dirección de fotografía

21
Como se fai unha película Dirección de fotografía

Upload: filmotecaforum

Post on 07-Apr-2017

53 views

Category:

Presentations & Public Speaking


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Dirección de fotografía

Como se fai unha película

Dirección de fotografía

Page 2: Dirección de fotografía

O  director  de  fotografía  (en inglés,  cinematographer  ou director  of  photography,  que  a miúdo  se  abrevia  “DOP”)  é  o xefe de todo o equipo de cámara e  iluminación  que  traballa  nun filme.Ten  responsabilidade  sobre  as decisións  artísticas  e  técnicas relativas á creación das imaxes.

Page 3: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na preprodución

A. Deseño conceptual e investigación

­Discutir todos os aspectos do guión e do achegamento do director ao filme nas primeiras conversas co director.

­Analizar o guión en conxunto.

­Analizar a estrutura do relato.

­Analizar os personaxes.

­Investigar  a  época,  os  acontecementos,  o  asunto  xeral  e  elementos  de  deseño axeitados.

­Idear un estilo ou achegamento visual.

­Proseguir as conversas co director sobre as ideas novas.

­Chegar a acordos co director.

­Discutir e chegar a acordos co deseñador de produción (director de arte).

­Discutir e chegar a acordos cos asesores técnicos.

Page 4: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na preprodución

B. Deseño e investigación práctica

­Determinar as necesidades orzamentarias.

­Explorar e aprobar as localizacións.

­Estudar as posicións do Sol nas localizacións.

­Verificar o clima local.

­Comprobar táboas de mareas preto do océano.

­Revisar, discutir e aprobar os plans de decoración e preparación de escenarios.

­Revisar  e  aprobar  elementos  de  atrezzo,  coches,  avións,  barcos,  vehículos  de tracción animal, maquetas e miniaturas.

Page 5: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na preprodución

C. Deseño e investigación técnica

­Visitar  o  laboratorio  para  calibrar,  adaptar  e  avaliar  as  necesidades  de exposición  para  os  sistemas  de  captura  de  imaxe  electrónica  ou  óptica  e establecer os protocolos de revelado, impresión, corrección e envío dos materiais.

­Visitar vendedores de equipos.

­Investigar novo equipamento.

­Aprender como traballa o novo equipamento.

­Inventar (ou estimular a invención) de equipamentos e técnicas especiais.

­Estandarizar e crear unha “biblia” de situacións na rodaxe.

­Axudar na creación dos storyboards e aprobalos.

­Deseñar (ou estimular o deseño) do equipamento luminoso e aprobalo.

­Deseñar  o  plan  e  o  equipamento  de  iluminación  para  os  escenarios  e  as localizacións co gaffer (xefe eléctrico) e key grip (maquinista xefe).

Page 6: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na preprodución

D. Control de calidade

­Escoller  e  aprobar  equipo  humano,  película  cinematográfica,  laboratorio, equipamento técnico, equipos de segunda unidade e efectos especiais.

­Supervisar a produción e comprobación do equipamento novo modificado.

­Visitar os decorados durante a súa construción.

­Aprobar os elementos móbiles dos decorados (paredes, teitos, etc).

­Comprobar o equipamento de luces.

­Pasear polos sets cos distintos departamentos para discutir as necesidades.

­Aprobar cores e texturas dos decorados.

­Aprobar cores e texturas do vestiario.

­Aprobar maquillaxe e peiteados.

­Aprobar materiais para os equipamentos de cámara, eléctrico e de máquinas.

­Asegurarse de que as salas de proxección dos dailies cumpren as necesidades.

Page 7: Dirección de fotografía

Imaxes: arriba, Roger 

Gilbertson (Creative 

Commons Attribution Share­alike 

license 2.0). Dereita, Serych / 

Wikipedia

Page 8: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na preprodución

E. Desenvolvemento

­Adestrar o persoal no uso do novo equipamento.

­Pasear polos sets co director e idear un plan de rodaxe.

­Preparar  unha  listaxe  de  equipamentos  especiais  para  o  xefe  de  produción  e indicar o número de días que se precisan.

­Traballar  co  axudante  de  dirección  no  calendario  de  rodaxe  (orde  e  días requiridos para cada escena).

­Facer  unha  estimación  da  película  cinematográfica  precisa  (tipo,  largo  e cantidade) e pedila [*ou a necesidade equivalente no caso de rodaxe dixital]. 

­Xerar  e  aprobar  as  necesidades  especiais  de  material  e  persoal  preciso  para momentos puntuais da rodaxe. 

­Axudar a outros departamentos a conseguir o equipamento e persoal preciso.

­Visitar  os  departamentos  e  falar  cos  xefes  de  departamento  polo  menos  dúas veces ao día para responder calquera pregunta.

Page 9: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na preprodución

E. Desenvolvemento

...

­Mediar nos problemas entre departamentos.

­Comprobar  o  transporte  de  materiais  en  camión  ou  contedores  até  as localizacións ou viaxes ao estranxeiro.

­Visitar os ensaios dos actores.

­Dar apoio ao director en calquera problema.

­Axudar nos problemas de produción.

Page 10: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na preprodución

F. Probas

­Facer probas de estilo visual.

­Facer probas de laboratorio.

­Facer probas de iluminación cos actores principais.

­Facer probas coa cámara e lentes.

­Facer probas de vestiario e maquillaxe.

­Facer probas de efectos especiais ou de calquera procedemento infrecuente.

Page 11: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na rodaxe

A. Planeamento

­Comprobar e aprobar o plan de rodaxe e as necesidades de cada día.

B. Traballo en bloque

­Observar os ensaios das escenas a filmar.

­Deseñar a listaxe de planos co director.

­Escoller óptica e composición; amosarlla ao director para a súa aprobación.

­Asegurarse de que a composición e o movemento acadan o obxectivo da escena.

­Resolver  problemas  mecánicos  da  cámara,  dolly  (plataforma)  e  crane  grips (guindastre).

­Fixar indicacións dos movementos de cámara.

­Facer ensaios cos dobres de cámara.

­Asegurarse de que hai unha cobertura suficiente da escena para o montador.

­Traballar co axudante de dirección a acción de fondo [*figuración, etc].

Page 12: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na rodaxe

C. Iluminación

­Deseñar a  iluminación do decorado/localización máis axeitada para a historia, estilo visual e contido dramático.

­Iluminar a cada actor de forma que axude e reforce o personaxe.

­Asegurarse de que o ton de luz axuda a contar a historia. 

­Optimizar a iluminación para que non se perda moito tempo entre escenas.

­Traballar cos pintores do departamento de arte para controlar puntos máximos de luz, sombras e envellecemento de decorados e materiais de atrezzo.

­Fixar os valores de luz, cor e contraste de cada escenario (exposición).

­Fixar todos os cambios de luz (amortecedores, focos, cambios de cor, etc).

Page 13: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na rodaxe

D. Preparación

­Resolver calquera problema de son.

­Resolver calquera problema con outros departamentos.

­Comprobar e aprobar as escenas de acción co coordinador das mesmas.

­Colocar cámaras adicionais requiridas para esas escenas.

­Facer  unha  dobre  comprobación  de  seguridade  con  todas  as  persoas  que participan.

­Amosar o plano ao director para facer calquera cambio final.

­Preparar os actores para o ensaio mecánico final; resolver calquera problema.

Page 14: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na rodaxe

E. Fotografía

­Filmar a escena.

­Aprobar ou corrixir o plano.

­Comprobar parámetros e reiniciar para o seguinte plano.

­Filmar material de respaldo. 

Page 15: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na rodaxe

F. Administración

­Asegurarse de que se recollen  fotos  fixas de cada escena. Falar cos equipos de making of e/ou EPK (electronic press kit) sobre o material que precisan.

­Darlle  ao  script  supervisor  (continuidade)  información  sobre  a  cámara  e  a iluminación. 

­Comprobar o stock de película cinematográfica [*ou equivalente dixital].

­Comprobar que o parte de cámara se mantén ao día.

­Discutir as accións do seguinte día.

­Asegurarse  de  que  cámaras,  eléctricos  e  maquinistas  teñen  os  recibos  de alugueiros  ou  compra  de  equipamento  e  aprobalos  antes  do  pagamento  a provedores.

­Comentar co equipo de produción incidencias ao final do día.

­Devolver o equipamento que non se utiliza.

Page 16: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na rodaxe

G. Control de calidade

­Pedir informes de laboratorio.

­Ver  o  traballo  dos  días  previos  co  director,  produtor,  montador  e  equipo  de cámara.

­Discutir e aprobar os dailies.

­Consultar os  dailies  con maquillaxe,  vestiario, dirección de arte  e axudante de dirección.

­Ver, discutir, corrixir e aprobar os dailies de segunda unidade ou efectos.

­Solicitar novas copias se é necesario.

[*Facer copias de seguridade do material.]

Page 17: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na rodaxe

H. Formación

­Adestrar os actores novos na técnica cinematográfica (chegar ás marcas, tamaño dos planos, ópticas, etc).

­Adestrar o equipo de cámara sobre os equipamentos novos.

I. Continxencias

­Se o director ou directora non pode, rematar a rodaxe do día no seu lugar.

Page 18: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na posprodución

A. Fotografía adicional

­Discutir e estar ao tanto dos prazos de toda a posprodución.

­Filmar ou aprobar escenas adicionais, insercións, efectos especiais ou rodaxe da segunda unidade.

B. Etalonaxe (cor e densidade)

­Aprobar o tráiler para salas de cinema e TV.

­Aprobar todos os efectos ópticos e dixitais.

­Etalonar o filme.

­Corrixir a etalonaxe até a versión final.

Page 19: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na posprodución

C. Control de calidade

­Aprobar a answer print (copia cero).

­Amosarlla ao director para OK.

­Aprobar interpositivo (IP). [*Película]

­Aprobar internegativos (IN). [*Película]

­Aprobar copias de exhibición.

­Aprobar show prints a partir do negativo orixinal. [*Máxima calidade]

­Aprobar inchados e reducións. [*Película]

Page 20: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na posprodución

D. Telecine/Corrección de cor

­Supervisar  e  aprobar  a  transferencia  do  soporte  dixital  ou  fílmico  orixinal  a medios  electrónicos  ou  fílmicos  (HD,  NTSC,  PAL,  dixitalización,  material  de arquivo, etc).

­Supervisar e aprobar todas as transferencias a e dende soportes dixitais.

­Supervisar e aprobar o letterbox [*preserva a proporción orixinal], pan and scan [*enche a pantalla] ou calquera alteración de formato.

­Supervisar  e  aprobar  a  corrección  de  cor  para  cada  medio  (VHS,  DVD, proxección dixital, etc).

­Amosarlle as transferencias dixitais ao director para OK.

Page 21: Dirección de fotografía

Responsabilidades dun director de fotografíaAdaptado dun artigo de John Hora (ASC) na revista “American Cinematographer”

Na posprodución

E. Promoción

­Participar activamente na promoción: prensa diaria, revistas, Internet, radio, TV, comentarios para o DVD, etc.

F. Restauración / Arquivo

­Estar dispoñíbel para  calquera  futuro  relanzamento,  tiraxe de novas  copias ou transferencia dixital do filme.

Esta  listaxe de obrigas do director de  fotografía publicouse en xaneiro de 2003 na revista American Cinematographer.