciónsA inscrición é gratuíta e

pode facerse no Centro de Información ás Mulleres ou na oficina de Servizos Sociais (tlfs. 988 463 554 e 988 463 761) de luns a ven-res entre as 8:30 e as 15:00 horas. O prazo de inscrición remata o 16 de novembro.

O prazo de inscrición remata o 16 de novembro

Page 3: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

3CD OURENSE

O vindeiro domingo 18 de novembro, CD Ourense recibe no Couto, ás 11:45 horas, ao Marino de Tenerife

CDO empatou a 2 contra o Salamanca, xogando como visitante

R. Torres

O CD Ourense está a rea-lizar un gran primeiro tercio de competición ofrecendo a mellor versión en anos do cadro “rojillo”. Con 15 pun-tos sitúase na metade da tá-boa (10ª posición), a seis da promoción de ascenso (Real Oviedo cuarto con �1 pun-tos) e a dous da de ascenso (Guijuelo con 13 puntos).

O certo é que o Ouren-se está a mostrar unha boa imaxe alá por onde vai. So-bre todo cando se enfronta aos, a priori, favoritos deste grupo primeiro da �ªB. Con-tra o Oviedo xa demostra-ron os de Luisito que non se amilanan ante ningún rival, e empataran a un gol. E o mesmo ocorreu nesta

O Ourense ofrece a súa mellor versión4 Os “rojillos” puntuaron onde ninguén antes o fixo nesta tempada, no Helmántico.

xornada, a número 1�, no campo do Salamanca. Os casteláns marchaban nos primeiros postos da liga e, ademais, contaban todos os seus partidos no Helmántico por vitorias. Ata que chegou o Ourense.

Salamanca - OurenseOs ourensáns chegaban

a esta cita coas baixas de Capi, Yebra e Noguerol, polo que o once titular su-friu unha variación ostensi-ble con respecto ás xornadas previas. A pesar deste con-tratempo, Luisito advertía antes do encontro que ían ir a Salamanca a polo partido, seguindo fieis ao seu estilo. Pillado, Adil e Padrón su-plían as tres baixas con nota realizando un gran encontro, como bo complemento aos seus compañeiros.

O primeiro en golpear en terras salmantinas foi Jona, de cabeza bateu ao meta rival, era o 0-1. Pero a le-dicia duraríalle ben pouco ao Ourense, e sete minutos

máis tarde, os locais de-volvían as táboas ao mar-cador. Así chegaríase ao descanso.

Na reanudación, os de Luisito buscaron con in-sistencia a portaría rival. Foi a dez para o final can-do os locais adiantarían-se no luminoso co � a 1. Noutra época, este maza-zo suporía a baixada de brazos dos “rojillos”, pero co adestrador santiagués no banco isto non sucede en ningún dos encontros que disputa o CDO. Así, con dez minutos máis o desconto por disputar, os ourensáns foron a por un gol que lle dera o empate. E tanto empuxe tivo a súa recompensa no tempo engadido, sendo Jona o que introduciría de novo o coiro na meta rival. �-� e reparto xusto de puntos no

Helmántico. O Ourense é, así, o primeiro equipo que consegue puntuar nese campo no que levamos de liga.

Jona bigoleadorO dianteiro ourensanis-

ta Jonathan Mejía Ruíz “Jona” está nun momento doce de cara ao gol. Con nove tantos é, xunto a Ari-dane (dianteiro do Teneri-fe), o máximo realizador do grupo primeiro da Se-gunda División B, e o que mellor promedio goleador ten de todos os grupos desta categoría. Nas dúas últimas xornadas (contra o Alcalá e o Salamanca) marcou por par-tida dobre.

En xogada, indistintamen-te cos dous pés, de penalti, e sobre todo de cabeza son os rexis-tros que ten o dianteiro para marcar. Cos seus 183 centímetros, Jona é un perigo constante para as defensas rivais, vendo no andaluz a un experto rematador de cabeza. Cada balón centrado á área rival polos seus compañeiros convér-tese en ocasión, con máis perigo se chega por alto. Jona leva nove goles, tan só tres por debaixo da súa marca na tempada p a s a d a c o

Zamora. A estas alturas de campaña, levaba catro goles. Se os seus rexis-tros continúan nesta liña, a �01�-�013 será a tem-pada de Jona. Dos novos da plantilla foi o último en chegar e o primeiro en acoplarse; sen ser titular nos primeiros encontros, pouco a pouco, fíxose coa confianza do adestrador e agora é o referente na dianteira “rojilla”.

Ourense - MarinoO Ourense recibe ao

M a r i n o e s t e d o -mingo 18 de

novembro a partir das 11.45 horas. O conxunto ourensán ten unha boa ocasión de alonxar un pouco máis os seus rivais directos na loi-ta polo permanencia.

Mentres que o Ourense é décimo con 15 puntos, o Marino marcha 19º con

oito, polo que os tinerfe-ños consideran vital pun-tuar contra os equipos co mesmo obxectivo que eles (manterse na categoría), e consideran ao CDO como un equipo da “súa liga”.

Así, o máis probable é que o Marino chegue ao Couto coa intención de esperar na procura dunha contra cara a meta defen-dida por Pato, para lograr sacar algo positivo en te-rras ourensás.

MagostoTralo partido haberá

un magosto para os afec-cionados. O menú será chourizos e criollos á gre-lla, castañas, sobremesa, pan, viño, cervexa, refres-cos, café. O prezo deste será de 3 euros e terá que sacarse dita entrada antes das 13 horas do sábado día

17 de novembro.Os prezos das

e n t r a d a s para o

e n -contro serán de 5 euros no fondo, 9 en preferencia e 1� en tribuna.

San MartiñoAsí mesmo, os

p a r t i c i -p a n -

tes na ca-rreira de San

Martiño que desexen asistir ao partido do es-tadio do Couto terán un desconto do 50% sempre e cando presenten no des-pacho de entradas o seu número da carreira, é di-cir o precio será de �,50, 4,50 e 6 euros para fondo, preferencia e tribuna, res-

Page 4: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

4 BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01� FÚTBOL

R.T.

O Barbadás está, tras 1� xornadas disputadas, no posto 14º da clasificación con 15 puntos. En cuar-ta posición encóntrase o Compostela con �0 puntos, cinco por enriba dos ouren-sáns; nos postos 17º, 18º e 19º están o Bergantiños, Dorneda e Céltiga, os tres con 10 puntos, cinco por debaixo do Barbadás. En zona tranquila, a pesar de que na clasificación ocupa un posto baixo, pero sen apuros a estas alturas de campionato.

Na última xornada, o conxunto que xoga como local nos Carrís colleitou un empate co Somozas, un dos equipos revelación desta Ter-ceira División. No primeiro cuarto de hora de partido o

A cinco puntos4 O Barbadás está a cinco puntos do descenso e a cinco da promoción de ascenso.

marcador xa reflectía o un a un que sería definitivo. Primeiro os visitantes ba-tirían a portaría defendida por Berto, e cinco minu-tos máis tarde, Luis Gon-zález facía o empate tras un penalti cometido sobre Martín Pérez. A partir de aí o Somozas contaría coas ocasións máis claras, pero o marcador permanecería inamovible.

Vindeira xornadaA UD Barbadás xoga

por segunda xornada con-secutiva nos Carrís. Nes-ta ocasión enfróntase ao Bergantiños que marcha na clasificación décimo sétimo con 10 puntos. Unha vitoria dos de Jorge Regal alonxaría o equipo ourensán un pouco máis dos postos de abaixo.

A UD Barbadás esta na zona tranquila da clasificación de Terceira División. /RAMSÉS

R.T.

O CD Barco vén de en-caixar unha sonora derrota na casa do Pontellas. 3-0 foi o resultado que fai que o equipo barquense ceda o liderato do grupo ante o conxunto de Ponteareas, o Cultural de Areas. Agora a clasificación marcha cos ourensáns a tres puntos dos pontevedreses (�4 por �7 respectivamente).

O seguinte equipo ourensán na clasificación

O Barco cede o liderato da Preferente Sur4 Tras perder contra o Pon-tellas.

é o Verín. Noveno con 17 puntos colleitou un empate na Estrada contra o Estra-dense (0-0). Os outros dous conxuntos da provincia es-tán en zona de descenso. O Arenteiro é decimo sétimo con oito puntos despois da derrota sufrida en casa con-tra o líder, Cultural Areas (0-4); mentres que para o Ponte o empate a dous en Oira fronte o Sanxenxo non lle permite saír da última posición do grupo con tres puntos.

Vindeira xornadaPara o domingo 18 de no-

vembro, data na que se dis-puta a xornada número 13, o Ponte Ourense recibe en Oira ao Pontellas (verdugo do Barco a pasada xornada);

o Barco recibe ao Estraden-se, en busca do regreso á senda das vitorias; o Verín recibe ao Portonovo na loi-ta pola sétima posición, e o Arenteiro visita o campo de Santa Mariña en Redondela para xogar contra o Choco.

Redacción

O Pabellón Xuvenil de División de Honra mar-cha na terceira posición da clasificación. O equipo di-rixido por Cándido Gómez marcha con �3 puntos, a cinco do segundo clasifica-do (Deportivo da Coruña) e a oito do primeiro (Cel-ta de Vigo). Se miramos cara atrás na clasificación, os pavillonistas están con cinco puntos máis que os seus inmediatos persegui-dores (Gimnástica, Rá-cing e Laredo). O empate contra o Veriña trastocou a boa marcha dos de Gómez na liga. Un empate a un, e grazas, contra un conxun-

O Pabellón marcha terceiro4 Empata contra prognóstico en casa ante o Veriña.

to, o asturiano, que marcha penúltimo na clasificación e que chegou ao estadio Miguel Anxo na procura de sacar algo positivo. O em-pate, xusto, non colma aos ourensáns e satisfai aos as-turianos.

RocesPara a próxima xornada, o

Pabellón xoga contra outro equipo de Asturias; nesta ocasión visita ao Roces. O Roces vai undécimo con 10 puntos. Os tres puntos son necesarios para que os ourensáns sigan loitando por entrar nos postos que dan acceso á disputa da Copa do Rei, que agora ocupan Celta e Depor.

Partido entre o Verín CF e o Pontellas.

O Pabellón non puido pasar do empate fronte o Veriña no estadio Miguel Anxo. /RAMSÉS

Page 5: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

5COB

O COB recibe o venres 16 no Paco Paz ás 21 horas ao Lobe Huesca

R. Torres

Non é unha final pero case. O Club Ourense Ba-loncesto recibe ao Lobe Huesca este venres 16 de novembro (�1 horas, Paco Paz) coa necesidade de su-mar a súa primeira vitoria da tempada. Seis derrotas noutros tantos encontros

Reválida para Club Ourense Baloncesto4 Aínda que queda liga, perder contra o Huesca suporíalle unha importante ferida ao COB, que busca a súa primeira vitoria da tempada.

é unha bagaxe que nin os máis pesimistas esperaban neste arranque ligueiro.

Os de Rafa Sanz deixa-ron momentos de bo ba-loncesto, poucos pero al-gún houbo (sobre todo nos inicios de cada encontro), con instantes para olvidar (recórdese o seu último encontro en casa, no que

R.T.

É o primeiro paso, pero CD Ourense e Club Ouren-se Baloncesto firmaron un convenio de colaboración para aunar esforzos e sumar sinerxias.

Este primeiro paso (que terá continuidade máis adiante con outras inicia-tivas) ten tres puntos de colaboración. Os socios de

Un pequeno paso4 O Club Ourense Baloncesto e CD Ourense firman un convenio para aunar esforzos.

cada club terán un desconto dun �0% nas entradas dos partidos do outro equipo (os socios do COB terán un �0% de desconto nas entra-das para o CDO, e vicever-sa). Os pntos do convenio anunciarase por megafonía tanto no Pazo Paco Paz como no estadio do Couto. Nas webs dos dous clubs haberá un enlace da outra, mencionando ao outro club

nas redes sociais. Organiza-ranse eventos promocionais de actividades conxuntas nas que participen xogado-res de ambos clubs. E para rematar, haberá un inter-cambio de invitacións de cortesía para cada partido entre CDO e COB.

Esta pode ser a primeira pedra dun camiño que xa se tería que ter percorrido fai moitos anos.

un último cuarto do COB deu ao lastre as opcións de triunfo contra Andorra). Pero iso xa é historia, ago-ra toca centrarse no Hues-ca, un equipo que levaba vidas paralelas cos ouren-sáns ata a pasada xornada. En cinco xornadas, cinco derrotas ata que chegou a vitoria contra o Melilla no sexto partido da tempora-da. Os oscenses deixaban sós no último posto da cla-sificación aos ourensáns, tocados animicamente. Este estado de ánimo é o que máis preocupa a Rafa Sanz de cara ao encontro contra o Huesca: “A men-te do equipo preocúpame moito, é a chave” e advir-te dun “exceso de presión que non nos beneficia”.

Necesidade de gañarO Club Ourene Balon-

cesto, como ben indica o seu técnico, “necesita a vitoria” tanto “os xoga-dores coma a afección”. Sanz móstrase preocupado pola posible ansiedade dos seus xogadores de lograr o primeiro triunfo, algo que reduce as posibilidades de vitoria, “cando estamos presionados o aro faisenos moi pequeno” advirte. A vitoria da pasada xornada

de Huesca, para o técnico cordobés fai que cheguen a Ourense “con máis con-fianza ao ter logrado a primeira victoria”. A de-fensa, o xogo con criterio en ataque e non perder de-masiados balóns son pezas fundamentais para sumar a primeira vitoria na LEB Ouro �01�-�013.

Festa do magostoDurante o partido con-

tra Huesca, celebrarase a Festa do Magosto con merenda de balde para os máis cativos. Tamén, no descanso do encontro realizarase o sorteo dunha bicicleta; e 30 alumnas da Escola de Danza “Estilo

Libre” de Ourense prota-gonizarán un baile.

Dúas entradas para os socios

Dada a transcendencia deste partido, o Conse-llo de Administración do COB, fai un chamamento a toda a afección para apoiar ao equipo, e en agradece-mento aos socios pola súa implicación co club, deci-diu obsequiar a todos eles con dúas entradas gratis que poderán recoller nas oficinas do club.

Ademais, todos os parti-cipantes na 36ª edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño terán un 50% de desconto no prezo

da entrada previa presen-tación do correspondente xustificante de inscrición nas oficinas do COB.

Campaña SolidariaUn ano máis, o COB

porá en marcha a Campa-ña Solidaria “Encesta un Xoguete. Por 1 euro un sorriso”. A iniciativa (co-mezada hai 18 anos) vol-ve ser a compra dun lapis cuxo importe irá destinado a fins solidarios. Os lapis solidarios poderanse ad-quirir nas oficinas do COB, na tenda oficial do club os días de partido no Pazo, nas tendas Juguettos, así como noutros establece-mentos colaboradores.

No encontro contra o Huesca celebrarase un magosto, con merenda gratis para os cativosO cobista Julio Álvarez entrando a canasta ante un rival

do Andorra. /RAMSÉS

Ogide busca defender o aro ante o ataque rival. /RAMSÉS

O presidente do COB, Roberto Añel (á esquerda), e o seu homólogo de CD Ourense, Ale-jandro Estévez (á dereita), durante a sinatura deste convenio de colaboración. /R.T.

Page 6: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

6 BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

Redacción

A historia repetiuse. Se durante toda a pretempada o Pabellón Ourense só lo-grou facerse cunha vitoria nos encontros amistosos que disputou, o mesmo lle aconteceu no que vai de liga regular. E en am-bos casos o Celta Selmark foi a súa vítima. Quizais a confianza de telo superado cando nada se xogaban foi o elixir que as pavillonis-tas precisaron para facerse coa súa primeira vitoria do ano. Foi o pasado 3 de novembro e nin o feito de ser visitantes mermou a súa capacidade. Come-zou perdendo, deulle a volta ao casilleiro no segundo cuarto, perdeu forzas no terceiro, pero sentenciou no úl-t i m o e de-cis i -vo.

O C e l t a comezou c o n forza, aínda que sen lograr despegarse das ourensás -o primeiro período re-matou 14 a 13-, pero o Pabellón tomou as rendas do encontro e cun contu-dente parcial de 5-16 no segundo cuarto puxo terra de por medio e acadou o descanso coa tranquilida-de que dan 10 puntos de vantaxe (19-�9).

Nembargantes, as vi-guesas non deron o encon-tro por perdido, nin moito menos, e voltaron á can-cha dispostas a demostrar por que sempre foron todo

R.T. / S.N.

Gonzálo González é o novo adestrador

do Pabellón Ourense, un equipo que tivo unha

pretempada cargada de le-sións e un comezo de liga

un tanto inestable (só gañou 1 dos 4

encontros dis-putados) na procura de atoparse a si mesmo. Nembar-g a n t e s , cargado de opti-mismo e coas i d e a s c l a r a s

é como o seu novo técnico se enfronta a este reto.

Como se p r e p a r o u

o Pabellón para esta tem-

pada? Gonzalo Gon-

zález: “A pretem-pada caracteri-

zouse polas lesións, por iso os pri-m e i r o s pa r t i dos e m p r e -gámolos para que o equipo co l l e se m á i s

GONzALO GONzáLEz - ADESTRADOR DO PABELLóN OURENSE

“Se é sólido en defensa, o Pabellón non debería pasar apuros esta tempada”4 O seu novo técnico busca construir un bloque esta-ble no que todas as xogadoras sumen.

poso, que estea máis unido en defensa e que en ataque teñamos situacións máis claras”.

Que agardas do Pabe-llón para este ano?

G.G.: “Espero que en to-dos os partidos da liga sexa-mos sólidos en defensa, que deamos imaxe de seriedade e que en ataque nos divirta-mos xogando. Se é así creo que o Pabellón non debería pasar apuros”.

Cales son os outros conxuntos da LF2 á medi-da do Pabellón?

G.G.: “Quitando a Cor-tegada, Ensino, Ferrol e Cá-ceres, conxuntos que van a estar nos postos de arriba, os demais deberiamos estar similares”.

Como ves a dependencia que o equipo está a crear ao redor de Bolonio?

G.G: “Estamos en fase de crear un grupo no que teña-mos máis opcións de xogo. É certo que durante a pre-tempada, debido ás lesións, o noso xogo dependeu moi-to dela, pero o que agardo é que todas sexan importantes e que cada día haxa alguén que sume”.

Que opinión che merece que o Carmelitas decidise abandonar a categoría por motivos económicos?

G.G.: “Dende o punto de vista da cidade era moi bo que houbese dous conxuntos na mesma categoría, sobre todo pola gran espectación que despertaba o derbi, e lle daba atractivo á liga. Pero as

O Pabellón Ourense dobrega ao Celta, pero cae ante o Ferrol4 As ourensás só sumaron unha vitoria no que vai de liga.

un referente no baloncesto feminino, e así o fixeron. Un parcial de 15-7 deixa-ba de novo as cousas igua-ladas e aínda que as visi-tantes seguían por diante tiñan só 10 minutos para apretar os dentes e traer a Ourense a súa primeira vitoria da tempada. Con Bolonio e Pallardó como pezas chave do conxunto pavillonista, a primeira pola súa labor de direc-ción e a segunda pola súa capacida-de ano-t a -

d o r a , o resul-tado final de 47-54 fixo que o Pabellón se estea a con-verter nun dos peores rivais para o conxunto vigués.

E chegou o Ferrol

Parecía entón que o Pabellón Ourense podía

BALONCESTO

comezar a despregar o seu xogo, pero chegou o Universitario de Ferrol aos Remedios nesta cuarta xornada de liga e impúxo-lle ás ourensás a súa ter-ceira derrota do curso.

O Pabellón non logrou máis que ir a re-

molque do c o n x u n t o c o r u ñ é s e a pesar de que en varias oca-sións lo-

g r o u acur-t a r

distancias sentenciouno a súa falta de acerto. Con María José Bolonio, de novo, como protagonis-ta (xogou 30 minutos, anotou 17 puntos e logrou 13 de valoración), o Pabellón i n t e n t o u m e d i r s e co líder do grupo, pero o resul-

ta-d o

d e 60-78 non deixou

lugar a dúbidas e mantén ás ourensás de oitavas.

Próximos encontrosOviedo -cuarto na xe-

ral- será o seguinte rival do Pabellón Ourense, que visi-tará Asturias o vindeiro 17 de novembro. De seguido, o día �4 será o Arxil ponte-vedrés - o pechacancelas- o que visite Os Remedios.

Page 7: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

7BALONCESTO

O Carmelitas, terceiro na Copa Galicia O polideportivo Vedruna acolleu os días 10 e 11 de novembro a Copa Galicia na ca-

tegoría cadete feminina, unha cita á que acudiron o Celta Maristas, Peleteiro, Arxil e, como non, os propios anfitrións, Codigalco Carmelitas.

Ante un cento de afeccionados, os catro conxuntos enfrontáronse dous a dous, de maneira que o Celta venceu po 63-38 ao Peleteiro, e o Arxil por 67-49 ao Codigalco. De seguido, Carmelitas e Peleteiro víronse as caras no loita polo terceiro posto, que final-mente foi para as locais, ao superar por 49-44 ás santiaguesas.

Por último, foi o turno de Celta e Arxil, que se mediron na procura do título de Copa. Pero as viguesas non deron opcións e un resultado final de 69-45 proclamounas flaman-tes vencedoras.

GONzALO GONzáLEz - ADESTRADOR DO PABELLóN OURENSE

“Se é sólido en defensa, o Pabellón non debería pasar apuros esta tempada”4 O seu novo técnico busca construir un bloque esta-ble no que todas as xogadoras sumen.

cousas son como son e nós tamén saimos moi axus-tados, polo que entendo e respeto a súa decisión”.

Cando poderemos co-mezar a ver ao verdadei-ro Pabellón Ourense?

G.G.: “Creo que de cara á quinta ou sexta xornada daremos o mellor de nós”.

Gonzalo González /R.T.

Tres partidos, tres derrotas4 Ao ABO atragántaselle o inicio de liga.R. T.

O Ourense Capital Ter-mal non logra collerlle o pulo á Liga EBA nestas primeiras xornadas.

En tres partidos disputa-dos, o cadro ourensán non logrou a vitoria en ningún deles, a pesar de xogar dous en casa. Na primeira xornada contra o León o resultado foi de 61-70; na segunda visitaban Arteixo perdendo contra o equipo local, 77-50; e na última

xornada celebrada, o re-sultado foi de 66-89 para o Zamorano.

Esta fin de semana o ABO descansa e volve á competición na seguinte para recibir en casa (do-mingo �5 de novembro, 1� horas) ao Marín Peixe-galego. Os da provincia de Pontevedra son cuartos na clasificación con dúas vi-torias en outros tantos em-pates, polo que seupón un partido complicado para o conxunto ourensán.

O ABO nun partido en casa. /I. OSORIO

Momento do encontro entre Codigalco Carmelitas e Arxil. /RAMSÉS

Page 8: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

8 BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

FÚTBOL SALA

Sonia regateando a unha xogadora do Orvina./R.T.

O Cidade As Burgas ocupa a 12ª praza da clasificación

R. Torres

Este sábado 17 de nov-embro dispútase o primei-ro derbi ourensán na Pri-meira División do fútbol sala feminino. O anexo do pavillón dos Reme-dios acollerá a partir das 17 horas o encontro entre o Cidade As Burgas e o Ponte Ourense.

Ninguén o pensaría ao principio de tempada, pero a realidade é que tras nove xornadas disputadas tanto Cidade coma Ponte están empatados a sete puntos. O Cidade (cun partido menos) é décimo segundo e o Ponte décimo terceiro.

Algo inusual nas últimas campañas para as pontinas que estaban loitando polo título ata o final (con con-secución da liga fai dous anos e da Copa Ibérica e Supercopa ao principio da tempada pasada); mentres que as do Cidade -máis acostumadas aos postos de abaixo- están despregando un bo xogo nestas xorna-das, que non é acorde coa súa actual posición.

Se en puntos están igua-lados, no que se refire a outros aspectos a cousa cambia. En goles a favor o Ponte case dobra ao Cida-de (�6 goles das primeiras por 14 das segundas). Por outra banda, nos goles en-caixados ten mellor mar-ca o Cidade (18 goles en

R.T.

O Cidade chegou a terras catalás con boas sensacións tralo triunfo no último mi-nuto contra o Orvina nos Remedios. O partido estivo moi igualado durante toda a primeira metade con poucas ocasións por parte de am-bos conxuntos. E así tamén comezou o segundo perío-do, ata que no minuto 30, Corín facía o un a cero para as locais. Pero ledicia dura-ríalle pouco, dous minutos máis tarde a franxiverde Iria devolvía as táboas ao electrónico.

Nos tres últimos minutos o técnico local arriscaba co

O Cidade perde no último suspiro4 A dous minutos do final o Gi-ronella anota o gol da vitoria.

xogo de cinco dando os seus froitos a un minuto do remate, cando o Giro-nellas voltaba a porse por enriba no marcador. Ata o final, o Cidade buscou de xeito insistente o empa-te, pero sen fortuna, per-dendo unha boa ocasión de puntuar na cancha do terceiro clasificado. Con este resultado o Cidade é décimo segundo, con sete puntos e a catro dos pos-tos de descenso.

Chega o derbi máis igualado4 O Cidade As Burgas e o Ponte Ourense enfróntanse por primeira vez na tempada igualados a puntos (sete) e ocupando, ambos, postos baixos na clasificación.

contra para as franxiverdes por 34 polas albinegras).

Con todo isto, preséntase o derbi máis igualado das últimas campañas con dúas propostas de xogos distin-tas. O Cidade buscará as súas bazas aferrándose na defensa e buscando as súas ocasións á contra. Nembar-gantes, o Ponte irá a polo partido mediante o seu ata-que, cunha forte presión á saída do balón do Cidade.

Cidade As BurgasO equipo dirixido por

Manolo Codeso está a co-lleitar grandes partidos, pero non se está a reflexar nos resultados. A xuventu-de da maioría das xogado-ras fai que non resolvan ao seu favor en case todos os encontros nos que chegan igualados aos minutos fi-nais. Pero a xuventude que corre en contra nese aspec-to, revira a volta no que a desparpaxo se refire, e fai que un partido con tenden-cia negativa mude com-plemente e logren nivelalo tendo opcións de sacar algo positivo cando a lóxica di o contrario. Un sube e baixa de emocións é o que se pode ver en cada partido do Cidade As Burgas, con xogadoras que teñen un fu-

turo prometedor no fútbol sala. Por iso, manter a raia as dianteiras visitantes e o bo momento que andan a atravesar serán pezas fun-damentais para acadar os tres puntos en disputa.

Ponte OurensePola súa banda, as rapa-

zas de Óscar Vivián andan a atravesar un bache neste inicio ligueiro, que prácti-camente as ten afastadas da loita polo título sen apenas ter disputado o primeiro tercio de competición. De-bilidade defensiva e ansie-dade por sumar vitorias, ademais dunha baixa forma física, poden pasar factura a un equipo que está chama-do aos postos máis altos da

A súa praza na xeral non fai xustiza ao bo xogo que está a despregar o Cidade As Burgas. Este sábado busca resarcirse ante o Ponte

A xuventude do Cidade As Burgas e a experiencia do Ponte Ourense veranse as caras o sábado 17 nos Remedios.

Page 9: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

9FÚTBOL SALA

4 Xornada 10 - 17 de novembroMóstoles Viaxes - La RiojaU. de Alacante- AmarelleValladolid - Soto del RealFemeni Centelles - BurelaCidade As Burgas - Ponte OurenseCiudad de Alcorcón- GironellaRoldán - Lacturale OrvinaFutsi Navalcarnero - Descansa

4 Xornada 11 - 24 de novembroMóstoles - U. de AlacanteViaxes Amarelle- ValladolidSoto del Real - Femeni CentellesBurela - Cidade As BurgasPonte Ourense - Ciudad de AlcorcónGironella Lacturale- RoldánOrvina - Futsi NavalcarneroLa Rioja - Descansa

Primeira División FSF - 9ª xornada

Posto Equipo Puntos

1º At. Madrid �5�º Burela �33º Gironella 194º Orvina 175º Valladolid 176º Alcorcón 147º U. de Alacante 118º Móstoles 109º Soto del Real 910º Logroño 911º Roldán 81�º Cidade As Burgas 713º Ponte Ourense 714º Amarelle 315º Centelles 1

R.T.

Marexada de goles no encontro que enfrontaba na novena xornada ao Pon-te Ourense contra o Cen-telles na cancha central dos Remedios. Tras unha primeira metade na que as dúas escuadras marchaban a caseta co resultado de �-1 chegou o festín goleador no segundo tempo. Na primeira metade, un gol en propia porta e Vanessa facían o dous a cero para as locais; Vieites recurta-ba distancias. Nos segun-dos �0 minutos, a bancada gozou con 11 goles máis. Cinco minutos tardouse en abrir a lata desta segun-da metade. Souza e Drica elevaban a catro os goles do Ponte; Vieites facía o

Chega o derbi máis igualado4 O Cidade As Burgas e o Ponte Ourense enfróntanse por primeira vez na tempada igualados a puntos (sete) e ocupando, ambos, postos baixos na clasificación.

Segunda vitoria 4 O Ponte vence ao pecha-cancelas, Centelles.

segundo das visitantes o seu na súa conta particular; Anita en tres minutos puña o 7-� cun “hat-trick”; Ca-rol uníase a festa goleado-ra co oitavo gol do Ponte; Cristina por partida dobre e Manzi (de dobre penalti) achegaban as catalanas no marcador (8-5); finalmente Cárol que seu segundo gol no partido deixaba o defini-tivo 9-5.

Esta vitoria fai que o Ponte logre o seu segundo triunfo e pon terra de por medio co descenso deixan-doo a catro puntos.

O Ponte chega ao derbi na 13ª praza da clasificación

clasificación. Pero o Ponte ten crédito

para darlle un cambio radi-cal á situación coa calida-de da súa plantilla. Laura, Rosángela, Drica, Souza son xogadoras con expe-riencia internacional que teñen que mostrar -nalgún momento- a súa calidade. E precisamente esta calida-de e a súa gran capacidade goleadoras serán as bazas das pontinas para facerse co derbi.

O Ponte tentará cambiar a súa dinámica facéndose co derbi ourensán

A pontina Raquel de Souza loitando por un balón cunha xogadora do Centelles./R.T.

A tensión na cancha caracterizou os derbis da tempada pasada.

Cidade e Ponte non perden ocasión nos derbis para despregar o seu mellor xogo.

A xuventude do Cidade As Burgas e a experiencia do Ponte Ourense veranse as caras o sábado 17 nos Remedios.

Page 10: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

10 BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01� POLIDEPORTIVO

Redacción

Os dous equipos sénior do Campus Ourense Rug-bI perderon nas súas citas desta xornada. O cadro fe-minino recibía ao Vigo no campo da universidade. O partido decorreu moi igua-lado na maioría do tempo. Nos primeiros compases a dianteira ourensá ache-gouse en varias ocasións á liña de ensaio, pero o conxunto vigués cunha gran defensa mantíñaas a raia evitando que pousaran o oval. O Vigo foi quen de adiantarse no marcador cun 0-1�, que recortarían antes do descanso as ourensás con dous ensaios. 10-1� e ao vestiario á espera do desenlace na segunda me-tade. Se o primeiro perio-do estivo moi igualado o segundo máis. Durante os corenta minutos nin unhas nin outras foron quen de mover o marcador. Tivo que chegarse ao tempo engadido para que o Vigo lograra cinco puntos máis para pór no marcador o definitivo 17-10. A pesar

RUGBI

Derrotas dos equipos sénior do Campus Ourense4 Tanto o masculino como o feminino perde-ron os seus partidos.

da derrota, tanto xogado-ras como corpo técnico mostraban a súa satisfac-ción por como competiron durante todo o encontro. Este equipo feminino vai crecendo en cada adestra-mento o que se reflicte nos encontros que disputa.

A vindeira xornada o equipo viaxa ata A Coruña para xogar contra o Zalaeta no primeiro partido de vol-ta da Liga.

Equipo masculinoO equipo masculino co-

lleitou a segunda derrota nesta liga ao caer en Vila-garcía por 38-�5 contra os Ingleses. O encontro tivo moita igualdade contravin-do o resultado final. Na pri-meira xogada, os locais fa-cían ensaio. Nos primeiros 40 minutos dous ensaios para cada equipo deixaban o empate a 17 ao chegar ao descanso. Neste primeiro acto, os ourensáns facían dano co seu xogo directo.

Unha crise no xogo ourensán aproveitárona os Ingleses para pór terra de por medio. Os xogadores

do Campus non baixaron os brazos e loitaron ata o final para levar o partido. Un cuarto ensaio dos lo-cais e un golpe de castigo transformado nas derra-deiras xogadas do encon-tro facían imposible a re-montada.

Vitoria do cadeteO equipo cadete do

Campus Ourense Rug-bI disputou un amigable contra os Ingleses de Vilagarcía de Arousa no campo da universidade. Na primeira metade, dous ensaios dos locais por parte de Ibarra e Bochas, e un dos ingleses daban a vantaxe aos locais. Nun-ha segunda metade máis igualada, os visitantes ofreceron unha tímida re-montada que rapidamente anulou o ensaio de Mi-guel. No último acto, dous ensaios de Joel deixaban moi preto a vitoria para os ourensáns, aínda que os de Vilagarcía tentáron-no ata o último suspiro, logrando recortar distan-cias cun ensaio.

Redacción

O pasado sábado en-frontábanse no pavillón municipal do Consello (Ribadavia) o Viña Cos-teira fronte ao Balonmán Pabellón. O derbi ouren-sán da Primeira Autonó-mica non defraudou e es-tivo cargado de emoción ante a mirada dunha ban-cada abarrotada de afec-cionados.

O partido estivo iguala-do de principio a fin, onde puido caer a vitoria para calquera lado. Os pavi-llonistas entraron mellor ao partido, conseguindo nos primeiros minutos unha renda de 1-4. Pero a igualdade destes dous conxuntos quedou paten-te coas curtas diferenzas e alternancias no electró-nico durante os 60 minu-

BALONMáN

Emoción no derbi ourensán4 O Viña Costeira vence ao Balonmán Pabe-llón pola mínima (25-24).

tos. Despois do primeiro estirón do Zen Pabellón chegou a reacción dos do Ribeiro, que lograron ir ao descanso un arriba (10-9).

Moita emoción na se-gunda metade, cunha pri-meira parte de dominio lo-cal, chegando a escaparse por tres goles de diferenza a falta de doce minutos para o final. A saída de Rubén na portaría pavillo-nista, reactivou as ilusións dos de Zarra, cambiando a inercia positiva para o Zen. A falta de tres minu-tos, o partido estaba igua-lado a �4 goles. Un penalti a falta de trinta segundos, engadido a unha exclusión rigorosa de Borja Pérez, rematou por decantar a balanza para os de locais (�5-�4). Co tempo cum-prido e a balón parado, os pavillonistas tiveron chan-

ce de empatar o encontro, pero o lanzamento de Juan Quintas foise por enriba da portaría.

O Pabellón Balonmán é sexto con seis puntos. Este sábado 17 de novembro, os mozos que dirixe Zarra recibirán a un Balonmán Camariñas favorito (�0:30 horas, anexo do pavillón), que vén de gañar ao líder na súa pista.

Indomogal PavillónPola súa banda, o Indo-

mogal Pavillón aprazou o partido no que se tiña que enfrontar ao Balonmán La-lín na localidade de Deza.

As mozas do Indomogal Pavillón no Anexo dos Re-medios reciben ao Camari-ñas este sábado (19:00h.).

O Pabellón Indomogal marcha penúltimo (13º) con dous puntos.

Momento do partido entre o Viña Costeira e o Zen Pabellón.

Equipo feminino sénior do Campus Ourense /C.O.R.

Page 11: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

11 ENTREVISTA

R.T. / P.L.

O socialista Alfonso Vi-lachá, profesor xubilado de Educación Física e Inglés e entrenador, é desde fai ape-nas un mes o concelleiro de Deportes de Ourense, cargo no que substitúe ao dimiti-do Fernando Varela.

Pódese dicir que un home de deporte acaba como concelleiro de De-portes?

Alfonso Vilachá: “Evi-dentemente, eu non o agar-daba, o que pasa é que se fixeron cousas que non lle apetecen á ninguén, eu o seguinte na lista tiven que cumplir co cometido. E fíxeno porque realmente son home de deporte, que ao mellor se fose unha con-cellería da cal eu non teño idea eu non a aceptaría, evi-dentemente.

ENTREVISTA A ALFONSO VILACHá - CONCELLEIRO DE DEPORTES

“Con respecto ás subvencións, imos mirar o que é mellor para o deporte ourensán”

4 O novo concelleiro de Deportes de Ourense non ten aínda decidido se o seu departamento continuará repartindo subvencións nominativas aos clubs ou só competitivas.

Gústame o deporte como me gusta a educación. Creo que nisto hai que ser since-ros, eu non me podo meter en fincas que non sei traba-llar, xa nesta me vai costar bastante pero realmente é unha cousa que coñeces, coñeces a todos os depor-tistas, a toda a xente do pavillón, e iso é un factor positivo”.

Entre todos vante axu-dar?

A.V.: “Imos ver, hai unha cousa que está claro, aquí hai que traballar con pen-samento colectivo e aquí todos, hai que montar na mesma embarcación, remar na mesma dirección, im-plicarse e comprometerse porque se traballamos de forma illada o único que imos ver é antiprodutivida-de. Por iso hai que traballar en grupo e en conxunto, e sobre todo con moita diná-mica interna”.

Como vai ser a política de Vilachá no Consello Municipal de Deportes?

A.V.: “Eu creo que non se poden facer cousas raras, creo que o que teñen aí es-tablecido está ben, sen pro-

blemas, hai que analizar un pouco cales son as activida-des que están funcionando moi ben e aquelas que hai que mellorar ou se hai que introducir algunhas novas. O deporte é deporte. E hai

unha cousa que está moi clara que o que se pretende con isto é que a xente sexa feliz e o pase ben”.

Como ves o futuro do deporte en Ourense?

A.V.: “Aquí si, aquí creo que temos que cambiar un pouco a clavixa, porque en todos os niveis Ourense aínda non se deu conta de que o deporte base é a cla-ve dos deportes de elite. A min agradoume moito hoxe o do Celta que quere facer en Bembrive unha cidade deportiva porque se dan conta que traballando con nenos da canteira o Celta está en Primeira División. Isto é o que ten que facer o Club Deportivo Ourense, e á larga, o COB e todos os equipos. Hai que traballar coa base e logo levala ao primeiro equipo e explota-la”.

O anterior concelleiro ía quitar as subvencións nominativas, a dedo, aos equipos, e só conceder as competitivas, en función da base que se ten máis que da importancia do equipo.

A.V.: “Hai unha cousa que está moi clara, eviden-temente están as nomina-tivas e as competitivas, de momento aínda non toma-mos decisión algunha. Creo que o anterior compañeiro de Deportes quería cambia-las, agora imos falalo, con-sénsualo e facer aquilo que sexa máis beneficioso, por-que ás veces hai que rom-per e ceder, e ás veces hai xente que non queda con-tenta pero hai que buscar o bo para a cidade e para os equipos”.

Por que vía vas tirar?A.V.: “Non sei, aínda

non, o outro día houbo un comentario de se sub-vencións nominativas ou competitivas, iso terémolo que mirar, porque ademais as nominativas é máis ben unha decisión política. Imos pensar en clave de deporte, que é o mellor para o depor-te ourensán”.

Vas pensar máis en cla-ve de deporte de base?

A.V.: “Exactamente, eu non penso en clave política, penso en clave de deporte e en clave humana, que é o

que temos que facer”. Estréaste no cargo con

récord de inscricións na San Martiño.

A.V.: “Eu xa o dixen en varios medios, que o éxi-to desta carreira xa vén de edicións anteriores e da boa organización, que é clave, evidentemente cada ano hai que intentar mellorar, a organización e o bo funcio-namento débese ao staff do pavillón, a todos os coope-rantes, Policía local e toda a xente que contribúe. Ese é o éxito da carreira. O que dicía, hai que traballar para que as cousas saian ben”.

Parece que non hai bo feeling entre o Consello Municipal de Deportes e as actividades nas que colabora a Deputación, como o Día da Bici. E vi-ceversa, en actividades que organiza o Concello, como a San Martiño, a Deputación mantense ao marxe. Vai haber algún cambio nisto?

A.V.: “O que si está claro é que con respecto ao Día da Bici eu falei con Moure (o organizador) e lle dixen as cousas claras. Este ano non recibiron a subvención porque houbo un proble-miña alí e aínda faltan al-gunhas cousas que hai que executar, falei con el e lle dixen, mira, aquí non hai ningún tinte político, sim-plemente é isto. Se todos abrimos a man, para o ano colaboraremos contigo sen problema algún”.

Pedirás colaboración da Deputación para a San Martiño, por exemplo?

A.V.: “Hoxe irmandáron-se o Club Deportivo Ouren-se e o baloncesto, creo que todas as institucións nos temos que irmandar para que isto funcione, ir todos xuntos da man”.

“Ourense aínda non se deu conta de que a base é a chave do deporte de elite”

En Ourense “non se poden facer cousas raras, creo que o que teñen establecido no Concello está ben. Só hai que analizar as actividades que hai que mellorar ou se hai que introducir algunhas novas”, asegura Alfonso Vilachá

“As institucións témonos que irmandar para que isto funcione”Antes de xubilarse, Vilachá foi mestre de educación física e adestrador do CDO./R.T.

Alfonso Vilachá prometendo a súa acta de concelleiro o pasado 10 de outubro./P.L.

Page 12: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

1� BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01� ENTREVISTA

Fernández na carreira popular de Leiro, na que se fixo co primeiro posto./ARQUIVO

R. Torres

Alejandro Fernádez acode á cita despois da súa xornada de traballo. É o que lles toca aos atletas, agora teñen que combinar os adestramentos co seu traballo. Consciente da nova realidade, o mellor atleta ourensán do momento fala da exitosa tempada que acaba de rematar e do futu-ro no seu novo club, o New Balance.

Que valoración fas da-tempada que acaba de re-matar?

Alejandro Fernández (A.F.): “Foi unha tempada excelente. Despois de tanto tempo sen competir e con só un ano e medio practica-

ALEJANDRO FERNáNDEz, FAVORITO NA SAN MARTIñO

“Teño que facer que sexa unha carreira rápida, tentar desgastar a Lolo Penas e non chegar ao final con el”

4 Alejandro Fernández é un dos favoritos a lograr a vitoria na 36ª carreira do San Martiño, pero é consciente que no atletismo todo pode pasar.

mente de adestramento fun subcampión nacional nos 5.000 metros absoluto ade-mais de campionatos gale-gos. Facer unha boa marca no 5.000 a verdade é que é estupendo. Cando volvín esta tempada nin nos meus mellores soños esperaba fa-cer todo iso. Póñolle un 10 á tempada, non podo pedir-lle máis”.

A que aspiras na que agora comeza e no futu-ro?

A.F.: “Polo menos igual de boa que esta anterior. Gustaríame seguir mello-rando as marcas en 5.000 e en 10.000. Tamén teño a espiña clavada do medio maratón do Campionato de

España que o preparara moi ben e estaba moi en forma, pero cando ía terceiro e es-taba practicamente clasifi-cado para o mundial tiven que determe por unha des-hidratación. Querería vol-ver a ese campionato para resarcirme. En definitiva, mellorar as marcas e ser competitivo nos diferentes campionatos de España”.

E na San Martiño?A.F.: “Vou coa intención

de gañala. O que pasa é que teño un rival moi duro como e Lolo Penas que é o ac-tual campión de España de 10.000 e de 5.000 (onde eu fixen segundo) e para min hoxe en día é o mellor fon-dista de España. A verdade é que vai estar complicado pero haberá que intentalo”.

Se tes un bo día, que ca-rreira se ten que dar para que poidas loitar pola vi-toria?

A.F.: “Lolo Penas é un atleta que ten unha vantaxe; é rapidísimo ao final, en-tón telo que descolgar. Con Lolo se a falta dun quiló-metro e medios, dous quiló-metros non o soltaches, tes moi complicado ganarlle. Así que a carreira que teño que propor é unha carreira rapidísima desde o primeiro metro, se é con axudas me-llor. O que teño que facer é que sexa unha carreira rápi-da, tentar desgastalo e non chegar ao final con el, por que co esprint que ten gá-ñame seguro”.

Hai algún outro rival que poida estar na loita?

A.F.: “Si. Está Hurtado -que é de Lugo- que é un compañeiro de equipo e é moi competitivo e pon as cousas moi difíciles. Carlos Vilamor é outro dos favori-tos. Hai un abano de cinco ou seis atletas que se teñen un día bo tamén poden po-ñerche as cousas difíciles”.

Gustaríache dedicarte enteiramente ao atletis-mo?

A.F.: “Está claro que si. Tería que garantirme un fu-turo, mesmo para montar un negocio para cando esta etapa remate; así sería máis doado adestrar, descansar, adestrar, descansar, pero como están hoxe as cousas é inviable. Hoxe co atletis-mo, sendo moi bo, podes sobrevivir, pero eu non

quero ter que estar botando cálculos. Podes lesionarte, e que pasaría?”.

Que opinas de que o Academia Postal teña que baixar de categoría ata case que desaparacer?

A.F.: “Hoxe en día como está o deporte en xeral e o atletismo en particular non poden pretender vivir das institucións públicas. Debe-mos xerar, se queremos ter un nivel económico mellor, os nosos propios ingresos. Tentar involucrar a empre-sas privadas para que apos-ten polo atletismo. Temos que ser capaces de vender un produto, que neste caso é o atletismo. Esta claro que non podemos vivir das ins-titucións públicas”.

Acabas de fichar polo

equipo New Balance, que obxectivos che marcaron?

A.F.: “Eles ficháronme para carreiras tipo San Mar-tiño. Correr carreiras popu-lares, porque para eles o mercado das citas populares é un mercado que lles inte-resa. Son eles os que mer-can as zapatillas e a roupa de atletismo. Probas como a de Santiago que corrín fai unhas semanas, A Co-ruña. Populares que teñen lugar en Galicia e algunha fóra da nosa comunidade. Interésalles carreiras coma esta, medios maratóns, etc. carreiras que hai moitas en Galicia deste tipo. Estar nos primeiros postos para que se vexa o meu nome relacionado coa marca New Balance”.

E sen renunciar a algún campionato nacional?

A.F.: “Eles dixéronme que tiña que correr unha serie de probas que a eles lles interesan para a súa pu-blicidade de cara a que se vexa nalgún tipo de carrei-ras, pero á vez respectan os obxectivos que eu persoal-mente teña marcados tanto en pista como en cross, ou mesmo algunha proba en ruta que a mín me interesa e a eles non. Ese é o acordo ao que chegamos”.

Alejandro Fernández vén de fichar polo equipo New Ba-lance co fin de que participe en carreiras populares./R.T.

Foi por 2 veces 9º na San Martiño e o seu tempo récord é de 30´40”

Page 13: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

1336ª CARREIRA DO SAN MARTIñO

Imaxe dos corredores da edición do 2011 da San Martiño ao seu paso pola ponte do Milenio.

R.T.

Récord histórico. A 36 edición da Carreira Popu-lar do San Martiño acada o récord de participación con 8.948 atletas inscritos. A proba, de 10 quilómetros homologados de percorrido na absoluta e 4.500 metros na escolar, celebrarase o próximo domingo, 18 de novembro. A carreira está organizada polo Consello Municipal de Deportes en colaboración co Concello de Ourense.

Co prazo de inscrición pechado, un total de 5.458 adultos formalizaron a súa inscrición, cifra á que se en-gaden os 3.490 nenos que se inscribiron a través dos seus centros escolares, para facer un total de 8.948 par-ticipantes. Esta cifra supón un aumento dun 13% con respecto á pasada edición do �011, que sumara 7.800 corredores.

Como cada ano a carrei-ra partirá desde a ponte do Milenio e rematará no Pa-villón de Deportes, e ten un percorrido de 10.000 me-tros para adultos (con saída ás 11 horas) e 4.500 metros para escolares (con saída ás 1�:30 horas).

Recollida de dorsais

Os dorsais poderanse recoller na cancha central dos Remedios durante todo o día do sábado. Desde o ano pasado tamén se poden facer con eles (quen así o

Récord histórico de inscritos na San Martiño4 A 36ª Carreira Popular do San Martiño acada un máximo de participación con case 9.000 inscritos entre as dúas catego-rías -absoluta e escolar-.

indicou na inscrición) en puntos próximos da súa ci-dade e espallados por toda a xeografía galega.

“Premios Correndo por Ourense”

Outras das actividades que transcorrerán na cen-tral dos Remedios será a entrega de premios do se-gundo circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Os primeiros de cada categoría recibirán o seu trofeo, mentres que o resto de corredores que completaron alomenos cin-

8.948 é a cifra exacta dos inscritos na 36ª carreira do San Martiño

5.458 participarán na proba absoluta e 3.490 na escolar

4 Feira do corredorUnha das novidades principais desta edición da San Martiño é a celebración da Pri-

meira Feira do Corredor, que se celebrará o sábado día 17 -o día anterior á proba-, entre as 10 h. e as �0 h. na cancha central do Pavillón dos Remedios, e que contará con stands comerciais e charlas formativas e informativas específicas dirixidas ao corredor popular.Charlas da Feira do corredor12,00h: José Manuel Curieses, delegado comercial de Polar para á zona noroeste:“Smart coaching (adestramento intelixente)”“Proba de 10 pulsómetros de última xeración entre os asistentes con asistencia técnica”12,30h: Jorge Silva Crespo, atleta internacional na Selección Española de Atletismo e secretario do Club Ourense Atletismo., graduado en Xestión de Dirección de entidades deportivas:“O adestramento das probas de fondo”“Aspectos físicos, motivacionais e nutricionais da carreira a p锓Como afrontar unha competición”16,00h: Roberto Abad González, licenciado en Educación Física:“A flexibilidade: concepto e beneficios”“Orientación para o corredor de fondo”16,30h: Martín Hidalgo Bargiela, licenciado en Ciencias da Actividade Física e Depor-te e Diplomado en Educación Física, instrutor oficial da Federación Galega de Xim-nasia:“O ximnasio para atletas de resistencia: por que, como e cando”17,00h: José Manuel Curieses, delegado comercial de Polar para a zona noroeste:“Smart coaching (adestramento intelixente)”“Proba de 10 pulsómetros de última xeración entre os asistentes con asistencia técnica”

co das seis probas recibirán un agasallo pola súa parti-cipación.

Hassan Lekhili vencedor da San Martiño do 2011.

Page 14: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

14 BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

XADREz / TENIS DE MESA

Á dereita os xogadores do Galmédca A e á esquerda os rivais do Recta Final.

O Galmédica A é quinto con catro puntos na 2ª Nacional

Redacción

Tanto o Galmédica A como o B perderon cadan-seu encontro desta xorna-da.

O Galmédica A que mi-lita na �ª División Nacio-nal perdeu no Pazo contra o Recta Final de Luarca. Os asturianos endosáron-lle un �-4 aos ourensáns no encontro desta xornada número cinco. O encontro puido acabar en empate na partida decisiva de dobres, pero Lalo Pérez (que está xogando a un gran nivel) non tivo fortuna e rematou perdendo a última parti-da de forma moi axustada. Ramón Becerra continúa cunha racha de vitorias moi positiva (os dous puntos do

Mala xornada para o Galmédica Tenis de Mesa4 Perderon os dous conxuntos do club.

Galmédica foron obra del) pero insuficiente para aca-dar os ourensáns a vitoria na última xornada.

Para a vindeira xorna-da o Galmédica Tenis de Mesa enfróntase ao Dez Portas Corredoira. Será o sábado 17 de novem-bro no Paco Paz a partir das 17 horas. Lucenses e ourensáns marchan cuartos e quintos repectivamente na clasificación; ambos os dous conxuntos teñen catro puntos no seu casilleiro. O Dez Portas vai diante pola diferenza de puntos en con-tra (1� por 13 do Galmédi-ca), xa que teñen os mesmo puntos a favor, 1� cada un.

Galmédica BO segundo equipo do

Galmédica, o que milita na Primeira División Galega, vén de perder nun partido moi igualado en Ourense contra o Helios Restauran-te Cormorán. O equipo de Bembrive é un rival directo dos ourensáns na loita pola permanencia, polo que a derrota é máis dolorosa se cabe. O enfrontamento es-tivo moi igualado, sendo as partidas finais de infarto. Decidíronse por 3-� e nas vantaxes a favor dos locais. A pesar da derrota, a parella de dobres formada por Die-go Gómez Gómez e Rodri-go Álvarez González está xogando a un gran nivel aínda que se mide a rivais máis experimentados. Esta derrota é un traspés para o Galmédica que ve como o

Helios recórtalle puntos na clasificación. O Gal-médica B marcha sexto con seis puntos, mentres que os de Bembrive son décimos (antepenúltimos) con catro puntos. A com-petición nesta Primeira División Galega está for-mada por 1� equipos dos cales tres descenden á Se-gunda Galega.

A vindeira xornada, o cadro ourensán visita a cancha do Autosisán - Ca-fetería Lareka en Riba-dumia. Os pontevedreses son pechacancelas da liga sen saber aínda o que é puntuar. Unha vitoria do Galmédica poría unha di-ferenza, casi insalvable, de oito puntos coa última posición.

R.T.

O pasado 4 de novembro celebrouse o V Festival de Xadrez Expourense, proba que clasuraba o circuíto ga-lego, e na que participaron �5� xadrecistas procedentes de Galicia e Portugal.

Os representantes ouren-sáns lograron subirse en 10 ocasións ao podio, sendo os do Benchoshey os que subi-rían en dúas, os da Casa da Xuventude, en tres, e os de Xadrez Ourense, en cinco.

O vencedor de sub-8 foi César Pérez da Poza, facén-dose co título de campión do circuíto, ao vencer en 11 das 15 probas. En sub-10, Martín Pena Varela da USC, rematou líder do Circuíto e desta proba. Mireya Repre-sa do Club Xadrez Laroca levou o triunfo en sub-1� cedendo só unhas táboas co segundo clasificado, Miguel Puga Sánchez do Club Casa da Xuventude e líder da ca-tegoría circuíto. A vitoria en sub-14 foi para Ángel

Domínguez Fernández do Club Casa da Xuventude. O tamén ourensán Adrián Gómez Diéguez, líder do circuíto, acadou o segundo posto. O ourensán Miguel Ferreiro, de Xadrez Ourense foi o gañador en sub-16. Se-gundo foi o tamén ourensán Ignacio Cabanelas, do mes-mo club.

Expourense remata o circuíto galego de xadrez4 252 xadrecistas participaron no V Festival de Xadrez Expourense 2012.

Foto de familia dos xadrecistas vencedores nesta quinta edición do Festival de Xadrez Expourense./CLUB XADREZ LAROCA

Nesta cita, os ourensáns lograron 10 podios

Page 15: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

15PUBLICIDADE

Page 16: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

16 BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01� MOTOR

José Luis Abadín en Montmeló.

Redacción

O �01� non será un ano de agradable recordo para José Luis Abadín. Non pui-do correr a maioría de ca-rreiras da tempada, e nas dúas últimas disputadas en Montmeló víuse na obriga de abandonar.

Primeira xornadaNa primeira xornada en

Cataluña, Abadín foi san-cionado nos adestramentos clasificatorios, séndolle anulados todos os tempos. Este contratempo fixo que tivera que saír desde a últi-ma fila da grella. Durante a carreira, cando se dispoñía a adiantar a un rival tivo que

José Luis Abadín abandona na última proba do ano4 Nas dúas carreiras disputadas no circuíto catalán.

sortear a outro monopraza que trompeara. Esta acción fixo que tivera que saír pola grava dándolle unha das pedras no conducto de frea-do. Cando estaba volvendo a contactar co pelotón tivo que abandonar ao verse afectada a súa condución ao perder totalmente os freos. O abandono da carreira foi inminente.

Segunda xornadaA segunda xornada non

foi mellor para os intereses do piloto ourensán. Partin-do desde a oitava posición da copa, xa nas primeiras voltas avanzou ata o se-gundo lugar da mesma. Na pista comezou a caer unha

lixeira chuvia, polo que todos os pilotos a excep-ción de Abadín entraban en boxes para cambiar os neu-máticos. Ata que tivo que cambiar os neumáticos ao non parar de chover. Ao saír de boxes ocupaba a quinta posición da copa. Logo de tres voltas logrou avanzar ata a terceira posición, sen-do máis rápido que os dous pilotos que o precedían. Pero xa estaba torcida a fin de semana, e a falta de cin-co voltas non puido evitar o choque con Barrabeig, con quen estaba a manter unha bonita loita. Pero este inci-dente -ao bloquear nunha curva non puido esquivar a Barrabeig- fíxolle obri-

gatoria a retirada sen poder rematar a carreira.

Vindeiro anoA pesar da mala tempada

�01� na que apenas puido competir (dúas citas das oito do calendario), José Luis Abadín mostrábase con gañas de poder disputar o título FIA e loitar pola su-perlicencia a tempada que vén. Para iso leva posto en marcha o Racing for Gali-cia na que calquera pode axudar a este piloto.

Abadín espera loitar polo título FIA do vindeiro ano

Redacción

O domingo 18 de no-vembro, a zona da capela de San Antón (Ábedes-Verín) acollerá a celebra-ción do terceiro Trial in-fantil e clásicas ‘Vila de Verín’, organizado polo Moto Club Entrimo e o Concello de Verín.

Esta proba deportiva é puntuable para o Campio-nato Galego, e celebrara-

O Trial infantil galego, en Verín4 O domingo 18 de novembro celebrarase o III Trial infantil e clásicas ‘Vila de Verín’.

se nas categorías infantil, alevín e clásicas.

Na clásica participaran 18 competidores, mentres que nas outras dúas res-tantes serán un total de 15 menores, con idades com-prendidas entre os 6 e 13 anos.

A proba está dividida en cinco zonas que cada un dos participantes (de todas as categorías) deberán per-correr tres veces.

Os mellores infantís do trial galego reúnense en Verín.

Page 17: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

17ACTUALIDADE

Redacción

No Pavillón da Malata de Ferrol tivo lugar a segunda fase do Campionato Gale-go de conxuntos, na que o Club Ximnasia Pavillón, tras unha moi boa progre-sión cos seus catro equipos, conseguiu pódium en todas

Os ximnastas do Pavillón logran pleno de podios no Campionato Galego de conxuntos4 Fixéronse cun ouro, unha prata e dous bronces.

as categorías nas que se presentaba.

Na categoría alevín, o conxunto ourensán, forma-do por Marta, Uxía, Paula, Eva, Lorena e Candela, ob-tivo o terceiro posto, tras os conxuntos María Barbeito (1º) e Acordes (�º).

En categoría infantil,

o conxunto pavillonista, formado por Nerea, Ana, Marta, Antía, Blanca, Sara e María, foi segundo cla-sificado, tras Esquío (1º) e seguido do Acordes (3º).

A categoría júnior (á que se presentaron as ourensás Paula, Lucía, María, Ra-quel, Claudia e Kelly) otor-

Os catro conxuntos do Club Ximnasia Pavillón cunto coas súas adestradoras.

Copa de España de seleccións autonómicas

Os días 10 e 11 de novembro tivo lugar en Albacete a Copa e Cam-pionato de España de seleccións autonómicas, nos cales o Club Xim-nasia Pavillón Ourense estivo representado por deportistas que forma-ban parte da selección galega e que consegui-ron tamén a súa par-ticipación na Copa de España. Tratouse de Lu-cas Domuro e Eduardo Novelle en Trampolín, e Iago Sousa e Eduardo Novelle en DMT.

Pola súa banda, a se-lección sub-15 acadou o primeiro posto en DMT e de xeito individual Eduardo Novelle pro-clamouse campión na-cional en DMT, Lucas Domuro pasou a finais en �º posto en TR -aínda que non conseguiu reva-lidar ese posto e rema-tou finalmente na quinta posición-.

gou outro segundo posto ás nosas representantes, tras o primeiro posto do Club María Barbeito e seguidas do Club Maniotas, que foi terceiro.

Nembargantes, foi na ca-tegoría sénior, co conxunto formado por Yaiza, Andrea, Miriam, Sofía e Elena, onde o Club Ximnasia Pavillón, cunha excepcional actua-ción, conseguiu o título de campión galego, seguido no segundo posto polo Club Maniotas e terceiro, Club Arousa.

Os catro equipos, aos que poderemos ver no Torneo Nadal a celebrar en Ouren-se o día 8 de decembro, acudirán así mesmo á cita nacional os días 14, 15 e 16 de decembro, en Castellón.

4SendalimiaA asociación Senda-

limia organiza para os meses de novembro e de-cembro unha serie de an-dainas.

O sábado 17 de novem-bro desenvolverán unha andaina en San Miguel de Congonstro, percorrendo a súa ruta de muiños, que finalizará cun magosto na casa rural de Santo André. O sábado �4, a andai-na terá lugar no monte da Cunca (Os Blancos). O sábado 1 de decembro desprazarase ata o mirador do Castelo (Congostro). O 15 de decembro, como despedida do ano andarín coa que realizarán en Vi-lar de Santos. Ao remate terá lugar a cea de Nadal e despedida da tempada.

Para máis información ou para inscribirse, a or-ganización remite ao Con-cello de Xinzo de Limia (Concellería de Deportes) ou pódese mandar un co-rreo electrónico a [email protected].

EN BREVE

Page 18: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

18 BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01� ARTES MARCIAIS

R.T.

A décima edición da Liga Internacional de Judo -Tro-feo Cidade de Ourense- xa é historia. Na edición deste

O Famu Frutos e o Lourdes Tuvasa, vencedores da Liga Internacional de Judo4 En categoría feminina e masculina respectivamente.

ano os vencedores foron o Famu Frutos de Vigo en categoría feminina e o Lour-des Tuvasa de Valladolid na masculina.

O pavillón municipal de

Oira acolleu (como xa fixera na xornadas previas) a fase final da Liga de clubes. En categoría masculina os fina-listas eran o Arteixo, Tuva-sa, Coruña e Famu Frutos;

mentres que na feminina chegaron á final o Avilés, Arteixo, Lugo e Famu Fru-tos. A esta final chegaron os catro mellores clubs da fase regular que se dispu-tou en tres xornadas.

Famu FrutosEn categoría feminina

repetíuse a final do pasa-do ano, pero con distinto resultado. O Judo Club Arteixo perdeu nesta oca-sión contra o Famu Frutos de Vigo. Dúas vitorias, unha derrota e un empate déronlle o título ao equipo vigués. Este é o primeiro título do Famu neste tor-neo.

A terceira posición obtó-voa o Judo Club Avilés ao vencer na loita polo tercei-

ro e cuarto posto ao Judo Club Lugo.

O Famu de Frutos ven-ceu nas semifinais ao Judo Club Lugo, mentres que o Arteixo desfíxose do Judo Club Avilés.

Lourdes TuvasaNa categoría masculina

o club castelán leonés do Lourdes Tuvasa foi a ven-cedor absoluto ao vencer na final ao Club Famu Fru-tos de Vigo, impedíndolle deste xeito facerse co do-blete (vencendo nas dúas categorías). A final estivo moi apretada; tralo em-pate a dúas vitorias tocou xogarse o desempate polo título na categoría de +81 quilos (despois de decidi-lo mediante un sorteo). O vencedor deste combate foi o representante do club de Valladolid levando o triunfo o Lourdes Tuvasa. A terceira posición foi para o Judo Club Coruña ao vencer ao Judo Club Ar-teixo que foi cuarto.

En semifinais o Famu Frutos venceu ao Judo Club Coruña, e o Lourdes Tuvasa fixo o propio co Judo Club Arteixo.

Momento da final masculina entre un judoka do Famu Frutos e o Judo Club Arteixo.

EN BREVE

4 TaekwondoAo Campionato Gale-

go Júnior de Taekwondo celebrado nas Pontes acu-diron catro deportistas do ximnasio Couto. Os catro deportistas lograron ac-ceder ás súas respectivas finais.

Andrés Freijeiro foi ouro, mentres que Lucía Dafonte, Andrés Álvarez e Nicolás Pérez conqueriron a prata nos seus pesos. Ta-mén por equipos acadaron a terceira posición en cate-goría masculina ao lograr un ouro e dúas pratas.

4 Jiu jitsuO jiujitsuka ourensán

Felipe Iglesias participou no adestramento de prepa-ración do Mundial de Jiu Jitsu que se desenvolveu no polideportivo de Elvira (A Coruña) e que contou coa dirección do seleccio-nador nacional e sétimo dan de jiu jitsu, Eusebio Sánchez. Participaron moitos da expedición es-pañola no Mundial de Viena, a finais deste mes.

Redacción

O pasado domingo 11 de novembro, disputouse o “Open Nacional de Wushu Ciudad de Oviedo”. A ex-pedición do Club Artai de Ourense contou con �4 com-petidores, tanto en combate (Sanda) como en formas (Taolu). O club ourensán conseguiu 50 medallas das 6� posibles na competición destacando na categoría de Sanda (combate ao KO) na

O Artai báñase en ouro4 No “Open Nacional de Wushu Ciudad de Oviedo” celebrado o 11 de novembro.

que logrou a totalidade dos ouros.

Mellor club de EspañaAarón Blanco, mestre do

club, vaticina que o torneo é a primeira pedra para alcan-zar o posto de mellor club de España.

“Nin os clubs de Madrid nin os do norte de España demostraron mellor nivel que nós”, di o mestre ouren-sán.

Agora prepararán os tor-

neos de Coruña (�4 de no-vembro) e o clasificatorio para o Campionato de Es-paña �013 en Arcade (�� de decembro).

Deportistas destacadosDas 50 medallas logradas

as máis destacadas foron as de Abraham Rodríguez González, que conseguiu catro ouros en categorías de combate (Sanda) e tai chí; Sara Álvarez, tres ouros en categoría sénior de formas

(Taolu); Andrés Piñeiro, tres ouros en categorías xuvenís de formas (Taolu); Andrea

Sara Álvarez executando un exercicio no Open “Ciudad de Oviedo”.

Álvarez, tres ouros en ca-tegoría infantil de formas (Taolu); Gabriel Vázquez,

dous ouros e un bronce en categoría infantil de formas (Taolu).

Page 19: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

19

Felipe Iglesias.

ENTREVISTA

Iglesias comezará a competición o sábado 1 de decembroR. Torres

Con gañas de facer un bo papel, este jiujitsuka que nunca crira que ía ser o pri-meiro ourensán en acudir a un Mundial de jiu jitsu afronta o reto co obxectivo de acadar unha praza para os Xogos Mundiais, que se celebrarán o ano que vén en Cali (Colombia).

Como chegaches ata aquí para participar no Mundial de jiu jitsu?

Felipe Iglesias (F.I.): “Pois para participar no Mundial é preciso puntuar a nivel internacional, e para iso quedei terceiro na copa do Mundo e campión do Open de Madrid o ano

FELIPE IGLESIAS, CARA AO MUNDIAL DE JIU JITSU

“O obxectivo principal é subir o máis alto posible no ránking mundial para

poder ir aos Xogos Mundiais”4 Felipe Iglesias participará no Mundial de jiu jitsu que se dis-puta en Viena do 29 de novembro ao 2 de decembro.

pasado e este ano subcam-pión do Open de Madrid. Ademáis de ser segundo no ránking nacional”.

Con que aspiracións vas a Viena?

F.I.: “O obxectivo prin-cipal é subir o máis alto posible no ránking mun-dial para poder ir aos Xo-gos Mundiais, se logo podemos conseguir unha medalla, mellor. O nivel é tan parexo que cada com-bate é unha final e é moi complicado gañar; pero a aspiración é ir a gañar”.

Cando se celebrarán os Xogos Mundiais?

F.I.: “Son no �013 en Cali -Colombia-. Tería que quedar entre os catro pri-

meiro do ránking mundial. Actualmente son o 17º do mundo, pero aínda quedan competicións para subir como son o Vila de París ao que acudirei”.

Que é o jiu jitsu?F.I.: “É unha arte mar-

cial onde se permiten todo tipo de contactos -patadas e puñetazos amáis de todas as do judo- pero regrado. O judo é unha variación do jiu jitsu”.

Cal é túa máxima aspi-ración?

F.I.: “Pois quedar cam-pión do mundo”.

Cando podería ocurrir?F.I.: “Podería ser neste,

por que non? Vou con moi-tas gañas de facer un bo

papel”.Como foi a preparación

para este torneo?F.I.: “Estamos a tope.

Fixen o internacional de Madrid, na Liga Interna-cional de judo. Tamén es-tivemos concentrados na Coruña durante dous días e agora só queda o Mun-dial”.

Cales poden ser os ri-vais máis fortes?

F.I.: “Os rusos, os de Azerbaiyán... os europeos en xeral que é onde está o berce. No meu peso acudi-remos máis de 30 compe-tidores”.

Como te ven os rivais?F.I.: “Penso que como un

rival moi correoso”.

Palmarés de Felipe Iglesias11 títulos nacionais16 títulos autonómicosTítulos en Portugal, Madrid, París7º no Campionato de Europa3º no Open do Mediterráneo

O ourensán acode a Viena como número 17 no ránking mundial

Page 20: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

�0 BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01� ACTUALIDADE

Redacción

Como cada ano, na ponte de Todos os Santos, a Aso-ciación Xuvenil Amencer organizou o torneo de fút-bol-8 que congregou a nove equipos xuntando a máis de 100 deportistas. Os equipos participantes foron: Dream Team, Escachapeitos, Chu-

O torneo de fútbol-8 “Tódolos Santos ´12” congrega máis dun centenar de participantes4 O evento organizado por Amencer foi gaña-do polo Coca.

machos, Reza, Rápido, Los Pitufos, Coca, Sen nome e Couto.

A fórmula do torneo foi a de separar en tres grupos aos nove equipos, xogando entre eles. De cada grupo saían dous equipos para a seguinte fase (sendo seis os equipos aínda na loita polo título). Estes seis equipos

dividíanse novamente en dous grupos de tres, e no-vamente os dous mellores de cada grupo clasificá-banse para as semifinais.

Os catro equipos que pasaron ás semifinais son Chumachos, Coca, Reza e Dream Team. E a final dis-putárona os equipos Coca e Reza. O resultado da fi- O Torneo contou con nove equipos participantes.

nal foi 3-� para o Coca.

DatosNo torneo de fútbol-8

participaron 9 equipos con 1�6 xogadores, preto de cen persoas de público asistente e 1� mozos da organización da comisión de deportes de Amencer. En total estiveron presentes nesta competición �00 persoas.

Este torneo é o segundo deste curso 1�/13, dentro dunha ampla oferta de ac-tividades deportivos que se celebran en fin de semana de pontes en Amencer. Os próximos serán o 6 de de-cembro, e tratarase dun de fútbol sala e outro de 3x3 de baloncesto e de bádminton.

R.T.

100 nenos participaron no XIV Randori Infantil de Judo o sábado �7 de outubro no Pazo Paco Paz de Ourense. Nesta ocasión celebrouse a décimo cuarta edición do Randori Infantil de Clubes, actividade coa que remata de forma oficial a Copa Deputación �011-1� de Judo.

Nesta cita participaron oito equipos galegos repar-tidos nos seguintes clubs: Senra Lugo, Villalba, La Salle Santiago, Judo Club Marbel Ourense 1, Judo Club Marbel Ourense �, Judo Club Marbel Ourense 3, Vilas Alborada Santiago e Terras de Santiago.

O Randori consiste na rotación continua de empa-rellamentos entre equipos nos dous tatamis nos que se celebrou. Cada equipo par-

Un centenar de judokas no Randori infantil4 Celebrado no Pazo dos Deportes Paco Paz.

ticipou cun judoka por peso (�6 quilos, -30, -34, -38, -4�, -46, -50, -55, -60 e +60 quilos), 10 en total en cada encontro sen distinción de

sexo.A representación ourensá

repartíuse en tres equipos, con judokas do Gimnasio Marbel e de Judo Club Ma-

ristas, ao cargo dos monito-res Ana Fernández, Miguel Baldemar e Guillermo Ote-ro.

ValoresEsta reunión non ten ca-

rácter competitivo, e pre-téndese estimular unha boa técnica e o aprendizaxe desta arte marcial entre os nenos; así como afianzar os seus valores de compa-

ñerismo, xenerosidade, di-versión, disciplina, etc. En definitiva, aprender o regu-lamento e mellorar dunha forma divertida e sen a ten-sión da competición. Esta idea foi concebida polo de-legado da Federación Gale-ga, Manuel Montero, para ser unha especie de bautizo dos judokas máis cativos. O éxito é tal que xa están a imitar noutros países.

Ourensáns que participaron no Randori celebrado no Paco Paz.

4NataciónO Club Natación Pabe-

llón Ourense comezou a tempada �01�/13 defen-dendo o título da Copa Ga-lega de Clubs na División de Honra.

Nesta primeira xornada (fase preliminar) disputa-da na piscina de Riazor na Coruña, o club ourensán foi quen de rematar en pri-meira posición cunha van-taxe clara sobre os seus ad-versarios. O CNPO logrou 330 puntos alzándose co primeiro posto, por diante do Club Ferrol-Elynco con 3�3 puntos e en terceira posición quedou o CN Ga-laico con 307.

Disputáronse un total de 16 probas que foron dis-putadas polos seis equipos integrantes da Division de honra: Club Natación Ferrol, CN Galaico, CN Coruña, Club Natación Riveira, Club Fluvial de Lugo e Pabellón Ourense.

Este sábado 17 reanú-danse as competicións na piscina Rosario Dueñas copa galega de clubs.

EN BREVE

Page 21: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

�1PUBLICIDADE

Page 22: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

�� BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01� ACTUALIDADE

Redacción

A Deputaciòn Provincial de Ourense vén de convo-car na xunta de goberno a concesión das axudas �01� para clubs deportivos. A contía é de 150.000 euros, sensiblemente inferior á

A Deputación convoca as axudas aos clubs deportivos4 Repartirá 150.000 euros.

do ano pasado que ascen-día a algo máis de 450.000 euros.

O importe total reparti-rase entre 76 clubs, asocia-cións, escolas e sociedades deportivas da provincia de Ourense. O obxectivo destas axudas é contribuír

Redacción

A Fundación Cipri Go-mes organizou un magosto deportivo nas instalacións do Centro Deportivo de Formación e Ocio, que a entidade ten na localidade ourensá de Viana do Bolo.

Ao evento asistiron 170 persoas que participaron nas actividades programa-das durante todo o día.Os asistentes eran principal-mente alumnos das Esco-las Deportivas de Kárate

Magosto deportivo en Viana4 A Fundación Cipri Gomes organizou este evento que congregou 170 persoas.

da Fundación Cipri Gomes e os seus acompañantes, máis nenos da propia co-marca de Viana do Bolo.

Todos eles gozaron dun-ha xornada de convivencia na que, baixo a escusa da celebración do magosto, puideron participar en xo-gos, adestramentos, pa-seos, colleita de castañas, as cales se degustaron xun-to a outros produtos da te-rra, como carne e touciño entrefebrado, e refrescos.

Adestramento e exá-mes

Aproveitando a presen-za de alumnos das Esco-las Deportivas de Kárate, realizouse un adestramen-to conxunto impartido polo mestre Cipri Gomes, presidente fundador da Fundación Cipri Gomes, quen tamén realizou os exames de cinto de cor, entregándolles os diplo-mas e cintos de kárate correspondentes ao final do día.

Participantes do magosto deportivo celebrado en Viana.

dende a institución pro-vincial ao fomento de actividades deportivas na provincia de Ouren-se, principalmente para o desenvolvemento de eventos e competicións onde o deporte de base e a práctica do deporte en nenos e mozos é finalida-de máis destacada.

A contía das axudas ao deporte é un tercio das do ano 2011

R.T.

Tiveron que pasar sete xornadas para ver o pri-meiro triunfo do Caldaria Barrocás no seu regreso á División de Honra A do hoquei herba. Foi contra o Atlético San Sebastián, a quen venceu na xornada número sete por tres go-les a dous no campo de Mariñamansa. E iso que comezaron perdendo os locais (0-1), pero antes do descanso, dous goles de Xurxo déronlle a volta ao marcador.

Na segunda metade o dominio era dos visitan-tes, aínda que foi Borja Prol o que poría o 3-1 para os barrocos. Antes de que rematara o partido, os guipuscoanos farían o segundo gol deixando o definitivo 3-2.

Na vindeira xornada o

O Caldaria Barrocás logra a primeira vitoria da tempada4 Foi en Mariñamansa contra o Atlético San Sebastián.

Caldaria Barrocás visita a cancha do Pozuelo. Os madrileños son novenos con catro puntos, un máis que os ourensáns que mar-chan undécimos con tres. Na División de Honra des-cenden os dous últimos á Honra B; o Caldaria agora mesmo ocupa a penúltima posición.

Apóstol OurenseO Apóstol Ourense vén

de perder o seu primeiro encontro na División de Honra B contra o San Fer-nando de Sevilla. Os ouren-sáns son terceiros con catro puntos, a un do primeiro e do segundo clasificado. Na vindeira xornada o Após-tol xoga na casa contra o

Benalmádena. O encontro terá lugar en Mariñamansa o domingo 18 de novem-bro ás 13 horas.

Ourense H.C.Pola súa banda, o Ouren-

se H.C. non comezou con bo pé a súa andadura na Primeira División femi-nina e marcha na última posición con catro derrotas en catro partidos. A última derrota foi contra o Pozue-lo en casa, onde caeu go-leado por 0-7. A vindeira xornada as ourensás reci-ben ao Club de Campo en casa (domingo 18 ás 11 horas). De vencer, pasarían na clasificación ás madrile-ñas e sairían do derradeiro posto.

Na próxima xornada o Barrocás visitará ao Pozuelo e o Ourense H.C. recibirá ao Club de Campo

Xogada do partido entre o Barrocás e o Egara disputado en Mariñamansa.

Page 23: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�

�3ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá.

Nº66- Ano: IV - 16 de novembro de �01� - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

Alfonso Vilachá.

4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 7. Deporte e política nacional

Á parte dos aspectos cre-matísticos sinalados nos comentarios anteriores, merece a pena analizar a profunda intromisión da política no ámbito do de-porte.

A pesar da tese propug-nada en Occidente segun-do a cal o deporte debería estar á marxe da política, trátase dunha liña moi difí-cil de seguir, por canto os máximos dirixentes do de-porte e os deportistas teñen todos nacionalidade, inte-reses creados nos seus paí-ses e, como persoas, unha ideoloxía política.

Por outra banda, esa reivindicación de indepen-dizar deporte e política es-pertou múltiples e severas críticas. De feito, ante os grandes eventos deporti-vos, as masas ven ante os seus equipos unha repre-sentatividade que se escapa do meramente deportivo.

É unha realidade incues-tionable e palpable que os gobernos se arrogan o de-reito a participar no depor-te. En principio, fano con obxectivos claros e acepta-bles, pero a súa intromisión vincula a quen ostenta o poder nun momento con-creto coa traxectoria de algo, neste caso o deporte, que tería o seu máis pleno sentido sen ningunha inxe-rencia. Os gobernos adoi-tan tomar parte co fin de regular o deporte: nuns casos para controlar a

orde pública nos eventos deportivos, noutros para perseguir a dopaxe e a súa comercialización. Hai nacións nas que existe un “ministerio do deporte”. O problema radica no uso que se faga do mesmo.

Desde o mesmo instante en que se teña que acep-tar pola forza a realidade da participación estatal, é moi difícil evitar que o deporte sexa utilizado de maneira obxectiva, al-truísta e xusta.

Por mor da existencia desta inxerencia, sinalar que non se debe politi-zar o deporte equivale para moitos a dicir que as actividades deportivas débense deixar de manei-ra resignada en man dos gobernos, o cal significa deixar o deporte ao ser-vizo de quen na sociedade ocupa unha posición do-minante.

Alfonso Vilachá, entrenador e concelleiro de Deportes de Ourense

Deporte e realidade (VII)

A falta dunha xornada, a de decembro, non se prevén sorpresas nas categorías principais de pistola e carabina

P. Lodeiro

Na primeira fin de se-mana de novembro dis-putouse no Club de Tiro Eiroás a penúltima tirada da Copa Deputación de armas neumáticas. Acu-diron 19 tiradores entre todas as categorías, sendo as mellores puntuacións para Juan Doval (pistola sénior, 56� puntos), Nu-ria Mera (pistola damas, 37� puntos) e Jorge Enci-nas (carabina sénior, 579 puntos).

A última tirada desta competición, que nor-malmente se celebra a primeira fin de semana de cada mes, retrásase en decembro ao domingo 16, e nela coñeceranse os ga-ñadores desta �4ª edición da Copa Deputación. Ao longo deste �01�, medio cento de tiradores de toda Galicia participaron neste torneo, no que se valora a regularidade, e no que se compite con armas de aire comprimido a unha distancia de 10 metros (60 tiros para os homes e 40 para as mulleres). Os ven-cedores serán os que obte-ñan máis puntos na suma das catro mellores tiradas

do ano. A falta dunha xornada,

non se prevén sorpresas nas categorías principais de pistola e carabina, pois os líderes da competición (Mi-guel Colmenares en pistola sénior, Nuria Mera en pis-tola damas e Jorge Encinas en carabina) sacan unha boa vantaxe aos segundos clasificados.

Tampouco parece que vaia haber cambios nas tres categorías de veteranos, con Arturo Rodríguez, José Prada e Manuel Somoza á cabeza, nin en discapaci-tados, onde Víctor José e Sonia Álvarez son primei-ros, e tampouco en pistola cadete feminino, con Paula Fernández na primeira po-

TIRO OLÍMPICO

A Copa Deputación de aire enfila a súa recta final4 Só queda unha tirada desta liga anual para coñecer os vencedores da 24ª edición.

sición. Onde si pode haber modificacións é entre os máis novos deste deporte, con dous alevíns, Juan Gago e Martín Fernández, dispu-tándose o primeiro posto. A única tiradora alevín, Ana López, ten asegurado o seu éxito ao participar xa no mínimo de catro tiradas.

Os premios entregaranse trala última xornada, o do-mingo 16 de decembro, no Club de Eiroás.

Copa Cidade das BurgasA de aire comprimido

non é a única competición anual que se disputa no club de tiro ourensán. O vindei-ro �5 de novembro remata a Copa Cidade das Bur-gas, na súa quinta edición.

Jorge Encinas, Nuria Mera e Miguel Colmenares son os tiradores con máis posibilidades de facerse coa 24ª edición da Copa Deputación de aire comprimido nas categorías de carabina e pistola./ARQUIVO.

Trala tirada na galería de 50 metros, entregaranse os trofeos aos gañadores, que se coñecerán trala suma das tres mellores puntuacións da copa de cada un dos par-ticipantes. Miguel Jácome con 1.765 puntos en cara-bina lixeira tendido sénior, e Carlos Iglesias con 1.603 puntos en pistola libre teñen xa asegurado os primeiros postos nas súas respectivas modalidades.

Page 24: 15 Novembro 2012 - BD Nº66

�4 BARRIOS DEPORTIVO16 de novembro de �01�