boletin do ies de brión: segundo trimestre 2014 2015

4
B B o o l l e e t t í í n n t t r r i i m m e e s s t t r r a a l l d d o o I I E E S S d d e e B B r r i i ó ó n n Entrevista ao xuíz Luís Villares Naveira en radio emBrión Visita ó parlamento de Galicia O departamento de Filosofía e o de Normalización e Dinamización Lingüística organizaron unha visita ao Parlamento de Galicia para o alumnado de 2º de ESO o pa sado martes 20 de xaneiro. O alumnado, des pois de pasar polo arco de seguridade onde tivemos que deternos algún tempo, foi reci bido polo encargado das visitas que nos le vou, en primeiro lugar, ó salón dos reis, onde están os retratos do rei e da raíña, pintados por Manuel Matas, as bandeiras das comunidades autónomas e os retratos dos ex presidentes do Parlamento. Logo de escoitar a explicación sobre a súa función e símbo los, poidemos visionar un video sobre a his toria do Parlamento. Posteriormente, dirixímonos a Biblioteca onde o alumnado realizou unha actividade práctica sobre o funcionamento dos debates no parlamento. Despois de abandonar a Biblioteca, fomos polos corredores que rodean o patio, onde puidemos apreciar a magnífica colección de pinturas de Quesada que colgan das súas pa redes. Xa na primeira planta, visitamos os despachos dos distintos grupos parlamenta rios e as salas de reunións. Finalmente nos encamiñamos o salón de plenos ou hemici clo, onde o alumnado tivo a oportunidade de sentarse nos lugares que ocupan habitual mente os parlamentarios, así como de inter vir dende a tribuna de oradores ante os seus compañeiro. Foi unha visita do máis intere sante, pois ademais de apreciar o edificio poidemos aprender dun xeito ameno a mecánica e funcións do noso Parlamento. Erica González, Lucía Adeva, Marina González e Ricardo Freire, alumnos de 2º de Bacharelato, coordinados polos profesores Suso Sambade e Laura Fernández entrevistaron ao Xuíz Titular do Xulgado ContenciosoAdministrativo nº 2 de Lugo, Luís Villares Naveira. Villares, que xa exerceu anteriormente na Fonsagrada e no TSX do País Vasco e na Audiencia Nacional, é ademais coordinador da asociación Xuíces para a Democracia en Galicia e membro da Irmandade Xurídica Galega que defende a normalización do uso do galego na xustiza. CURSO 20142015 | 2º TRIMESTRE | NÚMERO 2

Upload: santiago-solino

Post on 22-Jul-2016

234 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

Boletín trimestral do IES de Brión

TRANSCRIPT

Page 1: Boletin do IES de Brión: segundo trimestre 2014 2015

BBoolleettíínn ttrriimmeessttrraall ddoo IIEESS ddee BBrriióónn

Entrevista ao xuíz Luís Villares Naveira en radio emBrión

Visita ó parlamento de Galicia

O departamento de Filosofía e o de

Normalización e Dinamización Lingüística

organizaron unha visita ao Parlamento de

Galicia para o alumnado de 2º de ESO o pa­

sado martes 20 de xaneiro. O alumnado, des­

pois de pasar polo arco de seguridade onde

tivemos que deternos algún tempo, foi reci­

bido polo encargado das visitas que nos le­

vou, en primeiro lugar, ó salón dos reis,

onde están os retratos do rei e da raíña,

pintados por Manuel Matas, as bandeiras das

comunidades autónomas e os retratos dos ex

presidentes do Parlamento. Logo de escoitar

a explicación sobre a súa función e símbo­

los, poidemos visionar un video sobre a his­

toria do Parlamento. Posteriormente,

dirixímonos a Biblioteca onde o alumnado

realizou unha actividade práctica sobre o

funcionamento dos debates no parlamento.

Despois de abandonar a Biblioteca, fomos

polos corredores que rodean o patio, onde

puidemos apreciar a magnífica colección de

pinturas de Quesada que colgan das súas pa­

redes. Xa na primeira planta, visitamos os

despachos dos distintos grupos parlamenta­

rios e as salas de reunións. Finalmente nos

encamiñamos o salón de plenos ou hemici­

clo, onde o alumnado tivo a oportunidade de

sentarse nos lugares que ocupan habitual­

mente os parlamentarios, así como de inter­

vir dende a tribuna de oradores ante os seus

compañeiro. Foi unha visita do máis intere­

sante, pois ademais de apreciar o edificio

poidemos aprender dun xeito ameno a

mecánica e funcións do noso Parlamento.

Erica González, Lucía Adeva, Marina

González e Ricardo Freire, alumnos de 2º de

Bacharelato, coordinados polos profesores

Suso Sambade e Laura Fernández

entrevistaron ao Xuíz Titular do Xulgado

Contencioso­Administrativo nº 2 de Lugo,

Luís Villares Naveira. Villares, que xa

exerceu anteriormente na Fonsagrada e no

TSX do País Vasco e na Audiencia Nacional,

é ademais coordinador da asociación Xuíces

para a Democracia en Galicia e membro da

Irmandade Xurídica Galega que defende a

normalización do uso do galego na xustiza.

CURSO 2014­2015 | 2º TRIMESTRE | NÚMERO 2

Page 2: Boletin do IES de Brión: segundo trimestre 2014 2015

Páxina 2 Boletín trimestral do IES de Brión

Brión en fotos: unha memoria visual do s. XX

Entrevista a Lourdes Suárez e a Xosé Cunqueiro en radio emBrión

O alumnado de 1º ESO B deRelixión prepararou esta entrevistatan especial a Lourdes Suárez de 94anos de idade e a Xosé Cunqueiro de72, veciños de Brión.

Lourdes traballou na terra,coidando nenos e de empregada defogar. Agora vai bailar tódos osdomingos.

Xosé estivo oito anos naemigración; Francia, Suiza, Canadá ePais Vasco. Agora traballa no campoe gústalle ir ver xogar ao seu neto afútbol sala.

Dende o venres 27 de febreiro, o IES de

Brión acolle a exposición “Brión en fotos:

unha memoria visual do S. XX”, unha

interesante mostra que escolma unha

selección de imaxes do Brión que foi e que

non queremos esquecer.

Tras un laborioso traballo de recompilación

de fotografías antigas do municipio no que

participaron veciños de todas as idades, a

asociación "O Esquío no Piñeiro" logrou

reunir un destacado arquivo visual de máis

dun milleiro de imaxes, complementadas

polas fotografías reunidas durante anos pola

Casa da Cultura e a Biblioteca Pública

Municipal de Brión. Todas son fotos antigas

achegadas por brioneses e brionesas que

reflicten a vida cotiá do concello dende

comezos do S. XX ata mediados dos anos

setenta do século pasado.

Rescatadas de caixóns e vellos albúms,

unha selección destas imaxes foi

reproducida no libro “Brión en fotos: unha

memoria visual do S. XX”, unha publicación

da asociación ”O Esquío no Piñeiro”

realizada coa colaboración da Dirección

Xeral de Mocidade e Voluntariado, que

recentemente foi reeditada polo Concello de

Brión.

Esta mostra, que dende o venres pode verse

no IES de Brión, reúne vinte láminas de gran

tamaño onde se reproducen algunhas das

imaxes recollidas na publicación.

Alumnado de 4º de ESO participa no 7ºobradoiro­concurso galego de robótica

Un grupo de alumnos e alumnas de 4º de

ESO de Tecnoloxía, participou no 7º

obradoiro­concurso galego de robótica,

organizado por Igaciencia e a Fundación

Barrié que tivo lugar o luns 2 de febreiro de

16:00 a 18:00 horas na sede da Fundación

Barrié en A Coruña.

Olimpiada de XeoloxíaO Departamento de Bioloxía e Xeoloxía or­

ganizou a participación na fase galega da VI

Olimpíada de

Xeoloxía para

alumnado de 4º

de ESO e 1º de

Bacharelato que

tivo lugar o día

11 de febreiro.

Page 3: Boletin do IES de Brión: segundo trimestre 2014 2015

Páxina 32014/15 TRIMESTRE 2º

Programa de charlas divulgativas sobre o Parlamento de GaliciaA charla comezou coa proxeccióndun vídeo sobre o Parlamento deGalicia, logo do cal os exdeputadosparticipantes tiveron cadansúaintervención individual, seguida duncoloquio con preguntas e opinións doalumnado participante.

Nesta ocasión participaron osexdeputados/as, Ascensión YeguasSánchez (PPdeG), Luís Mª TojoRamallo (PSdeG­PSOE) e XesúsVeiga Buxán (BNG).

Entrega de carnés tei ao alumnado de 3º de esoO día 30 de xaneiro, Día Mundial daNon Violencia e da Paz, fíxoseentrega dos carnés de Titores aoalumnado de 3º de ESO que recibiudurante este mes a formación inicialpara titorizar ao alumnado de 1º deESO dentro do programa de Titoríaentre Iguais (TEI). O acto contou coapresencia do Director Xeral deXuventude e Voluntariado.

Relaciónate! De bo rollo!Nalgunhas ocasións, nas relacións que se

establecen aparece actitudes como a

rivalidade, a competitividade, a

insolidariedade, e o abuso. Poden xurdir por

moi diferentes razóns pero frecuentemente

teñen efectos negativos para as persoas que o

viven.

O alumnado de 4º de ESO participou no

obradoiro Relaciónate! De bo rollo! a cargo

de "Quérote +"

Page 4: Boletin do IES de Brión: segundo trimestre 2014 2015

Páxina 4 Boletín trimestral do IES de Brión

Equipo de Dinamización daLingua Galega

IES de BriónPaseo de Pedrouzos, nº 315865-Brión-A CoruñaTfno: 981-881817 Fax: 981-885899E-mail: [email protected]: http://edu.xunta.es/centros/iesbrion

Hai tres anos que botaron a andar os

Mércores Musicais, unha iniciativa

promovida pola aula de música do IES de

Brión no segundo recreo dos segundo e

terceiro trimestre.

Alumnado instrumentista que sabe, pode e

quere tocar para o público asistente, sen

outra condición que a capacidade da aula.

As vergoñas, os medos, os nervios, os “tracs

do artista”... deixan paso ao deleite do

público, a fascinación do son en directo, a

admiración polos compañeiros e

compañeiras que tocan ou cantan ―algúns

con moita mestría―, ao cultivo da

sensibilidade e do gusto. Unha porta aberta á

posibilidade de recrearse de outro xeito e

con outras cousas, un verdadeiro lecer.

No que vai de curso teñen tocado para nós

Lucia Adeva de 2º de bacharelato, ao saxo

alto; José Blanco de 4º coa trompeta;

Antonio Dubert, de 1º de bacharelato á

guitarra acústica acompañando o seu canto

en “músicas reivindicativas” e Martín

Chaves, de 4º ao piano con composicións

súas e tamén de Cramer e Chopin.

Algúns programas houbo que adialos

continxencias de última hora. En fin... como

a vida mesma.

Os concertos previstos proximamente van

ser a cargo de Carmen Cascallar, de 3º á

guitarra acústica; Pepe Lois, Karén e Lucas

de 3º ―guitarra eléctrica­baixo e batería―

ou Daniel Lado (guitarra), Victor Sixto

(piano) e Javier Villar (trompeta e piano) de

1º ESO con guitarra­piano e trompeta,

Alejandro Muñoz de 4º coa súa frauta

traveseira e quedan pendentes de fixar datas

dalgunhas outras persoas, particularmente de

músicas tradicionais galegas: gaita,

pandeiros, canto e talvez baile tamén.

Outras persoas instrumentistas non son quen

de animarse e vencer medos e vergoñas.

Tempo haberá para que decidan agasallarnos

coa súa arte e para seguir gañando nós, o

público asistente, máis lecer e máis cultura.

Mércores musicais no IES de Brión