comarca a ulloa

91
A ULLOA A NATUREZA

Upload: monadela

Post on 22-Jan-2018

110 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Comarca A Ulloa

A ULLOA A NATUREZA

Page 2: Comarca A Ulloa

A comarca da Ulloa está situada na zona suroriental da provincia de Lugo a carón das serras da Dorsal Galega que lle fan de linde polo leste e sur. Ocupa un territorio chan resto dunha antiga superficie de erosión formada por bloques afundidos, con suaves ondulacións e moi incidido pola erosión dos ríos. Está rodeado en todo o seu contorno por serras de formas suaves e alturas que non sobrepasan os 800 m.O río principal é o Ulla que lle da nome á comarca e ten nela o seu curso alto e parte do medio.Acolle espazos de grande valor natural: a Serra do Careón, o canón do Ulla e en xeral todos os cursos dos ríos e as serras.

Page 3: Comarca A Ulloa

SUPERFICIE: 417,9 km2 POBOACIÓN: 9.653 habitantes (2014) CONCELLOS: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de ReiESPAZOS PROTEXIDOS:LIC Serra do Careón

Page 4: Comarca A Ulloa

CLIMAOceánico continental

A pesares de non ter moita altitude, no inverno as temperaturas nas terras da Ulloa baixan a miúdo dos cero graos

Page 5: Comarca A Ulloa

ACTIVIDADESGandaría de vacún, agricultura, sector forestal, servizos e pequenas industrias relacionadas co sector agroalimentario e a madeira. A elaboración de queixos está protexida pola Denominación de Orixe “Arzúa-Ulloa”.

Serra do Farelo

Page 6: Comarca A Ulloa

Ecomuseo Arqueixal, un exemplo de actividade de ecoturismo para poñer en valor a vida da aldea.

Page 7: Comarca A Ulloa

PATRIMONIOO Camiño de Santiago cruza a comarca por Monterroso e Palas de Rei e en todo o seu percorrido pódense atopar importantes mostras do patrimonio histórico-artistico e etnográfico: pontes, igrexas, mosteiros, pazos...

Canastro en Antas de Ulla Hórreo en Arxona (Monterroso)

Page 8: Comarca A Ulloa

Castelo-pazo de Castro de Amarante (Antas de Ulla)

Page 9: Comarca A Ulloa

Casa-torre de Cumbraos (Monterroso)

Torre da Pena (Monterroso)casa en Verín (Antas de Ulla)

Page 10: Comarca A Ulloa

Castelo de Pambre (Palas de Rei)

Page 11: Comarca A Ulloa

Ponte romana sobre o río Ferreira en Ferreira

Page 12: Comarca A Ulloa

Fonte en San Xusto de Repostería (Palas de Rei)

Fonte na igrexa de Vilar de Donas (Palas de Rei)Fonte en Albá (Palas de Rei), cun sartego antropomorfo doble

Pozo en Vilareda (Palas de Rei)

Page 13: Comarca A Ulloa

Igrexa de Amoexa (Antas de Ulla) Igrexa de Arcos (Antas de Ulla)

Page 14: Comarca A Ulloa

Igrexa de Olveda (Antas de Ulla) Igrexa de Peibás (Antas de Ulla)

Page 15: Comarca A Ulloa

Igrexa de San Martiño de Amarante (Antas de Ulla)

Igrexa de Vilanuñe (Antas de Ulla)

Page 16: Comarca A Ulloa

Igrexa de Fental (Monterroso) Igrexa de Bidouredo (Monterroso)

Page 17: Comarca A Ulloa

Igrexa de Cumbraos (Monterroso)

Igrexa de Esporiz (Monterroso)

Page 18: Comarca A Ulloa

Igrexa de Fente (Monterroso)

Igrexa de Frameán (Monterroso)

Page 19: Comarca A Ulloa

Igrexa de Lodoso (Monterroso)

Igrexa de Novelúa (Monterroso)

Page 20: Comarca A Ulloa

Igrexa de Penas (Monterroso)

Page 21: Comarca A Ulloa

Igrexa de Pol (Monterroso)

Page 22: Comarca A Ulloa

Igrexa de Tarrío (Monterroso)

Igrexa de Sucastro (Monterroso)

Page 23: Comarca A Ulloa

Igrexa de Valboa (Monterroso)

Page 24: Comarca A Ulloa

Igrexa de San Salvador de Vilar de Donas (Palas de Rei), de estilo románico e gótico, construída a partir do século XII. No interior conserva as mellores pinturas murais do románico galego. Foi mosteiro de mulleres adscrito á Orde de Santiago a finais do século XII. Declarada monumento histórico-artístico en 1931.

Page 25: Comarca A Ulloa

Igrexa de San Cibrao de Repostería (Palas de Rei)

Igrexa de San Xusto de Repostería (Palas de Rei)

Page 26: Comarca A Ulloa

Igrexa de Berbetouros (Palas de Rei)

Igrexa de Albá (Palas de Rei)

Page 27: Comarca A Ulloa

Igrexa de Coence (Palas de Rei)Igrexa de Curvián (Palas de Rei)

Page 28: Comarca A Ulloa

Igrexa de Ferreira (Palas de Rei)

Igrexa de Fontecuberta (Palas de Rei)

Page 29: Comarca A Ulloa

Igrexa de Marzá (Palas de Rei)

Page 30: Comarca A Ulloa

Igrexa de Pidre (Palas de Rei) Igrexa de Meixide (Palas de Rei)

Page 31: Comarca A Ulloa

Igrexa de Santo Tirso (Palas de Rei) Igrexa de Vilareda (Palas de Rei)

Page 32: Comarca A Ulloa

Igrexa de San Xiao do Camiño (Palas de Rei)

Page 33: Comarca A Ulloa

CONCELLOS

SUPERFICIE: 103,53 km2 POBOACIÓN: 2.152 habitantes (2014).PARROQUIAS: Agüela, Alvidrón, Amarente (San Fiz e San Mariño), Amoexa, Antas de Ulla, Árbol, Arcos, Areas, Barreiro, Casa de Naia, Castro de Amarante (Santa Mariña e Santo Estevo), A Cervela, Cibreiro, Cutián, Dorra, Facha, Olveda, Peibás, Queixeiro, Reboredo, O Rial, Santiso, Senande, Terra Cha, Vilanuñe e Vilapoupre.

Paisaxe de Antas de Ulla

ANTAS DE ULLAEstá situado ao sur da comarca lindando con Taboada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra). O territorio ten dúas zonas diferenciadas. Ao leste e sur as serras da Dorsal (Serra do Farelo) cos cumes de O Farelo, con 956 m, o máis alto do concello e da comarca, Castro de Hedra, Pena Picota, Picolongo e Fontenla Seca. O resto é unha penichaira de formas suaves con altitudes entre 200 e 500 m. O río máis importante é o Ulla que fai de linde no leste e norte cos concellos de Chantada e Palas de Rei e recibe numerosos afluentes pola marxe esquerda: Ribeiro, Fadal, Pequeno, Peizal...

Page 34: Comarca A Ulloa

As principais actividades son a gandaría (vacún) e a agricultura.Os lugares de interese natural atópanse nas serras e no percorrido dos ríos.Ten un rico patrimonio cultural no que destacan o pazo de Torre Penela (Santa Mariña do Castro de Amarante) e as igrexas románicas de Amoexa, Alvidrón e Arcos.

Hórreo en Peibás Igrexa románica de Amoexa

Detalle do encintado da igrexa románica de Alvidrón

Page 35: Comarca A Ulloa

SUPERFICIE: 114,52 km2 POBOACIÓN: 3.601 habitantes (2015). PARROQUIAS: Arada, Bidouredo, O Bispo, Cumbraos, Esporiz, Fente, Os Ferreiros, Frameán, Fufín, Lavandelo, Leborei, Ligonde, Lodoso, Marzán, Milleirós, Novelúa, Pedraza, Penas, Pol, Salgueiros, San Breixo, Satrexas, Sirgal, Sucastro, Tarrío, Valboa, Vilanova e Viloíde.

Vista de Monterroso desde o monte de San Cristovo, na serra da Vacaloura

MONTERROSOEstá situado ao leste da comarca. O territorio está formado por unha ampla penichaira, máis elevada cara ao leste onde acada unha altitude media de 600-750 m. Ao leste atópanse as serras da Vacaloura, coa máxima altura no San Cristovo (830 m). A serra de Ligonde atravesa a zona norte, de SE a NO, separando as cuncas do Ulla e do Miño, e ten a máxima altura na Pena da Lebre, con 750 m. O río Ulla fai de linde polo sur e oeste coas terras de Antas de Ulla e recibe pola dereita o Sirgal e o Rao. Polo norte discorre, no seu tramo alto, o río Irixe, afluente do Ferreira, da cunca do Miño.

Page 36: Comarca A Ulloa

As principais actividades son a agandaría (vacún), a agricultura e os servizos.Ten importantes valores naturais asociados ás serras e ao rio Ulla e conserva boas masas de carballos e castiñeiros.O Camiño de Santiago cruza o norte do concello procedente de Portomarín. En canto ao patrimonio histórico-artístico destacan as igrexas románicas de Novelúa e Santa María de Tarrío.

Feira de Monterroso. A vila de Monterroso é un importante centro feiral comarcal. A feira máis destacada é a de Santos. Cruceiro de Ligonde

Page 37: Comarca A Ulloa

SUPERFICIE: 199,6 km2 POBOACIÓN: 3.900 habitantes (2014). PARROQUIAS: Albá, Ambreixo, Augas Santas, Berbetouros, Cabana, O Carballal (San Mamede e San Sebastián), Carteire, Coence (San Mamede e San Miguel), Covelo, Cuíña, Curbián, Felpós, Ferreira de Negral, Filgueira, Fontecuberta, Laia, Lestedo, Maceda, Marzá, O Mato, Meixide, Merlán, Moredo, Mosteiro de Devesa, Orosa, Palas de Rei, Pambre, Pidre, A Puxeda, Quindimil, Ramil, Remonde, Repostería (San Cibrao e San Xusto), Ribeira, Salaia, San Breixo, San Xiao do Camiño, Ulloa, Vilar de Donas e Vilareda.

PALAS DE REIOcupa a zona norte da comarca. O territorio é moi irregular e divídese en tres zonas. Ao leste a serra do Careón, que fai de linde na comarca coa provincia de Pontevedra cunha dirección NE-SO ata o val do Ulla. No centro e sur unha penichaira con pequenas elevacións de formas suaves que vai descendendo cara o val do Ulla que percorre o linde do concello polo sur, facendo de fronteira natural con Antas de Ulla e A Golada. No nordeste os Montes de Ligonde e unha sucesión de cumes que rematan na parroquia de Augasantas e forman unha aliñación con dirección SE-NO e separan a conca do Ulla da do Ferreira (tributario do Miño).Os ríos principais son o Ulla co Pambre e o Roxán, que circulan cara ao suroeste, e o Ferreira, co Parada que circula cara ao leste.

Castelo de Pambre. Foi construído por Gonzalo Ozores de Ulloa arredor de 1375. É o mellor exemplo de arquitectura militar medieval de Galiza. Foi dos poucos que se salvaron da destrución nas Revoltas Irmandiñas do 1467. Está declarado Ben de Interese Cultural e convertido en museo.

Page 38: Comarca A Ulloa

As principais actividades son a gandaría (vacún de carne e leite), a agricultura e os servizos.Os espazos naturais de maior valor atópanse na Serra do Careón (espazo protexido como LIC) e nos canóns do Ulla e Pambre.Acolle un rico patrimonio etnográfico e histórico-artístico: numerosas igrexas románicas, pazos e castelos. Polo concello de Palas de Rei pasan dúas rutas do Camiño Xacobeo: o Camiño Francés e o Camiño do Norte.

Río Roxán. Pola súa beira discorre un paseo acondicionado coñecido como “Paseo do Colesterol”.

Igrexa de San Cibrao de Repostería

Page 39: Comarca A Ulloa

RELEVO

Paisaxe característico da Ulloa, terras achairadas rodeadas de cumes suaves

A maior parte do territorio da comarca é unha superficie achairada resultado dunha antiga superficie de erosicón e de bloques afundidos a distintos niveis. En toda a súa contorna está rodeada de serras, en xeral de formas suaves, que non acadan grandes alturas.Ao norte as estribacións do Careón e os montes de San Simón, ao leste as serras de Ligonde e A Vacaloura, ao sur o Farelo e ao oeste o Farelo e o Careón. O cume máis alto é o Careón, con 798 m, no linde con Melide.

Page 40: Comarca A Ulloa

Picos de cuarcita e plantacións forestais entre as serras da Vacaloura e Ligonde

As rochas son moi variadas: granitos, lousas, neis, xistos, cuarcitas, serpentinas, gabros, anfibolitas... o que, xunto coa varidedae morfolóxica, da lugar a unha gran riqueza vexetal.

Page 41: Comarca A Ulloa

Rochas graníticas nos cumes do Farelo

Page 42: Comarca A Ulloa

Vista sur do Careón desde terras de Palas de Rei

En xeral domina o mato de breixos, toxos e xestas e hai grandes superficies plantadas con especies de repoboación, principalmente piñeiros. Nas zonas máis afastadas consérvanse carballeiras. Na serra do Careón atópanse numerosas especies únicas adaptadas á especial composición do solo.A fauna é a propia dos matos con monte baixo e dos bosques; abondan os insectos, as arañas, os paxaros, os coellos, os raposos, os miñatos...

Page 43: Comarca A Ulloa

Bidueiros xeados no inverno

Follas e landras de carballo (Quercus robur)

Page 44: Comarca A Ulloa

Distintos tipos de breixos na serra do Careón

Page 45: Comarca A Ulloa

Toxos

Herba de namorar (Armeria merinoi)

Page 46: Comarca A Ulloa

Lebre ibérica (Lepus granatensis)

Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus). É habitual velo sobrevoar as áreas despexadas e os cumes dos montes.

Page 47: Comarca A Ulloa

Cumes do Careón desde Pena Armada

SERRA DO CAREÓNEsténdese, con orientación N-S, facendo de linde entre as provincias de Lugo e A Coruña. Únese polo norte aos montes do Corno do Boi e polo sur á serra do Farelo, da que a separa o río Ulla.É unha serra de alturas medias, coa cota máxima no Monte Careón, con 798 m. As rochas dominantes son granitos de dúas micas e intrusivos, gneis “ollo de sapo”, xistos, e no sector sudoeste afloramentos de rochas ultrabásicas (serpentinitas, peridotitas, granulitas piroxénicas, gabros, anfibolitas, xistos verdes...).Nela nacen afluentes do Miño (Narla) e do Ulla (Pambre, Seco, Furelos...).

Page 48: Comarca A Ulloa
Page 49: Comarca A Ulloa

Corte de solo con serpentinas e Santolina melidensis, unha planta endémica do Careón.

A Serra do Careón ten gran interese polas formacións rochosas ultrabásicas, que determinan á súa vez a presenza dunha flora moi especializada adaptada ás características químicas do solo. Nos montes domina o mato de toxos, xestas, carqueixas e uces. Destacan o piorno espiñento (Genista anglica) e o piorno de follas pequenas (Genista micrantha), e numerosos endemismos.Accedese desde Palas de Rei pola estrada que vai de Ferreira a Toques. Pódense percorrer os cumes polas pistas do parque eólico.

Page 50: Comarca A Ulloa

Serra de Ligonde vista desde a Vacaloura

SERRA DE LIGONDEPequena serra con dirección NO-SE entre os concellos de Monterroso e Portomarín. As máximas alturas son a Pena da Lebre (747 m) e a Pena do Rei (743 m).Fai de divisoria de augas entre O Miño e o Ulla.Accedese desde Monterroso, pola estrada a Lugo e desde Palas de Rei pola estrada de Portomarín.

Page 51: Comarca A Ulloa

Cumes de Ligonde coroados de cuarcitas

Page 52: Comarca A Ulloa

Vista desde o cume de San Simín cara á Ulloa

MONTES DE SAN SIMÓNAliñación de cumes de formas suaves que se estenden con dirección NE-SO polos lindes entre Palas de Rei e Monterroso. O cume máis alto é o San Simón, con 709 m. Están formados por rochas moi variadas: neis “ollo de sapo”, cuarcitas, conglomerados feldespáticos...Accedese desde a estrada de Palas de Rei a Lugo á altura do cruce que vai a Monterroso. Desde os cumes hai unhas excelentes vistas de toda a comarca da Ulloa e Lugo.

Page 53: Comarca A Ulloa

Cume de San Cristovo, no linde entre Taboada e Monterroso

SERRA DA VACALOURAEsténdese con dirección norte-sur facendo linde entre o concello de Monterroso e os de Taboada (Comarca de Chantada) e Portomarín (comarca de Lugo).É unha serra de cumes suaves coas máximas alturas no San Cristovo, con 830 m, Castelo de Ambasvías, con 722 m, Montes de Bouzas, con 673 m e Couto de Ruxe, con 671 m. As rochas dominantes son xistos e neis nos que se observan numerosos pregues e fallas de pequeno tamaño. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares: comarcas de Chantada, Sarria e A Ulloa, serras de Ancares, O Courel, Macizo Central, O Faro e O Farelo.Accedese desde a estrada de Taboada a Lugo nun cruce no Torrón.

Page 54: Comarca A Ulloa

Cuarcitas coroando os cumes erosionados da Vacaloura

Page 55: Comarca A Ulloa

Montes da Vacaloura desde Antas de Ulla

Page 56: Comarca A Ulloa

O Farelo desde Antas de Ulla.Prados, bosque de bidueiros e mato sucénse desde as partes baixas aos cumes do Farelo.

SERRA DO FARELOSituada no nordeste da provincia de Pontevedra e ao suroeste da de Lugo, unida á serra do Faro, con orientación NO-SE. É unha sucesión de relevos suaves formada por granito de dúas micas e migmatitas na parte norte e pelitas e migmatitas na oriental. A máxima altura é O Farelo, con 956 m. Séguenlle o Castro de Hedra (894 m), Picolongo (768 m), Pena Picota (732 m) e Fontenla Seca (724 m).Na vertente leste nacen varias cabeceiras do Ulla. Desde os cumes hai unhas boas vistas sobre as serras limítrofes e as comarcas do Deza e A Ulloa. En San Fiz hai unha área con petroglifos.Accedese desde a estrada de Lalín a Lugo, desde o Alto do Farelo, por unha pista que sobe ao parque eólico.

Page 57: Comarca A Ulloa

Mato de toxos e breixos no Farelo

Page 58: Comarca A Ulloa

RÍOS

Pescador no Ulla. A asociación de pescadores desta comarca é unha das máis numerosas de Galiza.

A maior parte da comarca da Ulloa pertence á cunca do Ulla e só una pequena área, na vertente leste da Serra de Ligonde e Vacaloura, verte cara ao Miño a través do río Ferreira e os seus afluentes. En xeral os ríos teñen un discorrer maino, sen grandes desniveis. Só o Ulla se encaixa nun tramo entre Palas de Rei e Antas de Ulla nunha área chea de rápidos e fervenzas.

Page 59: Comarca A Ulloa

Pedras talladas polo traballo do río Ulla no seu curso alto

Page 60: Comarca A Ulloa

Bosque de ribeira no Ulla

Na contorna dos ríos consérvanse bosques de ribeira formados por salgueiros, amieiras, bidueiros, freixos, olmos, sabugueiros, sanguiños… e una grande variedade de plantas que viven no leito do río ou nas beiras como distintas especies de fentos e brións, oucas, pé de boi, reina… Na fauna destaca a lontra e unha grande variedade de aves, anfibios e insectos.

Page 61: Comarca A Ulloa

O dentabrú ou palla real (Osmunda regalis), o fento máis grande das beiras dos ríos, perde as frondes no inverno e agroma de novo na primavera.

Melampryum pratense, planta anual semiparásita que florece en prados e bosques.

Selo de Salomón no verán

Page 62: Comarca A Ulloa

Troitas

Píntega (Salamandra salamandra, var. gallaica)

Page 63: Comarca A Ulloa

Muíño de Cumbraos, no rego do Rao (Ulla)

Arredor dos ríos conse´rvase un rico patrimonio artístico (pontes...) e etnográfico (muíños, portos. pasos, caneiros...)

Muíño en Monterroso

Page 64: Comarca A Ulloa

Área de lecer da Peneda, en Monterroso.

RÍO ULLANace no monte Picouzo, entre as parroquias de Ansar (Taboada), Viloide e Os Ferreiros (Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla) e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira e Ermida. Percorre varias comarcas, ás que lle da nome ; a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures. O Ulla atravesa a comarca polo sur con dirección surleste-noroeste e cruza a Dorsal Galega entre as serras do Careón e do Farelo.No primeiro tramo discorre mainamente para caer bruscamente no seu remate, encaixándose nas Torrentes de Mácara. Antes de abandoar a comarca salva un desnivel de 100 m en dous quilómetros.Na comarca recibe pola dereita o Sirgal, Salgueiral, Bao, Ponte Vilela e Pambre. Pola esquerda o Fadal e Pequeno.

Page 65: Comarca A Ulloa

O Ulla en Monterroso

Page 66: Comarca A Ulloa

O Ulla entre Monterroso e Antas de Ulla

Page 67: Comarca A Ulloa

Atranco e muíño no Ulla na ponte da Mercede, en Palas de Rei

Page 68: Comarca A Ulloa

Balneario de Frádegas, na actualidade abandoado. As augas son bicarbonatado-sódicas, fluoradas e sulfuradas e abrollan a 18ºC. Empregábanse fundamentalmente para problemas do aparello dixestivo e fígado e tamén para o reuma e a pel.

O Ulla en Frádegas

Page 69: Comarca A Ulloa

TORRENTAS E FERVENZAS DE MÁCARANo lugar de Mácara, da parroquia de Ramil (concello de Palas de Rei).No alto Ulla hai un tramo comprendido entre a confluencia co río Pambre e o balneario de Frádegas onde o río forma un canón en rochas graníticas con moitos rápidos e pequenas fervenzas. A máis grande é a de Mácara, duns 4 m de altura. Pódese facer unha ruta completa a pé, río abaixo, desde as ruínas do balneario de Frádegas, ao que se chega desde Antas de Ulla, seguindo o sendeiro de pescadores que vai pola marxe dereita do río; e río arriba desde Ramil.

Pilancóns escavados na canle do río polo xogo entre auga e pedra.

Page 70: Comarca A Ulloa

A variación de caudal do río entre o verán e o inverno modifica rotundamente o aspecto das Torrentas. No inverno podemos gozar da enerxía dun río bravo e tumultouoso e no verán do encanto dos numerosos recunchos, pozas e pequenas fervenzas que deixan ao descuberto as formas traballadas polo río.

Page 71: Comarca A Ulloa

As Torrentas no verán

Page 72: Comarca A Ulloa

Curva do río no canón e castelo de Pambre

RÍO PAMBREÉ o principal afluente do Ulla na comarca. Fórmase con varios regos que baixan das serras do Careón e Cordal de Ousá, entre os que destacan o Merlán e Roxán. Despois de 20 km de percorrido xúntase co Ulla en Pambre, no lugar de Batán. No último tramo discorre encaixado por un profundo canón que salva en poucos quilómetros case cen metros de desnivel.

Page 73: Comarca A Ulloa

Detalle dos rápidos no inverno

Page 74: Comarca A Ulloa

Salto e muíños no curso alto do río Ferreira

RÍO FERREIRANace en Sucastro, na Cordal de Ousá (Augas Santas-Palas de Rei). Percorre terras dos concellos de Palas de Rei, Friol, Guntín e Portomarín e desemboca no Miño no arranque do encoro de Belesar. Na comarca recibe pola esquerda ao Corda e Parada, e pola dereita o Camoira, Pomeda e Irixe.

Page 75: Comarca A Ulloa

ÁRBORES

Freixos, castiñeiros, carballos e bidueiros. Na comarca da Ulloa hai numerosas masas arbóreas ocupando parcelas ou sinalando os lindes.

Por toda a comarca da Ulloa atópanse numerosas carballeiras e soutos que forman pequenas masas forestais entre as terras de cultivo ou nas abas das serras. A árbore máis representativa da comarca é o carballo do país (Quercus robur) e aparece mesturada con rebolos (Quercus pyrenaica), bidueiros, castiñeiros e acivros. Nas beiras dos ríos hai bosques de ribeira formados por amieiras, salgueiros, freixos, olmos... Nas serras hai grandes espazos repoboados con piñeiros e, en menor cantidade, eucaliptos. Nos xardíns dos pazos consérvanse bos exemplares de especies ornamentais.

Page 76: Comarca A Ulloa

Carballo (Quercus robur)

ÁRBORES SENLLEIRAS

Carballo en Cabanas (Palas de Rei)

Page 77: Comarca A Ulloa

Carballo en Laia (Palas de Rei)-4,96 m de perímetro. Carballo no castelo de Pambre (Palas de Rei)

Page 78: Comarca A Ulloa

Carballo en Chorexe (Palas de Rei) Carballo de Vilanuñe (Antas de Ulla)-5,6 m de perímetro.

Page 79: Comarca A Ulloa

Carballo de Ligonde (Monterroso). Atópase na área de descanso á entrada de Ligonde, no Camiño de Santiago. -6,50 m de perímetro

Page 80: Comarca A Ulloa

Carballo de Cumbraos (Monterroso)- 4,50 m de perímetro.

Carballo de Cumbraos (Monterroso)- 7 m de perímetro.

Page 81: Comarca A Ulloa

Carballo de Esporiz (Monterroso)-4,71 m de perímetro.

Carballo de Sucastro (Monterroso)-5,6 m de perímetro.

Page 82: Comarca A Ulloa

Castiñeiro (Castanea sativa)

Castiñeiros en Outeiro de Amoexa (Antas de Ulla)

Page 83: Comarca A Ulloa

Castiñeiro de Caldelas (Antas de Ulla)-6,15 m de perímetro.

Castiñeiros de Santiso (Antas de Ulla)-o máis groso mide 7 m de perímetro.

Page 84: Comarca A Ulloa

Castiñeiro en Regadío (Antas de Ulla)-8,87 m de perímetro.

Page 85: Comarca A Ulloa

Castiñeiro de Frameán (Monterroso)-8 m de perímetro

Castiñeiro da Igrexa de Fente (Monterroso) -7,15 m de perímetro.

Page 86: Comarca A Ulloa

Grupo de castiñeiros na área recreativa de Carracacho en Monterroso

Page 87: Comarca A Ulloa

Castiñeiro de Filgueira (Palas de Rei). -7 m de perímetro.

Page 88: Comarca A Ulloa

ESPAZOS PROTEXIDOS

Aparecen numerosos endemismos típicos de terreos serpentínicos, algunhas especies únicas desta zona: Alyssum guitianae, Anthyllis melidiensis, Herba de namorar (Armeria merinoi), Asplenium adiantum nigrum var. corunnense, Centaurea janeri susp. gallaecia, Koeleria crassipes var. pilosa, Santolina rosmarinifolia sups. melidensis, Thlaspi oligospermum...

LIC SERRA DO CAREÓNInclúe a Serra do Careón, as Gándaras de Melide e o curso do río Furelos, 6.568 ha que nesta comarca afecta a Palas de Rei, na aba leste do Careón.Ten un gran interese polas características e a composicións das súas rochas. Na zona hai afloramentos de rochas ultrabásicas (serpentinitas, peridotitas, granulitas piroxénicas, gabros, anfibolitas, xistos verdes...) que determinan á súa vez a presenza dunha flora moi especializada adaptada ás características químicas do solo.

Reina (Filipendula vulgaris), planta rara en Galiza, asociada aos terreos ultrabásicos.Santolina melidensis

Page 89: Comarca A Ulloa

Son roteiros que se estableceron ao longo do tempo para achegarse a Compostela. Hai noticias de peregrinacións para visitar os restos do Apóstolo desde o século IX, aínda que a época de maior explendor foi o século XII. Neste tempo Santiago era o máis importante centro de peregrinacións cristiás do mundo. Ao longo do camiño atopábanse distribuídos lugares de acollida, hospitais, hospederías... onde se atendía aos peregríns gratuitamente. Actualmente son oito as rutas xacobeas que percorren o territorio galego.

Albergue de peregrinos

O CAMIÑO DE SANTIAGO

Peregrinos na área de descanso de Ligonde, no Camiño Francés.

Page 90: Comarca A Ulloa

Pola comarca da Ulloa pasan dúas rutas xacobeas, o Camiño Francés e o Camiño do Norte. Ao longo do camiño atópanse importantes valores naturais e unha rica representación do patrimonio histórico artístico e etnográfico: pontes, igrexas románicas, núcleos tradicionais, pazos...O Camiño Francés fixouse a partir do século IX. Iníciase na fronteira francesa e entra en Galiza polo Cebreiro. Está declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade. Nesta comarca atravesa os concellos de Monterroso e Palas de Rei. Entra pola aldea de Lameiros, continúa por Ligonde (Monterroso), segue por Vilar de Donas, Palas de Rei, Meixide e Orosa e na serra do Careón intérnase no concello de Melide.O Camiño do Norte entra en Galiza por Ribadeo e únese ao Camiño Francés en Melide. Atravesa o norte do concello de Palas de Rei por Ferreira de Negral, Augas Santas e Merlán e cruza a serra do Careón polo Couto do Hospital.

Igrexa de Merlán, no camiño do Norte Pinturas no interior da igrexa de Vilar de Donas

Page 91: Comarca A Ulloa

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta marzo 2017