exposiciÓn colectiva pandemia. novos retos · 2 days ago · 6 exposiciÓn colectiva 07.10 / 07.11...

24
EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos Santi Picos ORGANIZA: COLABORA: CONCELLARÍA DE CULTURA

Upload: others

Post on 09-Oct-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I V A

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos

San

ti P

ico

s

ORGANIZA: COLABORA:

CONCELLARÍADE CULTURA

Page 2: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

Sala de exposicións do 3º andar do Pazo da Cultura

7 de outubro - 7 de novembro de 2020

De luns a venres de 19.00 h a 21.00 h

Sábados e domingos de función FIOT desde 1 hora antes do inicio e ata o comezo da obra

Cita previa: 981704300

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

Pandemia. Novos retos

Page 3: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

A Concellaría de Cultura do Concello de Carballo lanzou un desafío a un colectivo de

creadores da localidade para que mostren a súa visión sobre o momento que estamos

a vivir nesta época de crise sociosanitaria debida á COVID-19 e a necesidade da cultura

para superala. O resultado é a exposición “Pandemia. Novos retos”, unha mostra colectiva

de vinte obras de modalidades e técnicas diferentes.

Os dezasete artistas vinculados a Carballo que compoñen esta mostra de artes plásticas

son Antón Díaz, Cristina Castro, Esther Chamoso, Isa Fernández, Isabel Soutullo, Josecho

González, Laura Tova, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro,

O’Mighelo, Otilio Fernández, Pedro Tasende, Peter Kramer, Raúl G. Herrera e Santi Picos.

Este catálogo complétase cunha serie de vídeos onde os e as artistas explican a técnica

e o significado da súa obra. Podes atopalos na canle de Youtube do Concello de Carballo

e na páxina web www.carballo.gal/cultura.

Pandemia. Novos retos

Page 4: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

4

¿Por qué todos los capullos no se convierten

en mariposas?, de María Marticorena

CovidA, de María Marticorena

Tarda que arda, de Isabel Soutullo

Do outro lado do arame, de O’Mighelo

A nova liberdade, de O’Mighelo

Okupas silenciosos, de Milagros Cotelo

Primavera das ninfas, de Raúl G. Herrera

Elle s’appelle Corona, de Antón Díaz

El gran dictador, de Otilio Fernández

Emocións a flor de pel, de Mon Lendoiro

Serie B: Terror e Calma, de Cristina Santiago

Entre o amor e o medo, de Laura Tova

COVID 19, de Manuel Eirín

Sen título, de Peter Kramer

Fraxilidade, de Esther Chamoso

Conta, de Pedro Tasende

Isolamentum, de Josecho González

Mutación da nosa esencia, de Santi Picos

Sin adiós, de Isabel Fernández

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

ÍNDICE

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

Pandemia. Novos retos

Page 5: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

5

¿Por qué todos los capullos no se convierten en mariposas?

Sobre a autora

Instalación de 8 caixas con fotografías e mariposas monarcas, 22x18 (cada caixa).

A instalación de oito caixas con fotografías e mariposas monarcas é o resultado

da performance que a autora realizou na galería de arte Manolo Eirín de

Carballo. Nesa performance, onde naceron as mariposas, María Marticorena

traballa os conceptos de adaptación, cambio, transformación e renacer

a través da fusión e hibridación do corpo humano, a arte contemporánea

e a grandeza da natureza. Sobre unha cadeira e unha táboa de madeira, a

performer permaneceu sentada, sen moverse, durante catro longas horas, o

que dá conta da complexidade da obra.

María Marticorena (A Coruña, 1977) é artista visual e performer, profesora de

Educación Plástica e Visual e conservadora-restauradora de Bens Culturais.

Dedicada á arte de acción desde o 2004 como eixo da súa traxectoria artística.

Nese mesmo ano, recibe o primeiro premio “Novos Valores” e xa en 2006

gaña o primeiro premio de artes plásticas “Gzcrea” da Xunta de Galicia. Coa

súa obra performática ten participado en festivais, residencias de artistas,

museos e talleres tanto en Galicia, como a nivel nacional e internacional.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 6: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

6

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

CovidA

Sobre a autora

Instalación sonora.

A través do uso de obxectos cotiáns como un conxunto de pratos

apiñados, onde a maioría vería un quefacer diario, dun modo creativo

rómpese e reconstrúese ese imaxinario de asuntos mundanos.

A obra toma como inspiración e punto de inflexión o acto de lavar, a limpeza

e a pulcritude, aspectos máis que significativos do mundo pandémico no

que vivimos. Esta instalación lúdico-sonora pretende dialogar co espectador

a través do movemento e do son nuns actos máis que obsesivos, repetitivos

e rutinarios do colectivo social en tempos da COVID-19.

María Marticorena (A Coruña, 1977) é artista visual e performer, profesora

de EPV e conservadora-restauradora de Bens Culturais. Dedicada á arte de

acción desde o 2004 como eixo da súa traxectoria artística. Nese mesmo

ano, recibe o primeiro premio “Novos Valores” e xa en 2006 gaña o primeiro

premio de artes plásticas “Gzcrea” da Xunta de Galicia. Coa súa obra

performática ten participado en festivais, residencias de artistas, museos e

talleres tanto en Galicia, como a nivel nacional e internacional.

Page 7: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

7

Tarda que arda

Sobre a autora

Técnica mixta, 50x105.

A obra semella unha cachela de San Xoán onde se queima o que non nos

gusta ou cousas vellas. Neste caso, a autora emprega as máscaras como

material para a obra, simbolizando a festa que fariamos celebrando a fin da

existencia da COVID-19.

Isabel Soutullo (Coristanco, 1971) comezou a pintar aos 20 anos, despois de

facer un curso de delineación. Formada en academias de debuxo e pintura,

é en gran parte autodidacta. Desde 2018 ten participado en diferentes

exposicións colectivas de Carballo e comarca.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 8: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

8

Do outro lado do arame

Sobre o autor

Acrílico sobre lenzo, 25x35.

O autor móstranos como se pode estar vivindo a crise do

coronavirus ao outro lado do arame. Así, fainos reflexionar sobre

como se estarán protexendo as persoas do terceiro mundo ou

en países en desenvolvemento. Terán a mesma facilidade para

adquirir máscaras? Porque esta crise non a estamos vivindo todos

de igual forma.

Miguel Anxo Calvo, ‘O’Mighelo’ (Carballo, 1959), comezou a pintar sendo

neno nas cinzas da lareira de súa avoa. Ao carón do lume, aprendeu que

podía debuxar, estampar e recrear os seus propios soños. Autodidacta, ten

participado en diferentes exposicións colectivas en Carballo. Tamén pinta

murais de arte urbana, participando no proxecto “Derrubando muros con

pintura” en Carballo ou nas Festiletras do Couto (Ponteceso).

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 9: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

9

A nova liberdade

Sobre o autor

Acrílico sobre lenzo, 150x63.

Ataduras que nos levan á liberdade. A través dunha máscara atada, o autor

manifesta que hai que tratar de ser libres pero con máscaras na boca.

A nosa medida de protección fronte ao virus. Directo, sinxelo e realista

para tratar a realidade que estamos vivindo nesta época da COVID-19.

Miguel Anxo Calvo, ‘O’Mighelo’ (Carballo, 1959), comezou a pintar sendo

neno nas cinzas da lareira de súa avoa. Ao carón do lume, aprendeu que

podía debuxar, estampar e recrear os seus propios soños. Autodidacta, ten

participado en diferentes exposicións colectivas en Carballo. Tamén pinta

murais de arte urbana, participando no proxecto “Derrubando muros con

pintura” en Carballo ou nas Festiletras do Couto (Ponteceso).

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 10: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

10

Okupas silenciosos

Sobre a autora

Óleo, 80x80.

O virus non se ve, é un okupa que entra nos nosos corpos sen pedir

permiso e utilízanos coma se foramos un tren, autobús ou calquera

medio de transporte que deixa e colle pasaxeiros coa única premisa de se

multiplicar. Así define a autora a súa visión sobre o coronavirus. No cadro

quixo reflectir o medo e a angustia da xente, que vía como eses trens e

autobuses viñan directamente contra ela. Corpos enfermos, moribundos,

cadaleitos en soidade, sen tempo para despedidas. Mais estes okupas non

fixeron nada que os humanos non fixeramos antes, destruíndo ecosistemas

completos. A obra convida a reflexionar sobre todo isto e a onde nos

diriximos como especie.

Milagros Cotelo (Carballo, 1959), leva varios anos pintando. Defínese

como semi-autodidacta, formándose en distintas técnicas en diferentes

obradoiros ao longo destes anos. Ten participado en numerosas exposicións

colectivas e propias en Carballo, boa parte da Costa da Morte e na Coruña.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 11: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

11

Primavera das ninfas

Sobre o autor

Acrílico sobre lenzo, 90x40.

A obra foi pintada na herba húmida debaixo das maceiras cheas de

flores na primavera de 2019 en Castro de Ribeiras de Lea, na Terra Chá

(Lugo). A peza é o resultado de deixar fluír a mente. O cadro segue a

forma de pintar do autor: derrama as cores axeitadas segundo a idea

que ten. Logo, espalla varios varridos coa espátula ou cartón, sen fixarse

no que acontece, senón como quen dirixe unha peza de música.

Raúl G. Herrera (Lille, 1975) é diplomado en Relacións Laborais e, no eido

artístico, conta con diferentes cursos de gravado e pintura. Desde o 2010

participa en exposicións colectivas de diversas agrupacións, expoñendo as

súas obras en Carballo, Malpica, Ponteceso, Ribadeo e Alcalá de Henares.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 12: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

12

Elle’s appelle Corona

Sobre o autor

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Óleo sobre lenzo, 65x81.

A obra forma parte do traballo de fin de grao do autor sobre as vangardas

galegas. Marcada e inspirada por Luís Seoane, segue o seu estilo pictórico

para reinterpretar a súa obra “La emigrante” (1967). Deste xeito, critica

o social nun novo contexto histório onde os males de Galicia aínda

asemellan vir do estranxeiro e do non saber. Metáforas e simbolismos

agochan a intención desta peza: sinalar os problemas presentes nesta

nova normalidade. Algúns deles poderían ser a división da sociedade, os

escándalos da coroa, a incerteza e o inimaxinable.

Antón Díaz “Tucho” (Santiago de Compostela, 1998) defínese como

carballés e galeguista. Graduado recentemente en Belas Artes pola

Universidade de Salamanca, xa ten participado en diversas exposicións

pictóricas na Costa da Morte durante a súa adolescencia. Na etapa

universitaria estuda un ano na Universidade de Puerto Rico, onde sente a

morriña da terra e comeza a mergullarse na arte galega: investiga a obra

dos pioneiros da pintura galega como Maside, Laxeiro, Seoane e Castelao,

que guiarán o seu traballo como pintor.

Page 13: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

13

El gran dictador

Sobre o autor

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Ilustración dixital impresa, 42x52.

A obra é unha representación sensacionalista da orixe do virus, unha crítica

aos medios de comunicación que nos bombardean con falsas noticias e

unha burla a algúns líderes políticos, que son os novos ditadores desta

nova era.

Oti Fernández (Carballo, 1980) estudou deseño gráfico e fotografía na

EASD Pablo Picasso da Coruña. Traballou en publicidade e imprenta,

así como tamén formou parte do equipo de imaxe de Zara Home. En

Inditex puido traballar con grandes fotógrafos como Juan Gatti. De forma

autodidacta, aprende a traballar con vídeo, sendo tamén agora creador

audiovisual. Oti móvese no mundo do deseño gráfico, a foto e o vídeo. Moi

apegado ao mar, capturar momentos dentro da auga é a forma artística

visual que máis lle gusta.

Page 14: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

14

Emocións a flor de pel

Sobre o autor

Acrílico sobre lenzo, 170x109.

A obra é o reflexo das emocións positivas e negativas que o autor descubriu

e experimentou durante o confinamento do estado de alarma provocado

pola COVID-19. As emocións pasaban dun extremo a outro coma nun ser

bipolar, de aí que a figura principal sexa debuxada xeometricamente e de

forma redonda, para dar constancia e continuidade aos cambios emocionais.

Na obra, o autor transmite os ditos estados a través da cor e os cambios

empregando a forma.

Mon Lendoiro (Carballo, 1971) é técnico superior en Artes plásticas, Deseño e

Gráfica publicitaria e técnico superior en Ilustración. Tralos seus estudos, segue

formándose realizando numerosos talleres artísticos, onde comeza a traballar

noutros campos como o gravado, o volume, a cerámica ou a ilustración. Ten

participado en numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas. No

2014 abre o seu estudo-galería de arte “Garabato”, onde compaxina obradoiros

con exposicións artísticas, performance e incluso teatro.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 15: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

15

Serie B: terror e calma

Sobre a autora

Acrílico e rotulador, 40X50.

A obra consta de dous lenzos. Os cadros recórdannos a un cartel de película

de ciencia ficción, facendo un símil coa situación que vivimos, que parece

sacada dunha longametraxe de serie B dos anos 50. O monstro sería o virus e

o medo que produciría á xente estaría no descoñecemento que temos sobre a

súa orixe, propagación e contaxio.

As persoas asustadas no primeiro lenzo atopan o contrapunto no segundo

lenzo. Este parece outro mundo, onde todo é de cor de rosa. Nada de fuxir,

berrar ou entrar en pánico. Segue as recomendacións e usa máscara.

Nos dous lenzos todo é moi irreal e, á vez, a autora quere achegar coa súa

obra un punto de humor para quitar importancia a algo tan grave que tantos

falecidos está a causar.

Cristina Castro Santiago (Xixón, 1975) vive en Carballo desde nena. No 2008

decide realizar o ciclo superior de Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña.

Comeza entón a participar en exposicións colectivas e individuais en Carballo,

Mugardos, Pontedeume, Arteixo, A Coruña, Madrid e México. É unha das primeiras

participantes no proxecto de arte urbana “Derrubando muros con pintura” de

Carballo. Despois desta experiencia, segue pintando muros en escolas.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 16: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

16

Entre o amor e o medo

Sobre a autora

Acrílico sobre papel, 50x65.

Con técnica mixta (colaxe, acrílico, tinta e lapis de cor), a obra é un autorretrato

emocional da autora na pandemia. Expresa ese refuxio interior que axuda a

seguir creando e vivindo, sen caer nas tentacións do medo.

Laura Tova (Carballo, 1989) estudou ilustración na EASD Pablo Picasso

da Coruña. Comeza co deseño de produto en 2014 para, posteriormente,

introducirse no mundo do deseño e da ilustración publicitaria. Participa en

diversas iniciativas de arte urbana como “Derrubando muros con pintura” ou

“Carballo mirando ao mar” en Carballo ou “Mulleres en acción, #violenciazero”

da Deputación de Pontevedra.

Imparte obradoiros nos que transmite a súa particular forma de interpretar

a linguaxe gráfica a través dos sentidos e do xogo. En 2018 introdúcese no

mundo editorial, ilustrando para editoras galegas como Xerais ou OQO.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 17: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

17

COVID19

Sobre o autor

Grafito, aceite sobre algodón, 150x100.

Como o propio título indica, o autor quere mostrar na súa obra o vivido

durante a pandemia da COVID-19, mostrando as proteínas S e os receptores

ACE2. O cadro representa unha fórmula matemática para que as pezas teñan

unha proporción áurea.

Manuel Eirín (Fisterra, 1967) é un artista multidisciplinar e defínese como

explorador contemporáneo. Comeza a súa andaina artística en 2002,

deseñando mobles con estilo único, funcional e contemporáneo. Actualmente

é propietario da galería de arte “Manolo Eirín” en Carballo, desde onde promove

e exhibe obras de artistas locais ou vinculados á comarca. Recentemente,

asina os murais cerámicos do parador da Costa da Morte en Muxía.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 18: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

18

(Sen título)

Sobre o autor

Corda, algodón e cúrcuma, 60x50.

A obra, feita durante o confinamento, son dúas urnas posando en silencio,

agardando a encherse ou baleirarse, segundo a mirada do observador. É unha

repetición de nós, onde o autor mostra a súa inquedanza por buscar a beleza

clásica a través dun tema que fala da morte.

Peter Kramer (Dinamarca, 1959) chegou Malpica en 1999. Na vila pesqueira

estaba de paso e, finalmente, resultou a súa parada definitiva. Peter Kramer

di que traballa para ocupar a maior parte de tempo posible e os cadros e

esculturas son o resultado desa actividade, dese medo ao baleiro.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 19: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

19

Fraxilidade

Sobre a autora

Acuarela sobre papel, 70x50.

A obra representa un dente de león que se desfai arrastrado polo vento.

O debuxo compleméntase cun poema que segue a métrica dun haiku xaponés.

A autora busca un paralelismo entre a condición de vulnerabilidade da flor e a

fraxilidade humana exposta á pandemia. Tanto a técnica da acuarela como o

lixeiro enmarcado acompañan á obra para dar consistencia á metáfora.

Esther Chamoso (Salamanca, 1980) estudou Arquitectura Técnica na

Universidade de Salamanca. Na súa provincia de orixe exerce a súa profesión

ata que en 2005 se traslada a Galicia, onde continúa traballando no campo

da arquitectura e da construción. O debuxo sempre formou parte da súa vida

pero é en 2016, coa entrada na Asociación Creaformas de Carballo, cando

comeza a participar en exposicións colectivas e individuais no municipio e a

facer públicos os seus traballos. Desde ese momento, compaxina o traballo de

arquitecta con diferentes proxectos artísticos, como a súa colaboración coa

escola de artes “El laboratorio” na Coruña.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 20: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

20

Conta

Sobre o autor

Tinta china sobre papel, 70x50.

A obra, enmarcada nun marco antigo de Manolo Eirín, forma parte da serie

“Presencias”, na que Pedro Tasende traballa desde 2019 e onde explora a

través do debuxo en negativo. A obra configúrase grazas ás reservas de papel

en branco dentro da masa de tinta negra. Ao autor gústalle facer a analoxía

cos pulmóns onde a súa esencia son as cavidades do aire. O resultado é froito

da improvisación absoluta, buscando a poética do xesto espontáneo. Neste

caso, revelouse un xesto repetitivo e monótono, que nos convida a pensar nas

interminables enumeracións de vítimas da pandemia. Ruda e rotunda, como

todo o que estamos a vivir.

Pedro Tasende (Carballo, 1985) conta que de pequeno lle era difícil atopar o seu

lugar entre tantas voces, rodeado de tres irmás maiores, polo que se refuxiou

nunha burbulla de xoguetes de debuxo e construción, desenvolvendo así o

talento creativo. Apaixonado pola construción, estuda enxeñaría en deseño de

produto e logo arquitectura. O deseño e auto-construción de mobles, obras

de arte e gráficos completan a súa experiencia universitaria. Tras o seu paso

por estudios de arquitectura internacionais en España e Francia, agora faino

coa súa propia marca T S N D estudio. Para el, o proceso creativo é unha

especie de dixestión emocional, unha procura do esencial.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 21: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

21

Isolamentum

Sobre o autor

Acrílico sobre lenzo, 30x90.

A obra foi creada durante o confinamento, algo que queda patente no propio

título e na paleta reducida de cores empregadas. Estas cores reflicten o estado

emocional do artista nesas datas e marcan así unha austeridade cromática non

habitual na obra do autor. Coma no resto das súas obras, non se transmite un

concepto concreto ou real, simplemente trata de converter a forma e a cor

no tema principal para crear un exercicio de pureza visual, recuperando así as

posibilidades da forma e da cor como medio pictórico.

Josecho González pretende nas súas obras que o que se presenta ante os

ollos, aquilo que non coñecemos, nos guíe por un novo modo de comprensión.

O autor convida a observar para sacar a nosa propia interpretación.

Josecho González (Carballo, 1969) estivo interesado no mundo plástico desde

pequeno. Non obstante, é na madurez cando comeza a ter contacto directo

coa arte. Interésase pola pintura, realizando traballos autodidactas. A súa

obra está baixo a influencia da abstracción e da xeometría, que se manifesta

a través de formas definidas pola composición minimalista e harmoniosa.

A súa carreira artística conta con notables exposicións, tanto individuais

como colectivas.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 22: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

22

Mutación da nosa esencia

Sobre o autor

Técnica mixta, 73’5x53’5.

Empregando ceras, carbón, estilógrafo, rotulador, lapis de cores e acrílico, a

obra destaca no uso das cores: estridentes, con partes en branco e negro,

transmitindo unha gran dose de pesimismo. O autor quere reflectir a vida

dunha persoa calquera nun lugar calquera, vivindo o malestar dunha pandemia

mundial sen máis compañía cás catro paredes da súa casa. A persoa pendura

dun cable dun televisor vello, simbolizando a dependencia e confusión xerada

polos medios de comunicación.

O teito e o chan son taboleiros de xadrez, onde a man dun ente descoñecido

coloca a primeira peza para iniciar a partida. Na parte superior, un papel rachado,

contén a frase: “O aillamento é unha espiral de pensamentos negativos”. O autor

quere dicirnos que unha sociedade illada acaba por ter carencias ou síntomas

de enfermidade. É esa enfermidade o que reflicte o cadro.

Santi Picos (Carballo, 1985), estudou ilustración na EASD Pablo Picasso

da Coruña. Ademais, completa a súa formación artística con diferentes

obradoiros de deseño gráfico, gravado, modelado en barro, caricatura e

acuarela. Ten participado en numerosas exposicións individuais e colectivas

tanto en Carballo como na Costa da Morte. Tamén participou en proxectos

de arte urbana como “Derrubando muros con pintura” en Carballo, “Mulleres

pioneiras”, “Arte na rúa” e “Ruar e rir”.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 23: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

23

Sin adiós

Sobre a autora

Barro de Buño moldeado á man.

A través de dúas mans unidas, a autora quere mostrar e render homenaxe

a toda aquela xente que non puido despedirse dos seus seres queridos durante

a época de confinamento da crise sociosanitaria da COVID-19.

Isa Fernández (Carballo, 1972) desenvolve desde pequena múltiples disciplinas

artísticas: canto, baile, gaita, teatro… Pero é en 2013 cando descobre a súa

verdadeira paixón. Nese ano realiza un curso de Oleira en Buño e aí comezou a

súa inquedanza pola escultura. Actualmente segue explorando as posibilidades

do barro de Buño para crear pezas artísticas. Ten participado en diferentes

exposicións colectivas en Carballo.

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.

Page 24: EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos · 2 days ago · 6 EXPOSICIÓN COLECTIVA 07.10 / 07.11 Pandemia. Novos retos. CovidA Sobre a autora Instalación sonora. A través do

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos

ORGANIZA: COLABORA:

CONCELLARÍADE CULTURA