semanas, meses

30

Upload: kalandrakacom

Post on 18-Mar-2016

237 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Faktoría K de libros. Narrativa

TRANSCRIPT

Page 1: Semanas, meses
Page 2: Semanas, meses
Page 3: Semanas, meses
Page 4: Semanas, meses
Page 5: Semanas, meses

Semanas, meses

Page 6: Semanas, meses

Título orixinal: Viikkoja, kuukausia

© The Estate of Reko Lundán, Tina Lundán and WSOY© da edición orixinal: WSOY, Helsinki, Finlandia, 2007© da tradución: Jarna Piippo e Ramón Nicolás, 2011© desta edición: Kalandraka Editora, 2011Italia, 37 - 36162 PontevedraTelf.: 986 860 [email protected]

Ilustración e deseño de portada: Marc TaegerCorrección: Carme PereiroDirectores de colección: Xosé Ballesteros e Silvia Pérez Tato

Faktoría K é un selo editorial de Kalandraka

Primeira edición: outubro, 2011ISBN: 978-84-15250-30-2DL: PO 493-2011

Reservados todos os dereitos

Esta obra recibiu a axuda da Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación

e difusión Cultural, na convocatoria de axudas para o ano 2010.

Page 7: Semanas, meses

Semanas, meses

Reko e Tina Lundán

Tradución de Jarna Piippo e Ramón Nicolás

Page 8: Semanas, meses
Page 9: Semanas, meses

Para as nais e os amigos

Page 10: Semanas, meses
Page 11: Semanas, meses

I

Page 12: Semanas, meses
Page 13: Semanas, meses

Minna

Logo de preguntar polo tempo, entendín decontado quefora un erro. Aki palideceu e temín que sufrise un novo ata-que. Metín a man no seu peto e saquei unha latiña de cara-melos que contiña tranquilizantes. A pílula quedou rodando nasúa boca. Eu coñecía o sabor fariñento e nauseabundo dovalium seco cando se apega ao padal. Na miña cabeza gol-peaban ainda as palabras da médica. Que pouco tempo devida lle dera ao meu marido!

Vin que Aki loitaba contra o pranto. A médica cambioude tema. Díxonos que Aki debería deixar de traballar.Arranxaríanlle un lugar no centro de asistencia terminal.

–Fai falta que vaia alí xa?Os ollos de Aki brillaban cando me ollaba. Propúxenme

ser como un robot, pensei «non vou chorar, non vou cho-rar agora».

–Amais, teño un choio por terminar. Vaime levar polomenos un mes –protestaba Aki.

A médica dixo que lle daría primeiro a baixa por enfer-midade para dous meses.

Alivioume cando dixo que o centro de asistencia terminalneste momento era só unha alternativa se non había forzaspara estar na casa, pero para Aki iso dificilmente atenuaba a

AGOSTO DE 2006

11

Page 14: Semanas, meses

12

situación. Aki quería estar na casa. Quería traballar, queríaser un home, quería vivir. Quería ser pai de familia e o meumarido. Quería pagar o empréstito da casa, ir correr ao par-que central, escoitarme o que lle bisbaba ao oído, ás veces,cando as nenas durmían.

Aki

Que sentido ten comezar a escribir unha novela cando sechega á casa do hospital, despois de saber que se teñen sema-nas ou meses de vida? Nin na fase máis eufórica, producidapola cortisona, sería posible cumprir a tarefa a tempo. E porque estraña razón debería escribir fose o que fose ata asderradeiras forzas? Non sería máis importante lerlle unconto á pequena Kerttu todas as noites? Falar con Saarasobre como foi o día?

Pero talvez, exactamente, ahí está a cuestión. Un trasa-cordo ou un pauto co demo? A min non me apañas antesde que estea rematada a novela! Ah-ah-ah! Nin o penses!Vou buscar os anxos do ceo para defenderme. Perdoa porescribir Ceo con minúscula. Pero unha solicitude tanhonesta dificilmente se rexeita por un erro formal. Sonabondo semanas ou meses para derrotarme? Aínda hai tan-tas historias para contar e tantas madrugadas para desvelar-se que, de aquí en diante, o texto vai ser unha enxurrada.

Cando os minutos se arrastran cara ao amencer e osmedos non me deixan durmir, érgome da cama, como iogurnatural con flocos de avea, e comezo a bater no teclado,mirando de cando en vez os ollos desta Nai de Deus1 mila-

1 Nai de Deus é o nome que os ortodoxos acostuman dar á Virxe María. A igrexa ortodoxa e a evanxé-lico-luterana son as dúas Igrexas do estado en Finlandia. O arcebispado de Finlandia é unha igrexa orto-doxa autónoma, con 61 000 fieis, que pertence ao patriarcado ecuménico de Constantinopla. (N. dos T.)

Page 15: Semanas, meses

greira e bizantina. Co neno Xesús no colo a Virxe asómasea un lado da pantalla. O fino dedo de Cristo pousa no quei-xo da nai. A nai fita os ollos do fillo con tanta paz que écoma se non existise ningunha pena verdadeira no mundo.E pode ser que non a haxa. Total, a única carga do home nouniverso ao final é a propensión a preocuparse de antemánpor cousas en que non pode influír.

Semanas, meses... Que saberá esa médica? Ve unhatomografía e sabe calcular as probabilidades. Pero eu teñoun proxecto por terminar. E non estou referíndome a nin-gún libro. O meu proxecto chámase «dúas fillas menores deidade!» Cando enfermei pensei que cinco anos sería o míni-mo que me quedaría de vida. Entón Kerttu tería polomenos dez e Saara quince.

Minna

Fixemos o amor pola noite, mesmo sabendo que para Akisupón sempre un risco de ataque. As súas meixelas comeza-ran novamente a inchar por causa da cortisona. Debuxei sua-vemente os contornos da súa cara cun dedo. Non sebarbeara. Díxenlle que parecía un pirata. Pregunteille se que-ría deixar as luces acesas. Aki dixo que non facía falta.

Acabei rápido. Aki non, pero iso non nos importaba. Nonse podían igualar os tempos despois de dezasete anos xuntos.Cando rematei de lavarme, o pranto saíu do máis fondo demin, como non me pasaba desde había moito tempo.

Aki

Entendín inmediatamente que o choro de Minna des-pois de facer amor brotaba do mesmo pensamento quetamén pasaba pola miña mente. Cantas veces máis? Ou

13

Page 16: Semanas, meses

sería esta xa a derradeira? Cantas veces durante semanas oumeses fai o amor unha parella que se aproxima á medianaidade? Cantas veces rin xuntos? Rifan? Asisten a festas?Están contentos coa vida? Conseguen simplemente gozarda súa casa, da súa familia, da súa vida, un do outro?

Minna

Por veces envexo as persoas coas que me cruzo na rúa.Principalmente se parecen felices ou semellan familias com-pletas, nas que non falta o pai.

Aki estaba na sala de estar. Intentaba disimular que esta-ba orando. Apeteceume queimar o demo do iconostasio2 nalareira. Inútiles anacos de madeira pintada.

O ano seguinte do diagnóstico do tumor cerebral Akiencollérase tamén fisicamente, aquel home de ombrosanchos de quen me namorara. Agora ía ás consultas dunhaterapeuta esotérica e seguía o programa de exercicios queesta lle dera. Desde aquela paseaba polo cuarto de estarnunha posición demasiado ríxida, repetindo a ladaíña:«Velaquí un mozo ben espigado».

14

2 O iconostasio é unha parede que separa o santuario da nave nun templo ortodoxo, na cal se colocanas iconas relixiosas. Aquí refírese a un conxunto de tres cadros, cos laterais formando portas que podenpechar diante do central e que os ortodoxos colocan nos recantos dos cuartos da casa. (N. dos T.)

Page 17: Semanas, meses

II

Page 18: Semanas, meses
Page 19: Semanas, meses

Minna

A mañá discorrera pracenteiramente con apenas unsgraos baixo cero, pero despois a temperatura subiu, e nunpar de horas, a neve converteuse en auganeve sucia. Nosupermercado había tanto vapor que parecía unha sauna, echeguei amolada á cola para a caixa. Debaixo do abrigo ascostas bañábanse nunha suor pegañenta, as persoas tocabano meu corpo cos seus costados, mans e cadeiras, aínda queme mantivese quieta na cola. Cambiaba o peso dun pé aooutro. Pensei que ata unha actividade minúscula faría que otempo bulise.

Matinei en cal podería ser a actividade física perceptiblemáis pequena que se podía realizar. Pestanexei. Toquei opadal co ápice da lingua. Fixen unha boliña de ar nas meixe-las de xeito que o pequeno aumento de presión de ar naboca estirou lixeiramente a pel. Pasei a boliña dun lado parao outro inchando ora a meixela esquerda, ora a dereita.

Aki

A entrevistadora gaboume para terminar. Contoumeque apreciaba a miña achega ao debate social. Sorrín e asen-tín coa cabeza. Estaba afeito aos eloxios. Os últimos anosforon de grandes éxitos, os maiores desde que saltei á fama

17

XANEIRO DE 2004

Page 20: Semanas, meses

en 1998. Pero, que apreciaba a xornalista en realidade? Ofeito de que despois de moito pedichar conseguise o seuartigo e a través del a súa remuneración? Deixara de conce-der entrevistas, en parte porque daban moito traballo. Erafrustrante corrixir os erros de contido e de linguaxe dosperiodistas. Tamén se trataba de orgullo. Quería estar tanalto coma o director de cinema máis coñecido ou o prosis-ta máis apreciado de Finlandia. Porén tiña sede de eloxios.Ás veces, cando estaba só, lía vellas críticas cheas de gaban-zas e vía fotos das representacións que dirixira. Estabandesordenadas nunha caixa grande coma se fosen pertenzasdun espolio que lle fixera a alguén. Na baldosa, a carón dacadeira de brazos, debuxábase a mancha redonda dun vasode viño. Ao día seguinte a vergonza desa masturbaciónmental emitiría descargas eléctricas irregulares.

Á xornalista só lle faltaban as fotos. Propuxo a nosa terra-za porque ía un fermoso día cuns poucos graos baixo cero.

Saín enfundado nun xersei de la. Tirou rápido algunhasfotos. Algo comezou a incomodarme nos ollos. Coma seun flash seguise a escintilar. Un tic da pálpebra que era luzno canto de movemento. Prometéralle á entrevistadora vero horario dos autobuses. Entregueillo a ela porque xa nonconseguía distinguir os números pequenos, principalmenteos azuis, referentes aos autobuses de piso baixo. Amais, asliñas comezaron a serpear coma cobras.

–Creo que estou co primeiro ataque de xaqueca da miñavida.

A muller díxome que xa encontraba o camiño da porta.Entrei no meu cuarto co teléfono móbil. A dor de cabezacomezou na tempa dereita. Era aínda unha incipiente pica-

18

Page 21: Semanas, meses

dura de agulla. Pensei nos analxésicos que tiñamos. Busqueio número de Minna no móbil. A xornalista gritou aburiñodesde o vestíbulo.

Erguinme para correr as cortinas das fiestras do dormi-torio. Deixeime caer outra vez na cama. O impulso sanguí-neo, debido ao esforzo, deume unha puñada no medio dacabeza coma o que dá un batería no tambor pequeno, edebaixo da dor quedou golpeando o bombo da pulsación.

Aínda me asolagaba demasiada luz que se filtraba a tra-vés das cortinas claras. A dor aumentaba todo o tempo, funestordegándome debaixo da colcha para esconderme dela.Sabía que era cuestión de minutos e debía facer algo.

Estaba botado no chan da cociña, coa fronte apoiada nasuperficie fresca do conxelador, cando Minna chamou. Con-seguira localizar a Sakke. Sakke vivía en Alemaña pero taménconservara a licenza para exercer como médico en Finlandia.Chamara á farmacia máis próxima para deixar alí unha recei-ta por teléfono. O medicamento chamábase Klotam.

–Con c ou k?–Onde carallo está a diferenza?–Non grites, que me doe a cabeza.O camiño ata a farmacia foi coma un pesadelo ou unha

alucinación. Non vía case nada pero, malia iso, collín ocoche. Na volta xa só conseguía distinguir formas estrañasna néboa. Conducín a vinte quilómetros por hora coa cabe-za apegada ao parabrisas. Na pista das bicicletas enxergabanenos que me adiantaban, no camiño da escola á casa.Entendín que era o home máis perigoso de Helsinqui. Atra-vesei o último cruzamento a paso de boi e o resto do cami-ño conducín polo medio da rúa. Cando saín cambaleando

19

Page 22: Semanas, meses

do coche, a nosa casa virouse nunha máscara coma a dogato no País das Marabillas de Alicia.

Sentín que o medicamento realmente me aliviaba. Cadamovemento de cabeza xa non devolvía un golpe de dor.Incluso comecei a ver con maior claridade. Erguinme dochan da cociña e volvín á cama antes de que Minna chegaseá casa con Kerttu. Saara fora á casa dunha amiga directa-mente despois da escola.

Minna mandoume que quedase na cama. Sabía pola súanai o que eran as xaquecas. Intentou correr mellor as corti-nas pero verificou que o sol do inicio de xaneiro xa se puxe-ra. Preguntei pola temperatura que ía alí fóra.

–Xa non vai frío. Converteuse en auganeve.–Que tempo máis ideal para unha carreira –dixen, decep-

cionado.–Ah! –dixo Minna camiño da cociña para baleirar a bolsa

da compra. Aínda non desconfiaba de nada. Eu tampoucotiña a certeza de se debía ir correr. A cabeza doíame en serio.E o chan estaría escorregadizo e as zapatillas mollaríanse,pero ao mesmo tempo apetecíame tanto ir correr...

Estaba dubidando na porta da cociña. Minna fritía peitu-gas de polo.

–Eh, que tal?–Moito mellor.–Non parece.Kerttu virou a cabeza para espreitar desde o sofá da sala.

Estaba vendo o programa infantil3 pero mandáronlle baixar

20

3 A segunda canle da televisión nacional finlandesa, YLE, emite desde 1977 programas infantís decalidade, con locutores propios, das 17 h ás 18 h da tarde. Nas fins de semana e a partir de 2008 inclu-so nos días laborais o Pequeno dous emítese tamén polas mañás. Para os suecofalantes ten programasequivalentes en sueco, segunda lingua nacional. Os pais aproveitan esa hora para traballar, descansarou cociñar, xa que poden confiar que os fillos están ben acompañados. (N. dos T.)

Page 23: Semanas, meses

tanto o volume que mal se oía o aparato. O extractor defumes da cociña zumbaba. Minna detestaba o fume dacomida, todos os cheiros fortes.

–Estás preparando a cea?–Vas comer?–Non, grazas.–Comiches algo hoxe?–Non teño fame. E non podo comer porque pensaba ir

correr.–Pero que dis?–Comín unha mazá. De feito, nin acabei de comela porque morder a polpa

dura causoume unha dor aguilloante na cabeza. Minnavirouse para mexer as peitugas.

–Entón podes axudarme se xa non estás enfermo.–Estás enfermo, papá?–Xa non. Doeume un pouco a cabeza.–Ben.Kerttu tamén pensou que estaba ben. Premeu o botón

do volume do mando da televisión. Esmaguei as patacas. Cada movemento terminaba nun

ruído xordo na cabeza, pero quería ir correr. Quería parti-cipar na carreira de xaneiro e practicara un pouco xa no ini-cio da semana para obter un bo resultado. Era unha cousiñade tan pouca importancia que daría vergonza comentalocon ninguén. Para a maior parte da humanidade tal loucuradeportiva era imposible de entender pero, polo menos enFinlandia, había milleiros de homes e mulleres que farían omesmo ca min.

Fun a pé ao punto de saída da carreira. Fixen un quenta-mento mínimo porque cada paso me provocaba unha pul-

21

Page 24: Semanas, meses

sación de dor no cranio. Durante o curto camiño a pé con-siderei a posibilidade de volver atrás. Confiaba que a dor doácido láctico axiña superase á dor de cabeza.

Durante a carreira choquei varias veces contra os meuscolegas do club. Non distinguía nin as costas nin os brazosdestes. Dicía en voz alta que non entendía o trastorno davista e pedía desculpas. Ninguén comentou os meus cho-ques, todos se concentraban na súa propia loita contra ocansazo.

A última subida era suave pero longa. Ao final habíaunha ponte para peóns despois da cal se viraba á esquerdacara aos últimos cen metros. Non dei todo na subida comofaría se correse por acadar un bo tempo. Agora corría sópola miña propia vitoria e os peores competidores non eranos compañeiros senón a dor de cabeza e a vista estragada.Logo da ponte aínda estaba ao pé dos colegas do club quecomezaron a acelerar. Era máis seguro ir con eles, xa que desúpeto non distinguín a bifurcación dun cruzamento quedebería resultarme familiar. No último treito, que era chai-ro, arrinquei e adiantei aos que ían diante. Foi un esforzotremendo aínda que o máis novo deles me levaba máis dedez anos. Faltábame un ano para acadar a primeira catego-ría de veteranos. A este nivel chegara despois de cinco anosde adestramento. Deixara de fumar dunha vez despois determinar os estudos e gañara rapidamente dez quilos. Con-seguira perder a metade grazas ao deporte.

Ao acabar a proba aínda me apuntei a unha volta de pro-pina. Só avanzara uns douscentos metros cando me decatei:tiña que volver á casa, rápido. Dixen que tiña que marchare volvín atrás.

Durante a noite arrepentinme varias veces de ir correr.Sentía que a cabeza podía estourarme en calquera momento

22

Page 25: Semanas, meses

coma un globo que se inchara de máis. Minna chamou dúasveces a urxencias pero respondíanlle que eu debería quedarna casa ata o día seguinte se puidese. Cando se tornaría inso-portable esta dor? Se xa e insoportable agora...

Pola mañá subín cambaleando as escaleiras do centro desaúde para a consulta co médico de cabeceira, mentresMinna estacionaba o coche. Termaba da varanda coas dúasmans e palpaba os chanzos co pé. Agora estaban a batermea cabeza cun martelo. Vía o mundo coma nos debuxos ani-mados de Yellow Submarine dos Beatles. As portas, fiestrase mobles contorsionábanse e daban voltas, adaptando coresrechamantes e transformándose sen parar.

Nunca vira o meu médico de cabeceira.–Un trastorno da vista causado por xaquecas non debía

tardar máis dunha hora en desaparecer –dixo.–Este só está empeorando. Se é que isto é posible.–A dor das xaquecas pode ser moi forte.–Aki sospeita que a carreira de onte puido empeorar a

situación.Minna entrara pola porta entreaberta do consultorio.–Fuches correr con xaquecas. Por que?Estaba diante do médico coma un alumno a quen

reprende o director. –É que teño este hobby.Minna especificou que temía que me causase unha

hemorraxia cerebral.–Non teño medo diso.–Entón, por que non paras de repetirmo a min?O médico meditou moito tempo sobre as propiedades

dos diferentes analxésicos. Ao final acabou por coller oteléfono.

23

Page 26: Semanas, meses

–Vou facer unha chamada –informounos. Dixo quenecesitaba facer unha consulta neurolóxica.

Minna

Aki tiña medo. Chamei a miña nai e pedinlle que viñesepara ter conta das nenas pola tarde. Ela prometeume prepa-rar un estufado de macarróns no forno. Lembreille quedebía obrigar a Saara a usar o aparello dos dentes durante anoite, por se eu non chegaba á casa ata esa hora.

Aki

Despois de magoarme o dorso da man coa agulla dacánula por terceira vez sen localizar a vea, a enfermeira con-fesou que era aínda unha aprendiza.

–E tes as veas moi fuxidías.Era unha característica que descoñecía de min mesmo.

Noutra ocasión divertiríame. Agora doíame en dous sitios aomesmo tempo. Deille unha oportunidade máis á aprendiza,despois tería que ir buscar outra persoa con máis experiencia.

Sentíame lixeiramente mellor deitado nunha cama de hos-pital. Se non tiña que mover os membros non me asolagabana cabeza eses latexos dolorosos de sangue. O pequeno mar-telo da pulsación era a melodía dun regueiro comparado coesforzo de subir as escaleiras.

Finalmente a aprendiza conseguiu picar a agulla na vea.Fixou a cánula no brazo con esparadrapo. Dela saía un tuboque terminaba nunha bolsa transparente e a moza pendu-rouno nun soporte ao lado da cama. Pregunteille que habíana bolsa.

–Cortisona.–É un analxésico?–Nalgúns casos axuda.

24

Page 27: Semanas, meses

Non seguín interrogando a apresurada aprendiza. Noteique a dor comezaba a aliviar. Quedei deitado durante uncuarto de hora. A paz inundábame coma unha embriaguezincipiente. A cabeza deixara de doerme. Incorporeime nacama e ollei á miña volta. Estaba no medio dunha buliciosaclínica de urxencias, na versión finlandesa dunha serie tele-visiva de hospital americana. Claro, aquí ninguén se poría adar a luz. Lembreime de que entrara tan cego que me apoia-ba nas paredes á procura dunha enfermeira.

Minna quedara estacionando o coche e aínda non chegara.Intenteino varias veces ata que conseguín deter unha dasenfermeiras.

–Grazas, xa estou ben, voume para a casa.A enfermeira parou e case rompeu a rir.–Deseguida comezan a facerche as probas médicas. Ti que-

das aquí, esperando tranquiliño.Despois da primeira radiografía leváronme de volta á uni-

dade a pesar das miñas protestas. Logo de case dúas horas deespera esixín que alguén me contase por que seguía esperan-do. Por que non deixaban que un home san volvese á súacasa? Unha bata branca veu á porta para dicir que se podíatratar dunha malformación, ou sexa, unha malformaciónarteriovenosa cerebral. Asusteime pero a muller tranquilizá-bame dicindo que nunha malformación arteriovenosa asveas e as arterias simplemente se confunden no cerebro.Simplemente? Na miña cabeza! A bata branca dixo queaínda me farían unha tomografía por resonancia magnética.Chanceei dicindo que agora entendía como desaparecían osbillóns na sanidade.

Minna

As cousas importantes semellan acontecer rápido de máis.De repente, o mundo derrúbase con estrondo. Ao mesmo

25

Page 28: Semanas, meses
Page 29: Semanas, meses
Page 30: Semanas, meses