ud03. técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

58
UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade inferior e da cintura pelviana. Liliana García Lago

Upload: others

Post on 10-Jul-2022

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade inferior e da cintura pelviana.

Liliana García Lago

Page 2: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

CONTIDOS

Protocolos: desinfección e esterilización, preparación sala e materiais, interpretación peticións, recepción e preparación paciente (roupa e complementos, posicións corporais, protección radiolóxica).

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior e cintura pelviana.

2. Posicionamento e procedemento radiográfico

3. Calidade de imaxe radiográfica.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 3: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

A EXTREMIDADE INFERIOR, ao igual ca superior, forma un dos pilares da radioloxía simple polo gran número de solicitudes que se atenden de traumatismos, enfermidades inflamatorias, deformidades do pé, etc…

As proxeccións de cadeira están evolucionando ao mesmo ritmo que se detectan as causas que provocan as patoloxías nos pacientes menores sen orixe específico, e nos últimos anos son as proxeccións que mais cambiaron. As probas mais empregadas e que complementan o diagnóstico da imaxe radiográfica son a tomografía computarizada, a resonancia magnética e a ecografía.

A exploración da extremidade inferior e cintura pelviana inclúe tamén as proxeccións de sacro e de coxis por atoparse na rexión da pelvis.

Tende en conta que o procedemento radiográfico que imos revisar está protocolizado para pacientes que cumpran o perfil de paciente estándar, polo tanto, se está politraumatizado, non colabora, é pediátrico, etc….débense realizar os axustes necesarios para garantir a calidade de imaxe.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 4: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

A extremidade inferior estúdase en catro partes:

pé,

perna,

muslo, e

cadeira

Os ósos están compostos, conformados e situados de forma que podan trasladar o corpo na posición de bipedestación e transmitir o peso ao chan cunha cantidade de estrés mínima sobre as partes individuais.

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 5: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

Os ósos do pé están conformados e articulados entre si para formar unha serie de arcos lonxitudinal e transversal. O arco lonxitudinal funciona absorbendo os impactos co fin de distribuír o peso do corpo en todas as direccións, o que permite un camiñar suave. O arco transversal discorre de lado a lado e axuda a manter o arco lonxitudinal. A superficie superior do pe denomínase dorso ou superficie dorsal, mentres que a zona inferior ou posterior denomínase superficie plantar.

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 6: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

O pé consta de 26 ósos:

- 14 falanxes (ósos das dedas)

- 5 metatarsianos (ósos do antepé)

- 7 ósos do tarso (ósos do nocello)

Os ósos do pé son similares aos da man. Diferenzas estruturais permiten camiñar e soportar o peso corporal.

Con fins descritivos divídese en ocasións ao pé en antepé (metatarsianos e dedas), pé medio (5 ósos do tarso = cuñas, escafoides e cuboides) e retropé(astrágalo e calcáneo).

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 7: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

Falanxes

Cada pé inclúe 14 falanxes (2 + (4x3) 12). As falanxes denomínanse distal, medial e proximal. Cada falanxe consta dun corpo e dous extremos articulares expandidos, a base proximal e a cabeza distal.

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Metatarsianos

Os cinco metatarsianos enuméranse do 1 ao 5 comezando polo lado medial. Os metatarsianos consta dun corpo e dous extremos articulares. A zona proximal expandida denomínase base, mentres que ao extremo pequeno e redondeado distaldenomínase cabeza.

As cinco cabeza forman a “zona esférica” do pé. O primeirometatarsiano é o máis corto e groso. O segundo é o máis longo. A base do quinto contén unha tuberosidade prominente que é un sitio frecuente de fracturas.

Page 8: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

Ósos do tarso

A zona proximal do pé contén os sete ósos do tarso:

Calcáneo

Astrágalo

Escafoides ou navicular

Cuboides

Cuña medial

Cuña intermedia

Cuña lateral

Comezando polo lado medial do pé descríbense as cuñas.

O calcáneo é o maior e o mais forte dos ósos do tarso. Proxéctase en sentido posterior e medial. As zonas posterior e inferior do calcáneo conteñen a tuberosidade posterior para a inserción do tendón de Aquiles.

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 9: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

Ósos do tarso

O astrágalo, de forma irregular e que ocupa a parte maiselevada do pé, é o segundo óso en tamaño dos do tarso. Articúlase con catro ósos: a tibia, o peroné, o calcáneo e o escafoides. A cabeza do astrágalo diríxese en sentido anterior e ten superficies articulares que se unen aos ósos escafoides e calcáneo.

O cuboides está situado na parte lateral do pé entre o calcáneo e os metatarsianos cuarto e quinto. O escafoides está na parte medial do pé entre o astrágalo e as tres cuñas.

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 10: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

Ósos sesamoideos

Debaixo da cabeza do primeiro metatarsiano hai dous pequenos ósos chamados sesamoideos. Están separados do pé e incluídos dentro de dous tendóns. Estes ósos vense na maioría das radiografías do pé das persoas adultas. Son un lugar frecuente de fracturas, polo que deben amosarse radiolóxicamente.

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 11: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

Ósos sesamoideos

Debaixo da cabeza do primeiro metatarsiano hai dous pequenos ósos chamados sesamoideos. Están separados do pé e incluídos dentro de dous tendóns. Estes ósos vense na maioría das radiografías do pé das persoas adultas. Son un lugar frecuente de fracturas, polo que deben amosarse radiolóxicamente.

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 12: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

Perna

A perna ten dous ósos: a tibia e o peroné. A tibia, o segundo óso mais grande do corpo, está situada na parte medial da perna e é un óso de carga. Lixeiramente posterior á tibia está o peroné, que non soporta peso corporal.

A tibia consta dun corpo ou diáfase e dous extremos expandidos. O extremo proximal presenta dúas apófisis prominentes: cóndilos medial e lateral. As superficies superiores dos cóndilos presentan facetas lisas para a articulación cos cóndilos do fémur (platillos tibiais, angulados en sentido posterior entre 10 e 20 °). O extremo distal é ancho e a súa superficie medial prolóngase en forma dunha gran apófise chamada maléolo medial. A superficie inferior da tibia distal é lisa e a súa forma adáptase para a articulación coastrágalo.

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Vista anterior

Page 13: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

Perna

O peroné é fino en relación á súa lonxitude e consta dun corpo e dous extremos articulares. O seu extremos proximal articúlase co cóndilo lateral da tibia. Na parte posterolateral da cabeza hai unha proxeccion cónica chamada ápex. O extremos distal é o maléolo lateral que é piramidal e está marcado por varias depresións. Nunha vista axial, o maléolo lateral está angulado aproximadamente entre 15 e 20 ° máis posterior comaléolo medial.

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Vista posterior

Page 14: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Vista posterior Vista lateral

Extremo proximal da tibia e peroné mostrando a

angulación do platillo tibial

Page 15: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Vista posteriorVista anterior

Fémur

O fémur é o óso mais grande e pesado de todo o corpo. Este ósos consta dun corpo e de dúas extremidades articulares. O corpo é cilíndrico, lixeiramente convexo en sentido anterior e esta inclinado entre 5 e 15° en sentido medial. O grao de inclinación medial depende da anchura da cintura pelviana.

Page 16: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

Fémur

Cando o fémur atópase vertical, o cóndilo medial está máis baixo co cóndilo lateral (5-7° entre ambos cóndilos). Debido a esta diferenza, nas radiografías laterais de xeonllo angúlase o RC entre 5-7 ° en sentido cefálico co fin de abrir o espazo articular. A parte superior do fémur articúlase co acetábulo da articulación da cadeira.

O extremo distal do fémur está ensanchado e presenta dúas grandes prominencias: cóndilo medial (máis grande) e cóndilo lateral (máis pequeno). En sentido anterior, os cóndilos están separados pola superficie rotuliana, mentres que en sentido posterior pola fosa intercondílea.

É importante localizar o tubérculo aductor nas radiografías laterais xa que nos permite identificar unha rotación excesiva ou insuficiente.

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 17: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

1. Estruturas anatómicas de referencia na extremidade inferior

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

TC RM

Vista anterior e lateral da rótula

Rótula

A rótula ou patela é o ósos sesamoideo máisgrande e constante do corpo. A rótula é un ósos triangular plano situado sobre a superficie anterior distal do fémur.

O ápex ou vértice diríxese en sentido inferior, está situado 1,3 cm enriba do espazo articular do xeonllo e está unido á tuberosidade da tibia polo ligamento rotuliano.

Ao borde superior chámaselle base.

Page 18: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

Todo estudio radiográfico ven definido cos factores técnicos precisos para a súa aplicación estandarizada definidos para cada rexión anatómica.

Preparación do equipo

Posición do paciente

Localización e posicionament

o da rexión

Estruturasanatómicas a

visualizar

LEMBRADE En función do procedemento, a patoloxía, o grosor da rexión e a colaboración do paciente,

adáptase a técnica de exposición seguindo o criterio

ALARA.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

2. Posicionamento e procedemento radiográfico

Page 19: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

2. Posicionamento e procedemento radiográfico

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Para o estudio radiográfico da extremidade inferior é preciso que a rexión estea desprovista de roupa, calzado e complementos. No estudo da rexión pélvica, o paciente pode conservar a súa roupa interior, sempre que non conteña adornos ou complementos radiopacos que deterioren a calidade radiográfica e dificulten o diagnóstico.

Xeralmente os procedementos radiográficos desta rexión anatómica realízanse na mesa ouestativo horizontal co paciente en posición corporal decúbito supino.

As proxeccións nas que se valora a articulación coxofemoral, femorotibial ou arcos lonxitudinais do pé soportando o peso corporal = en posición erguida de bipedestación, realízanse no estativo mural e denomínanse “en carga”.

Page 20: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

Para explorar esta rexión corporal emprégase o foco fino oupequeño, e é recomendable o emprego de control automático de exposición (CAE), xeralmente dende o fémur proximal ata as estruturas da rexión medial do corpo. Se se emprega o protector gonadal, é mellor empregar a técnica de exposición radiográfica manual.

O estudio da extremidade inferior e cintura pélvica realízase a unha distancia de 100-120 cm. Normalmente non se empregaparrilla antidifusora na exploración do pé, nocello, tibia e xeonlloen pacientes estándar, pero sí é preciso aumentar a exposición e empregar a rejilla antidifusora no caso dende a articulación do xeonllo ata o tronco.

2. Posicionamento e procedemento radiográfico

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

A protección radiolóxica adquire especial importancia nesta rexión corporal, debido a que as gónadas están moi cerca o incluso dentro do feixe primario. É preciso, axustar o colimador á area de interese e empregar o protector gonadal sempre que o procedemento o permita.

Page 21: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

DEDAS

3. Proxeccións básicas e calidade das imaxes obtidas

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 22: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

3. Proxeccións básicas e calidade das imaxes obtidas

Rexión anatómica Proxección Posición

Dedas

AP ou AP axial

AP oblicua Rotación medial

LATERAL Lateromedial, mediolateral

A radiografía de dedas está indicada no estudio de patoloxías das falanxes, control e seguemento de fracturas e enfermidades dexenerativas. As proxeccións fundamentais son:

3.1. Dedas

Receptor de imaxe: 18 x 24 cm en transversal para obter dúas imaxes cun RI.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 23: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

PROXECCIÓN AP ou AP AXIAL

Os factores técnicos a ter en conta son os seguintes:

Posición do paciente e radiográfica Raio central

• Paciente sentado ou colocado na mesa en decúbito supino.

• Flexiónanse os xeonllos e sepáranseos pés uns 15 cm e se xuntan os xeonllos para inmobilizalos.

• Céntranse as dedas sobre unhametade do RI ou ben colócase unhacuña debaixo para que as dedas se apoien.

• Axústase a metade do RI de forma que a súa liña media quede paralela ao eixo lonxitudinal do pé, e céntraseéste sonre a terceira articulación MTF.

• Protexer as gónadas.

• Perpendicular a través da 3ª articulación MTF cando non é preciso demostrar os espazos articulares. Do contrario, angular o RC en sentido posterior ou ben cunha cuña e dirixir o RC perpendicularmente.

3.1. Dedas

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 24: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

CRITERIOS DE AVALIACIÓNDebe quedar claramente demostrado o seguinte: Ausencia de rotación das falanxes, anchura de

partes brandas e concavidade similar das diáfases medias a ambos lados.

Os espazos articulares IF e MTF nas proxecciónsaxiais

As dedas separadas entre si. Os extremos distais dos metatarsianos. Partes brandas e trabeculación ósea.

Os dedos que non podan estenderse poden estudiarse en pequenas seccións. Cando se sospeita de lesión articular, recoméndase unha proxección AP axial en vez de AP.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

PROXECCIÓN AP ou AP AXIAL

3.1. Dedas

Page 25: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

PROXECCIÓN AP OBLICUA. Rotación medial

Os factores técnicos a ter en conta son os seguintes:

Posición do paciente e radiográfica Raio central

• Paciente sentado ou colocado na mesa en decúbito supino.

• Flexiónase o xeonllo do lado afectado o suficiente como para que a planta do pé se apoie con forza sobre a mesa.

• Colócase a metade do RI baixo as dedas. • Rótase en sentido medial a parte inferior da

perna e o pé, e axústase a superficie plantar do pé para que forme un ángulo de 30-45 co plano do RI.

• Céntranse as dedas no RI.• Protexer as gónadas.

• Perpendicular e con entrada a través da 3ª articulación MTF.

3.1. Dedas

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 26: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

CRITERIOS DE AVALIACIÓNDebe quedar claramente demostrado o seguinte: Todas as falanxes. As dedas en oblicua; hai unha maior anchura das partes

brandas e maior concavidade da zona media da diáfase no lado mais alonxado do RI.

Os espazos IF e MTF segundo a quinto abertos. A primeira articulación MTF (non sempre aberta). As dedas separadas entre si. Os extremos distais dos metatarsianos. As prates brandas e o detalle da trabeculación ósea.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.1. DedasPROXECCIÓN AP OBLICUA. Rotación medial

Page 27: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

PROXECCIÓN LATERAL. Mediolateral/Lateromedial

Os factores técnicos a ter en conta son os seguintes:

Posición do paciente e radiográfica Raio central

• Faise que o paciente se coloque en posición en decúbito lateral sobre o lado afectado.• Apóiase o membro afectado sobre sacos de area e axústase nunha posición cómoda.• Para evitar a superposición, átanse as dedas por enriba do que se esté a explorar nunha

posición de flexión (gasa para separar dedas).Primeira e segunda deda• Receptor baixo a primeira deda e céntrase a falanxe proximal.• Agárrase a extremidade do paciente polo talón e xeonllo e axústase a posición para que

a deda estea en posición lateral verdadeira.• Axústase o eixo lonxitudinal do RI de forma que quede paralelo ao eixo longo do dedo.Terceira, cuarta e quinta deda• Axústase a posición da extremidade de forma que a deda de interés e o RI ou placa se

sitúen en paralelo colocando a primeira deda tan preto do RI ou placa como resulte posible.

• Apóiase o talón elevado sobr eun saco de area para inmovilizar.• Protexer as gónadas.

• Perpendicular ao plano do RI, penetrando pola articulación IF do primeiro dedo ou ben pola articulación IF proximal das dedas mais pequenas.

3.1. Dedas

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 28: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

PROXECCIÓN LATERAL. Mediolateral/Lateromedial

3.1. Dedas

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 29: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

CRITERIOS DE AVALIACIÓNDebe quedar claramente demostrado o seguinte: As falanxes de perfil (unlla da deda debe aparecer no

lateral) A falanxe sen superposición das dedas adxacentes.

Cando non se pode evitar a superposición, deben demostrarse as falanxes proximais.

Espazos articulares IF abertos. As articulacións MTF quedarán superpostas, pero resultan visibles nalgúnspacientes.

As partes brandas e o detalle da trabeculación ósea.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.1. DedasPROXECCIÓN LATERAL. Mediolateral/Lateromedial

Page 30: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.1. DedasPROXECCIÓN LATERAL. Mediolateral/Lateromedial

Page 31: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

3. Proxeccións básicas e calidade das imaxes obtidas

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 32: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

3. Proxeccións básicas e calidade das imaxes obtidas

Rexión anatómica Proxección Posición

AP ou AP axial

AP oblicua Rotación medial

LATERAL Lateromedial, mediolateral

A radiografía de pé (e dedas) faise co paciente en decúbito supino e coas pernas flexionadas, para que o paciente poda apoiar a superficie plantar sobre o RI. As proxeccións fundamentais son:

3.2. Pé

Receptor de imaxe: 24 x 30 cm en lonxitudinal

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 33: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

PROXECCIÓN AP ou AP AXIAL

Os factores técnicos a ter en conta son os seguintes:

3.2. Pé

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Posición do paciente e radiográfica Raio central

• Paciente en decúbito supino.• Flexiónase o xeonllo do lado afectado o suficiente como para que a

planta do pé se apoie con forza sobre a mesa.• Colócase o RI baixo o pé do paciente centrado na base do III

metatarsiano, e axústase de forma que o seu eixo lonxitudinal quede paralelo ao do pé. Manténse a perna en posición vertical facendo que o paciente flexione o xeonllo contrario e a apoie no xeonllo do lado afectado.

• Nesta posición toda a superficie plantar apóiase no RI; resulta polo tanto necesario tomar precaucións para evitar que se deslice o RI.

• Asegurarse que non existe rotación.• Protexer as gónadas.

• Dirixido dunha destas formas:1) Perpendicular ao RI e

penetrando pola base do III metatarsiano. A palpación da base prominente do quinto metatarsiano axudará a atoparo III, que estará en liña media.

1) Ángulo 10° cara o talón e entrando pola base do III metatarsiano,

Page 34: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

PROXECCIÓN AP ou AP AXIAL

3.2. Pé

Page 35: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

CRITERIOS DE AVALIACIÓNDebe quedar claramente demostrado o seguinte: Ausencia de rotación do pé. Unha cantidade de espazo similar entre as

diáfases medias adxacentes aos metatarsianos II IV.

Superposición das bases dos metatarsianos de II and V.

Visualización das falanxes e dos ósos do tarso distais ao astrágalo así como dos metatarsianos.

Apertura do espazo articular entre as cuñas medial e intermedia.

Pode mellorarse a proxección empregando filtros de compensación de tipo cuña debido á diferenza de espesor entre a primeira deda e a parte mais grosa do carpo.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

PROXECCIÓN AP ou AP AXIAL

3.2. Pé

Page 36: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

PROXECCIÓN AP OBLICUA. Rotación medial

Os factores técnicos a ter en conta son os seguintes:

Posición do paciente e radiográfica Raio central

• Paciente sentado ou colocado na mesa en decúbito supino.

• Flexiónase o xeonllo do lado afectado o suficiente como para que a planta do pése apoie con forza sobre a mesa.

• Colócase o RI baixo o pé do paciente, paralelo ao eixo lonxitudinal, e céntrase na liña media do pé á altura da base do III metatarsiano

• Rótase a perna en sentido medial ata que a superficie plantar forme un ángulo de 30 ° co plano do RI.

• Protexer as gónadas.

• Perpendicular á base do II metatarsiano.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.2. Pé

Page 37: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

CRITERIOS DE AVALIACIÓNDebe quedar claramente demostrado o seguinte: As bases dos metatarsianos III a V libres de superposición. Os ósos laterais do tarso con menos superposición ca nunha

proxección AP. As articulacións tarsometatarsianas (TMT) laterais. O seo do tarso A tuberosidade do V metatarsiano. As bases dos metatarsianos I e II. Unha cantidade de espazo similar entre as diáfases dos

metatarsianos II a IV. Unha densidade suficiente como para demostrar as falanxes,

os metatarsianos e os ósos do tarso.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

PROXECCIÓN AP OBLICUA. Rotación medial

3.2. Pé

Page 38: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

PROXECCIÓN LATERAL. Mediolateral

Os factores técnicos a ter en conta son os seguintes:

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.2. Pé

Posición do paciente e radiográfica Raio central

• Paciente tumbado na mesa radiográfica e pé xirado cara ao lado afectado ata que a perna e o pé queden en lateral.

• Colócase a perna contraria detrás do paciente• Elévase o xeonllo do paciente o suficiente como

para situar a rótula perpendicular ao plano horizontal, e colócase un saco de area como soporte do xeonllo.

• Céntrase o RI sobre o área central do pé e axustasede forma que o seu eixo lonxitudinal quede paralelo ao eixo lonxitudinal do pé.

• Realízase unha flexión dorsal do pé para que forme un ángulo de 90 ° coa parte inferior da perna.

• Protéxense as gónadas.

• Perpendicular á base do III metatarsiano.

Page 39: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

CRITERIOS DE AVALIACIÓNDebe quedar claramente demostrado o seguinte: Os metatarsianos case superpostos entre si. A zona distal da perna O peroné superposto á parte posterior da tibia A articulación tibioastragalina Unha densidade suficiente como para demostrar os

ósos do tarse e os metatarsianos superpostos.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

PROXECCIÓN LATERAL. Mediolateral

3.2. Pé

A proxección mediolateral emprégase na maioría dos servizos de radiodiagnóstico porque é unha posición que o paciente adpta de xeito cómodo. A lateromedial é recomendada condo o precise a condición do

paciente.

Page 40: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

3. Proxeccións básicas e calidade das imaxes obtidas

Rexión anatómica Proxección Posición

CalcáneoAXIAL Plantodorsal

LATERAL Mediolateral

As fracturas do calcáneo son as mais frecuentes do tarso (60%) e soen estar asociadas a traumatismos de alta enerxía relacionados con cargas de dirección axial. Son mais frecuentes en homes de 30-60 anos. As proxeccións fundamentais son:

3.3. Calcáneo

Receptor de imaxe: 24 x 30 cm en lonxitudinal

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 41: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

PROXECCIÓN AXIAL (Plantodorsal)

Os factores técnicos a ter en conta son os seguintes:

Posición do paciente e radiográfica Raio central

• Colócase o paciente en decúbito supino ousedestación coas pernas completamente estendidas.

• Colócase o RI baixo o nocello, centrado na liñamedia do nocello.

• Colócase unha tira de gasa arredor da zona convexa da cabeza dos metatarsianos. O paciente debe agarrar a gasa co fin de manter o xeonllo nunha flexión dorsal en perpendicular.

• Se non se poden flexionar os nocelos o suficiente e así poñer a superficie plantar ao RI.

• Elévase a perna sobre sacos de area.• Protexer as gónadas.

• Dirixido ao punto medio do RI cunhaangulación de 40 °respecto ao eixolonxitudinal do pé. O RC entra a través da base do III metatarsiano.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.3. Calcáneo

Page 42: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

CRITERIOS DE AVALIACIÓNDebe quedar claramente demostrado o seguinte: O calcáneo e a articulación subastragalina. Ausencia de rotación do calcáneo; non se proxectan o I

nin o V metatarsianos a ambos lados do pé. A parte anterior do calcáneo sen unha densidade

excesiva na parte posterior. Do contrario poden requirirse dúas imaxes para as dúas

rexións de interese.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Pódese mellorar esta proxección dunha maneira significativa empregando un filtro de compensación debido á maior densidade da parte central do pé.

PROXECCIÓN AXIAL (Plantodorsal)

3.3. Calcáneo

Page 43: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Posición do paciente e radiográfica Raio central

• Colócase ao paciente en decúbito supino xiradocara o lado afectado ata que a perna quede aproximadamente en lateral. Pode colocarse un apoio do xeonllo. Pode colocarse un apoio baixo o xeonllo.

• Axústase o calcáneo no centro do RI. • Axústase o RI de forma que o seu eixo lonxitudinal

sexa paralelo á superficie plantar do talón.• Protéxense as gónadas.

• Perpendicular ao calcáneo. Céntraseaprox. 2,5 cm distal al maléolo medial. Con elo o RC pasa polaarticulación subastragalina.

PROXECCIÓN LATERAL: Mediolateral

Os factores técnicos a ter en conta son os seguintes:

3.3. Calcáneo

Page 44: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

CRITERIOS DE AVALIACIÓNDebe quedar claramente demostrado o seguinte: Ausencia de rotación do calcáneo Densidade do sustentaculum tali, da.

tuberosidade tibial e das partes brandas. O seo do tarso. A articulación do nocello e ósos do tarso

adxacentes.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

PROXECCIÓN LATERAL: Mediolateral

3.3. Calcáneo

Page 45: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

NOCELLO

3. Proxeccións básicas e calidade das imaxes obtidas

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 46: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

3. Proxeccións básicas e calidade das imaxes obtidas

Rexión anatómica Proxección Posición

Nocello

AP

LATERAL Mediolateral

AP OBLICUA Rotación medial

AP OBLICUA Rotación medial (articulación tibio-peronea = mortaja)

AP Método ESTRÉS

A articulación do nocello pode explorarse co paciente en decúbito supino ou en sedestación. Estas radiografías poden axudar a determinar a causa de síntomas coma dor, sensibilidade, hinchazón ou deformidade na articulación. Permiten detectar ósos rotos ou unha articulación dislocada. Despois dunha cirurxía tamén axudan a comprobar que os ósos estean alineados correctamente e a evolución. As proxeccións fundamentais son:

3.4. Nocello

Receptor de imaxe: 18 x 24 cm en lonxitudinal, ou 24 x 30 cm en transversal para obter dúas imaxes nun RI.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

Page 47: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

PROXECCIÓN AP

Os factores técnicos a ter en conta son os seguintes:

Posición do paciente e radiográfica Raio central

• Paciente colocado na mesa en decúbito supino co membro afectado completamente estendido.

• Axústase a articulación do nocello na posición anatómica para obter unha proxección AP verdadeira. Flexiónanse nocello e pé o suficiente compara situar o eixo lonxitudinal do pé en posición vertical.

• Sempre que non se rote a perna nin medial nin lateralmente, a aparencia da articulación non se altera pola flexión plantar ou dorsal.

• Protexer as gónadas.

• Perpendicular a través da articulación do nocello e por un punto a medio camiño entre ambos maléolos.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.4. Nocello

Page 48: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

CRITERIOS DE AVALIACIÓNDebe quedar claramente demostrado o seguinte: O espazo articular tibioastragalino. A articulación do nocello centrada na área de

exposición. Unha superposición normal da articulación

tibioperonea co tubérculo anterior lixeiramentesuperposto ao peroné distal.

Ausencia de superposición da articulación astragalomaleolar.

Os maléolos medial e lateral O astrágalo cunha densidade adecuada. As partes brandas.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

PROXECCIÓN AP

3.4. Nocello

Page 49: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

PROXECCIÓN LATERAL. Mediolateral

Os factores técnicos a ter en conta son os seguintes:

Posición do paciente e radiográfica Raio central

• Paciente colocado na mesa en decúbito supino xirado cara o lado afectado ata que o nocello estea situado en lateral.

• Sitúase o eixo lonxitudinal do RI paralelo ao eixo lonxitudinal da perna do paciente, e céntrase na articulación do nocello superficie lateral do pé debe quedar en contacto co RI.

• Flexiónase dorsalmente o pé e se lle axusta en posición lateral. Requírese a dorsiflexiónpara evitar a rotación lateral do nocello.

• Protexer as gónadas.

• Perpendicular á articulación do nocello e penetrando a través do maléolo medial.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.4. Nocello

Page 50: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

CRITERIOS DE AVALIACIÓNDebe quedar claramente demostrado o seguinte: A articulación do nocello centrada na área de exposición. A articulación tibioastragalina ben visualizada. O peroné sobre a metade posterior da tibia Tibia e peroné distais, o astrágalo e os ósos do tarso

adxacentes. De verse o V metatarsiano podemos descartar fracturas de

Jones. Unha densidade suficiente do nocello como para ver o

contorno da parte distal do peroné.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.4. NocelloPROXECCIÓN LATERAL. Mediolateral

Page 51: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

PROXECCIÓN AP OBLICUA. Rotación medial

Os factores técnicos a ter en conta son os seguintes:

Posición do paciente e radiográfica Raio central

• Paciente colocado na mesa en decúbito supino co membro afectado completamente estendido.

• Céntrase o RI sobre a articulación do nocello a metade distancia entre os maléolos e axústase.

• Flexiónase dorsalmente o pé o suficiente como para situar o nocello cunha flexión de case 90 °. Pode inmovilizarse o nocello con sacos de area colocados na planta do pe o cunha cinta.

• Rótase iniclamente a perna e o pé para todas as proxeccións oblicuas do nocello. A rotación da perna soamente pode producirse na articulación da cadeira rotación de perna e pé en sentido medial de 45°.

• Pódese apoiar o pé sobre unha cuña de soporte.• Protéxense as gónadas.

• Perpendicular á articulación donocello, entrando por un punto medio entre os maléolos.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.4. Nocello

Page 52: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

CRITERIOS DE AVALIACIÓNDebe quedar claramente demostrado o seguinte: A tibia distal, o peroné e o astrágalo. A tibia e o peroné distais superpóñense aparte

do astrágalo Todos os ósos con penetración adecuada. A articulación tibioperonea distal.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.4. NocelloPROXECCIÓN AP OBLICUA. Rotación medial

Page 53: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

Posición do paciente e radiográfica Raio central

• Paciente colocado na mesa en decúbito supino. E céntrase a articulación do nocello sobre o RI.

• Posición da articulación do mesmo xeitoque a AP oblicua salvo que o conxuntoperna e pé deben estar rotados internamente en conxunto de 15 a 20 °, ata que o plano intermaleolar quede paralelo ao RI. A superficie plantar debe atoparse en perpendicular á perna.

• Protéxense as gónadas.

• Perpendicular, penetrando 1,5 cm pola articulación do nocello nun puntomedio entre ambos maléolos.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.4. NocelloPROXECCIÓN AP OBLICUA. Rotación medial. Articulación tibio-peronea (mortaja)

Os factores técnicos a ter en conta son os seguintes:

Page 54: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

CRITERIOS DE AVALIACIÓNDebe quedar claramente demostrado o seguinte: Toda a articulación da mortaja do nocello. Ausencia de superposición da tibia-astrágalo-

peroné. Espazo peroneoastragalino de perfil Astrágalo con densidade óptima.

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.4. NocelloPROXECCIÓN AP OBLICUA. Rotación medial. Articulación tibio-peronea (mortaja)

Page 55: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.4. Nocello

A) Proxección AP do nocello sen rotación nin da perna nin do pé (superposición tibia, peroné, astrágalo).

B) Proxección AP oblicua do nocello, entre 15 e 20 ° de rotación medial para a demostración da articulación da mortajamaléolos en paralelo co RI, e radiografía amosando os 3 aspectos básicos de dita articulación (frechas).

C) Proxección oblicua do nocello, 45° de rotación medial articulación tibioperonea visible e peroné distal de perfil.

Importante observar o maior espazo creado entre a tibia e o peroné a medida que se xira a perna en sentido medial.

Page 56: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

PROXECCIÓN AP. Método ESTRÉS

Os factores técnicos a ter en conta son os seguintes:

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.4. Nocello

Soen obterse estudos de estrés da articulación do nocello tras unha lesión con inversión ou eversión co fin de verificar a presenza de laceracións ligamentosas.A rotura dun ligamento demóstrase polo ensanchamento do espazo articular no lado da lesión cando, sen mover ou rotar a parte inferior da perna da posición de supino, o pé xírase forzadamente cara o lado contrario. Pode ser preciso un anestésico local.

Page 57: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

UD03. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE INFERIOR E CINTURA PELVIANA

3.4. NocelloPROXECCIÓN AP. Método ESTRÉS

Page 58: UD03. Técnica radiográfica nas exploracións da extremidade

Atlas de posiciones radiográficas y procedimientos radiológicos. Merrill. Elsevier. 2010

Proyecciones radiológicas con correlación anatómica. Bontrager & Lampignano. Elsevier, 7ª edición. 2010

Técnicas de radiología. Ilerna Online. 2019

Técnicas de radiología simple. Editorial Síntesis. 2ª edición. 2020

Bibliografía (e imaxes)

UD02. TECNICAS RADIOGRÁFICAS DA EXTREMIDADE SUPERIOR E CINTURA ESCAPULAR