programa man blanca lÓpez rubal 19 12 17 · 2017. 11. 14. · auditorio “david russell”...

2
Conservatorio Profesional de Música de Vigo Conservatorio Profesional de Música de Vigo Auditorio “David Russell” Conservatorio Profesional de Música de Vigo Recital Blanca López Rubal, violonchelo Martes 19 de decembro de 2017 ás 20:30 horas

Upload: others

Post on 11-Feb-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • !

    !

    Conservatorio Profesional de Música de Vigo

    !

    !

    Conservatorio Profesional de Música de Vigo

    Auditorio “David Russell” Conservatorio Profesional de Música de Vigo

    RecitalBlanca López Rubal, violonchelo

    Martes 19 de decembro de 2017 ás 20:30 horas

  • Blanca López Rubal (violonchelo)

    De pais galegos, nace en Madrid en 1983. Comeza os seus estudos aos dez anos no Conservatorio Ángel Arias de Maceín (Madrid), centro no que coñece a Eduardo Palao, profesor que impulsará a súa carreira. Entre 2004 e 2007 gradúase no Conservatorio Superior de Música da Coruña, obtendo Matrícula de Honra no seu recital de fin de carreira. Neste período é ademais alumna da Escola Superior de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela, onde recibe clases de Plamen Velev, violoncello principal da Orquestra Real Filharmonía de Galicia. Durante 2007-2010 especialízase no Conservatorio de Amsterdam co profesor Maarten Mostert, obtendo o “Bachelor Degree”. 
Blanca recibiu clases Maxistrais de recoñecidos violoncellistas como Damián Martínez, Peter Thiemann, Mijail Milman, Lluis Claret, Amit Peled, Pieter Wispelwey, Vater Despalj, Dimitri Ferschtman, Roel Dieltiens (Amsterdamse Cello Biennale Festival 2008), Richard Aaron, Christophe Coin, Elena Cheah, Adolfo Gutiérrez e Dragos Balan. 
En cuanto a experiencia orquestral, foi membro da JOCAM (Nova Orquestra da Comunidade de Madrid) durante 2001-2004, e da JONDE (Joven Orquesta Nacional de España) durante 2006-2008. En 2009 colabora coa Orquestra “Holland Symfonia” no Muziekteather de Amsterdam. Entre 2011-2013 é membro titular da Orquestra Escola da Sinfónica de Madrid. En 2014 é membro titular da Orquestra da Ópera de Madrid (axuda de solista). Actualmente colabora coas Orquestras: Sinfónica de Madrid, Orquestra Clásica Santa Cecilia (Madrid), Orquestra Filarmonía (Madrid), Orquestra de Cámara Andrés Segovia (Madrid), ORCAM (Orquestra da Comunidade de Madrid), Orquestra Sinfónica Verum (Castela A Mancha-Madrid), e coa Orquestra Vigo 430, coa que foi invitada como solista. 
En música de cámara colabora asiduamente con diferentes agrupacións: Cuarteto Liber, Cuarteto Quercus Sonora, Festival de Música de Cámara da Ulloa (Lugo); e é membro do Cuarteto Goyeneche. Destacan concertos no Auditorio Nacional de Música, o Teatro Arenal (Madrid), o Auditorio Cidade de León, o Palacio de Festivais de Santander, e no “Festival Grieg” de Bergen (Noruega).Foi finalista do Concurso Acordes, patrocinado por Caixa Madrid, en dúas ocasións. Durante 2007-2009 é membro do Cuarteto Espiga, que se forma na Nederland Strijk Kwartet Academie de Ámsterdam baixo a tutela de Stefan Metz (Cuarteto Orlando), Eberhard Feltz (Universidade Hans Eisler de Berlín), Johannes Meissl (Cuarteto Artis) e Isabel Charisius (Cuarteto Alban Berg). Activa en cuanto a labor pedagóxica, foi profesora no Conservatorio Profesional de Música da Coruña (2009-2010), e no Centro Integrado de Ensinos Artísticos Conservatorio Profesional de Música

    Programa J.S, Bach (1685-1750). Suite I para violoncello solo BWV 1007 Preludio Allemanda Courante Zarabanda Minuetos Giga

    G. Crumb (1929). Sonata para violoncello solo (1958) I. Fantasía ------------------ J.S, Bach. Suite II para violoncello solo BWV 1008 Preludio Allemanda Courante Zarabanda Minuetos Giga

    G. Crumb. Sonata para violoncello solo II. Tema pastoral con variaciones

    “Federico Moreno Torroba” de Madrid (2016). Actualmente imparte clases na Escola “Mocidades Musicais de Alcalá de Henares” (Madrid), e na Escola “Assai Musica” de Alcobendas (Madrid).
En 2008 é galardoada nos Premios á excelencia musical da Fundación Mans-Paideia (A Coruña), e en 2009 outórganlle o terceiro premio ex aequo no Certame de Novos Intérpretes de Ibercaja; grazas a esta distinción é invitada a realizar un ciclo de recitais con piano en España.
Blanca toca un violoncello de Wolfgang Schnabl construído para ela no ano 2009.